logo

Incorporamos a canle Nueve á televisión de R

mércores 02 xaneiro 2013 | 8 Comentarios

Ola a todos. Hoxe tedes unha nova canle na televisión de R chamada Nueve.

Trátase dunha nova canle de Mediaset (Telecinco, Cuatro…) onde ofrecerán telenovelas, series de ficción, programas de actualidade e, a partir de febrero, 12 horas ao día en directo de conexión á casa de Gran Hermano.

Esta nova canle está disponible xa no dial 38, o que fai que Energy se mova ata o dial 39.

Queremos aproveitar tamén para lembrarvos que agora en xaneiro temos unha nova canle de documentais, Nat Geo Wild, que está no dial 55, e que estará en aberto para os que tedes a opción mini durante unhas semaniñas.

A outra novidade da semana é que Telemadrid SAT deixará de emitir o seu sinal dende o día 2 de xaneiro, así que como xa non é posible recibila noutras comunidades autónomas distintas de Madrid, desaparecerá da nosa grella. Os recurtes orzamentarios están a provocar que moitas canles autonómicas deixaran de emitir nos últimos tempos (TV3, laCanaria, TAP, RTVV, Aragón SAT, Extremadura TV…), e no caso de Telemadrid xa era algo previsible, que se suma aos problemas que xa tiña últimamente (como sabedes durante moitas horas ao día emitía en negro).

Un saúdo.




Comentarios

Bueno, si no hubieseis puesto la nueve tampoco nos hubiera preocupado demasiado...con semejante bodrio. NatGeo Wild me encanta.

enviado por Isaac o 04 xaneiro 2013 ás 05:13 PM CET #

A grella televisiva de R xa ten bastante trapallada, unha máis non sorprende. Iso si, sorprende que quitarades a canle da televisión pública catalana, mentres seguides engordando a grella con canles de TV que moitas veces se solapan ou non é que aporten nada novo. Que volva a TV3.

Un saúdo

enviado por Xan o 07 xaneiro 2013 ás 10:16 PM CET #

Xan, como indicamos no post, non quitamos TV3 da nosa grella, senón que se deixou de emitir a canle internacional e só se pode recibir en Cataluña. É dicir, que non temos forma de pillala en Galicia, porque o sinal que chegaba aquí xa non chega.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 08 xaneiro 2013 ás 09:28 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

quecheparece, pois xa me explicarás como ONO e Orange TV ten a TV3 CAT nos seus diais????

enviado por arcade o 08 xaneiro 2013 ás 05:22 PM CET #

arcade, porque teñen centros técnicos en Barcelona e poden coller ese sinal de TV.

Tamén ONO por exemplo emite Libertad Digital, que é unha canle local que emite en Madrid, Comunidade Valencia e Murcia. Nós non temos forma de coller ese sinal e non o damos. E tamén ofrece Navarra TV para certos clientes,

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 08 xaneiro 2013 ás 05:32 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pois collede o seu sinal online e pasádeo a cable. Non é tan difícil e existen equipos para mellorar a calidade de imaxe e son.

enviado por arcade o 08 xaneiro 2013 ás 08:39 PM CET #

A canle nueve para o meu gusto non é mala non, é o seguinte, loitando ca canle 999. O que si deberíades pór e a canle do dial 9 de cine que está aí en R morta de risa ou sundance channel non ten versión sd ? Quen quere, pode.

enviado por francescolí o 15 xaneiro 2013 ás 05:22 PM CET #

francescolí, non, Sundance Channel non ten versión SD, e por iso non se incorpora á grella.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 15 xaneiro 2013 ás 05:25 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado