logo

consulta a revista R con visor flash

mércores 15 abril 2009 | 2 Comentarios

ola xente. Como sabemos que botades moita man da nosa web e nós sempre tratamos de ir mellorando, acabamos de incorporar un visor flash para que poidades consultar a nosa revista con maior comodidade.

dende hai tempo xa vimos colgando a revista R de cada mes na web de descargas; de feito, temos todos os números dende xaneiro de 2004 á vosa disposición (por se tendes nostalxia dunha portada vella ou vos lembrades dunha reportaxe que vos interesara no seu día). O caso é que ata o de agora só vos dábamos a posibilidade de que descargásedes o PDF da revista, para o que precisábades dun Adobe Reader ou doutro lector de PDF. Pero cos tempos que corren e coas ferramentas que hai dispoñibles hoxe en día, queríamos que tivésedes máis opcións para consultar tanto os contidos da revista como a programación que emitimos na nosa grella de TV, polo que dende onte tendes a posibilidade de ver a revista a través dun visor online en Flash.

o do flash de seguro que o coñecedes doutras webs, como é o caso de Youtube (vídeos) ou de Slideshare (presentacións). Pois ben, tomando como referencia o mesmo sistema, o noso visor online está baseado en scribd.com, unha plataforma gratuíta de publicación de arquivos (doc, pdf, txt, xls, lit...) que permite "incrustar" ou inserir o visor en calquera web (neste caso na nosa de descargas).



como vos acabo de dicir, aínda empezamos onte co tema, así que un pouquiño de paciencia se hai algún erro, porfa plis! De seguro que mesmo víchedes que as opcións do visor están en inglés. Nós tamén ;). Pero como se trata dunha ferramenta que nos parece tan útil e tan doada de empregar, pois decidimos poñela en produción (como chamamos aquí ao proceso polo cal facemos visibles os cambios na nosa web ou lanzamos ao mercado un produto despois de probalo) xa, correndiño!



a cousa vai mellorar, of course! De feito, estamos a traballar en mellorar o visor para que funcionen, por exemplo, as ligazóns que hai dentro da revista.

non sei que vos parece esta funcionalidade, se era algo que víades necesario para consultar máis a miúdo a revista a través da nosa web ou non. Sodes dos que estades co portátil diante do televisor e gústavos ter a man a revista, pero cando estades de viaxe non vos chista demasiado o formato do pdf, pero isto parécevos máis usable?

xa postos, como o blog está para pedir consello e suxestións, todo aquilo que vos gustaría que implementásemos (na medida do posible) neste visor, falade agora ou cando se vos ocorra algo (pero case mellor agora, que estamos coas mans no invento).

doutra banda, e xa que estamos, coméntovos que na web que temos creada para que consultedes a programación que emite a televisión dixital R, http://guiatv.mundo-r.com, queremos aumentar os días dispoñibles. Polo de agora pódense consultar entre 3 e 5 días, pero a nosa idea é ofrecervos a programación dos próximos 30 días das canles que nos pasen a información. Ademais, e para que sexa máis cómodo, tamén poderedes ter en breve na web (máis ou menos en cousa dun mes) a programación nun formato imprimible para que o teñades todo á man e dun xeito completo.

un saúdo.




Comentarios

Sería buena idea que desde la web, se pudiese consultar la programación pero con el formato que tenía antes la revista, poniendo la programación entera del día, no sólo lo más destacado como viene ahora, porque tienes que estar mirando canal por canal qué es lo que están haciendo, es un poco cansino, además de qué la EPG no siempre se corresponde con lo que realmente se emite en ese momento.

enviado por Bas o 17 abril 2009 ás 07:41 AM CEST #

Gústame a grella da web que era a que antes tiñamos na revista, o que non me gusta nada é a nova revista, non pon nada e non se pode saber o que hai cada día, eu traballo fora e deixo a grabar as miñas series favoritas pero se non podo á hora punta nesta nova revista non me entero de que máis días as dan nin a qué hora, esta revista nova non funciona e non podo andar buscando en internet cada vez que vaia programar o video. volvede a versión anterior da revista que mandades a casa, POR FAVOR.

enviado por Cristina o 19 abril 2009 ás 06:04 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado