Enquisa: que servizo interactivo che interesa máis?
Ola xente. Como vai a cousa? Hoxe queremos lanzar no blog un xenuino post-quecheparece, deses nos que vos preguntamos directamente sobre un servizo que estamos pensando en lanzar. Así que vos toca dicirnos que dúas aplicacións interactivas vos interesa que desenvolvamos na televisión dixital de R para o ano que vén.
Comos sabedes, no 2010 imos traballar arreo na televisión dixital. Non só imos sacar unha guía electrónica de programación a 30 días e imos integrar os destacados na miniguía, senón que queremos ofrecervos HD e Vídeo Baixo Demanda. Pero non só iso, senón que a nosa idea é centrarnos tamén nas aplicacións interactivas. Por iso vos preguntamos, ¿que dúas aplicacións destas vos interesan máis? (antes de votar na enquisa, adicádelle uns minutiños a ler a descrición de cada servizo):
Información do 112: sería ter na vosa pantalla de televisión os avisos que hai na web do 112 de Galicia, alertas sobre incendios, avisos de temporal, accidentes de tráficos, incidencias... O sistema alertaría automaticamente das emerxencias de moi alto nivel en Galicia; para as emerxencias normais, o usuario tería que consultalas nunha pantalla da EPG específica.
Aviso no televisor de quen chama ao fixo: imaxinade que tedes nenos pequenos e de noite non queredes que esperten por culpa do teléfono. Pois ben, configurades o terminal, usando a televisión, para que o fixo non soe pero, como ides estar vendo a tele, se alguén vos chama recibiredes un aviso na pantalla de que o teléfono está a soar e de quen chama. Sinxelo e práctico, verdade?
Mensaxes entre televisores R: pois entre os clientes con televisión dixital multicanle de R poderíanse enviar mensaxes. Unha especie de SMS pero entre teles. Ademais, tamén permitiría que dende R vos enviasemos avisos. Por exemplo, podeirades saber a través deste sistema que xa tedes dispoñible a nova factura ou que se resolveu favorablemente a reclamación que tiñades con nós. Tamén permitiría enviar mensaxes a móbiles dende a tele, aínda que esta función a vemos menos interesante
Lector RSS: trátase dun lector con información do máis variado. Ademais de noticias, poderiades consultar a axenda cultural do voso concello, como vai ser o tempo nos próximos días, información sobre o tráfico, a lotaría, os resultados deportivos ou os horarios das farmacias. Velaquí unha captura de como podería quedar a cousa: 
Información deportiva de fútbol: da Liga de Primeira División ou da Copa do Rei, por exemplo. Poderiades ver os resultados das xornadas anteriores, como quedou o Dépor na 5ª xornada ou o Celta a semana pasada. Tamén poderiades ter cumprida información sobre as próximas xornadas e, sobre todo, en que dial se vai emitir o próximo partido do voso equipo.
Contratar produtos R dende o televisor: a idea inicial é poder contratar só produtos relacionados coa televisión, como a opción cine, a total ou a extra, ou ben contratar Gol televisión.
Recomendador de programación: segundo a valoración que vaiades facendo da programación, o sistema analizaría os vosos gustos segundo xéneros, actores e ano das producións e recomendaríavos eventos. No futuro poderíanse ver as recomendacións dos demais usuarios e amosar que é o que máis gusta, os filmes máis valorados...
Servizos que vos interesen a vós: para iso está este blog, non si? Dicídenos que vos gustaría atopar na televisión de R a nivel de servizos interactivos, que ideas se vos ocorren como útiles e que a nós se nos pasou por alto nesta relación.
(Engadido) Canle con vídeos dos clientes: esquecinme de poñer este punto antes. Trataríase de que puideses subir os vosos propios vídeos (creados por vós, of course) a videos.mundo-r.com e con eles crear unha canle de televisión. Vamos, unha canle cos vídeos dos nosos usuarios, na que mesmo vos poderiamos avisar da emisión da vosa pequena obra de arte ;)
A verdade é que son todos ben interesantes, pero de seguro que algún vos encheu máis o ollo ;) Votade e contádenos o que vos parecen estes servizos interactivos, que a nós nos toca recoller as vosas ideas e poñernos a traballar canto antes.
Seguimos por aquí, polo facebook e o twitter.
Un saúdo.

comento un poco mi opinión.
Información 112. en principio me parece interesante, pero, lo descarto por su escasa utilidad real.. puede que un día nos venga muy bien pero, en lineas generales, a no ser que viajes mucho, no me parecen datos relevantes. Aparte hay que ver como funciona el 112 al respecto, pues dependeríamos de un servicio de un tercero..y luego, para algo se invento internet :D
el avisador de llamadas pues tampoco me pega mucho, basicamente porque, por ejemplo en mi caso, el 90% de las llamadas las recibo en el movil. aparte se inventaron los inalambricos hace muchos años...
mensajes entre televisores.. esto me parece muy friki, me gusta la idea..
RSS: es lo más util que veo y que usaría.. os lanzo un "reto" poder configurar cada usuario sus canales aunque no se sí es tecnicamente posible
Información de futbol.. no me gusta el futbol por lo cual no me interesa para nada
contratar servicios. comercialmente queda muy bien, pero cuanto se va a usar? el cliente llama o pregunta primero via web y luego contrata. Aparte cuanto lo vas a usar realmente, porque no se van comprando y borrando de canales continuamente
recomendador de programación: no se como funcionaría al final, que lo haría por géneros?, tipo de canal?.. la idea me parece buena pero con tan poca info no se como funcionaría
Servicios que me interesen a mi: por ejemplo yo soy de los que fijan alarmas en la tv de cuando empieza algo, pero, luego el programa empieza antes o despues, por lo cual un avisador real sería buenisimo...
Un sistema de "opininiones" de programas. ejemplo un programa determinado de cualquier cadena que se pueda "votar" tipo (me gusta, no me gusta de facebook)para que entre todos los usuarios de R.. o sea que salga en plan a 20 votos positivos y 19 negativos. nada de comentarios que luego es un peñazo ;)
sau2
enviado por iván louzan o 15 decembro 2009 ás 08:27 PM CET
Sitio web:: http://opinguino.es #
Pues me he decantadopor el RSS, me parece el más interesante. Como segunda opción he marcado otros servicios, ya que la opción de Mensaxes entre televisores R no me acaba de convencer del todo. Estaría bien que además de informar de la factura, o de las reclamaciones, saltasen avisos de cuando hay una avería detectada, lógicamente no funcionaría si el servicio afectado es el de Tv, y no tengo muy claro si la avería fuese de internet, si el servicio a través de la tv también se vería afectado para este tipo de avisos, pero bueno, ahí dejo la propuesta.
Y aprovechando el tema, una sugerencia... El típico mensaje de error que sale a veces de: "Problema en la recepción de señal..." que el 99% de las veces lo acabas solucionando apagando eldesco y dejando que se actualice, en lugar de la recomendación que aparece de revisar cableado o si no llamar al 1449, no se podría modificar e indicar los pasos de apagar, esperar que salgan los ochos y volver a enceder y en caso de persistir pues llamar al 1449¿? Es que uno queda como tonto cuando llama la primera vez que le ocurre y te dicen apaga y enciende, jejeje
enviado por Bas o 16 decembro 2009 ás 09:22 AM CET #
Totalmente de acuerdo con lo que comenta Bas sobre el cartelito de "Problema en la recepción de señal...",nosotros en casa nunca llamamos,siempre apagamos y desenchufamos y listo,como hubiera que llamar todas las veces que sale el cartelito en el call center no darían a atender llamadas jajja.
En cuanto a los servicios lo de mensajes entre teelvisores (bueno en realidad sería entre descodificadores entiendo) me resulta curioso y estaría muy bien.Lo de las llamadas si que lo veo también útil,así ya sabrías quien llama sin necesidad de mirar el teléfono y lo de contratar servicios también tiene buena pinta.Eso sí,tampoco nos hagamos ilusiones,que viendo el post de hace un año,con respecto a lo que iba a incluir la nueva EPG y un año después viendo lo que incluye,estas cosas que comentais como que no las veo ni para el año que viene,ni el siguiente,ni el otro.....
enviado por mar o 16 decembro 2009 ás 10:03 AM CET #
mar, tienes toda la razón en lo que comentas. Hubo una previsión el año pasado y no pudimos cumplirla. Creo que lo comenté en otro post, pero lo vuelvo a explicar por aquí. Tuvimos un imprevisto que hizo que nos retrasásemos en las previsiones.
Muchos clientes nos comentaban que la EPG les iba demasiado lenta. Que tenían problemas con la navegación. Como esto era muy importante, parte del tiempo que teníamos previsto dedicar al desarrollo de otros servicios lo tuvimos que centrar en solucionar este problema. Y fue por eso por lo que no pudimos cumplir.
Ya te digo que nuestra idea es hacer esto y, junto con vosotros, somos los más interesados en sacar esto adelante. A ver si en esta ocasión no hay ningún imprevisto.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 16 decembro 2009 ás 10:17 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
O inquérito non vai en Ubuntu... polo menos a min non xD
enviado por gnomeubunteiro o 16 decembro 2009 ás 06:17 PM CET #
gnomeubunteiro, síntoo, pero a enquisa creeina nunha web que permite facer cuestionarios e copiar o código no blog. Creo que non hai solución :(
enviado por quecheparece o 16 decembro 2009 ás 06:20 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Suponse que se pode votar duas cousas ¿non?
É que só me diexou elexir unha opción. Ó marcar outra, desmarcabase a primeira, e logo de votar esa única opción que me deixaba, ó votar por outra dime que xa votei :S
enviado por fervigo o 17 decembro 2009 ás 04:31 PM CET #
fervigo, si, pero non.
A nosa idea era que os clientes escollesen dúas opcións pero, ao final, buscando como poderiamos poñer unha enquisa no post, a aplicación que atopamos só permitía un único voto por persoa.
Total, que só un voto por persoa (aínda que a nosa idea era que fosen dous).
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 17 decembro 2009 ás 04:35 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Bueno, pois a opción que marquei foi ó do aviso de chamada.
Logo elexiría a das mensaxes se non se cobra por mensaxe que enviemos a outro cliente e estas son privadas (vamos que se poden enviar a persoas concretas, non visibles a todo o mundo) e persistentes (non de ver no momento tipo chat, se non que funcione coma un correo ou SMS que o remitente as pode ver cando queira, quedando almacenadas ata cas borre).
Inda que pra isto vexo preciso poder ter conectado un teclado, porque matarme a escribir unha mensaxe co mando do desco, como que paso :S
Ademáis, estaría o que di Bas de tamén enviar avisos das incidencias que teñades.
A miña seguinte preferencia sería ó dos avisos do 112 ofrecendo información de tempo e tráfico sen limitarse ás alertas e incidencias, que se indica no do RSS (non sei que tipo de información chega a ofrecer o 112). Realmente sería unha mestura do 112 cos servizos que comentas da RSS excluindo o da sindicalización das novas.
Tamén engadirialle os avisos das incidencias que teñades.
O que comenta iván das alarmas "reais" sobre o comezo dos programas, entendo que é mellorar un servizo que xa ofrecedes, e que puidendo ser, debería funcionar como comenta.
E como outra mellora deses avisos sería o seguinte:
"Desco de R con funcionalidad de programación de visionado/grabación de todas las emisiones de un programa (serie, telediario, etc) que se den a lo largo de determinado periodo de tiempo (ya sea una semana, semanas o mes concreto o entre fechas determinadas o días sueltos)"
O de grabar sería xa sabendo co novo desco permitirá grabar.
O da contratación pola TV, penso que pola sua propia natureza, é algo que se vai usar en contadas ocasións (non me refiro porque sexa a través da TV), polo que supoño que, postos a elexir, sempre será máis interesante ter outra cousa que lle vas sacar partido máis a miudo. Pero non quita que sexa algo interesante como o é facer esto mesmo a través da web de clientes. Pero tamén o ampliaría pra contratar/descontratar todolos servizos, non só os da TV. E penso que sendo pola TV, para consultala información coxeará, pero o que é contratar en sí, creo que sería moi comodo ca través doutros medios e máis sinxelo que por Internet.
O que non me chama é o dos videos dos clientes. ¿E igual non era máis así ser parte do servicio de video baixo demanda pra poder rebuscar ti o video que queiras en vez de estar a ver que sae nesa canle?
Esta opción tamén descolocame un pouco sobre que tipo de aplicación interactivas estades a preguntar. Vamos, as outras parecen aplicacións "ligth" e esta en cambio xa é algo que implica outro tipo de recursos. E entón ahí igual entraría algunha cousa das recollidas naquela lista de propostas sobre a TV. Non sei. Igual poiderías dicir se en medio delas hai algunha que encaixaría co que estades a preguntar e así poder comentar se se da o caso.
Alá, tocho mensaxe ó canto :P Saúdos :)
enviado por fervigo o 17 decembro 2009 ás 06:50 PM CET #
@gnomeubunteiro: proba co Chrome, a min funcionuoume.
Eu votei polo RSS, supoñendo que sexa configurable.
Eu o que realmente boto en falta na TV é a ausencia de subtitulos, ainda que supoño que será problema dos canles...
enviado por anpefi o 17 decembro 2009 ás 06:53 PM CET #
Boas! Isto é máis ben unha suxerencia para os contenidos do VOD que para servicios adicionais da tv. Creo que sería moi bó engadir series de televisión. Por exemplo: LOST, Dexter, House, Mad Men, Los Soprano, Life On Mars, Siete Vidas... Con isto quero dicir: Series nacionais e internacionais; que estean en curso ou remataran; en HD e 16:9 ou se non existe en SD e 4:3... Con subtitulos opcionais en castelán, galego e v.o; con voces en v.o. e se existen dobraxe en galego e castelán... E se pode ser, engadidas ao catálogo o día seguinte da sua emisión no país orixinal. (Ainda que isto implique que ao principio estean só en inglés con subtitulos opcionais).
Podedes vender os capítulos soltos a un prezo (0,99; p.ex) e as temporadas completas a outro máis económico (15€, p.ex).
Sei que isto implicaría un esforzo moi grande, acordos con emisoras internacionais (BBC, ABC, HBO, Showtime...) e nacionais (T5, cuatro...), non sei se habería problemas cos acordos que xa teñen con outras emisoras (En principio non deberían, vos non ides emitir en aberto nin sequera nun canal premium, se non en VOD)... Pero ese esforzo daría a vosa televisión un aliciente que non ten ninguén en España neste momento.
Ala, aí queda iso. :P
enviado por CartDestr o 18 decembro 2009 ás 11:46 AM CET #
Ah! unha cousa importante: Unha vez que merques un capítulo ou serie completa, que poidas volver a velo cando te pete. Isa era a parte máis importante :P
enviado por CartDestr o 18 decembro 2009 ás 11:49 AM CET #
CartDestr, hai cousas que de boas a primeiras xa vexo complicadas, coma os subtítulos en galego. Moitas das series que comentas non están nin tan sequera dobradas ao galego, como para ofrecer os subtítulos. E poñernos a subtitulalas nós creo que sería un tanto custoso.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 18 decembro 2009 ás 11:51 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Xa o sei, pero hai series que si teñen subtítulos e dobraxes ao galego feitos pola crtvg. Agora mesmo, a tvg2 está a emitir un montón de programas só en v.o.s.g ... Sei que son un pouco reticentes a compartir os seus dobraxes e subtítulos, pero vamos, polo menos para algunhas, hai material para galeguizar.
En calqueira caso, por min con cas puxérades en v.o. con opción para subtítulos en inglés chegábame; pero claro, comprendo que iso xa non sería un servicio atractivo de cara ao resto dos clientes (E os subs en castelán xa os teñen ata as propias cadeas americanas, ainda que é castelán de norteamérica )
enviado por CartDestr o 18 decembro 2009 ás 11:57 AM CET #
A miña opinión completa é a de Iván e máis a de CartDestr. Ningún deses servizos me parecen espectaculares, como moito o de RSS pero entendo que so para alguns frikis nos interesaría. Por iso un VOD adaptado a Galicia sería unha pasada! O dos subtítulos en galego tampouco sería para tanto, sabendo como somos seguro que habería quen axudase a traducilos, correxilos... e xa tendo a posibilidade de subtítulos en português máis facil ainda a traducción.
En parte off-topic: No Combo R Mini nas canles que non entran nese combo sae un molesto aviso, sería moooito máis cómodo poder navegar so polas canles contratadas e punto, xa sabemos que non temos todas as canles :)
Parabéns por quecheparece, unha moi boa iniciativa
enviado por Sak o 19 decembro 2009 ás 01:50 PM CET
Sitio web:: http://osak.blogaliza.org #
Hola:
Pues bien, he votado otros y aunque las mejoras de los servicios que pretendeis hacer son buenas, hoy mismo palpe en mis carnes lo duro que es tratar con un operador y que te resuelva una incidencia, por eso me gustaria pasarle una sugerencia a quecheparece y a R para que traten a sus clientes de un mejor modo y no pongan tantas trabas cuando surge un problema de este estilo, asi que os relato:
LLevo toda la mañana sin conexion por que mi modem se apaga cuando le viene en gana y hoy fue un apagon de los grandes asi que me vi obligado a llamar para dar mi incidencia. Me piden lo tipico nombre del titular, direccion y DNI....DNI? politica de empresa...si, me parece razonable pero es que en ese momento no tenia el DNI a mano y menos una factura, yo las rompo y las veo por internet, para que gastar en papel y en espacio. Asi que me quede con la cara blanca, una operadora caliente (supongo de llevar toda la mañana de mala leche por otros clientes o sus asuntos personales) y yo sin el DNI de mi padre que es el titular y se lo ha llevado de vacaciones por que segun dicen en los aeropuertos "hace falta". Aqui llega mi cuenta matematica, no tengo factura, no tengo dni= revolver cajones lo que implica 2 horas de cabreo por un simple formalismo. Pues bien quecheparece y señores de R igual que ustedes dan en internet la posibilidad de crear un usuario a mayor del titular me gustaria que tambien se pudiese hacer por telefono esto, no creo que sea una gran tarea ni les de un gran esfuerzo en instaurar este servicio.
P.D: Segun me dijeron en atencion al cliente esto se hace por seguridad, se dan ustedes cuenta que si alguien me quita la factura de mi buzon (algun graciosillo) puede hacer lo que quiera?
P.S: siento el tocho grande y me gustaria agradecerte a ti, quecheparece, el buen hacer que tienes, siempre tienes un tono amable y cordial, no puedo decir lo mismo de la señorita que me atendió.
enviado por Javier o 21 decembro 2009 ás 04:33 PM CET #
Son aplicaciones "vacías" y para vender humo. Nada que enriquezca el verdadero espíritu de la televisión digital. La televisión la quiero para ver televisión y lo único que necesito son mejoras con respecto a mi entretenimiento televisión: ni mensajearme, ni contratar productos, ni saber si llueve, ni quien me llama, ni ver vídeos de clientes aburridos,...
Que tal si retomamos la lucha habitual y enriquecéis el visionado de películas y series activando los subtítulos para poder disfrutar, a tope, de la versión original.
Si es necesario cambiar de discos...PUES YA SABÉIS
enviado por Pepito Piscinas o 22 decembro 2009 ás 10:35 AM CET #
mi mensaje de ayer no aparece...censura? :)
no se si volverlo a escribir o es que aun no fue colgado, pero me da que un dia es mucho
enviado por Javier o 22 decembro 2009 ás 11:37 AM CET #
Pepito, el año que viene se cambia de decos (por decos HD) y ya se podrán ver correctamente los subtítulos que ofrecen las diferentes cadenas. Sólo, eso sí, los que ofrecen las cadenas; en principio R no va a añadir cosas adicionales, o al menos eso entendí en la reunión.
enviado por CartDestr o 22 decembro 2009 ás 11:53 AM CET #
Hola Javier,
Antes de nada, te pedimos disculpas por las posibles molestias que te haya ocasionado el tono de voz de la operadora con la que hablaste. Nuestro objetivo, como sabes, es dar el mejor servicio y prestar la máxima atención a los clientes. Nos esmeramos en ello cada día.
Con respecto al problema concreto que nos planteas, a través de la web de clientes el titular de un contrato puede crear usuarios delegados. De esta forma, el nuevo perfil puede actuar tal y como lo haría el propio titular. Se hace accediendo desde la pestaña de usuarios y, una vez allí, en "gestión de usuarios delegados".
Como seguro entenderás, los procedimientos de comprobación son necesarios por seguridad de los propios clientes -para evitar fraudes, por ejemplo- y para cumplir con los requisitos de protección de datos.
Gracias por tu comprensión. Un saludo
enviado por quecheparece o 23 decembro 2009 ás 01:28 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
creo que no te entendi, yo ya soy un usuario delegado, pero segun tus compañeras eso solo sirve para la web, consultar facturas y esas cosas, pero no para poder ser atendido via telefonica. Cuando uno llama para dar parte de una averia lo primero que me preguntan es nombre del titular y DNI de ahi viene mi problema, mi usuario y dni no servian ni sirven para eso, o por lo menos eso es lo que me dijeron tus compañeras
enviado por Javier o 30 decembro 2009 ás 10:53 PM CET #
Para cando os decodificadores novos? Terán por fin saída HDMI?
enviado por Jose o 03 xaneiro 2010 ás 01:58 PM CET #
Javier, efectivamente, el usuario delegado vale para la web de clientes. Pero a través de la web de clientes puedes también enviar reclamaciones y avisar de que el cablemódem funciona mal y que quieres que lo revisemos o bien te enviemos un técnico a casa para solucionar el problema.
Cuando uno llama por teléfono, por motivos de protección de datos y de seguridad, sólo atendemos al titular para saber que es él quién nos pide una gestión. Por eso necesitamos datos como el DNI y los últimos números de la cuenta corriente, para tener la certeza de que es él y no un vecino u otra compañía quien nos solicita algo.
En cambio, en la web sí permitimos un usuario delegado, porque ahí se han recibido permisos directamente del titular.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 04 xaneiro 2010 ás 11:56 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
completamente de acuerdo contigo quecheparece, pero bien se podria hacer usuarios delegados para el telefono, con una simple orden firmada por el titular y enviada por correo, como comprenderas si el cable modem no funciona la web de clientes es inutil al no tener conexion. Se hacen poderes para muchas cosas, bancos, comunidades....dudo que aqui no se pueda hacer lo mismo. Entiendo que mi situcion se puede dar entre 1/1.000.000 de veces, pero me toco a mi y lo unico que propongo es un sistema alternativo, esa es mi sugerencia y ahi queda por si quereis hacer uso de ella.
enviado por Javier o 04 xaneiro 2010 ás 02:03 PM CET #
Hola,
eu pediría que a salida de audio dixital que ten o desco estivese habilitada.. (o polo menos que o esté no futuro desco) xa que é unha mágoa o non poder sacarlle todo o rendimento o equipo de audio do homecinema, por exemplo.
E coido que é básico que toda a programación estea en V.O.S se queremos que o nivel de idiomas siga a crecer.
enviado por Jose o 04 xaneiro 2010 ás 10:49 PM CET #
Jose, tiña pendente a túa pregunta. E xa teño resposta. Os novos descos terán saída HDMI, como non podía ser doutro xeito. Iso si, de momento aínda non podemos adiantar datas. Non vai faltar moito para dicilas, pero aínda hai varias cousas que atar. Se todo vai ben, seguramente poderemos anuncialas antes de que acabe o mes, pero xa che digo que isto non é algo seguro.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 05 xaneiro 2010 ás 12:13 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Que diferenzas hai entre os descos que hai agora e os descos HD? Seguro que vades subir o prezo outra vez se queremos cambiar a este tipo de descos, non? Simplemente non creo que haxa moita diferenza con respecto aos de agora como para pagar nin un so euro máis. Se queredes tirar os cartos ala vos. Por certo que tipo de saida e a HDMI? Eu con iso non gaño nada porque non teño onde conectar xa que ningún aparello meu leva ese tipo de conexión.
enviado por 10.0.137.41 o 16 xaneiro 2010 ás 03:47 AM CET #
En relación a estas últimas preguntas, indicar que un desco en HD permite ver en alta definión as imaxes que se reciben no televisor.
Hai que distinguir a calidade do sinal analóxico, do dixital e do de alta definición. Esta última permitiría unha maior resolución da imaxe, máis definición e detalle do que se ve.
É algo que nos están a pedir moitos clientes porque queren ter unha mellor experiencia na súa televisión e os aparellos que se venden hoxe en día xa permiten isto.
Pola súa banda, o HDMI é unha norma de audio e de vídeo dixitais sen compresión. Vamos, alta definición para imaxe e son que tomaron como referencia algúns fabricantes de televisores.
En canto ao de subir os prezos, aínda é moi cedo para falar disto. Evidentemente, un desco en HD é máis custoso ca un normal, pero non hai nada concreto sobre o tema, porque tamén poderiamos dar a opción aos que están interesados en ter un desco en HD ou ter un normal, como ata o de agora. Pero xa digo que todo isto só é especular pola miña parte, que xa se informará no seu día sobre o tema.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 18 xaneiro 2010 ás 10:11 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Pero, de que serve ter un desco HD se a tua tv non é HD nin ten conexións HDMI? Os que teñan coma min unha tv normal non lles merece a pena cambiar o desco, non?
Poderían ter tamén os novos descos entrada e saída de euroconector para os que non podamos enchufalo por HDMI?
Quero darvos 2 ideas sobre que me gustaria que se puidese facer coa tv dixital de R e que con certas TDT se pode facer.
1. Que o novo desco tamén tivera conexión USB para poder conectar un disco duro e poder gravar no disco duro. Con algunhas TDT xa se pode facer pero en cambio se o que quero e gravar dunha canle de R xa non se pode. Creo que sería unha boa idea que se podería ir poñendo xa en práctica.
2. Outra boa idea, que non menos importante, sería que cando graves de R se poidan capturar todos os audios e subtitulos dunha serie ou película xa que actualmente so podemos grabar o audio que teñas posto nese momento.
Hoxe en día hai moita xente que está interesada neste tipo de cousas nas que eu incluome. Como xa dixen non é cousa imposible xa que con certas TDT se pode facer o que dixen.
Oxalá podades ofrecer estas opcións de TV aos usuarios.
enviado por anion o 19 xaneiro 2010 ás 06:54 PM CET #
Ola Anion.
Dinme que está confirmado que o novo desco tería entrada e saída de euroconector para os que non poidades enchufalo por HDMI.
Na especificación tamén ten o da conexión USB.
En canto ao tema de capturar os audios e os subtítulos está pensado só se se grava no disco duro interno. Para o externo só saría co audio seleccionado polos contratos de dereitos, que non permiten extraer o ficheiro dixital do receptor.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 20 xaneiro 2010 ás 04:30 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Cando dis disco duro interno, refireste a que o novo desco vai ter un disco duro para poder gravar nel? Enton, en ese disco duro si que se poden gravar os multiples audios e subtitulos dunha emision e se e nun externo, non?
Como se poderia pasar unha gravacion do disco duro do desco a outro medio coma outro disco duro ou a un dvd e con todos os audios e subtitulos dunha emision?
Digoo porque sempre hai cousas que se desexan conservar para sempre ou por moito tempo. Para min o disco duro no desco e boa idea pero sempre e cando o que grave nel poda pasalo a outro medio para podelo conservar.
enviado por anion o 21 xaneiro 2010 ás 03:48 PM CET #
Para cuando video a la carta?
enviado por maria josé o 21 xaneiro 2010 ás 06:19 PM CET #
María José, como he comentado en el post, el vídeo a la carta o video on demand es algo en lo que estamos trabajando para ofrecerlo este año.
anion, o novo desco vai ter dous modelos:
1. con disco duro: os contidos gravados en dixital de canles de pago no disco duro non se poden extraer; o que se compra é un dereito de visionado, non de almaceamento. Isto e así polas esixencias das produtoras, non de R; pódense extraer sempre se conectas un aparello gravador ao desco, pero grávasen en analóxico polo que me comentaron.
Doutra banda, os contidos gravados en dixital de canles en aberto si poderían extraerse en dixital a través dun aparello DLNA conectado a unha rede de home networking do fogar.
2. sen disco duro
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 25 xaneiro 2010 ás 04:48 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Haberá algo en HD para ver canles en Alta definición?
enviado por ROSENDO o 18 marzo 2010 ás 06:00 PM CET
Sitio web:: http://movilinvasion.blogspot.com/ #
Rosendo, o ideal é que se hai un descodificador de HD a finais de ano haxa tamén contidos para ver :D
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 18 marzo 2010 ás 06:05 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #