Envía SMS dende o teu PC
Ola a todos. Hai cousa dun mes, noutro post, xa vos adiantamos que estabamos traballando para integrar servizos. Pois agora podemos dicir que un deses servizos que anunciamos xa está operativo: poder enviar SMS dende o voso número de móbil R a través dunha sinxela aplicación web.
Para que o teñades claro: temos habilitado un servizo que vos permite escribir co teclado do voso equipo SMS e envialos a quen queirades. Ademais de ser un proceso sinxelo (máis dun de seguro que flipa co pequenas que son as teclas e do gordos que son os seus dedos á hora de escribir nun móbil), tamén é máis económico. Os SMS a móbiles R custaranvos o mesmo que agora (9cent+IVE), pero son máis baratos a outros operadores: 11cent+IVE (fronte aos 15cent+IVE no caso da tarifa tarde e flexible cando enviades menos de 25 SMS). É dicir, que sae á conta.
E como se accede a este servizo? Antes de nada incidir en que para poder facer uso do envío de SMS dende a web hai que ser cliente de móbil R, para poder asociar esas mensaxes a un número xa operativo. Unha vez aclarado isto, dicirvos que se ides á web de clientes, xa veredes destacado o servizo na portada:

E se vos perdedes, pois tecleades SMSweb.mundo-r.com e listo. Unha vez que entredes co voso usuario e contrasinal, podedes ver unha pantalla coma esta:

A pantalla é sinxela de todo, para non liar a ninguén (que non se diga que somos atravesadiños). Se tedes máis dunha liña móbil con R seleccionades o número dende o que queredes enviar a mensaxe, escribides o teléfono ao que ides enviar o SMS e listo. E se queredes mandar un aviso a 5 amigos, non hai problema, porque se pode enviar a cantos destinatarios desexedes.
Temos tamén un contador de caracteres, para que saibades se o que escribides colle nun SMS ou ten que ir en dous (e quen di dous, di tres se hai moito que contar). Despois vós xa botades contas de se podedes escribir en cristián ou n1 lnwa k a sbr k dcds, e para a que hai que botar man dun deses dicionarios sms.
Creamos tamén unha axenda para que poñades os vosos contactos ou fagades grupos á hora de enviar mensaxes, e tamén vos damos a posibilidade de crear modelos predefinidos. Así xa podedes ter listo iso de “Ola Churri, non te enfades, pero teño que dicirche que...”.
Outra das cousas máis interesantes que poñemos á vosa disposición é a de establecer a data e a hora na que queredes que se envíe a mensaxe. Pódese configurar o envío do SMS con tres días de antelación. Deste xeito, podedes escribirlle á vosa nai un SMS para que lle chegue mañá dicíndolle de que ten cita co médico ou o mércores deixar enviada unha mensaxe para que a reciban os colegas o venres avisándoos de que á noite hai cea.
Máis cousiñas: na aplicación hai unha listaxe coas mensaxes enviadas e tamén unha confimación de que se enviaron sen ningún problema (agora, se a vosa nai leva co móbil apagado dende hai unha semana, porque se lle acabou a batería e non se lembra do PIN, aí xa non podemos entrar).
Xa nos contaredes que vos parece isto. Se queredes máis información sobre o servizo podedes consultar o manual ou ben darvos unha voltiña pola nosa web de preguntas e respostas.
Vmns!

Xa me gustou a idea cando a preanunciáchedes, pero agora que a provei inda máis.
Véxolle moita utilidade para casos de quedar sen batería (ou mesmo preguiza xD) e o tema de poder programar a hora de envío está moi ben.
enviado por Iago Varela o 27 novembro 2009 ás 04:24 PM CET
Sitio web:: http://www.iagovarela.eu #
A utilidade está xenial.
Por cierto eu teño Vodafone contrato Vitamina SMS, e as mensaxes me custan 7 céntimos.
Cando R saque unha tarifa coma esa, fágome sen dúbida.
enviado por Vermu o 28 novembro 2009 ás 05:32 PM CET #
Tendo en conta o custo que representa para unha operadora enviar as SMS (practicamente 0, xa que se envían adxuntos nos sinais de control GSM), penso que non estaría de mais que ista aplicación estivera ao dispor de todos os clientes de R.
Sería unha boa oferta, que todos os clientes de R (mobil ou fixo) puideran enviar mensaxes gratuitamente, por exemplo a todos os números de R mobil.
enviado por obreiro o 30 novembro 2009 ás 09:56 AM CET #
¿Por qué ahora se cobran los SMS que se mandan desde el ordenador cuando antes no se cobraban?
Y con antes me refiero a hace unos cuantos años. Me acuerdo que hacia el 2000 había aplicaciones para el PC para poder mandar mensajes que eran gratuítos.
enviado por Luis o 30 novembro 2009 ás 12:52 PM CET #
Luis, pues precisamente porque tienen un precio. Es cierto que antes era un servicio que ofrecían muchas páginas, pero no debaja de ser un señuelo para atraer visitas. Ahora si te fijas no lo ofrece nadie, precisamente porque no era algo rentable.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 30 novembro 2009 ás 01:49 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
mmm... Eu coido que o problema era outro, era un problema legal máis que económico. A vos pode que vos custen as mensaxes xa que non tedes rede móbil propia (por agora ;)), pero daquela, a terra (Telefónica) e a navegalia (Airtel), tendo en conta os custes reais dos SMSs, saíalle practicamente gratis.
enviado por CartDestr o 30 novembro 2009 ás 02:03 PM CET #
CartDestr, eu dicíao por portais de distinto tipo que non tiñan nada que ver cos operadores e iso foi o que lle entendín a Luis. Lembro hai anos algún que outro diario galego que tiña esta aplicación na súa versión web.
enviado por quecheparece o 30 novembro 2009 ás 02:06 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Hola quecheparece:
Me gustaria saber si R se ha planteado alguna vez en sacar tarjetas prepago y de ser asi para cuando.Gracias
enviado por javier o 01 decembro 2009 ás 09:57 AM CET #
Hola Javier.
No, no tenemos pensado sacar prepago. Creemos que nuestros consumos mínimos no son demasiado altos y de esta forma también evitamos altas fraudulentas de comerciales. Es decir, que vamos a seguir con este modelo de contrato.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 01 decembro 2009 ás 11:13 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Sei que me repito, pero, ¿consideradesme unha alta fraudulenta?
enviado por fervigo o 01 decembro 2009 ás 09:01 PM CET #
fervigo, sabes de sobra que non. Como digo, pode ser moi tentador dar de alta tarxetas SIM prepago a diferentes usuarios e que despois, oh sorpresa, ningunha consuma nada en meses.
Desde un principio apostamos polo contrato para garantir un mellor servizo e para ter todo ben amarrado. Tampouco queremos que os clientes teñan a SIM de R como outra máis, por aí tirada. Preferimos ser un pouco a opción principal e cremos que tampouco somos tan caros.
Sabemos que tampouco todo o mundo consome 6€+IVE ao mes, pero si que os consomen a práctica maioría dos usuarios de telefonía móbil, e visto os terminais que ofrecemos e as tarifas, a nós parécenos un consumo adecuado.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 02 decembro 2009 ás 11:15 AM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #
Xa sei que non me considerades unha alta fraudulenta ;P pero con iso quero dicir co voso suposto filtro anti altas fraudulentas dos comerciais, me cataloga coma iso (polo consumo mínimo, non porque sexa ou non de contrato). E sendo así, considero que tendes un problema.
A min é que todo consumo mínimo obrigatorio maior de 0 €, pareceme caro. Puntos de vista distintos. Máis tendo en conta que xa se é cliente voso. E nin sequera tendo outro servicio dentro da propio sección móbil como é internet móbil, se contempla liberar ó cliente de dito consumo. Tanto uns coma outros xa fan un consumo mínimo con vos ó pagar as correspondentes cuotas mensuais, no segundo caso, cuota referente directamente á propia sección móbil.
Mira que non se fala de que regaledes as chamadas, se non de pagalas.
O dos termináis non me parece unha xustificación valida, igual co de escudaros nas altas fraudulentas, porque eles xa teñen e poden seguir tendo asociado un consumo mínimo. Pra algo se subvencionan, unha cousa non quita a outra. Pero non pode ser que sexa motivo pra que carguemos co consumo mínimo o resto de clientes que non necesitamos coller un terminal novo.
O de ter boas tarifas (a dos 6 centimos vamos, coa que xa non se pode coller móbiles subvencionados, que nin me vai nin me ven, pero vai polo de antes dos móbiles), e sabendo que non sodes os únicos que tendes a tarifa dos 6 centimos, pero a diferencia de vos, sen permanencia, e un servizo de calidade, non cho discuto, pero xa che digo que polo consumo mínimo obrigatorio non paso. E vos nin vos plantexades solucións.
E non son de ter varias tarxetas, menudo coñazo :S
enviado por fervigo o 02 decembro 2009 ás 12:51 PM CET #
fervigo, a tarifa de 6 cnts non ten permanencia. Coido que querías dicir 'consumo mínimo' ¿non?
enviado por CartDestr o 02 decembro 2009 ás 02:08 PM CET #
Si, iso, como se me foi :P Grazas ;)
enviado por fervigo o 02 decembro 2009 ás 05:39 PM CET #
la verdad es que es una buena idea.. odio andar tecleando desde el movil, por eso apenas gasto sms en el movil, para responder un ok, vale y poco más.. sino, suelo tirar directamente de la llamada...
Una pena que hasta febrero ya que la operadora con la que tengo el movil y denunciada, me tiene un impuesto revolucionario de 80€ tras 11 años de permanencia y sí me marcho antes de febrero tengo que pagar..
Evidentemente, no quiero saber nada de ellos
enviado por iván louzan o 02 decembro 2009 ás 06:35 PM CET
Sitio web:: http://opinguino.es #
yo estoy con fervigo en lo de los 6€ (algunos meses consumo 4 y **** pagar de mas...), para evitar altas fraudulentas os llegaria con poner 1€ (mejor 0€ no voy decir que no :P).
Tema aparte, he solicitado la tarifa mini (como nunca cambie de tarifa con otros operadores no puedo opinar de ellos) pero ya que tengo que esperar a la siguiente factura para que me la activen, al menos se podia enviar un sms confirmando de que se me ha pasado a ella (para estar seguro de que me la van a activar) ya que tendre que llamar el 19 para verificar que esta todo correcto (porque como tenga que esperar otro mes voy dado...)
enviado por banzai o 09 decembro 2009 ás 03:41 AM CET #
La aplicacion sin duda es interesante, buena idea.
(offtopic)
Lo justo en telefonia movil es pagar por lo que gastas, lo de cobrar un consumo minimo es como cobrar la cuota de linea para los que quieren internet solamanente.
¿Alta fraudulentas de los comerciales? Si teneis que tomar ese tipo de precauciones no dice mucho a favor de vuestros comerciales, que en mi particular opinion es de lo peor que teneis en R y que realmente eso si que os perdudica mucho vuestra imagen
enviado por Jaco o 09 decembro 2009 ás 10:36 PM CET
Sitio web:: http://eljaco.blogspot.com/ #