Energy e Discovery Max entran en xaneiro
Ola a todos. Queremos comunicarvos que durante este mes de xaneiro incorporaremos dúas novas canles á grella de televisión de R: Energy e Discovery Max.
A primeira das canles que veredes na vosa televisión R será Energy, que estará no dial 38. Se os traballos para incluír esta canle van segundo o previsto, incorporarase o venres 5 de xaneiro.
Energy adicará gran parte da súa programación a eventos deportivos como o Mundial de Motociclismo, a Eurocopa de Fútbol 2012, a Copa do Rei, a UEFA Europa League, o Europeo de Fútbol Sala 2012 ou a NBA. Contará tamén con series e cine, con títulos como Hijos de la anarquía, Spartacus: sangre y arena, Strike back e películas do estilo de Daredevil, Rescate al límite, Hostage ou Cadena perpetua.
Pola súa banda, Discovery Max estará no dial 59. Se nada falla e os traballos van segundo o previsto, esta canle terédela o xoves 12 de xaneiro.
Que contidos podedes atopar nela? Pois docurealities e documentais variados, con programas como American Chopper, Miami Ink, El Último Superviviente, Así se hace ou El rey de las tartas.
Un saúdo!

Buenos días, ¿estos canales son en abierto en TDT o son exclusivos de la televisión por cable? Y por otra parte ¿el contenido de Discovery Max es el mismo que el de Discovery Channel?.
Muchas gracias y un saludo
enviado por Pablo o 03 xaneiro 2012 ás 01:16 PM CET #
Hola Pablo. Estos canales también se van a incorporar a los clientes que reciben la TDT en abierto por R. Es decir, que se emitirán para los que tienen la señal por cable (DBV-C) y para los que la tienen en digital por la señal terrestre (DVB-T).
Discovery nos ha dicho que no es la misma programación aunque es cierto que varios de los programas que van a emitir coinciden con los que se pueden ver actualmente en Discovery Channel.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 03 xaneiro 2012 ás 01:26 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Sempre está ben pór máis canles. Estas dúas son gratuitas e digo eu que este sí será o ano da tv en R e se pensades mellorar a opción básica con algunha canle máis e deixar de ter tantas canles na tv extra por exemplo ou mellorar a tv mini con algunha canle do básico que falla lle fai un impulso a esta opción de pago. É dicir, faredes algúns movementos para facer máis atractiva a tv de pago ou non ides mover un dedo e deixar todo como está e só incorporar canles gratuitas da tdt. Un saúdo.
enviado por francescolí o 03 xaneiro 2012 ás 07:54 PM CET #
Los canales no son exclusivos de la tv por cable. Que che parece, para que le sueltas todo este rollo innecesario al chico?
La pregunta de Pablo es simple, quiere saber si estos canales son exclusivamente de cable o emiten en abierto en TDT, no habla de DVB-C ni cosas relaccionadas con vosotros.
Estos 2 canales se emiten en abierto por TDT, si tienes TDT y antena adaptada en tú edificio ya los puedes ver, sin necesidad de R, ya están emitiendo almenos desde esta semana, aunque en pruebas.
Energy comienza a emitir ya en condiciones el 9 de Enero y Discovery Max el 12 de enero a las 17:45 horas según ponen en los propios canales.
En Energy, de momento, están emitiendo alerta cobra, desafio extremo, humor amarillo (4programas diarios)o top gear.
No se si cambiará o no cuando emitan en condiciones pero al ser un canal de tele 5, no me espero más que refritos de lo que se emite ya en sus otras cadenas y en cuatro.
enviado por anion o 04 xaneiro 2012 ás 04:47 AM CET #
francescolí, xa verás como co rebobina R a televisión será bastante máis atractiva. Se todo vai ben nunhas semaniñas comeza a activación.
anion, tienes razón, la verdad es que he soltado un rollo explicándome fatal, jeje
Un saludo.
enviado por quecheparece o 04 xaneiro 2012 ás 12:09 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Que sí home, que sí, que o rebobina cando saia vai ser moi pero que moi atractivo para os clientes e o desco hd xa nin te conto que leín que as canles terán 25 mb de espacio, unha pasada. Pero a miña pregunta ía referida a entrada de canles de pago e non gratuitas e o desmenuzo en apartados: 1.- algunha canle máis de pago en aberto que só ten a canle promocional cada tres meses en aberto. Outra canle máis de invitado agradeceríase e polo que se paga polo combo 1 pelado ben valería negociar un pouquiño coas productoras que estamos en crise e así vería mási xente a publicidade da canle de pago que esa e outra. 2.- A opción mini que segue igual desde que se inventou pensades darlle un pouco máis de vidiña ou mellor non falar desta opción e 3.- Na básica na que xa que non introducides canles novas de pago poderíades quitar algunha canle de pago aparte que son unha chea delas e poñelas no servicio básico, por exemplo, canles como somos ou cartoonito para os cativos. E xa sei que o rebobinar e o hd darán un salto cualitativo moi grande ó servizo de tv pero a ver se podes responder a estes tres apartados porque só introducir canles de tdt que son libres e gratuitas tampouco é para tirar as campás ó voo aínda que se agradece.
Resumindo se ides cambiar algo a parrilla en beneficio dos ususarios e non me fales do hd porque é obvio que cando chegu claro que vai cambiar a oferta de R pero creo que iso non vai ser antes do verán e vivimos nunha época que queremos as cousas xa e non para dentro de 6 meses se cadra que en tecnpoloxía é un mundo.
enviado por francescolí o 04 xaneiro 2012 ás 08:57 PM CET #
entendido francescolí :)
Pois a verdade é que non teño claro que haxa novidades á vista. Vou pasar as túas suxestións a un responsable para ver se hai algunha novidade á vista e coméntoche. O que si, en canto a canles infantís, puxemos Kidsco na opción básica, cando antes estaba na extra.
O dito, que me dá que non vai haber cambios na grella, pero pregunto.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 04 xaneiro 2012 ás 09:22 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Francescolí, sobre lo que dices de "algunha canle máis de pago en aberto que só ten a canle promocional cada tres meses en aberto", recuerdo hace 10 años en el combo 1 de R teníamos, a parte de la televisión generalista en abierto, 4 ó 5 canales de pago gratis, para todos los clientes. Por poner un ejemplo, el canal Viajar se podía sintonizar por UHF como cualquier canal normal. Después, en el combo 2, por el precio del mismo ya accedías a todos los canales de pago. Es decir, teníamos todos los canales de cine, música, dibujos, etc sin necesidad de pagar ninguna opción ni cuota mensual a mayores (tal y como se hace ahora).
Después, rememorando viejos tiempos, recuerdo que en el decodificador los diales de la televisión generalista estaban donde tenían que estar: antena 3 en el 3, telecinco en el 5, etc. Y no como ahora, que están todos desperdigados, que uno ya no sabe ni por qué canales está pagando. Un lío tremendo. Y esto ya se dijo hace unos meses en este blog, pero se ve que no nos hicieron caso.
Sobre el VOD he de decir que lo espero impacientemente. La televisión de R es un muermo. Y no es culpa de R sino de los proveedores de canales. No me gusta su forma de hacer televisión engañando al espectador sobre horarios de la programación y metiendo casi tantos anuncios como la tele en abierto. Creo que somos mayoría los que tenemos la tv de pago solo por los 600 minutos a móviles. Y con lo del VOD puede haber una revolución importante, hasta el punto de que llegue a ser muy atractivo. Esperemos que así sea.
De todos modos, con el cambio de software que requerirá el decodificador, espero que se solventen varios problemas. Como por ejemplo, que si se desconecta de la red eléctrica durante un tiempo prolongado (cuando te vas de vacaciones, por ejemplo) el decodificador se desconfigura. O en el peor de los casos, como me sucedió la semana pasada, si ese tiempo es bastante prolongado, el decodificador se convertirá en un pisapapeles magnífico y tendrás que llamar al técnico. Otra cosa que podíais cambiar es la interfaz de la guía. En mi opinión, abusa en "altura" y se queda corta en "anchura"; lo que hace que te tape toda la pantalla prácticamente. Muy molesto. Podíais tomar ejemplo de la de Canal + ó Imagenio.
Y ya concluyo preguntando sobre aquel proyecto que era el de TV en directo vía internet: http://videos.mundo-r.com/videos/gl/todos-los-canales . Siempre me pareció una gran idea, algo innovador, y que por desgracia parece que os habéis olvidado por completo.
Saludos.
enviado por Isaac o 08 xaneiro 2012 ás 06:58 PM CET #
Home pois por pedir para "este ano da TV" gostaríame moito ter as pelis de TCM, HWD e TNT con subtitulos; (que o truco de poñer o teletexto na páxina 888, case nunca funciona!).
Ademáis, se TCM emite os subtitulos (como fai para os outros canles como Digital+), porque en R non o fan?
Prefiro eso antes que telos en HD
enviado por Mondoxíbaro o 10 xaneiro 2012 ás 11:11 PM CET
Sitio web:: http://mondoxibaro.blogspot.com/ #
Mondoxíbaro, é un tema do formato no que se envían os subtítulos, que digamos que non están no formato propio do cable e este desco só lería ese formato.
Como sabemos que é algo pendente, xa pedimos que o futuro desco poida ler máis formatos dos subtítulos e ese problema quedaría solucionado.
O que si, non sería a páxina 888 do teletexto, senón a 801. Dígoo por se así es capaz de ver máis subtítulos (eu en AXN e na Fox si que os adoito ver; no resto de canles non o comprobei).
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 xaneiro 2012 ás 09:54 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Quecheparece, ías preguntar se habería novidades na tv de r e a ver se tiñades algún detalle de pór algunha canle de pago a maiores etc,etc... pero xa vexo que o voso coa televisión e laissez faire, laisser passer. Nin vod, nin convites ó vod. O hd para as calendas gregas como sigades así. Pero os números cantan e xa perdiches 1510 clientes na televisión de pagamento nun só trimestre segundo a cmt. 2º trimestre 2011: 97995 clientes e no 3º trimestre:96458. E creo que isto seguirá para abaixo porque se as novoidades son pór dúas canles que xa se ven en aberto na tdt apaga e ímonos. Xa non te molesto máis pero o da tv en R xa non é que se quede atrás con respecto á competencia é xa o seguinte e normal que a xente se vaia ou pase ós combos máis baixos. A saber canta xente terá a tv mini coma mín porque non merece a pena na miña opinión pagar por unha tecnoloxía tan atrasada de tv. Cada un está onde se merece. Tedes moi boa internet e moitos clientes contentos pero na tv ides á cola de todo e sabedes perfectamente por qué e iso é o pior.
enviado por francescolí o 12 xaneiro 2012 ás 06:14 PM CET #
francescolí, toda a razón. Mil perdóns porque me esquecín de ti e xa tiña resposta :(
Non, de momento non vai haber cambios no que preguntas. En todo caso, coma sempre, se facemos algunha mellora comunicarémola cando a teñamos, pero non antes. Eu ás veces dou previsións que despois non se cumpren e iso non é bo. Así que intentarei facelo o menos posible :)
En canto ás canles, no 2011, se non me falla a memoria, incorporamos Syfy, Crimen&Investigación, Iberalia (que ademáis estivo de promoción o último trimestre do ano), Abono Fútbol, BBC World News, CNBC Europe, France 24, Al Jazeera e NHK World (cando foi o maremoto en Xapón), Rías Baixas, Localia Vigo e Localia Coruña.
Algunhas están en aberto, outras en opcións de pagamento, unhas poden gustar menos e outras máis, pero fomos facendo cousiñas.
Agora, estamos completamente de acordo contigo en que na televisión nos quedamos atrás, pero niso estamos traballando, para mellorar e dar un salto de calidade e de servizo. Iso nunca o ocultamos nin tiramos balóns fóra.
Non poñemos excusas nin nada, e o que temos que facer é poñer o antes posible en produción todo aquilo no que estamos traballando porque, teno por seguro, estamos nós tanto ou máis interesados ca vós en que teñades tanto o HD como o VOD e o rebobina R.
Un saúdo!
enviado por quecheparece o 12 xaneiro 2012 ás 07:15 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Bó. Tamén, para poñelo todo, en marzo engadichedes a sexta 3, la tv como deus manda 13 tv e sobre todo ese salto de calidade de astrocanal (sen comentarios). Un saúdo e adeus.
enviado por francescolí o 12 xaneiro 2012 ás 10:41 PM CET #
Teño que preguntarvos algo...na vosa páxina web, nas características da TV do Combo1 poñedes literalmente "ESPN Classic Sports en aberto ata o 31/03/12" o igual que na sección "TV en aberto" incluida en Combo 1 donde volve a poñer como ventaxa "ESPN Classic Sports en aberto ata o 31/03/12"...ISTO É UN ERRO, ya que os clientes do COMBO 1 que so teñen televisión TDT, no poden ter unha canle en promoción, xa que carecen de decodificador. ¿Como se explica que o poñades na vosa web?. Saudos
enviado por Victor o 15 xaneiro 2012 ás 02:08 AM CET #
Victor, ESPN Classic Sports estámola emitindo en aberto en analóxico. Se fas unha busca co receptor TDT das canles en analóxico aparecerá esa canle.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 16 xaneiro 2012 ás 10:35 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #