logo

factura electrónica con R

martes 02 xuño 2009 | 7 Comentarios

jelou a todo o mundo. Habitualmente intento variar sempre os temas dos que vos falo e hoxe quixen centrarme nunha cuestión pola cal nos preguntan moito os nosos clientes: "Cando ides ter factura electrónica?"

de seguro que máis de un agora mesmo está estrañado preguntándose entón que iso que ten na web de clientes. Pois ben, aí tendes acceso a unha copia en formato PDF das vosas facturas. Pero iso, aínda que non estea en formato papel, non sería unha factura electrónica porque non tería validez legal.

e que precisa para ser legal? Pois hai varias modalidades, pero a máis habitual é que para garantir a autenticidade teña unha firma electrónica. E niso andamos a traballar nestes momentos, para que antes de rematar este ano xa a poidades solicitar no canto da factura en papel tradicional que vos remitimos á casa. O caso é que este mesmo mes xa se comezaron a emitir facturas electrónica para “clientes amigos” para comprobar que todo vai ben e ver que problemas pode haber. En canto estea todo perfilado, xa o lanzamos para todos os clientes ;)

e cando entre a funcionar, o sistema será o seguinte: enviarémosvos un correo electrónico para avisarvos de que xa a tendes dispoñible na web de clientes e poderedes descargala. E para vela, pois como ata o de agora, cun lector de Acrobat ou con Foxit (que é un lector gratuíto, libre e que non consome moitos recursos) poderedes consultala.

e que se gaña recibindo a factura electrónica no sitio da de papel? Home, pois en primeiro lugar aforramos papel, que é importante. Creo que todos estamos máis ou menos concienciados co medio ambiente e coa ecoloxía, así que poñemos o noso gran de area no tema. Por outro lado, tamén é moito máis cómodo manexar ese formato, xa que o podedes gardar no voso equipo, descargalo dende a nosa web e ter acceso á factura sempre que precisedes. Vamos, que non necesitades ter unha carpeta chea de facturas na vosa casa. Tamén é moito máis rápido o proceso: en canto está colgada na web, nós avisámosvos e non tendes que esperar aos de Correos.

comentarvos que nos próximos meses, e pensando nas empresas, tamén imos lanzar a “factura-e”, que vén a estar no formato que promove a Axencia Tributaria, o XML. De feito, este organismo vaina esixir no futuro cando haxa que facer aí calquera xestión ou trámite. E mesmo vai ser obrigatorio para facturarlle ás administracións públicas. Doutra banda, se na empresa hai un ERP ou sistema de xestión automático, pois vai automatizar o tratamento das facturas. Vamos, que se gañaría tempo e axilidade, en canto que os procesos administrativos serían máis rápidos e eficientes.

dicirvos tamén que estamos a pensar, pero disto non hai nada de nada (aviso a navegantes), en ter algunha clase de detalle cos clientes que se pasen á factura electrónica. Por exemplo, unha cousa que poderiamos facer (pero xa digo que de momento vos estou a vender fume e que igual non se realiza) é darvos na factura electrónica o detalle das chamadas locais. Como sabedes, hoxe en día cóbrase por ter iso na factura en papel, entre outras cousas porque son máis follas. Pero como no formato electrónico isto non sería un problea, pois igual-quizais-acaso-talvez vos poderíamos dar gratis a relación desas chamadas.

para os que vos quedásedes con dúbidas sobre a factura electrónica, na web do Ministerio de Economía e Facenda  resólvenas todas ;)

xa me contaredes se vos parece útil ou non, se sodes dos que preferides ter a factura en papel porque vos dá maior seguridade ou se para vós é algo habitual manexar xa este formato.

aburiño quechepaRezadictos!




Comentarios

Muchas gracias por este nuevo servicio, uno de los más útiles que os faltaba por sacar ;)

Saludos

enviado por Javier o 02 xuño 2009 ás 06:43 PM CEST #

A verdade é que todo o que axude ao medioambiente é benvido, polo que é esta non deixa de ser unha boa noticia.

O que non teño moi claro é o que comentabas da necesidade da sinatura dixital para que sexan legais: ten que ter esa sinatura dixital o cliente ou R?

enviado por Iago Varela o 02 xuño 2009 ás 07:04 PM CEST
Sitio web:: http://www.iagovarela.eu #

Ola Iago.

Da sinatura dixital xa non encargamos nós. O cliente non se tería que preocupar por isto.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 02 xuño 2009 ás 07:37 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Eu xa teño factura dixital con Caja Madrid, e o tempo que tiven Movistar tamén a tiña, e non vexas a de papeis que te aforras de rachar todos os meses.

Xa preguntara eu en R por a factura, non só a electrónica, senón se se podería consultar con antelación a mesma a través da Web, xa que onde teño eu a factura electrónica, se pode consultar os dous ou tres días dende que se acaba o mes facturado.

Oxalá sexa pronto, xa que no momento que estea dispoñible, podedes contar conmigo para eliminar papel da casa.

enviado por José Diz Lamas o 03 xuño 2009 ás 05:43 PM CEST #

Pareceme boa idea, sobre todo o da informacion das chamadas locales, a ver se tira pa diante, pero tamen poderia haber algun desconto na factura, ou incluso entregalo coma puntos para os que temos liña de mobil.
Saudos.

enviado por Javier o 08 xuño 2009 ás 07:05 PM CEST #

O FOXIT READER NON É LIBRE !!

Este programa non ten nin moito menos unha licencia que o faga software libre.

COmo poderedes apreciar, a súa licencia semella moito a outras tan ben coñecidas pola súa restrctividade como a de Ms. Windows:

http://www.foxitsoftware.com/pdf/rd_eula.htm

Por favor, muden o corpo do artigo, para non trabucar os termos. Gratis non é igual que libre (de feito, non ten nada que ver).

enviado por obreiro o 10 xuño 2009 ás 09:10 PM CEST #

Tes toda a razón obreiro. Corrixo o post porque certamente o Foxit só é gratuíto.

Graciñas pola corrección.

enviado por quecheparece o 11 xuño 2009 ás 09:06 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado