logo

dominios

luns 30 marzo 2009 | 7 Comentarios

como andamos? Pois eu por aquí, para contarvos que dende este mes de abril imos poñer en marcha un servizo de dominios para particulares.

ata o de agora xa ofrecíamos para empresas servizos de aloxamento web nos nosos centros de datos e tamén a posibilidade de xestionarmos a contratación dun dominio.

pero tamén nos pareceu boa idea permitir aos clientes particulares que contraten o seu dominio con nós. Supoño que xa todo o mundo o sabe, pero un dominio é unha forma sinxela de recordar de lembrar unha web. Basicamente, cada dominio de internet está asociado a unha dirección IP que identifica os equipos ou servidores nos que está gardada unha determinada información ou web.

xa sei que isto é un pouco rollo para quen non o entenda, así que vos poño un par de exemplos prácticos. Todo o mundo coñece a dirección www.google.com, pois ben, a dirección IP desta web sería 209.85.165.147. Creo que todos estamos de acordo en que é máis sinxelo lembrarnos da palabra google que de todos os números que vos puxen aí. E se poñedes no voso navegador 212.51.32.201, que pasa? Pois que vos leva á web www.mundo-r.com, que de seguro que algunha vez tamén visitáchedes.

no fondo, un dominio, ademais dunha forma sinxela para acceder a unha web, tamén é unha marca, un selo na Rede. o caso é que moitos clientes nosos teñen o seu blog con R (máis de 700 nestes momentos) ou o seu álbum de fotos, teñen tamén activado o seu espazo web que ofrecemos ao clientes de comboR e de combo3 ou teñen a súa conta de correo tamén con R. Total, que moitos nos demandábades poder asociar estes servizos a un dominio, así que nos pareceu boa idea facelo. Así que agora, os que queiran, poden ter no seu blog un dominio propio e tamén na súa conta de correo. É coma este blog, que podedes acceder a través de http://quecheparece.blogs-r.com ou a través de http://quecheparece.com (aínda que o segundo está mellor).

ademais, non só se pode personalizar a vosa web, senón tamén a vosa conta de correo. Podedes asociar o dominio ao voso correo electrónico e ter xa todo o equipo maqueado. É dicir, se vos apetece ter a web oautenticoquecheparece.com, pois tamén podedes ter a conta, por exemplo, mail@oautenticoquecheparece.com

se algún de vós anda interesado, de seguro que se pregunta que facemos exactamente en R co tema dos dominios. Pois ben, rexistramos o dominio que queira o cliente (se está libre, of course), realizamos o mantemento, a renovación e o aloxamento nos nosos servidores. E como é de caro o invento este? Pois depende, para os super-usuarios da rede, é dicir, os clientes de combo3 e comboR, pois a cousa sae por 1€/mes+ IVE ou ben por 12€/ano+IVE (tanto monta, monta tanto, pero é para que vexades que podedes tamén contratar o servizo por meses). Para os clientes de combo2 e combo1 o prezo sería de 2€/mes+IVE, ou 24€/ano+IVE (aquí tamén tendes o servizo por meses ou de ano en ano).

comentar tamén, que sabedes que temos unha web de clientes que queremos que cada vez sirva para máis cousas. Pois ben, agora tamén a través da web queremos que poidades xestionar todo o proceso: contratación, alta, configuración...

bueno rapaces, isto é todo por hoxe, aínda que espero algún comentario (é que se non falo sobre a televisión vexo que a cousa baixa, así que a ver se para a próximo vos comento algo sobre as novidades que temos en marcha en TV).

aburiño!




Comentarios

Polo que entendo o servicio de dominio é un novo producto que aparece en R. ¿Cal vai ser a capacidade do espacio web que irá asociado ó dominio?

enviado por Tomás o 31 marzo 2009 ás 11:20 AM CEST #

Ola Tomás.

Si, trátase dun novo servizo para os clientes particulares, aínda que non ten un novo servizo web asociado ao dominio. É dicir, R xa ofrece cos produtos de internet contas de correo de 1XB con antivirus e antispam, servizo de blogs e álbum de fotos de 1 ou de 2XB de espazo para a publicación web e un espazo web para a hospedaxe de páxinas estáticas de 25 ou de 50 Mb.

É dicir, que o dominio o podes asociar a estes servizos que xa ofrecemos aos nosos clientes.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 31 marzo 2009 ás 05:04 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Teño unha serie de preguntas...
Por que todos os 'vendedores' de dominios obliganche a contratar un ano de servicio e vos podedes ofertar mes a mes?

Non é un pelín caro 12 € por ano, tendo en conta que non ofertades hosting adicional sobre o que xa temos por ser clientes de R?

E... Tendo en conta que según este propio blog 'Das páxinas estáticas pasamos ás web dinámicas e difíciles de cachear.' ¿Cando poderemos aloxar páxinas dinámicas no hosting de R, ou cando poderemos os clientes residenciais optar a ter un hosting de pago con vos, con bases de datos e php - como mínimo -?

Estoume deixando un pastón nun servicio de hosting en Murcia con datacenter en Valencia, poidendo ter un hosting galego o que ir a pegarlle lume se algo escacha... (é broma :P)

enviado por cartdestr o 01 abril 2009 ás 01:23 AM CEST #

Ola cartdestr.

Si que é certo que os dominios se teñen que contratar de xeito anual, pero nós queremos ofertalo de xeito mensual aos nosos clientes. Deste xeito, dámoslles a oportunidade de que vexan o útil que é o servizo e tamén ofrecemos a posibilidade de ir pagando aos poucos, se non queren facelo todo dunha vez.

En canto ao tema do prezo, visto o que hai por aí, cremos que se trata dun moi bo prezo por un servizo onde, como clientes, podedes ter a tranquilidade de saber que o voso dominio está nunha empresa fiable e de garantías (e non en Kuala Lumpur). Doutra banda, non é un prezo promocionado polo primeiro ano, senón final.

En canto ao servizo de hosting para particulares, non é algo que vísemos que teña moita demanda por parte dos nosos clientes. De todos os xeitos, para nós é unha idea interesante. Se hai un interese por un servizo de hosting avanzado con posibilidade de programación e bases de datos, somos os primeiros interesados en estudalo e ofrecelo.

Como sabes, o do hosting si que o ofrecemos para empresas, porque se trata dun sector no que isto é algo fundamental. De momento, o tema do dominio, visto o uso que adoitan facer os usuarios particulares, está pensado como un servizo de presenza na internet baseado na web 2.0, como son los blogs-r e os albums de fotos, ademais das contas de correo e do espazo para páxinas estáticas que comentaba no post.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 01 abril 2009 ás 10:02 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Tengo una duda. Podemos asociar el dominio al espacio web gratuíto que viene incluído en el ComboR además de a las cuentas y al blog?

enviado por Bas o 04 abril 2009 ás 07:44 AM CEST #

Hola Bas.

Efectivamente, se puede asociar el dominio al espacio web que te damos en R y a las cuentas de correo y al blog. Eso sí, en el blog y en las cuentas de correo es algo que se puede configurar automáticamente. En el caso de que quieras asociar el dominio al espacio web, tendrías que llamar al 1449 para que asocien el nombre de tu dominio con la IP.

Por otro lado, recuerda que tienes que poner dos nombres diferentes a tu blog y a tu espacio web. Así, tu espacio web se podría llamar www.quecheparece.com y tu blog www2.quecheparece.com

Espero haber aclarado tus dudas.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 06 abril 2009 ás 09:48 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Interesante. Paréceme que de todas formas ter algún tipo de hosting avanzado sería fantástico, e algún tipo de servicio especial para ser competitivos.

enviado por L o 06 maio 2009 ás 04:57 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado