logo

controla o que gastas no teu móbil R

xoves 29 xaneiro 2009 | 8 Comentarios

ola quecheparece-adictos. Hoxe quérovos falar dun servizo que de seguro que vos interesa a todos os que tendes móbil R e que hai tempo que nos viñades demandando: o servizo de control de gasto.

O caso é que estivemos traballando nel e xa o temos funcionando, recén sacadiño do forno. Que podedes facer? Pois de todo. Que queredes establecer un límite na vosa liña móbil: feito (bueno, isto era algo básico, xa o sei). Que queredes establecer un límite na liña do voso fillo e non na vosa: tamén pensamos niso. Que queredes poñer unha alarma que vos avise cando levades x euros gastados: feito. Que queredes que a alarma en vez de ser vía SMS sexa vía email: xa nos adiantamos e tamén o podedes facer. (Edito: temos un problema con este tema e, de momento, todas as alarmas chegan ao móbil, co que teñen un custe. Estamos intentando arranxar isto). Consultar o voso gasto mensual cando vos apeteza: isto tamén era básico, non? E reactivar o servizo se superáchedes o límite establecido e queredes seguir usando o móbil? Pois tamén, que as vosas ordes son desexos.

bueno, como vedes son cienes y cienes de funcionalidades. Igual algunha menos, pero a cousa está ben artellada. Ou iso cremos nós. Ademais (si, hai máis), podedes poñerlle un límite global á vosa liña, a todo o que gastedes, pero tamén podedes limitar só o que consumides a nivel de voz e mensaxes ou o que consumides en datos. Cando cheguedes ao límite que vos marcárades, teredes un aviso ou ben o servizo quedará restrinxido, segundo o que escollérades. Iso si, sempre tendes a opción de volver activar o servizo. Bueno, aclarar que a cousa quedaría restrinxida só durante ese ciclo de facturación (que remata o 19 de cada mes no caso dos clientes particulares e o último día de mes no caso dos de empresas).

iso si, o que se controla é o consumo en chamadas, datos e sms. Digo isto porque se algún de vós paga unha cota a maiores, tipo o módulo de datos, pois esa cota mensual non entraría dentro do límite. Vamos, que teríades que sumar o voso consumo mínimo, o módulo que teñades contratado e a partir de aí mirar ata onde queredes gastar.

máis cousas. No límite que poñades non se conta o IVE, así que lembrade de multiplicar a cantidade por 1,16 para saber o que de verdade gastades. Ademais, indicarvos que como non é un servizo prepago, non corta exactamente no valor que fixárades. É dicir, que se estades a falar e chegades ao límite, espera a que remate a chamada, e despois o sistema xa fai as contas. Vamos, que permite que falades ou rematedes unha sesión de datos e despois calcula. Hai unha marxe de 1 hora (no caso dos consumos de roaming sería de 1 día) para ver se superáchedes o límite, polo que o consumo pode ser algo superior ao que establecérades.

ademais, lembrade establecer un límite por liña. Se tendes unha familia máis grande que a de Ruiz Mateos, xa sei que vai ser complicado, pero de momento non temos a posibilidade de limitar dunha tacada todas as liñas que teñades contratadas. Así que paciencia e a poñerlle un límite a cada número.

xa levo media hora falando do servizo e aínda non vos expliquei como activalo. Podedes facelo vía internet ou vía sms.

- vía web: entrade na web de clientes, ide aos vosos servizos contratados, pinchade no móvil que queirades xestionar e despois entrade en “control de saldo”.



- vía SMS: mandade “saldo” e os cartos que queirades poñer de límite ao 111 (xa parezo a Mercedes Milá ou o Jesús Vázquez). Se queredes controlar o saldo doutra liña, envíade tamén ao 111 a palabra saldo, os cartos que queirades poñer e o número de teléfono que queirades restrinxir.

iso si, non me sexades rebuscados no límite e me poñades que non queredes gastar máis de 13,37 euros. Decimais non. Números redondos si. 13 euros estaría permitido, pero 12,99 non. E menos de 6 euros tampouco é recomendable que poñades, máis que nada porque o consumo mínimo non volo quita ninguén ;)

de seguro que hai moitas cousas pendentes sobre este tema. Igual vos interesa saber que tendes que facer vía sms para desactivar o control de saldo, para modificalo ou para saber o que levades gastado. Isto último cóntovolo rapidamente: saldo ao 111 e listo. Despois, e para non alongarme demasiado no post e non escribir aquí a terceira parte do Quixote, pois déixovos o enlace ao manual de usuario do control de saldo e tamén á web de preguntas e respostas onde falamos extensamente do tema e vos indicamos os comandos para cada cousa.

os comandos tédelos aquí

que non vos apetece andar por aí fuchicando pola web e polo manual e vos parece máis rápido preguntar, pois por aquí andaremos que para iso nos pagan e para iso está pensado o blog: para contarvos, que nos contedes e respondervos a todas as vosas preguntas.

un saúdo.




Comentarios

Pues está muy bien la cosa, todo lo que sea ampliar servicios y funcionalidades, bienvenido sea. Una pequeña duda sobre el consumo, igual es un poco absurda, pero bueno, por si las moscas :-P. Los mms se incluyen dentro de datos o se engloba con las llamadas y mensajes de texto? Lo pregunto porque si se incluye dentro de datos, en el caso de que se supere el límite, cómo aplicais la restricción, cortando directamente cualquier trafico de datos entrante y saliente, o sólo aquel tráfico que genere un gasto en la línea?
Y luego tengo una petición-sugerencia, offtopic claro, jeje. Podriais pensar en incluir, bien en la propia web, o bien dentro de servicios del cliente, la opción para envío por OTA de las configuraciones para el móvil, o al menos los datos de acceso para configurar a mano, que yo al menos no lo he visto por ningún lado.

Un saludo.

enviado por bas o 30 xaneiro 2009 ás 07:50 AM CET #

Hola bas.

Con respecto a tu pregunta, los consumos de MMS están incluidos como consumo de mensajes, nunca de datos. Es decir, si te pones como límite de datos 10 euros y mandas 1.000 mensajes MMS y nunca navegas, tendrás como gasto en voz y mensajes 500 € pero datos 0.

Ahora bien, si consumes datos y superas esos 10 €, al cortar los datos, también se cortan los MMS entrantes y salientes. Los MMS por su funcionamiento necesitan datos y y al cortar los datos, se corta todo, no podemos distinguir los datos de navegación de los de MMS.

Sobre la sugerencia a la hora de configurar los datos de acceso, comentarte que es un proyecto que tenemos en marcha, pero sen fecha.

De todos modos, desde la web de Nokia, ya se pueden descargar las configuraciones para casi todos los teléfonos de R.

Puedes ir a la web de Nokia -->soporte-->aprende como --> paso 3, descarga de configuraciones. Te paso el enlace: http://www.nokia.es/A4808590

Lo de hacerlo desde nuestra web está en marcha, como te digo.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 30 xaneiro 2009 ás 09:32 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Gústame moito esta nova funcionalidade. A única dúbida que me queda despois de ler o manual e a web das preguntas e respostas é con respecto á recepción de alertas por email. Na relación de gastos indícase o prezo de alerta e consulta de saldo en €/SMS, polo que deduzo que a recepción de emails de alerta é gratuita. Estou no certo? Graciñas!!

enviado por pepitogrillo o 30 xaneiro 2009 ás 05:01 PM CET #

Hola de nuevo.
Lo de los mms me lo olía, pero bueno, nunca está de más confirmar las cosas sobre seguro. En cuanto a lo de las configuraciones, no me refiero sólo a que pongais el programa de envío automático, también podriais poner los datos básicos, porque habrá gente, como es mi caso, que tiene terminales propios, y no sólo hay Nokia y los modelos de S.E. que teneis, además que en cuanto a móbiles, constantemente están saliendo terminales nuevos, y si hay que esperar a que se actualice las lista de terminales en el programa... Así, poniendo los datos de APN, encapsulado y demás, pues uno puede configurarse el acceso.

Un saludo.

enviado por bas o 31 xaneiro 2009 ás 08:47 AM CET #

Eu xa activei o control de consumo nas miñas líneas de móbiles, unha boa día de axustar a factura. Pero ¿para cando unha tarifa plana de internet móbil con R? ¿Pensaron na posibilidade de tarxeta prepago de móbil con R?

enviado por Tomás Castro o 01 febreiro 2009 ás 12:56 AM CET #

Ola Tomás.

Indicarche que xa temos unha tarifa plana de internet co móbil R, aínda que sabemos que é mellorable e niso estamos:
http://particulares.mundo-r.com/servlet/Satellite?cid=1192040451317&pagename=WEBCorporativa%2FWCR_Mostrar&Idioma=gl&c=WCR_Seccion

En canto á opción da tarxeta de prepago, de momento non hai nada pensado sobre o tema.

Un sáudo.

enviado por quecheparece o 02 febreiro 2009 ás 11:45 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ola a todos.

Comentarvos que vimos de observar que temos problemas cos avisos de superación do saldo a través do correo electrónico, xa que os avisos chegan tamén vía SMS ao móbil do cliente, que teñen un custe.

O caso é que é un fallo noso que non sabemos cando se vai poder solucionar. Deste xeito, se tendes configurado que a alarma vos chegue ao correo electrónico, cambiade a configuración do servizo e solicitade xa limitación de saldo.

Nestes momentos estamos a actualizar toda a información do servizo mentres non arranxamos o problema.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 11 febreiro 2009 ás 11:18 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Non digo que esté mal este servizo, pero a min o que me gostaría e poder recibir, (coma co anterior operador que tiña), unha mensaxe sms co importe do próximo recibo que se vai pasar ao banco, pois moitas veces me chega antes o cargo que a factura. Un saudo.

enviado por Anxo o 13 febreiro 2009 ás 05:49 PM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado