logo

Escoita en exclusiva con R o novo de Berrogüetto

xoves 26 novembro 2009 | 4 Comentarios

Ola, xente. Temos unha nova máis que interesante para os amantes da boa música. De seguro que alguén xa o veu na nosa web ou na nosa televisión R, pero para os que andades despistados, informámosvos de que podedes escoitar en mundo-r.com o single do último disco de Berrogüetto.

En R tedes en exclusiva “Danza de Meirol”, o avance do quinto disco dun dos grupos galegos máis recoñecidos e internacionais. E aínda que ides ter que esperar un pouco polo novo de Berrogüetto, Kosmogonías, xa que sairá no 2010, na nosa web podedes escoitar e descargar o single de presentación.

Como vedes, podedes escoitar os primeiros 30 segundos de “Danza de Meirol”, pero tamén vos damos a opción de descargar gratis o MP3 en alta e en baixa calidade, para que o poidades desfrutar no voso equipo as veces que queirades. E para non estendernos máis, deixámosvos aquí o enlace coa canción.

Ah, e se vos gusta, non esquezades compartir a ligazón cos vosos amigos e coñecidos, que é de balde, free, by-the-face ;)

Un saúdo.




Comentarios

Sí, sí, claro, claro, pero que sepas que na reunión de Vigo choramos todos (os clientes) por que non viñeches.
Temos o corazón roto :(

enviado por CartDestr o 27 novembro 2009 ás 01:10 AM CET #

CartDestr, no me creo nada porque Antonio es una persona mucho más interesante que yo y que maneja más información, así que seguro que no os aburrísteis nada.

Por otro lado, como el próximo 18 de diciembre tenía otro compromiso en Vigo, para no tener que ir tanto de arriba para abajo, pues decidí quedarme. Pero el día 18, después del foro al que tengo que ir, si quieres quedamos y te invito a algo.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 27 novembro 2009 ás 01:53 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Yo no dije que nos aburriéramos, dije que lloramos cuando nos dijeron que no eras ninguno de los 3 envíados. De todos modos también era mentira, sólo era para hacerte sentir culpable :P

Saludos.

enviado por CartDestr o 27 novembro 2009 ás 06:22 PM CET #

Un pouco si que me sentín, pero xa che digo que ao final non fun porque teño outro tema en Vigo nunhas semanas, así que non quixen que por alí se cansasen demasiado de min ;)

enviado por quecheparece o 27 novembro 2009 ás 07:22 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado