logo

Concertos de verán na rúa con R

xoves 16 xullo 2009 | 4 Comentarios

Ola xente. Como estamos no verán e por esta época sempre nos apetece estar máis na rúa porque fai mellor tempo (ou debería, porque a estas alturas andamos algo amolados con tanta nube), en R estamos organizando unha serie de concertos que poderás desfrutar en xullo e agosto na vía pública.

Temos permiso para facelo, iso si, non vaiades pensar que por ser na vía pública o facemos a la buena de Dios e despois veñen os policías municipais a desaloxarnos porque non temos permiso. Non oh, aquí todo é pola lei. De feito ata temos datas e todo. Iso si, se o tempo non acompaña o que temos pensado é pospoñer o día para que as condicións sexan as mellores.

A idea é dar a coñecer grupos locais galegos empregando a rúa como escaparate e buscando a proximidade entre os músicos e o público. E para iso nada mellor que estar ao aire libre, tomando algo en boa compañía e escoitando as cancións dos artistas que actúan. O primeiro deles será Álvaro Muras, un coruñés que toca o baixo acompañado por unha batería e un percusionista nun estilo de funk fusión. Déixovos un vídeo para que o vaiades coñecendo:



Se vos gusta ou se vos queredes pasar, está todo o mundo convidado, clientes ou non. Así que de parte do señor alcalde se fai saber aos interesados que os concertos serán nas seguintes lugares e horas (iso si, non haberá buses polas paradas de costume):

- O Grove: 19 de xullo ás 21.00 horas na praza do Corgo
- Melide: 26 de xullo ás 21.00 horas na praza do Convento
- Mondoñedo: 1 de agosto ás 21.00 horas na praza do Concello
- Foz: 2 de agosto ás 21.00 horas no paseo da Rapadoira
- A Estrada: 8 de agosto ás 21.00 horas na praza do Concello

Temos un par de concertos máis pensados para facer en Foz e no Grove, cun artista tan secreto que nin sequera o sabemos nós. Pero non vos preocupedes que en canto saiba a hora e o elixido actualizo o post.

Un saudiño e a pasalo ben ;)




Comentarios

e na coruña cando??? :D

enviado por ivan louzan o 16 xullo 2009 ás 04:26 PM CEST
Sitio web:: http://opinguino.es #

Iván, temos case 80 localidades nas que damos servizos. O caso é que non podemos facer concertos en todas e hai que ter presente que habitualmente grandes actividades como as Noches de Paramount se fan nas grandes cidades, polo que tamén hai que ter en conta outras pequenas localidades, que non só existe vida nas urbes ;)

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 17 xullo 2009 ás 08:19 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

deberíades levar a tocar a YOMELO MONTOSOLO....

O meior cantautor galego para este tipo de eventos... él estaría encantao!!


abofé!!!

enviado por YOMELO MONTOSOLO o 17 xullo 2009 ás 08:47 AM CEST
Sitio web:: http://www.myspace.com/yomelo #

pues yo prefiero que bajeis el precio de los combos o que subais la velocidad a la linea (y como yo supongo que muchos mas...) ya que una de las excusas que poneis es "cuesta dinero" pues no lo malgasteis

enviado por banzai o 20 xullo 2009 ás 11:30 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado