Encontro virtual co responsable de televisión de R
Ola rapaces. De cando en vez neste blog organizamos encontros con diferentes responsables de R para que preguntedes directamente dúbidas, curiosidades ou calquera cuestión que teñades.
Xa o fixemos coa responsable de internet e tamén co de móbilR. Pois ben, desta vez tócalle o turno ao responsable de marketing televisión de R.
Falará con vós en directo o próximo día 23 de xuño, de 17:00 a 18:00 horas. Así que ide apuntando a data na vosa axenda ;)
As preguntas, coma sempre, podedes facelas neste blog (ese día crearemos un fío para recoller todas as preguntas), e tamén no twitter e no noso facebook.
Un saúdo.

E tedes por aí as outras entrevistas?
enviado por Ros o 14 xuño 2011 ás 04:17 PM CEST #
Ros, si claro.
Esta foi a charla coa responsable de internet: http://ir.gl/17efc9
E este foi o encontro co responsable de móbilR: http://ir.gl/96251e
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 14 xuño 2011 ás 04:41 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Tres preguntas para o responsable da TV de R.
- ¿Cando vai ser a implantación definitiva do VoD na TV de R?
- ¿Ides a incorporar novas canles neste ano? Como o canal Panda, Sundance Channel, Discovery Civilitazion, BBC entertaiment...
- ¿O cambio do desco vai supoñer un suplemento na cuota da TV, como un aluguer polo sistema?
enviado por Sams o 23 xuño 2011 ás 11:29 AM CEST #
me pudro por dentro esperando el HD!!
enviado por 10.0.137.41 o 23 xuño 2011 ás 04:11 PM CEST #