logo

Comparte internet móbil entre todos os teus dispositivos

martes 05 xullo 2011 | 19 Comentarios

Ola a todos. Hoxe queremos informarvos de que xa tedes dispoñible en R unha solución para poder compartir o voso plan de datos móbil entre os dispositivos que queirades: móbil, iPad, módem USB...

Estes días saíron na prensa varias novas doutros operadores nas que se falaba da posibilidade de compartir o plan de datos para o móbil noutros aparellos. Pois non creades que en R imos detrás do que fan os demais porque nisto xa levamos traballando un tempo e agora xa está dispoñible para todo o mundo (por certo, e en condicións que cremos que son máis interesantes).

Por certo, que isto ofrécese tanto para clientes particulares como para empresas. De feito, xa hai tempo que lanzamos os combos despreocupín que permiten a converxente de fixo e móbil e poder compartir o teu plan de datos de internet.

O dito, moitos de vós, no móbil, tedes un plan de datos contratado e pensades que estaría ben iso de poder compartilo ben noutro móbil, ben nunha tableta (a máis coñecida é o iPad, pero xa sabemos que hai un feixe), ben nun módem USB para conectarvos á rede nun portátil, etc. E nós tamén pensamos que iso é boa idea, por iso lanzamos agora unha multiSIM de datos.

Como vai iso? Pois ben, se queredes conectarvos usando o voso plan de datos para o móbil onde xa o tedes e para unha tableta, pedides unha multiSIM de datos e listo. É unha especie de copia da tarxeta que tedes no móbil e vos permitirá conectarvos noutro aparello. Se en lugar doutra multiSIM queredes dúas, non hai problema, pedídea. Podedes solicitar ata 4 multiSIM de datos.

Cada multiSIM de datos ten un custo mensual de 2€+IVE. E non hai ningunha clase de restrición por plan de datos. É dicir, podedes solicitar a vosa multiSIM se tedes contratada a tarifa mini+internet, a plana mini ou a plana 24h (4), ou ben se tedes outra tarifa diferente cun plan de datos contratado a maiores. Dános igual que o voso plan sexa de 250MB, 1GB ou 5GB, vós pedides a multiSIM e usades internet móbil ao voso gusto.

Xa nos diredes que vos parece a nosa solución. Ah, e agora xa non teredes escusa para non ler, alí onde esteades, as novidades das que vos informamos en R vía blog, twitter e facebook ;)

Un saúdo.




Comentarios

A utilización pode ser simultánea?

enviado por makeijan o 05 xullo 2011 ás 04:13 PM CEST
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org/ #

makeijan, si, claro. Ti podes ter un plan de datos no teu móbil e outra persoa pode ter unha multSIM de datos dentro dun módem USB e estar conectada a internet a través dun portátil.

O uso é simultáneo, niso non hai ningún problema.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 05 xullo 2011 ás 04:32 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Sona moi ben, seguro que moita xente o vai coller.

enviado por Rosendo o 05 xullo 2011 ás 07:39 PM CEST
Sitio web:: http://www.movilinvasion.es/ #

Non sei se é este o lugar para comentar isto, pero quería comentar se vos parece unha maneira de manter clientes que a oferta que me fai R é que se contrato unha tarifa de datos de 19,90, máis o mínimo de voz de 9, e aporto 2000 puntos o SAMSUNG GALAXY S (non o S II) me sae por 259 puntos.
Ademais dinme que non existen ofertas mellores, simplemente hai que ir as webs de MOVISTAR ou ORANGE.
Sigo sin ver que en R queiran coidar aos clientes máis antigos. Eu teño contratado un combo R dende o 1º día en que se ofertou R na miña localidade

enviado por txavi o 06 xullo 2011 ás 12:28 AM CEST #

txavi, como sabes somos un operador pequeno, que non temos o tamaño doutros que teñen millóns de clientes e que, polo tanto, tamén moven millóns de terminais e teñen moito máis desconto.

En R non gañamos cartos coa venda de terminais, senón cos servizos de móbiles: as chamadas, os datos, os SMS... Xa nos gustaría poder ofertar o que ofertan algúns, pero para nós sería perder cartos.

E como podes ver na nosa web, por seres un cliente antigo as túas condicións á hora de coller o Galaxy S son mellores que as novas altas (no resto de operadores premian máis aos novos clientes), posto que o terminal che sae por 30 euros menos.

De todos os xeitos, envíame un correo a quecheparece@mundo-r.net cos teus datos.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 06 xullo 2011 ás 09:23 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

cuando te llaman a la sim nueva te suenan los dos telefonos o solo el original.con la segunda tambien puedes llamar???

enviado por jose o 15 xullo 2011 ás 12:10 AM CEST #

Jose, en este post hablamos de la multiSIM de datos. Sólo vale para navegar, no sirve para hablar.

Te dejo aquí el enlace a la multiSIM de voz. Sonarían todos los teléfonos y con la segunda se puede llamar también.

http://respuestas.mundo-r.com/servlet/Satellite?FAQ_Idioma=es&cid=1273458693916&pagename=FAQ%2FFAQ_Mostrar&c=FAQ_Seccion

Lo que no podrías es enviar y recibir mensajes en la copia.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 15 xullo 2011 ás 12:13 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Hello quecheparece!

Teño uns puntos que quería aproveitar e quería preguntarche se merecería a pena esperar un par de mesiños a que poñades o Galaxy S 2... como vexo que o 1 está en promoción...

enviado por Eeu o 24 xullo 2011 ás 11:57 PM CEST #

Hello quecheparece!

Teño uns puntos que quería aproveitar e quería preguntarche se merecería a pena esperar un par de mesiños a que poñades o Galaxy S 2... como vexo que o 1 está en promoción...

enviado por Eeu o 24 xullo 2011 ás 11:57 PM CEST #

Eeu,

Na actualidade están facendo probas con ese terminal para decidir se se incorpora ao católogo de terminais de R. Consideramos que se trata de un terminal interesante, pero aínda non sabemos se se vai incorporar e tampouco a data.

Un saúdo

enviado por quecheparece o 26 xullo 2011 ás 09:18 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Estupendo!

Muitas grazas quecheparece!

Parabéns polo excelente servizo a todos os niveis.

enviado por Eeu o 26 xullo 2011 ás 09:53 AM CEST #

Teño o combo R e quería pedir o Iphone4 16GB con tarifa internet mini 1gb e consumo de 19€ mes, o teléfono sairíame por 399€, claro o me problema e que eu quero facelo co número do meu fillo (movistar) e poñer esa factura mensual na súa contae o seu nome, pero non me deixaron facelo poque o meu fillo non é o titular de R (son eu, pero el é quen manexa todo esto e por iso está como usuario delegado), si, xa sei que este non é o lugar para este comentario pero como escribin a R fai uns cantos días e non contestaron, pois asi queda a miña queixa ata que a borren

enviado por Graciano o 28 xullo 2011 ás 09:23 PM CEST #

Graciano,

Pódesme mandar un correo cos teus datos a quecheparece@mundo-R.net? e xa cho miramos.

Un saúdo

enviado por quecheparece o 29 xullo 2011 ás 09:30 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Imos a ver...eu son cliente de combo 1 hai moitos anos...quero portar dos liñas mobiles doutro operador pero a min gostanme os mobiles de ultima xeración, e a miña muller (a outra liña) ten un libre....a miña pregunta ten moita lóxica....se eu porto 2 liñas pero só quero un teléfono ¿non é lóxico pidir un desconto maior nun terminal bó coma o Iphone ou similar xa que o outro terminal non o necesito e volo aforrades?
Outra pregunta ¿podo contratar a solución fixo no mobil sen ter o fixo? xa q na descrición do servizo dicides q non tes pq conservar o fixo e no meu caso o que interesa son chamadas gratis a fixos.
Un saudo e moitas grazas.

enviado por DOMINGO o 13 outubro 2011 ás 03:27 PM CEST #

DOMINGO, é que a subvención do terminal dáse por liña, non polo total da conta. Facer o contrario é un lío. Imaxina que se fai iso e dentro de 6 meses dis que tes dous números de móbil con R e no outro tamén queres un terminal subvencionado. Que facemos aí?

Para evitar precisamente eses problemas o que facemos é subvencionar unicamente en cada número un móbil e non polo total da conta.

Se queres máis subvención o normal é comprometer máis consumo mínimo. Ten en conta que os consumos mínimos se consolidan entre si e o único que pedimos é que nunha liña se consuma como mínimo 3€+IVE. Así, se nunha tes un consumo de 9€+IVE e noutra tes 19€+IVE, na primeira podes gastar 3€+IVE e na outra 25€+IVE.

Por outra banda o do fixo no móbil pódese contratar sen ter o fixo.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 13 outubro 2011 ás 05:38 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

O primeiro de darche as grazas pola túa rápida resposta...alegrome do fixo no móbil e respecto ao do terminal non acabo de enterder a resposta, evidentemente a subvención vai en función do numero de liñas e do consumo que comprometes.......eu teño 2 liñas q uso polo tanto subvencionades 2 terminais...eu suxeria que, en vez de darme 2 mobiles (bos, maos ou normais) me deran un que aglutinase o dobre de axuda...é sinxelo...e lóxico...pq tamén podo coller os dous terminais e vender un pero así aforramos voltas...digo eu. Pq se collo a tarxeta SIM soa vosoutros ganais todalo beneficio ¿si ou non?

enviado por DOMINGO o 13 outubro 2011 ás 08:51 PM CEST #

Entendemos o que dis, Domingo, pero non é doado.

O que digo é que a subvención faise de forma individual por cada terminal; non é posible (ou de facelo sería un tanto lioso) dicir teño tres liñas pero quero un terminal subvencionado que teña en conta as tres liñas.

O problema é que despois pode haber casos nos que o cliente, despois de facer ese cambio, diga que nunha das liñas nas que non ten terminal subvencionado ten un móbil de hai 2 anos que xa é vello e quere un novo subvencionado, que gasta moito e que se non lla damos se dá de baixa.

As cousas non funcionan así e aínda que entendemos o que nos formulas e o teu caso non sería así, hai moitos que despois empregan a picaresca. E se facemos unha excepción no teu caso teríamos que abrilo a todo o mundo e de verdade que iso nos sistemas pode ser ben complicado.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 13 outubro 2011 ás 09:16 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Entendido....eu tamén comprendo que tedes q ter uns criterios de funcionamento definidos e esta é a forma habitual de asignar os terminais....enton terei q coller dous terminais e vender un para recuperar o diñeiro q pague por un mellor ;)
Non vos molesto máis. Moi agradecido pola atención.
Por isto é polo q sodes mil veces mellor q as grandes compañias ;)
PD: no exemplo que poñes a solución é a actual...se queres outro mobil, usas os puntos acumulados ou te cambias de operador. Eu mesmo tiven q cambiar porque me robaron el movil y no me dieron otro similar, solución, me voy a otro. Asi está ahora mismo el tema.

enviado por Domingo o 13 outubro 2011 ás 09:32 PM CEST #

Domingo, no caso concreto que comentas tes que entender que un terminal móbil a un operador tamén lle custa os seus cartos e que tarda en amortizarse. Nós podemos intentar buscar solucións se a un cliente lle rouban un terminal, poñéndolle máis permanencia, pero non podemos dalo sen máis porque estaríamos perdendo cartos.

Entendo que moitas veces se pensa que ao ter permanencia e pagar polo servizo xa está máis que amortizado o terminal, pero hai casos nos que non é así, xa que o prezo do móbil tárdase en cubrir meses. E noutros sectores non pasa iso de que che rouban un portátil ou calquera outra cousa e pides outro igual. Xa digo que nós en casos o podemos facer aumentando a permanencia. Pero imaxina que a un cliente lle damos un iphone, que custa uns 600 euros e llo rouban ao mes. Se lle damos outro iphone serían xa uns 1.200 euros. E despois tamén temos que cubrir os servizos de voz, datos, atención ao cliente, o servizo técnico, o envío do móbil, etc.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 19 outubro 2011 ás 10:21 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado