logo

escanea gratis o teu equipo na busca de virus

xoves 30 outubro 2008 | 2 Comentarios

como andades hoxe? Eu coma sempre por aquí, contándovos cousiñas sobre R. Desta vez vouvos explicar un supertruqui para que poidades escanear os vosos equipos informáticos na busca de virus.

o caso é que moita xente non o sabe, pero por serdes clientes de R podedes acceder á web de seguridade R e facer un escenado do voso equipo de balde. Se ides directamente á sección "análise online", podedes comezar co proceso.

se estades aínda pensando onde está o truco, non, non fai falla ter contratado o antivirus de seguridade R. É algo totalmente gratuíto para os clientes de R. Así que os que non accedan a esta sección a través da rede, como di o refrán, "ajo y agua".

total, que accededes aí e podedes ter un diagnóstico de como anda o voso ordenador ou portátil. Lembrade, iso si, que cando comecedes a análise online é necesario aceptar o certificado e os termos da licenza para poder instalar a ferramenta. Iso si, para os que usades, como min, habitualmente Firefox, pois hai que facer durante uns minutos de tripas corazón e usar un Explorer. Despois, simplemente se descarga o programiña coa base de datos dos virus que ten identificados seguridade R e vos fai un barrido no voso equipo.

o escaneado serve tanto para o disco duro do pc, como para un disquete, un cd ou un dvd. Que queredes mirar nunha carpeta concreta, pois tamén o podedes facer. Dicirvos tamén que a limpeza está limitada, porque F-Secure Internet Security, o conxunto de aplicacións de seguridade para o pc no que está baseado seguridade R, pode borrar virus pero non é capaz de desinfectar vermes, troianos, etc. porque neses casos é necesario que se borren manualmente do disco duro. Nesta web explícanvos como limpar estes "bichos", aínda que o malo é que está en inglés.

xa me contaredes por aquí se probáchedes a escanear gratis os vosos pcs e se vos atopáchedes con algunha que outra "sorpresiña". Non sei se o víchedes útil ou non.

un saúdo e ata a próxima.



Comentarios

Que queres que che diga, eu navego con ubuntu e de virus, troianos e demais morralla non me preocupo en absoluto.

E cando por forza maior uso winxp, para min a mellor solución é NOD 32. Limpo como unha patena dende hai anos.

enviado por Gonzalo o 30 outubro 2008 ás 07:17 PM CET #

Saúdos.

Baixo Windows a maioría de vermes, troianos, backdoors e demais morralla entran polo navegador. A mellor maneira de navegar con total seguridade é usando unha ferramenta chamada Sandboxie. Podedes atopala en www.sandboxie.com.

É un programiña tope lixeiro de caracteres que non aturulla ó sistema operativo e fai segura a navegación.

Recomendado 100%.

enviado por Luis o 05 novembro 2008 ás 09:28 AM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado