Incorporamos V Televisión
Ola a todos. A entrada de hoxe vai ser moi breve. Trátase de informarvos que dende esta mañá xa estamos emitindo en dixital (DVB-C e DVB-T) a canle V Televisión.
Os que tedes comboR ou combo2 podedes atopar a canle no dial 94, mentres que os que recibides a televisión a través de R coa sinal do TDT pois teredes que facer unha busca, pero aparecerá ;)
Indicarvos tamén que dende hoxe tamén se poden escoitar dúas radios máis a través de R, a Cope e Radio Voz. Esta última está no dial 318 e a primeira no dial 319.
Sinalar que de momento V Televisión non comezou as súas emisións regulares, pero non tardará moito en facelo, xa que dende a propia canle sinalan que antes de que remate a primavera poderase ver toda a súa oferta. Ademais dos informativos, dende a web da canle indican que haberá novidades "gordas en canto a ás series".
ACTUALIZACIÓN: dende o luns 7 de xuño incorporamos V Televisión en analóxico en probas. Os clientes cun televisor analóxico teñen que resintonizar, deste xeito, o seu aparello para poder recibir a canle. Os que sexades da Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra e das zonas próximas a estas cidades, se sintonizades manualmente V Televisión, podedes atopala na canle E26 ou na frecuencia 511,25 Mhz. Os que sexades de Santiago e da área de influencia sintonizarédela na canle E39 ou na frencuencia 535,25Mhz. Os nosos clientes da provincia de Ourense terana na cale E28 ou na frencuencia 527,25 Mhz. Por último, os de Lugo terédela na canle E30 e na frencuencia 543,25 Mhz.
Un saúdo.

Estou encantado de poder sintonizar RadioVoz a través de R, aínda que non estaría de máis que os de La Voz baixasen o volume de V Televisión (que está moi saturado) e subisen o da radio (escóitase bastante baixa).
Para igualar á oferta que temos a través da TDT en A Coruña só falta Localia. ¿Incorporarase á grella de R ou dámola por perdida?
enviado por Marcus o 19 maio 2010 ás 12:31 PM CEST
Sitio web:: http://marcus.es/ #
hola quecheparece,podes indicar a fercuencia por onde emite en dvb-t.
enviado por jose o 19 maio 2010 ás 12:50 PM CEST #
Non o descartes Marcus, senón todo o contrario ;)
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 19 maio 2010 ás 01:05 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
¿ Para cando V Televisión en analóxico ?
enviado por arcade o 19 maio 2010 ás 02:26 PM CEST #
Noraboa. A min o 94 sáeme Privado X Morbo. Me da que non é ise. A ver se despóis o sintonizo :D
enviado por martin o 19 maio 2010 ás 03:16 PM CEST #
En analoxico tamen please , rapidiño jejeje. " Non ides necesitar aparellos para sintonizar as canles" jejeje, eso dixechedes, asi que non descoidedes o analoxico e esforzadevos en MELLORALO, porque a calidade de son e e imaxe deixa moito que desexar en analoxico. No obstante moitas grazas por incluir por fin V TELEVISION na vosa grella, UNHA BOISIMA NOTICIA, e moita sorte a toda a xente de Voz television con esta nova canle.
enviado por EMI o 19 maio 2010 ás 03:56 PM CEST #
Tranquilidade, que aínda incorporamos hoxe a canle en dixital. Como xa dixemos, imos incorporar V Televisión en analóxico, pero informarémosvos do tema cando haxa algunha novidade.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 19 maio 2010 ás 04:40 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Parabéns pola inclusión de Vtelevisión (a concesión de La Voz de Galicia) na vosa grella... ¿para cando en analóxico?, así como Radio Voz e Cadena COPE radio..., e que deixedes pasar tanto AXN codificado, como Gol TV por se alguén o quere ver con modulo CAM, coma sempre, despois de mendigar por tódolos foros... xa empeza a ser habitual senón non seriades R... je,je...
Teño leido por aí estades a falar con Extremadura tv para incluíla na vosa grella... estaría ben que tamén tentarades TVE-HD en probas en A Coruña, Cultural.es, Russia Today en español, e cambiar a actual TV5 Monde pola que ten subtítulos en Español, e..., xa sabedes que gustaríanos tamén ter en aberto na DVB-C Euronews, e CNNi entre outras... ¿para cando na grella de R en DVB-T, TVE-HD? (estaría ben poder ver parte do mundial en HD) e Cultural.es, terían que formar parte da vosa oferta, pronto estarán na TDT, deste xeito xa non fai falla adaptar as nosas antenas, e por unha vez adiantariádesvos a TDT.
No referente as locais, que a excepción de Correo TV tedes vetadas en DVB-C, gustaríame saber cal é a política de R, clariña por favor, ¿Por qué unhas si e outras non? polo voso foro parece tedes pensado incluír Localia (A Coruña) ¿é certo? todas deberían formar parte da TV en DVB-C o igual que Correo TV...
E curiosa a forma que tedes en R de distribuír os canles, se queres ver tódolos canles libres de R necesitas un descodificador de TDT e un tv con descodificador DVB-C, no meu caso
TeleMiño e canles de teletenda (non os estou pedindo, e so un comentario)só os podo ver por DVB-T, e Xeneralistas, CorreoTV, autonómicas de outras comunidades e internacionais... só as podo ver por DVB-C.
E seguides tendo problemas coa emisión analóxica, así como respectar o formato 16/9.
Grazas. Saúdos.
enviado por xos o 19 maio 2010 ás 08:30 PM CEST #
Xos, en primeiro lugar sinalar que non temos vetada ningunha canle :D
Sei que en ocasións semella que non facemos nada ou que somos máis lentos ca o cabalo do malo, pero non é así. Estamos a moitas outras cousas e as tarefas requiren o seu tempo, poñer os seus aparellos para convertir o sinal, facer probas, etc. Poderíamos dicir, só imos emitir no sinal que recibimos a canle, pero non, en moitos casos estamos a emitir ata en tres formatos: analóxico, DVB-C e DVB-T e facer iso é laborioso, non é darlle a un botón e listo.
Agora, a nosa política vai ser emitir máis canles locais, non todas, of course, e as que emitamos tras chegar a un acordo con elas os nosos clientes poderanas recibir tanto en DVB-T coma en DVB-C.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 20 maio 2010 ás 09:22 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Hola:
Todo esto de poner canales en DVB-T está muy bien pero he de decir que fallan mucho,ayer se quedaron sin señal 3 canales. Yo he decidido ver la tele con la aérea por que veo que en R va fatal.
Me parece muy bien ir incluyendo los nuevos canales pero hay que dar calidad no puede ser que cada dos por tres estemos con fallos de señal sobre todo en la zona del Temple (Coruña).
enviado por jose o 20 maio 2010 ás 11:09 AM CEST #
A min pasoume outra cousa máis curiosa cando fun a reprogramar o descodificador DVB-T, algunhas canles non me saian xa que me saian como canles de audio. En concreto creo lembrar Teledeporte, Veo7, Intereconomia, unha de Teletenda e outra máis que non lembro.
enviado por Anxo o 20 maio 2010 ás 12:53 PM CEST #
Xos, de pouco che ía servir que incluíran TVE-HD para ver o mundial, xa que o van poñer por CorazónTV... digo Telecinco. XD
enviado por Julio o 20 maio 2010 ás 02:58 PM CEST #
Buena iniciativa incluir V television.
Por otro lado no se porque poneis Localia Vigo en la ciudad de Pontevedra cuando Localia Pontevedra hace como un mes que emite en digital y que para verla tenga que sintonizarlo en anologico
salu2
enviado por Jaco o 20 maio 2010 ás 05:51 PM CEST
Sitio web:: http://eljaco.blogspot.com/ #
Julio, quixen dicir a Champions o Sábado pero será moito pedir a R ¿non?... de todos xeitos os Documentais téñense que ver de vicio!!
enviado por Xos o 20 maio 2010 ás 08:49 PM CEST #
Hola,
Para cuando Telemiño para los de analógico?¿
No es más adecuado dar la señal de un canal que ya emite que uno que solo esta en pruebas?
Porque ya se me hace algo complicado mantener un combo3 en el que a mis padres le vendieron "toda la TDT con R" (eso vuestros comerciales y no me refiero a vuestro DVB-C, si no al analogico) y luego no ven ni tan siquiera la local
enviado por eli o 21 maio 2010 ás 12:46 AM CEST #
eli, como comentaba más arriba, es complicado hacer de una señal tres diferentes. Es decir, la recibimos en DVB-T y la emitimos también en DVB-C y en analógico, un proceso que lleva su tiempo.
Telemiño se emitirá en analógico, así que no te preocupes porque lo haremos. [EDITO: la información que ofrecí en su día no es cierta. No emitiremos Telemiño en analógico. Creo que estaba pensando en la emisión en DVB-C, pero lo cierto es que la información no erra correcta, así que os pido disculpas].
Por otro lado, VTelevisión lo estamos ofreciendo en digital, al igual que Telemiño. Es decir, Telemiño se está emitiendo exactamente en la misma señal que Vtelevisión, pero desde hace mucho más. En este sentido estamos dando la señal y no hemos priorizado un canal sobre otro.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 21 maio 2010 ás 02:00 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Me parece bien la inclusión de Vtelevisión, se que empieza el 30 de Mayo, pero no se a que hora, ¿me lo podéis decir?
Yo sigo pidiendo Telelugo, a ver cuando llegáis a un acuerdo, que creo que en Telelugo tienen ganas de emitir por R.
enviado por ROSENDO o 24 maio 2010 ás 12:53 AM CEST
Sitio web:: http://movilinvasion.es/ #
Hola Rosendo.
Todavía no conocemos la hora del inicio de emisión de Vtelevisión.
R ya emite Telelugo en señal DVB-T, ¿a qué te refieres con que emitamos Telelugo?
Un saludo.
enviado por quecheparece o 24 maio 2010 ás 10:15 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Poque non se ve TeleLugo por DVB-T por R, eu a teño que vela po la antena Comunitaria.
Saudos.
enviado por Luis José o 24 maio 2010 ás 06:22 PM CEST #
Ya lo dije muchas veces, me refiero a emitir Telelugo por DVB-C para no tener que andar desconectando el desco para poner el TDT.
enviado por ROSENDO o 24 maio 2010 ás 06:32 PM CEST
Sitio web:: http://movilinvasion.es/ #
Luis José, pois estamos emitindo Telelugo por DVB-T. Sintonizaches de novo as canles?
Rosendo, lo haremos. Telelugo también emitirá en DVB-C, pero por ahora no tenemos una fecha.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 24 maio 2010 ás 06:57 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Hola quecheparece,
¿Sabemos como vai o tema do HD?¿Mantense a data do veran ou imos xustiños? ¿Comezarase con so un canal ou poderá haber máis dende o principio?
Gracias por dar a mellor informacion que podas neste momento, e importante para decidir si volto a R!
enviado por exR o 25 maio 2010 ás 10:22 PM CEST #
Ola exR.
Cando haxa novidades farémovolo saber. Pero seguramente non sexa para este verán.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 26 maio 2010 ás 09:10 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Este domingo empeza a emitir regularmente Vtelevisión, os de analóxico terán que seguir agardando para vela ou terán que mercar un DVB-T, como fixen eu para ver Vtelevisión e Localia Coruña, pese a dicir que non teríamos que poñer aparellos.
enviado por Anxo o 28 maio 2010 ás 01:44 PM CEST
Sitio web:: http://http.//latri.ca/anxo_gz #
Anxo, e non terán que poñer ningún aparello porque imos ofrecer Vtelevisión en analóxico, pero vai levar o seu tempo porque hai un traballo previo bastante laborioso.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 28 maio 2010 ás 01:46 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Para ROSENDO: Parece ser que van empezar la programación a las 21:30 del domingo 30 de mayo y a las 22:00 estrenan "The wire".
enviado por Julio o 28 maio 2010 ás 03:01 PM CEST #
@Julio: Bueno, justamente a la hora en la que ponen vuelta y vuelta en La Sexta, pero lo veré, a ver quien es el Jefe/Jefa.
enviado por ROSENDO o 28 maio 2010 ás 03:09 PM CEST
Sitio web:: http://movilinvasion.es/ #
Offtopic: Cando me din de alta no 2009, o instalador faloume de conectar o desco co pc e varias historias máis, ¿qué se sabe diso?
Graciñas!
enviado por muca o 28 maio 2010 ás 04:26 PM CEST #
Quecheparece, xa sabemos que hai un traballo laborioso, e que vai levar tempo, é o que dis sempre, pero parece como se Localia ou outras televisiones non soubeses que emitían ou ían emitir e que ían pasar a emitir só por TDT, se vos vai levar un tempo, quizáis sexa porque non fixéchedes o traballo antes, e agora como se dí os "han pillado con el carrito del helado". Como sempre tarde, mal e arrastro. Porque os que teñen a televisión en analóxico non van poder ver comenzar as emisións de Vtelevisión, e non será porque non o sabiades con tempo e non o poidéchedes ter previsto. A excusa de como decia o ex-presidente de "estamos trabajando en ello", resulta xa pouco creible.
enviado por Anxo o 28 maio 2010 ás 05:02 PM CEST
Sitio web:: http://latri.ca/anxo_gz #
Sei que pode cansar, pero é certa. Aquí somos un equipo ben pequeno para tantas cousas que hai que facer. Algunhas teñen máis prioridade ca outras pero nunca estamos man sobre man.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 28 maio 2010 ás 06:00 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Suxerencia: Por que non se aproveita a espacio da canle RTBF SAT que actualmente esta a emitir a programación de TVG, para emitir algunha das novas canles locais de TDT en DVB-C?
enviado por xose o 28 maio 2010 ás 06:14 PM CEST #
Totalmente dacordo con ANXO, vai levar o seu tempo, e bastante laborioso, a proxima vez que querades cobrar a factura finais de mes , diremoslles o banco que vos digan, non pero espera, vai levar o seu tempo , e bastante laborioso, recurrindo a actualidade periodistica fago unha pregunta ¿ O capitan bragas ,este que rouba lenceria na coruña, e empleado de R? ,porque en esto da television " pillaronvos en BRAGAS". Triste , pauperrimo,e espello do que é a vosa empresa hoxe .
enviado por EMI o 28 maio 2010 ás 10:43 PM CEST #
Xose,
Imos emitir,como xa anunciamos, varias canles locais a través do sinal DVB-C. Pero o proceso de inclusión depende principalmente da conversión do sinal DVB-T a DVB-C, dun traballo previo
da instalación de equipos e dunha serie de probas que temos que facer na nosa cabeceira e na rede.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 31 maio 2010 ás 09:39 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
EMI, o servizo de televisión en aberto é totalmente gratuíto para os nosos clientes. É un complemento que ofrecemos ao noso servizo e polo que non cobramos.
Non creo que sexa un servizo triste e paupérrimo que un operador como R lle ofreza aos seus clientes a posiblidade de ver en aberto e gratis tres opcións:
- en analóxico: 21 canles de televisión que seguirán aumentando
- en dixital en DVB-T: máis de 40 canles de televisión e de radio
- en dixital en DVB-C: máis de 50 canles de televisión e de radio, incluíndo canles autonómicas e internacionais como RTPi, Telemadrid, ETB, Andalucía TV, Televisión Canaria, Telesur, Arte, TV5Monde...
¿Poderíasme dicir outro operador que ofreza isto aos seus clientes?
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 31 maio 2010 ás 10:17 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
- En analoxico: 21 canles que se ven mal o se oen mal, ou chegan sempre de ultimas.
-En dixital DVB-T: 28 canles de Tv e o seus correspondentes de Radio que entrar polos mesmos multiplex. ( o mesmiño que un tdt habitual, pero mais tarde)
-En dixital DVB-C en aberto, ( a maioria non temos tele en DVB-C asi que... como se emites 3527 lady chaneles e cousas polo estilo...
Eu non son cliente de outro operador, ou isto e como o de " se fulanito se tira por un puente ... nos tamen ¡¡ senon todos quietos¡¡.
¿ Poderiasme dicir ti canta xente estaria con R de non ofertar un servizo integral de comunicacion? TV , internet, e telefono ? polo tanto a tv en cada unha das opcions dos vosos combos tamen a tedes que ofertar con calidade.
O sangrante e que a vosa unica resposta sempre sexa dicir o maravillosos que sodes, cando cada vez hai mais xeitos que empeza a darse conta de que non e tanta maravilla o voso.
Iso por non falar do desproposito cos formatos de audio, as epgs , subtitulacion de pelis ,etc ...
Pero en fin podedes seguir pensando que sodes a ostia que asi vos vai lucir o pelo.
enviado por Emi o 31 maio 2010 ás 05:22 PM CEST #
Emi, creo que nunca dixen somos marabillosos. Temos os nosos fallos e seguirémolos tendo, e ben gordos.
Pero a discusión xira arredor de por que V Televisión aínda non está en analóxico. Eu fun sincero contigo: hai un traballo previo, que require o seu tempo, laborioso, pero temos máis canles e máis traballos pendentes, así que esta tarefa non é prioritaria, aínda que ofreceremos V Televisión en analóxico.
Non hai moito máis. En R estamos intentando ofrecer diferentes posibilidades aos nosos clientes; non miramos se alguén ten DVB-C, DVB-T ou analóxico, simplemente lanzamos un servizo pensando en diferentes posibilidades. Que hai servizos que están máis desenvolvidos ca outros: si. Pero como che digo hai prioridades e as cousas ímolas facendo cando rematamos outros temas.
Un saúdo.
enviado por Emi o 31 maio 2010 ás 05:40 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ola de novo.
Me podes decir que canles locais vnnse ver en DVC?.
Saudos.
enviado por Luis José o 31 maio 2010 ás 06:11 PM CEST #
Luis José, aquelas coas que cheguemos a un acordo, aínda que será unha cifra limitada (é dicir, por toda Galicia hai un bo feixe de canles locais, así que en R irán só unha parte).
Iremos informando de cales serán segundo cheguemos a un acordo ou as incorporemos, pero de momento xa está Correo TV e estará TeleMiño, TeleLugo ou Localia. Pero haberá máis.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 31 maio 2010 ás 06:21 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Quería facer unha correción, xa que arriba puxen algo que non é certo. Indiquei que emitiriamos Telemiño en analóxico, cando a información non é correcta.
Emitiremos Telemiño en dixital en DVB-C, pero non en analóxico.
Un saúdo e desculpade o erro.
enviado por quecheparece o 02 xuño 2010 ás 10:51 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Pra aclarar, ¿ides emitir algunha canle local en analóxico (de momento foron desaparecendo) ou só en dixital?
Cando comentas que algunhas canles locais vanse emitir en DVB-C e DVB-T, ¿en DVB-T refireste a que en cada zona só emitiredes as locais desa zona ou a que tamén se verán as doutras zonas que incluiades en DVB-C?
enviado por fervigo o 02 xuño 2010 ás 11:20 AM CEST #
Para cando estaria esta canle en DVB-C?En este mes?Xunio?.
Saudos.
enviado por Luis José o 02 xuño 2010 ás 11:32 AM CEST #
Luis José, se te refires a Telelugo, cando a incluamos xa volo comunicaremos.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 02 xuño 2010 ás 12:02 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Cal é a resposta de R a cousas como ésta?
http://www.lne.es/sociedad-cultura/2010/06/03/telecable-incorpora-canal-caza-pesca-dcine-espanol-acuerdo-pionero/924251.html
enviado por jullius_23@hotmail.com o 05 xuño 2010 ás 07:34 AM CEST #
Jullius, a nosa resposta foi esta:
http://twitter.com/quecheparece/status/15310242233
http://twitter.com/quecheparece/status/15310283816
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 07 xuño 2010 ás 09:12 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
A ver que tal está este canal, gracias.
Esperando canales en HD, por favor daros prisa :D
enviado por Ahriman o 07 xuño 2010 ás 07:58 PM CEST
Sitio web:: http://www.pandozone.com #
Como xa actualicei no post, dende onte xa temos incorporado en probas V Televisión tamén en analóxico. Só tedes que resintonizar a canle e xa vos aparecerá.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 08 xuño 2010 ás 09:17 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
fervigo, desculpas porque acabo de descubrir que tiña un comentario teu pendente dende xuño sen aprobar :(
En analóxico non se vai incluír ningunha canle local. Só se van engadir en dixital.
Doutra banda, polo que teño entendido, en DVB-T só imos incluír as de cada zona. En DVB-C irán só algunhas locais, pero non todas as que pode haber, imos facer unha selección e esas emitiranse en DVB-C para toda Galicia. Pero en DVB-T só na zona correspondente.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 05 xullo 2010 ás 05:26 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #