logo

corte do porto 25 aos clientes particulares

xoves 06 novembro 2008 | 23 Comentarios

Ola a todos de novo. Non sei se o sabedes, pero acabamos de cortar o porto 25 de SMTP aos clientes particulares. Agora vos explico polo miúdo o motivo.

Para o que non o saiba, o SMTP é o protocolo de transferencia de correo. O caso é que estamos aplicando políticas de seguridade coas que buscamos evitar no posible los correos lixo ou spam. Queremos, metaforica e esaxeradamente falando, ser o Superman da rede e evitar que os malos fagan dano aos indefensos clientes de R. Como o podemos facer? Pois dende os nosos propios servidores. Deste xeito, os servidores de correo de R controlan e evitan este tipo de correo.

Sen sabelo, un cliente puede estar infectado cun virus e enviar correos spam. É dicir, moitas veces un troiano ou un malware pode entrar na nosa computadora e, sen termos nin idea, usalo para enviar indiscriminadamente correos lixo. Haivos moito desconsiderado polo mundo adiante! Que pode provocar isto? Pois que toda a rede de R entre nunhas listas negras de internet, polo que se podería chegar ao extremo de que todos vós, como clientes de R, non poidades enviar correos a determinados destinos. Ademais, isto tamén podería causar problemas importantes a algúns clientes, difíciles de resolver, sobre todo para os usuarios que non teñen moitos coñecementos de informática.

Para evitar todo este marrón, o que se fixo en R foi establecer que os nosos clientes usen os servidores de correo de R, é dicir, smtp.mundo-r.com. Esta medida non vai levar aparellado que un cliente deixe de ver o seu correo. Simplemente ten que cambiar o servidores de correo SMTP. Como non podemos controlar o resto de servidores e é posible que non apliquen as mesmas medidas de seguridade, o que facemos é establecer un control na nosa rede para evitarvos problemas.

Iso si, calquera cliente que teña ilusión por empregar o porto 25 ou que realmente o necesite, pode facelo. Simplemente nos ten que chamar ao teléfono gratuíto do centro de atención ao cliente, o 1449, e Santas Pascuas. Abrímoslle o porto e listo. Non vaiades pensar que somos agora a Santa Inquisición nin nada polo estilo. Aquí, ao fin e ó cabo mandades os clientes, que para iso pagades ;)

Moitos de vós de seguro que nos estades a tirar das orellas e a cagarvos en ***** porque somos un desastre informándovos: “Estes de R, tarde, mal e a rastro”. Pois ben, o caso é que se non o fixemos é porque entendemos que podía provocar unha certa alarma innecesaria: os que precisen empregar o porto 25 poderán facelo e o resto poderán ver o correo como ata o de agora, como vos expliquei antes. Doutra banda, este cambio fíxose só para os particulares e probouse previamente de forma selectiva en varias zonas cun impacto nulo ou mínimo, e resolvouse coa apertura do porto para quen o requirise.

De todos os xeitos, en nome de R, pídovos desculpas a todos aos que esta medida vos causara problemas. Non sei se vos pareceu acertada ou non. Así que espero que me contedes as vosas impresións, insultos, declaracións de amor e demais para ir mellorando neste e noutros asuntos.

Bye, bye.



Comentarios

¡Bos días! Son Marcos, o interfecto que puxo esta noticia en bandaancha e no blog Propiedad Privada. O primeiro aclarar que o devandito post "criticaba" tan só o feito da falta de información, non o servizo, que como dixen no post, é excelente na miña humilde opinión. E logo simplemente comentar que xa imaxinei nun primeiro momento que a medida tiña a explicación lóxica de evitar que os usuarios se convertesen en bots de spam, co conseguinte problema de Black Lists, etc... o que non me dixeron por teléfono é que me podian abrir o porto, de feito intentando buscar unha solución, comentáronme que o que se podía facer era poñer a miña liña da casa a nome da empresa, co que pasaría a estar baixo as "normas" de empresa e tería o porto a disposición como antes. Imaxino que sería simplemente a típica falta de información nas primeiras horas dun proceso (a chica majísima, eh? non entenderme mal), de feito tamén, e iso honra a R, en ningún momento se me negou o feito de que estivésedes a "capar" o porto 25, aínda que a operadora non soubo explicarme moi ben o porqué, si mo recoñeceu de entrada e me deu a solución do smtp-a.mundo-r.com. E xa que estamos comunicativos, un par de preguntas, máis por curiosidade que outra cousa: - ¿Como xestionades o feito de que gora teñades un Open Relay no servidor stmp-s.mundo-r.com? ¿Só se pode conectar a el cunha conexión de R? - E aínda se é así, que case o asumo como certo.. ¿como evitades que un cliente de R faga spam aproveitando o voso SMTP sen autentificación? - No caso que se responda si á anterior pregunta... ¿facedes algún tipo de filtro antispam no voso SMTP? ¿Dígoo máis que nada porque se me apetece o dia de mañá vender Viagra aos meus amigos... poderia facelo? ¿Ou perderianse os correos sen máis? ¿Ou mandaríades un email ó "sender" informandoo de que non se aceptan ese tipo de correos? ¿Será unha rosa? ¿Será un clavel? :D E xa postos en materia e abusando un pouqiño, e aínda que vai soar raro raro... se tes forma de pasar a solicitude a alguén... ¡peering en Espanix de R con OVH por favor! Que xa somos varios centos de galegos os que temos hosting con OVH e a entrada de OVH en Espanix sería unha ledicia incontible :D Un abrazo e grazas por darnos a oportunidade de comentar e preguntar. MarcosBL

enviado por MarcosBL o 06 novembro 2008 ás 10:40 AM CET
Sitio web:: http://www.propiedadprivada.com/ #

Serios motivos de seguridad tendréis para adoptar esta medida. Me da escalofríos el pensar el aluvión de llamadas que habrá con gente que dice que su "outlook" ha dejado de funcionarles. A más de uno lo dejaréis en jaque. No sé si lo habíais anunciado en la revista o en alguna carta, pero es algo de gran importancia como para hacerlo sin previo aviso.

Por mi parte, además de pedir la apertura del puerto, he dado un poco de publicidad a este asunto, para que no coja desprevenido a la gente: http://www.barriodelosrosales.es/2008/11/r-bloquea-el-envio-de-emails.html

enviado por Rancilio o 06 novembro 2008 ás 10:46 AM CET
Sitio web:: http://www.barriodelosrosales.es #

Pois a min non me parece de recibo. Eu penso que: punto 1: Deberiades avisar os clientes previamente (por exemplo, no recibo correspondente) de que se vai a proceder a ese cambio, que é polo motivo que sexa e que ten que ser así. punto 2: deberiades de facilitar que ese trámite de abrir o porto 25 (ou o que fose) se poida facer por internet, nunha páxina por exemplo, previa identificación, ou enviando un correo a un enderezo de correo electrónico (para non ter que chamar, estar á espera, etc) punto 3: se quitades servizos, baixade o prezo. Eu podo aceptar que me quitedes un servizo (que todos os demais operadores me dan), se me baixades o prezo da tarifa, por exemplo. punto 4: Así como o digo, e dende o punto de vista dun administrador de sistemas, a min paréceme matar moscas cun canón. Poderiades ser un pouco máis "finos" e implementar un sistema que monitorice o tráfico e, se da liña dun cliente particular sae X% de tráfico polo porto 25, poderiase analizar ese tráfico e, dependendo de se pasa ou non un filtro, pechar o porto e enviar notificación ó cliente (ou facer calquera outra cousa, é só un exemplo). Non sei, non me parece unha medida axeitada, eu penso que nunca, nunca, nunca podedes xustificar a desinformación dos vosos clientes, certo é que ó 99% vailles dar igual, que só empregan a conexión para descargar material como música, pelis e demais, pero e que hai un 1% que si sabe o que fai e que usa determinados servizos coa súa conexión, e aínda que só sexa un 1%, ten dereito a manterse informado (que para eso paga).

enviado por Wu o 06 novembro 2008 ás 01:18 PM CET
Sitio web:: http://blog.e-shell.org #

Eso que ha hecho R, es ilegal y es censura previa, en este país está prohibida. ¿Porqué solo a los clientes residenciales? Es que os habeis saltado a la torera un montón de artículos del ordenamiento jurídico. Ya me empezais a recordar a Telefónica.

O Cliente terá dereito a ser indemnizado cando sufra interrupcións temporais do servizo telefónico dispoñible ao público, cunha cantidade que será igual á maior das dous seguintes:

O promedio do importe facturado por todos os servizos interrompidos durante os 3 meses anteriores á interrupción, prorrateado polo tempo que dure a interrupción. En caso dunha antigüidade inferior a 3 meses, atenderase ao importe da factura media nas mensualidades completas efectuadas, ou á que se obtivo nunha mensualidad estimada de forma proporcional ao período de consumo efectivo realizado.
5 veces a cota mensual de abono vigente no momento da interrupción, prorrateado polo tempo de duración desta.

Según me han dicho a mi por teléfono, no lo van a hacer y punto.

enviado por Iván o 07 novembro 2008 ás 11:49 AM CET #

Ola a todos. Vou intentar responder a algunhas das cuestións que me formulades. En relación ao que me pregunta Marcos BL, dicirlle que non hai un OpenRelay. Temos dúas formas de enviar correo a través do SMTP de R. Unha é facelo dende unha conexion de R, para o cal se pode usar o servidor SMTP: smtp.mundo-r.com, e se pode enviar correo a internet. A segunda maneira é facelo dende unha conexión doutro operador, que non sexa de R. Neste caso, pódese usar o noso smtp.mundo-r.com, pero sempre de forma autenticada. E para iso é necesario ter unha conta de correo de R. Como evitamos que se faga spam aproveitando o noso SMTP sen autentificación? Pois moi sinxelo: o correo que pasa polo servidor SMTP de R ten que atravesar uns equipos específicos en busca de patróns de virus ou de spam. Comentarche tamén, Marcos, que se fai un filtro antispam no SMTP. Que queres vender Viagra? Bueno, pero tes que saber que seguramente ao Ministro de Saúde non lle faga moita graza, porque é un delito contra a saúde pública ;) A non ser que teñas licenza para facelo, claro. Nese caso xa che pasarei tamén o meu correo a ver se me fas prezo para un colega, jeje Comentarche tamén que se estás enviando spam non se responderá ningún aviso. Por último, dicirche que os peerings son acordos bilaterais entre operadores, polo que non será algo inmediato ou doado de facer o que nos formulas. Doutra banda, Rancilio, comentarche que non é certo que vaia dar problemas á xente que emprega o Outlook ou ben outro cliente de correo. Só aos que non usan o noso SMTP. Wu, é certo que igual non informamos debidamente, pero, como xa vos dixen, foi por non crear unha excesiva alarma. Igual nos equivocamos nesta decisión. En canto ao tema dos servizos, non é certo que deixemos de ofrecelo. Abrímolo a quen o precise, e, para evitarlle problemas ao resto dos nosos usuarios e á nosa rede, fixemos isto. Cónstanos tamén que outros provedores de internet tamén o están a facer ou o fixeron como medida de protección contra o spam. Quédame Iván. Por que non se aplicou a medida nos clientes de empresas? Moi sinxelo, pois porque nelas é frecuente a a existencia de servidores tras a conexión a internet. Un saúdo.

enviado por quecheparece o 07 novembro 2008 ás 12:36 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Graciñas pola resposta, o tema Open Relay quédame claro (por saber, smtp.mundo-r.com ou smtp-a.mundo-r.com ? eu uso o segundo, que me recomendaron por tlf, e vai ben)

O tema de que todo o que pase polo voso servidor teña controles antispam/antivirus é o que me procupaba, non tanto polo tema antivirus, que soe haber poucos falsos positivos, pero o tema antispam... ai mi madriña, niso sí que me preocupades,e non pola viagra, que non é o meu caso, pero si teño visto filtros que detectan como SPAM un < h1 > de html ou un color vermello no texto, algo bastante común cando mandas mails de información de empresas ou servicios (opt-in no noso caso). Se polo menos tiveramos un mail de volta de "O seu correo non se entregou", saberíamos a que aternos e poderiamolo mandar de novo, chamar o cliente, etc... pero se o voso filtro se trabuca, eu quédome sen saber qué se ese correo nunca chegou, ou é que o cliente pasa de min.

Asi que no meu caso, xa que é posible, solicitarei por teléfono a apertura do 25 e seguirei usando o meu SMTP, os correos poden seguir chegando ás bandexas de SPAM dependendo do antispam do cliente, pero polo menos saberei se o correo saiu :D

Respecto ó peering, por suposto sei que son tratos a duas bandas, e sei que son sempre "duriños" de levar a cabo, de feito OVH está en Espanix dende hay moi pouco tempo e polo de agora só ten acordo firmado con Adamo como se pode ver en http://www.espanix.net/esp/peering.htm

Era mais que nada un "A ver se puidera ser algún dia..." que outra cousa, mais cando lle solicitei o mesmo a Octave (alias Oles), ó dono de OVH, e me dixo que por eles encantados, pero que dependia das operadoras españolas. Se él quere e vos tamén... que problema hai mais alá do vil metal ? :)

Unha aperta e gracias de novo polos teus comentarios.

PD: Quedo pendente do teu pedido de Viagra para o "colega" xD

enviado por MarcosBL o 07 novembro 2008 ás 12:54 PM CET
Sitio web:: http://www.propiedadprivada.com/ #

A ver Ivan, que creo que andas un poco despistado. Lo primero, no hay ninguna interrupción en el servicio, puedes enviar correo perfectamente, además que que has pegado la normativa para un corte en servicio telefónico, que no es el caso. Segundo, busca en tu ordenamiento jurídico, que debe ser distinto al que yo conozco, dónde dice que un ISP no puede fijar unos parámetros concretos para garantizar un correcto funcionamiento del servicio que presta? Yo lo único que le reprocho a R es el tema de no haber avisado, porque eso de crear alarma... Chicos chicos, que no es anunciar que se nos cae la MIR encima, o que habeis visto a los 4 jinetes del apocalipsis entrar en La grela. Creo que ha sido pero el remedio que la enfermedad, sólo ver cómo se lo ha tomado el personal, cosa entendible y más después de los recientes problemas que han habido. Por lo demás... pues eso, el que no quiere usar los smtp de R que llame al 1449 y que le abran el puerto 25 y asunto arreglado.

Saludos

enviado por bas o 07 novembro 2008 ás 01:55 PM CET #

Primero. R no puede suspender un servicio sin la firma del cliente. Segundo, me he enterado de la supresión del servicio por un blog que nada tiene que ver con R. Tercero, he pedido que me activen el puerto 25 y llevo dos días esperando. Cuarto, desde el lunes no he tenido servicio de correo (he tenido que recurrir a google).

enviado por Ana o 08 novembro 2008 ás 04:49 PM CET #

Ola de novo a todos.

En relación ás novas preguntas que me fas, MarcosBL, dicirche que tanto dá smtp-a.mundo-r.com como smtp.mundo-r.com. O de smtp-a.mundo-r.com vén de antigo, pero agora que o sistema permite diferenciar de onde vén a conexión, pois úsase o mesmo. De todos os xeitos, agora recomendamos smtp.mundo-r.com, xa que o smtp-a é un alias de smtp.

Por outra banda, o sistema antispam que temos ten unha fiabilidade moi alta, arredor de 1 falso positivo por cada millón de acertos. De todos os xeitos, unha forma de asegurarse de que se entrega ou se le un correo electrónico é marcando as opcións de "Acuse de recibo" ou "Acuse de lectura polo usuario final". Deste xeito, pódeste asegurar sempre que son entregados os correos.

Sobre o tema de enviar unha notificación cando un correo se descarta por spam, a priori, é inasumible. Tendo en conta que o volume de correos que manexamos de spam é de varios millóns ao día, como comprenderás, a tarefa non resulta sinxela.

En relación ao que sinala Ana, dicirche que en ningún momento se suspendeu aos nosos clientes dun servizo, senón todo o contrario. Como xa dixen, esta medida estaba provocando que a rede de R entrara nunhas listaxes negras de spammers e moitos dos correos que enviaban os nosos clientes non chegaban ao seu destino. Filtrar este porto permitirá que isto non volva pasar e que non volva haber máis problemas deste tipo.

Un saúdo.

enviado por quechepare o 11 novembro 2008 ás 05:29 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Vendo os comentarios reflexados no blog desconcertánme. Supoño que se pechamos o porto 25 para controlar os correos dos clientes non sería vulnerar a privacidad persoal e a Ley oficial de protección de datos? xa que se estarían a filtrar os correos persoais da xente. Decir que ás empresas non se pechan porque teñen servidores privados que filtran non ten lóxica posto que se un particular ten unha conta cun servidor privado suponse que tamén ten configurado un filtro (non falo de contas gratuitas), xa sei que se chamamos se nos abre pero a resposta que se da aquí non me parece a apropiada. Según teño entendido se considera spam se se envía un correo id máis de 30 veces. A xente que ten seguridade r que o teñen que dar de baixa? a maioria da xente o ten contratado para o spam con esta medida a xente aforraríanse 3 euros ó mes porque cos temás do virus como ningun antivirus e fiable o 100% non sería necesario. Vós pechades portos sen previo aviso pero se eu vos alquilo un router é quero abrir un porto non me dades soporte cando vos estou pagando un servizo que non me dedes. E cando se pide isto non se reclama facer unha configuracion p2p porque aqui falar de portos e asimilar usar programas de descargas e non sempre e asi. e non todos os usuarios temos os mesmos coñecementos informaticos.

enviado por retranqueiro o 13 novembro 2008 ás 09:16 PM CET
Sitio web:: http://www.serviciosjuridicos.com #

Sei que é off-topic pero: 1- ¿Para cando a devolución dos cartos que r rouba, (xa que segue cobrando sen dar servizo), polas continuas caidas de servidor. 2- ¿Por que cando cae o servidor e non se pode acceder a ningunha páxina se pode acceder á web de R, hoxe mesmo levamos en Vigo sen acceso dende hai unha hora pero podo mandar este comentario. ¿Devolverá r este mes o diñeiro equivalente a esta caida? De verdade, de un tempo a esta parte o servizo é calamitoso, as caidas son contínuas, a atención ó cliente patética, estes deben crer que somos gilipollas ou qué.

enviado por hasta los huevos de r o 14 novembro 2008 ás 01:24 AM CET #

Non ten nada que ver con isto, pero gostaríame saber o seguinte.

Antes tiña contratado o servizo de telefonía móbil con Vodafone e tiña unha conta de correo electrónica aberta de Vodafone, dende a cal podía enviar sms aos meus contactos, os cobraban por suposto pero era un servizo a maiores que tiña e soia utilizar. Podedes facer o mesmo?

Outra opción que tiña era a de poder mandar sms dende o mobil a contas de correo electrónico, unha opción sinxela para cando tes que enviar un correo curto a unha conta de correo electrónico, podedes tamén dar esta opción de servizo?

Saúdos e grazas por anticipado.

enviado por Anxo o 17 novembro 2008 ás 12:07 PM CET #

Hombre, la medida me parece bien y mal: Por un lado, creo que es una absoluta faena que hayáis hecho este cambio sin avisar a los usuarios. Uno se puede estar volviendo loco porque el Outlook no le envía el correo, cuando la respuesta era sencilla y sin tener nada que ver con él. Además, si es con la excusa de parar el spam, creo que es mejor opción de cara al usuario que monitoricéis dicho puerto en busca de troyanos (como el filtro de spam del correo, pero a la inversa) y que en caso de detectar algún usuario que envíe spam, se le llama por teléfono o se le envía una carta comentándole el problema y como solucionarlo, y punto.
Por otro lado, me parece una buena medida, pero como ya he dicho antes, creo que hay alternativas mucho mejores.

Saludos.

enviado por Jaime o 17 novembro 2008 ás 02:58 PM CET #

Ola xente.

En canto ao que me pregunta Anxo, en R estamos a traballar na posibilidade de enviar SMS dende a web. É unha opción que estará disponible no 2009, pero non dende o correo.

Sobre o envío de SMS a contas de correo electrónico, estámolo mirando para outras cousas, así que pensamos que o poderemos ofrecer tamén ao longo do ano que vén. Sinto non darche datas concretas, pero preferimos anunciar a funcionalidade cando realmente estea operativa ou cando sexa algo inminente.

Doutra banda, en resposta a outro dos comentarios que se fan, pido que cada un exprese as súas opinións, pero sen expresións malsoantes. Desta vez déixoo así, pero para a vindeira eliminarei este tipo de locucións, porque entendo que para o bo desenvolvemento do blog e dos distintos puntos de vista, este tipo de cousas sobran.

Comentar que en ningún momento estamos a roubar cartos aos clientes. O pasado 17 de outubro caeu parte a conexión por un problema bastante gordo en Madrid na rede de T-Systems. Por que te podes conectar entón á web de R ou escribir neste blog? Porque en casos coma ese continuabas dentro da rede de R, pero non se podía acceder á rede internacional e conectar con outras webs ou servidores.

Teño que dicivirvos que R ten un compromiso de calidade cos todos e cada un dos seus clientes. Se a compensación pola incidencia é superior a un 1 euro, devólvese na seguinte factura ao cliente, aínda que non nos chamara para reclamar. E de feito fixémolo a todos os clientes do comboR e do combo3, porque a compensación era de 1,52€ ou 1,32€, dependendo do produto contratado.

Se calquera cliente ten problemas continuadas coa súa conexión, por favor, que nos chame ao 1449 e que reclame. Estades a pagar por un servizo e estades en todo o voso dereito de esixirnos e de ter unha conexión de calidade.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 19 novembro 2008 ás 04:55 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Hola a todos

Soy otro sufridor que tuvo que padecer el corte del puerto, antes de la apertura de este hilo -en concreto el día 30 de octubre-.

Al final recomendé a los usuarios externos que usan nuestros servidores smtp que si r no daba el servicio, cancelasen el contrato. Lo sorprendente es que tuvieron que hacer uso de la amenaza para que le abriesen el puerto. Voluntariamente, nada.

Sobre lo que se comenta arriba respecto a la fiabilidad del sistema antispam, ¿quien responde del correo entre 1 millón perdido?

Tampoco es válida la opción mencionada del acuse de recibo, o es que no sabeis que el envío del acuse es voluntario dependiendo del cliente usado.

La verdad es que r se parece cada vez más a telefónica.

enviado por Otro sufridor o 24 novembro 2008 ás 03:16 PM CET #

Me debeis dos horas de mi vida, ya que es lo que he tardado en averiguar que era culpa vuestra el no poder mandar mensajes desde la cuenta corporativa de mi empresa... Gracias

enviado por TNT o 26 novembro 2008 ás 04:50 AM CET #

Estos de R, últimamente están haciendo cosas para joder a la gente. A mi tampoco me funciona ya el Outlook Express.

enviado por 10.0.137.40 o 29 novembro 2008 ás 03:09 AM CET #

¿Amenazar? Cuando me enteré, llamé, pedí escuetamente que me abrieran el puerto 25 sin ningún tipo de amenaza ni nada por el estilo y me lo abrieron al momento.
Aún así sigue siendo una faena haberlo hecho sin avisar.

enviado por Jaime o 03 decembro 2008 ás 01:59 PM CET #

Soy un profesional dedicado el mundo de internet y lo siento mucho pero me parece una autentica verguenza su forma de actuar , para mi trabajo dependo del puerto 25 y me parecería normal que esto me lo hubiese realizado otra compañía como teléfonica u otras compañias carentes de etica profesional y de respeto para con el usuario y cliente

En todo caso ustedes cobran lo que cobran por més , si a esto le sumamos que internet en españa es el peor de europa y el más lento a parte de ser el más caro y le sumamos estas cosas más bien parece vivamos en un pais del tercer mundo y no del primero

Desde luego ustedes ultimamente están haciendo unas cosas que personalmente no me gustan absolutamente nada , tengo caidas repetidas de la red , problemas que no se subsanan , tengo que reiniciar los equipos cada 4 dias porque ustedes no se que hacen con las dns y esto entre otras muchas cosas a lo que se suma el tema del puerto 25

Ustedes se deben de pensar que la gente que contrata internet solo quiere dedicarse a usar este servicio o bien para chatear o ver páginas de contenido adulto lo cual me parece muy bien a quien le interese pero al menos a mi no me interesa en absoluto cuando mi trabajo es el de freelance y programador

Sinceramente me ha parecido muy desagradable todo este asunto y ahora que me entero de que el problema era este y no el de mi ordenador ni de mi firewall ni nada pienso presentar una queja forma contra ustedes , aqui no se corre ningun pánico simplemente ustedes han realizado una labor de desinformacion total lo mismo con el problemon que nos tuvo mas de 8 horas sin red y al cual ustedes hicieron caso omiso en avisar o poner una reseña en su pagina pidiendo disculpas , eso si el descuento de 0,5 euros por el problema causado nos da la risa que mas quieren que les diga

Por lo menos han mejorado en atencion al cliente puesto que la gentuza que tenian al comienzo de su andadura por el campo tecnologico era autenticamente demencial , espero que sigan por el buen camino y no se conviertan ustedes en OTRA compañia que atenta contra el usuario que LES PAGA y que no maltraten al que les da de comer puesto que somos nosotros y sin nosotros ustedes no existirian a ver si de una vez se comienza a entender este tipo de cuestiones que es lo fundamental a la hora de dar un servicio y dejen de una vez de mantener al publico en general desinformado y recuerden que aqui de este lado hay profesionlaes que saben tanto y mas que ustedes a nivel tecnico que ya esta bien de pensar que los que llamamos al servicio tecnico no sabemos hombre .... y mas informacion

Y recalco que no me ha gustado nada en absoluto el tema del puerto 25 a mi me parece indignante , si avisasen todo bien pero asi indignante

enviado por Pablo o 06 decembro 2008 ás 05:36 AM CET #

yo no soy un experto en informatica,pero que yo sepa el smtp es para enviar,no para recibir correos...por lo que no se evita el correo basura o spam dado que sigues recibiendo mensajes igual
por otro lado el correo de R si funciona sin este puerto en outlook y similares por lo que se puede seguir recibiendo este correo a traves del de R...
a mi mas bien me parece una maniobra de R para que la gente use su correo y no otro y en cualquier caso no me parece de recibo cerrarlo sin informar y despues de 3 llamadas sabiendo perfectamente lo que pasaba que me dijeran que era problema mio...tuve que amenazar con darme de baja para que me lo explicaran y volvieran a abrir...

enviado por luis o 07 decembro 2008 ás 02:36 AM CET #

Pois a min pareceme unha falta de profesionalidade total. Coñezo xente que chamou ao seu proveedor de servizo de correo (Terra por exemplo) e despois de varias chamadas a 806 non conseguir arranxar o problema, chamar a un informático para que lle revisara a configuración do seu ordenador... quen imaxinaba que o seu proveedor de Internet ia pechar sen avisar o porto 25 que viña estando aberto dende sempre. Quen supoñia que nos eramos spammers, R claro. Dende logo se son eu reclamolle o custo das chamadas a R. ¿Cal vai ser a proxima sorpresa do noso proveedor?, poden pechar a consulta do DNS non sexa que se envelene.
¿Cal era o problema en enviar un correo ou unha cartiña cun deseño rompedor decindo que todos aqueles usuarios que utilizan o porto 25 deben configurar o seu cliente de correo deste xeito?... si xa sei a 'alarma social'

Saudos.

enviado por David o 07 decembro 2008 ás 11:43 PM CET #

Despois de ler no foro a problematica atopeime un bo día co problema. Directamente chamei o centro de atención a usuarios, e unha amable empregada, informoume de que xa facía dous meses que o porto estaba pechado (mentira no meu caso, pq o día anterior enviara correos dende o outlook a outro servidor smtp de correo). Despois de explicarlle amablemente que non me tomará o pelo, que procedera a abrir o porto 25 que me facía falta, e que non tentará convencerme de algo do que eu sabía máis ca ela, abriume o porto.

Se non leo antes a información no foro, estaría horas rompéndome a cabeza e buscando o fallo. Entendo que unha modificación deste calibre que afecta os usuarios que non están facendo nada incorrecto, debe notificarse previamente, causese ou non alarma.

enviado por Norick o 12 decembro 2008 ás 08:20 PM CET #

vergonzoso el comportamiento de R en este caso. yo ya procedo a tramitar mi baja. Estas mañas, propias tambien de otros operadores no van conmigo.

enviado por alberto cabaleiro figueroa o 18 maio 2009 ás 11:24 AM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado