Por ser cliente de R, unha rede wi-fi en Galicia
Ola a todos. Hoxe queremos contarche un proxecto que acaba de comezar a súa andaina. A idea nace na posibilidade de usar toda a rede R que despregamos dende hai 12 anos por toda Galicia, como punto de acceso wi-fi para que a poidades usar só os clientes de R, que para eso nos destes e nos dades a oportunidade de existir coma empresa. Así, só por seres clientes de R, dende agora xa podes conectarte completamente gratis a unha rede wi-fi que estamos activando por toda Galicia.
Se tes internet de banda ancha de R na túa casa xa te podes conectar á rede que chamaremos “wifi_clientes_R” para que a podas recoñecer dende os teus dispositivos. De seguro que algún de vós, indo pola rúa, xa detectou no seu terminal móbil esa rede e non tiña moi claro de que ía a cousa. Agora xa o sabes, é unha rede que poñemos á túa disposición para que te conectes gratis.
Sabemos que cada vez é máis común que os nosos clientes teñan un smartphone ou tableta cun plan de datos para entrar nas redes sociais, ou incluso que leven o seu portátil de viaxe e busquen unha rede wi-fi libre para poder conectarse. Así que pensamos que sería moi boa idea que aforres o teu plan de datos do móbil ou que non teñas que andar investigando como Sherlock Holmes onde hai wi-fi de balde.
Aínda estamos na primeira etapa do servizo polo que só levamos activados uns 300 puntos de acceso en toda Galicia naqueles concellos nos que temos rede propia. Pero a idea é seguir aumentando os puntos de acceso con diferentes solucións, como usando cousas que teñamos nas rúas (aquí estamos a buscar solucións que aguanten as inclemencias do tempo, etc.) para que a cobertura desta rede vaia medrando e cada vez teñas máis posibilidades de acceso. Vamos, que temos a intención de crear a rede wi-fi máis grande da comunidade para que á teñas sempre a túa disposición e poidas aforrar moitos cartos dos datos no móbil, etc.
E para poñerche a cousa máis doada, creamos unha web na que poderás ir vendo todos os puntos de acceso dispoñibles: http://wificlientes.mundo-r.com/webwificli/spots
Así, se por exemplo este entroido viaxas a Verín a ver os cigarróns e queres sacar unhas fotos co teu móbil e compartilas nas redes sociais sen gastar un can, o único que terías que facer é buscar nesa páxina os lugares nos que temos habilitada esta rede. En concreto temos 15 lugares en todo Verín con wi-fi para os nosos clientes e tamén podes ver os restaurantes e bares que o teñen dispoñible por se queres tomarte un café e aproveitar para sacar o portátil e navegar por internet con calma.
E que tes que facer para usala? Pois simplemente buscala no teu móbil, no teu portátil ou na túa tableta e conectarte a ela. Cando queiras navegar aparecerá unha pantalla de validación que che vai pedir os teus datos como cliente de R, os mesmos que pos para acceder á web de clientes. Aceptas as condicións e listo, a desfrutar da internet sen ter medo a consumir megas de máis ;)

Logo está o tema de que para ser útil e que estea dispoñible sempre para vós, temos que coidar o seu uso polo que por exemplo, só permitimos unha conexión simultánea por cliente. É dicir, se na túa web de clientes tes usuarios delegados, só un de vós se pode conectar en cada momento. Se vemos que van cabendo as conexión seguro que poderíamos amplialo no futuro, pero a idea é que entre todos fagamos que funcione coma un cañón. As vosas opinións serán importantes para mellorar esta idea de “rede común clientes R”. Oxalá vos pareza unha boa iniciativa.
Como estamos tamén comezando a activar esta rede, vai haber un límite de horas cada mes para que te conectes. Se ademais de internet no fixo tes móbilR ou ben televisión dixital multicanle, disporás de máis horas. De novo, a idea é ir vendo como funciona a cousa e segundo vexamos como marcha, tratar de ir aumentando ese tempo para que o servizo sexa cada vez mellor e o poidas aproveitar ao máximo.
Agora, cando vaias por unha rúa, lembra que tes unha redes wi-fi que é túa grazas a axudarnos con isto de R.. Así podes aforrar no teu internet móbil, saber onde conectarte sen problemas ou ben tomar un café con calma mentres miras o correo sen ter que andar pedindo claves, etc..
Un saúdo e lembrade que tamén andamos polo facebook e polo twitter.

Está ben que a pantalla de inicio de sesión estea en castelán, que se note que aquí non somos bárbaros! :)
(Pequeno tirón de orellas, xa sabedes)
enviado por Hugo Costa o 26 xaneiro 2012 ás 05:13 PM CET
Sitio web:: http://blog.hugocosta.eu #
Hugo Costa +1
enviado por makeijan o 26 xaneiro 2012 ás 05:33 PM CET
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org/ #
Hugo, makeigan, ben sabedes que todos os nosos webs van tanto en galego como en castelán e que por defecto está en galego a cousa.
Agora, é certo que neste caso só está en castelán, porque é algo aínda en probas. Como comezamos xa a activar a rede estes días, digamos que temos antes listo o proxecto que a información e o web. Pero cando pasemos todo a produción (os textos mesmo están en probas) xa aparecerán as dúas versións.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 26 xaneiro 2012 ás 06:18 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Hugo Costa +1
enviado por 10.0.137.41 o 26 xaneiro 2012 ás 08:24 PM CET #
Unha cousa, este servicia estase ofertando empregando puntos de acceso dos clientes ¿non? O comento porque o outro día na casa duns familiares que acaban de ampliar a conexión e lles puxeran o router Hitron (o que ten wifimedia y demais) tiñan un punto de acceso ademais do seu que desaparecía desenchufando a corrente de aparato.
Teño un par de dudas:
-¿Vaise habilitar en todos os routers de maneira progresiva?
-O ancho de banda ofertado por ese servicio é independiente do contratado ¿non? Imaxino que eles que tiñan 30mbps contratados recibiran os seus 30mbps e á casa chegará un extra que será empregada para a wifi ¿no?
enviado por Kapisketo o 26 xaneiro 2012 ás 10:12 PM CET #
Alguna idea oara prevenir el "phishing" (que seguro que ocurrirá) y ponérselo más cimplicado a los "amigos de lo ajeno?"
Persnalmente creo que usar el usuario y contraseña de clientes es peligroso y que tiene riesgos importantes desde el punto de vista de la seguridad. En mi opinión sería mejor que los clientes pudiesemos crear un usuario y contraseña dedicados. Al menos yo no pienso usarlo con el planteamiento actual. Me parece francamente peligroso...
Ale ahi quedan mis sugerencias. Enhorabuena por la iniciativa, creo que la idea es buena, solamente echo en falta una mejor implementacion :-)
Mario
enviado por Mario o 26 xaneiro 2012 ás 10:29 PM CET #
Hugo Costa +2
PD: Tanto ancho de banda podemos consumir que non podedes deixar a 2 clientes simultaneamente??
Non creo que sexa pra tanto!
enviado por obreiro o 27 xaneiro 2012 ás 12:33 AM CET #
Kapisketo, non, de momento aquí non entran os clientes particulares. Aínda que aos teus familiares lles apareza (cousa que non debería), ninguén podería entrar na súa rede.
De momento só entran negocios e empresas como puntos de acceso. Máis adiante a idea é que se poida provisionar tamén para clientes particulares e se un cliente quere (nunca activalo nós sen máis), o poida facer.
Xa digo que para particulares isto non está nin se fará de maneira progresiva e en caso de que deamos a opción o cliente final é o que decide se quere compartir ou non.
Loxicamente esta rede ten un ancho de banda adicional. No caso dos bares e negocios no que estamos activando esta rede estamos poñendo 15 megas a maiores para compartir (a maiores do que poida ter o bar).
No caso dos particulares igual poríamos un ancho de banda extra menor, pero en caso de facelo, como digo, o cliente sempre tería os seus 30 megas.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 27 xaneiro 2012 ás 09:34 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Pais tocará volver miralo pero xa che digo que sí que era o seu punto de acceso o que o emitía e que son clientes particulares, non me preocupei porque vin que as IPs que repartía eran doutro rango completamente diferente ás que daba para a propia wifi.
enviado por Kapisketo o 27 xaneiro 2012 ás 09:48 AM CET #
Mario, no tendrías problema porque te podrías crear en la web de clientes un usuario delegado con permisos limitados. Y lo podrías usar sólo para identificarte en los puntos wifi. Y en ese usuario ya podrías tú la contraseña y demás que quisieras.
obreiro, a idea é evitar a picaresca e o abuso, que un cliente cree 20 usuarios delegrados e os difunda por aí entre non clientes. Sinceramente, non cremos que nunha casa a un mesmo tempo lle faga falta conectarse a esta rede wifi a cinco persoas.
Por iso só permitimos que, simultaneamente, os usuarios dunha mesma non poidan conectarse a un tempo. Só un de cada vez. Iso si, nun mesmo punto wifi poden conectarse varios clientes diferentes. Pero para evitar o abuso, cando menos agora, por conta/cliente só un acceso simultáneo, aínda que estamos barallando dar dous nalgúns casos.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 27 xaneiro 2012 ás 09:55 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Kapisketo, mira entón a ver se te poderías conectar. Xa che digo que polo que sei, aínda que apareza por erro a xente non podería entrar.
En caso de que si, envíame un correo a quecheparece@mundo-r.net e miramos que puido pasar e xa deshabilitamos todo.
Un saúdo e graciñas.
enviado por quecheparece o 27 xaneiro 2012 ás 09:58 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Revisade o mapa asociado ó wifi spot de Arteixo (585)
http://wificlientes.mundo-r.com/webwificli/spot/585
enviado por Iván o 27 xaneiro 2012 ás 10:54 AM CET #
Iván, si, xa vin que o comentaras no twitter. Graciñas polo aviso!
enviado por quecheparece o 27 xaneiro 2012 ás 10:57 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Estaria ben que poideras configurar uns sesion SSH, PGP ou SSL para protexer as comunicacions.
E seria interesante que poideras ter configurado xa o teu movil, portatil etc, ser ter que andar a meter os datos cada vez que te conectas.
Saudos Máx.
enviado por Máx o 30 xaneiro 2012 ás 08:44 AM CET #
Está moi ben isto, pero non considerachedes o facer un acordo cos de FON e así aumentar os puntos de acceso na comunidade e dotar de acceso ós vosos clientes no resto do planeta á rede de FON a máis da publicidade, ...
Outros operadores teñen feito isto con anterioridade (Zon en Portugal, BT en Inglaterra, ...) non me semella unha mala idea así en principio.
enviado por Manty o 01 febreiro 2012 ás 09:25 PM CET
Sitio web:: http://manty.net #
Manty, a idea de R é que cando un cliente noso vaia por aí adiante e se queira conectar a unha rede wifi, ben sexa nosa ou de alguén con quen cheguemos a un acordo, non haxa que pagar nada. É dicir, que o custo sexa 0 para ti por ser cliente noso.
Nese caso o operador do que falas non acepta iso e o que busca é que se pague unha cantidade por conectarte aos seus puntos. E iso non o queremos. De feito os acordos dos que falas non son tales en canto que se trate de accionistas deles, así que todo queda na casa.
Xa digo que se chegamos a un acordo con alguén (que nos gustaría), por riba de todo está a idea de que te conectes gratis. Tanto en Galicia, como no resto de España ou no estranxeiro. Sería algo moi bo para vós e ese sería o camiño. Fóra diso non hai acordo.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 02 febreiro 2012 ás 10:39 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Máx, o primeiro podes facelo coa túa conexión da casa e OpenSSH. Para o segundo, teremos apps para android e iOS :)
Un saúdo!
enviado por quecheparece o 09 febreiro 2012 ás 11:01 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #