logo

Como vedes a conexión á internet no desco de TV?

xoves 04 novembro 2010 | 30 Comentarios

Ola a todos. Hoxe queremos preguntarvos polo novo servizo que vos permite conectarvos a internet a través do desco de R.

Como sabedes, os clientes de comboR teñen abertos os portos do seu descodificador de TV. A través da web de clientes podedes escoller a velocidade que queredes ter no desco, ben 1 Mbps/200 Kbps ou ben 5 Mpbs/300Kbps, segundo o que queirades facer: conectar unha videoconsola, un ‘mediacenter’, un portátil ou desfrutar de vídeo en ‘streaming’ en alta definición.

O servizo leva pouco funcionando, a penas unhas semanas, así que queremos saber a vosa opinión:

  • Gústavos?
  • Védelo útil?
  • Funciónavos ben?
  • Sacádeslle partido?
  • Que melloras poderiamos facer no servizo?
  • Que ideas se vos ocorren que poderiamos implementar sobre este servizo?
  • Considerades adecuadas as velocidades?
Vamos, que nos podedes comentar o que queirades sobre o servizo, que aquí somos todo oídos e xa temos a libretiña preparada para ir tomando nota do que aquí nos contedes.

Un saúdo.




Comentarios

É unha estupenda idea pero non o uso porque a miña tele, que é o que conecto á rede, colle a maioria dos contidos da miña rede local (pelos, musica...) ademais de alguns de internet (twitter, youtube...)

A mellora que faría que fose un escandalo de servicio sería que se creara unha vpn ou pasarela similar entre o cablemodem e o desco para poder pasar contidos locais a velocidades de LAN.

Sei que é complicado abondo pero, ey, vos preguntastedes :)

enviado por Jaime o 04 novembro 2010 ás 07:26 PM CET
Sitio web:: http://twitter.com/rrazo #

e unha boa idea eu teñoa conectada a un home cinema e a pesar de ter 5/300 en ocasions o cargar contido de internet e algo lento polo resto ben pero pode ser mellor un cablemodem wifi /n que teriamos toda a velocidad nos momentos que nesitasemos sin decidir nun sitio uo outro. tamen podia ser automatico se non se usa o ordenador ter todo o ancho de banda no deco e si non se usa o deco todo no ordenador,esto pode non ser muy doado . Tamen si poderamos de algunha maneira conectar o deco e o cablemoden seria mellor. Un saludo e espero que non en moito teñamos un deco hd senon a tv vaise quedar moy desfasada e teremos que atopar outras solucions,

enviado por Miguel Angel o 04 novembro 2010 ás 10:14 PM CET #

Persoalmente paréceme unha idea brillante. Xa que desaproveitar unha conexion sempre é un erro. Ademais hoxe en día moitisima xente ten un media center, ou simplemente un computador conectado á tele pra mirar pelis ou navegar no salon.

Por certo, deberiades ter mais coidado ao escribir os contidos públicos nos medios de R:

"
internet no desco
si tienes combo R, puedes repartir la velocidad de tu conexión internet con el desco y conectar una consola, mediacenter, TV a internet...
máis información "

A metade en galego, a metade en castelán... Non é serio. Iso indica que escribides primeiro en castelán e logo traducides (niste caso a medias) ao galego.

Persoalmente penso que R debería ter como única lingua o Galego, pero no caso de ter mais linguas, hai que ter coidado ao publicar. A Web de R está inzada destes erros, e da moi pero que moi mala imaxe.

Un saudo Oscar.

enviado por obreiro o 05 novembro 2010 ás 09:18 AM CET #

Obreiro, onde aparece ese texto? En R, como en calquera empresa, hai xente que fala en castelán e xente que fala en galego. Os textos adóitaos redactar cada departamento concreto, pero sempre se envían para a súa revisión para que estea perfectamente redactado tanto en galego como en castelán. Entendo que neste caso non se debeu enviar para a súa revisión.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 05 novembro 2010 ás 09:32 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Poñede os Decos HD e deixádevos de caralladas.

enviado por Santi o 05 novembro 2010 ás 10:03 AM CET #

A min persoalmente éste é un servicio que non me interesa, xa que eu fai moito tempo que creei unha rede local polo que teño mellor velocidade, tanto na rede local, como na conexión a Internet dende o media center e consola, sen ter que andar cambiando velocidades entre o PC e o desco.

De todos os xeitos, comprendo que para algunha xente lle resulte moi útil.

P.D: entrei na web de clientes para comprobar que non lle restabades velocidade ó cablemodem (xa que a conexión do desco non a estou a empregar) e cando me chegou o correo electrónico de confirmación, o título resultou un tanto ilexible: "=?ISO8859_15?Q?Desactivaci=F3n_de_portos_do_cablemodem_do_descodificador?=".
A ver se o podedes amañar para que se poida ler sen problemas e sen código a maiores.

enviado por Julio o 05 novembro 2010 ás 11:37 AM CET #

Paréceme ben. Unha conexión máis e nun lugar no que é moi usable. Se estivese operativa desde o principio, aforraba unha toma de internet (ou a podía poñer noutro lugar da casa). Por certo, costoume varios intentos lograr que funcionase (non se gardaba a asignación de velocidade que eu poñía).
Xa que se saca o tema, o galego que usades ten moitas mostras de que algúns dos redactores non falaron o idioma na súa vida (hai pifias de sintaxe reiteradas que ninguén que falase galego comete).
Por poñer exemplos: confusións co obxecto directo e o indirecto, uso do pronome enclítico en oracións nas que non pode ir así, castelanismos....
No idioma escrito son menos desculpables que na fala porque hai tempo de sobra para revisar os textos.
E o que non use ben o galego, que use o castelán (claro que aí tamén hai de todo).

enviado por Xis o 05 novembro 2010 ás 12:20 PM CET #

poned ya el deco hd, es algo indispensable hoy en día.

enviado por RICARDO o 05 novembro 2010 ás 01:07 PM CET #

a ver cuando poneis el deco hd, estais atrasados.

enviado por RICARDO o 05 novembro 2010 ás 01:09 PM CET
Sitio web:: http://deco hd #

Teño unha tele con conexion a internet pero a idea de ter que restarlle conexion o cablemodem non me gusta nada, inda que so sexa 1Mb/200 asi que non o uso.

enviado por Miguel S. o 05 novembro 2010 ás 02:17 PM CET #

Unha preguntiña sobre o futuro e enigmático deco HD, vai ser compatible con DVB-C2 ou ides seguir con DVB-C??

Polo que teño leido, o DVB-C2 e como mínimo un 30% máis efectivo na transmisión do sinal que a norma DVB-C (a que usades agora mesmo), vamos, que o sobrante ben o poderíades gastar en moitos canles HD ou nunha suba de velocidades nas conexións a internet.

enviado por pitrk o 05 novembro 2010 ás 02:20 PM CET #

O texto a medias en castelan e galego aparece dentro da folla de Servizos no espacio de clientes, na web.

E deberiades revisar toda a web porque hai erros diste tipo en moitísimos documentos, sobre todo nos apartados máis técnicos, nos de empresas, etc..

enviado por obreiro o 05 novembro 2010 ás 02:29 PM CET #

Hola,

ESTÁ MOI BEN,PERO TEDES QUE AVISAR MELLOR DE ESTAS MELLORAS,PORQUE EU SE ME ENTERO É GRACIAS A QUE VEXO O BLOG.SENON O FIXERA NON O SABERÍA NUNCA.

enviado por Anonimo o 05 novembro 2010 ás 02:46 PM CET #

A min, persoalmentre, non me interesa para nada a conexión de internet no desco porque cando xoga o dépor por internet empalmo un hdmi directamente do pc a tv e listo. Pero, eu penso que o desco novo en hd xa é un clamor e coido que debería ser unha prioridade para R. Os que hai agora podíanse regalar ós clientes dos combos 1 e 3 e acabar coa tele analóxica dunha santa vez que está totalmente obsoleta ou poñer un precio simbólico de 50 céntimos ou un euro ó mes porque tirar con descos dixitais ou reciclalos cando aínda poden ser úteis como fixechedes cos descos analóxicos ata da mágoa.É unha idea.

enviado por francescolí o 05 novembro 2010 ás 04:32 PM CET #

Eu xa o deixei activado con 5MB. Fixen a proba enviando 5Mb ao desco e con dous portátiles accedín simúltaneamente a Youtube a un video en HD. No que tiña a conexión por cable ao desco cargou máis rápido que o que tiña por Wifi.

enviado por Secundino GCA o 05 novembro 2010 ás 05:38 PM CET #

muy practico!! Tengo el router bastante lejos de donde tengo el deco y dar acceso a internet desde ahi es increible, sin cableado ni nada!

Una idea perfecta! Para la consola es ideal!

enviado por Car o 05 novembro 2010 ás 07:40 PM CET #

Anonimo, sempre intentamos trasladar as melloras a través de varias vías: do blog, da revista e da sección de novidades dentro da web de particulares.mundo-R.com

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 08 novembro 2010 ás 09:23 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Poner los decodificadores HD con posibilidad de ver un canal y grabar otro en el disco duro del deco, con subtítulos en las películas que veas en versión original, con conexión de internet...
Con esto sólo estáis mareando la perdiz, enseñándonos la zanahoria para que seguimos detrás... y es que a veces parecemos tontos.

enviado por Pepito Piscinas o 08 novembro 2010 ás 10:35 AM CET #

Abrimos este post para preguntarvos por este servizo. Gustaríanos ter opinións para mellorar o servizo.

Os comentarios sobre o HD son off topic, polo que os podedes poñer neste post, que é unha especie de caixón de xastre de temas: http://bit.ly/9RIsu3

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 08 novembro 2010 ás 04:12 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Eso, eso... los comentarios sobre el HD son "off topic" y se nos invita, amablemente, a meterlo en una "especie de cajón de sastre de temas", es decir que ni siquiera tiene categoría de cajón de sastre.
Sería buena idea crear un post que se llamara "Cajón de sastre específico para decodificador HD", así de esta manera ya podríais no hacernos ni caso de manera oficial.
Lo que decía... parecemos tontos.

enviado por Pepito Piscinas o 08 novembro 2010 ás 06:05 PM CET #

Pepito Piscinas, es que esto es un blog, no un foro. Preguntamos por un tema A y se está hablando de un tema Z, así que se corre el riesgo de que se olvide totalmente el tema A y al final no haya aportaciones sobre el tema que aquí se trata.

Hay muchas formas de hacernos llegar vuestra opinión sobre el tema. En twitter y en facebook se ha hablado mucho de esta cuestión. En el blog no hay un sitio específico, así que ahí está este post con "de todo un poco".

Un saludo.

enviado por quecheparece o 08 novembro 2010 ás 06:45 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Es un servicio que puede resultar útil a alguna gente, pero la mayoría queremos ya un desco grabador y con alta definición que ya va siendo hora, vamos a la cola de nuestros vecinos europeos que ya llevan años disfrutando de estos servicios.Internet en el desco o estar anunciando a bombo y a platillo la guía de programación durante meses, es simplemente querer contentarnos con migajas y no ir al grano y ofrecer un TV del siglo XXI, HD y PVR ya!! (recuerdo que en la revista de enero lo dabais por hecho para este año 2010 y al año le queda muy poco...promesas sin cumplir?)

enviado por Manuel J o 09 novembro 2010 ás 09:05 PM CET #

Manuel J, efectivamente en principio estaba previsto para este año. No obstante, después de estar mirando hardware y software, preferimos esperar un poco más y lanzar un servicio que tecnológicamente sea más avanzado y dure muchísimos años.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 10 novembro 2010 ás 11:38 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

É moi útil, sobre para as videoconsolas e para as novas teles (máxime cando non tes unha rede despregada na casa).

Sería unha boa cousa poder programar o reparto de ancho de banda para non ter que andar entrando seguido na web para modificalo (xa sabedes: para descargar pola noite quero todo o ancho de banda para as descargas, e cando xogo, quero que a consola teña ancho de banda suficiente)

Unha cousa que vin ó principio era que dispositivo que conectabas, non pillaba a IP de primeiras... había que desenchufar e volver a enchugar o router (non sei se xa está arranxado, e basta con conectar o cable para que atenda á petición dhcp)

enviado por Goose o 12 novembro 2010 ás 10:47 AM CET #

Si funciona para lo que yo necesito, estaría genial... Vivo en una casa de tres plantas, el router está en la baja, con lo que a la última no llega la señal de internet... ¿podría conectar al desco (que está en la planta del medio) un router wifi para tener internet en la última planta?

¡Gracias!

enviado por teresa o 16 novembro 2010 ás 10:05 PM CET #

Teresa, sí, lo podrías hacer sin problema.

Ésa es una de las posiblidades de este servicio.

Puedes repartir los 15 megas que damos con el comboR, de forma que en el desco tengas 5 megas. En ese desco se puede conectar un router wifi a la toma ethernet del desco de TV y tema resuelto: conexión wifi de 5MB.

Lo único que la cobertura del wifi dependerá del tipo de edificación. Vamos, que no podemos garantizar que llegue la cobertura wifi bien de la segunda a la tercera planta. Ahí entra la distancia, el tipo de paredes, etc.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 17 novembro 2010 ás 05:21 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Tamén propoño a dispoñibilidade de todo o ancho de banda en calquera dos puntos de conexión, dentro do máximo contratado, of course.

No meu caso o da wifi non é del todo viable, posto que teño os aparellos nas puntas opostos do piso, o sinal remata sendo ridículo.

Un colega tiña un problema semellante, e o que fixo foi traerse unha antena dende a pérfida Albión, que non podería ter mercado aquí. A min non me acaba de dar bo rollo ese bicho de medio metro. Pero sinal potente si que transmite.. e recibe tamén, que agora aparecéronlle varias redes máis no listado.

O dito, conexión non limitada tanto no Desco coma no Cablemódem, a repartirse dinámicamente entre eles.

Salutacións a todos.

enviado por Tsargu o 17 novembro 2010 ás 07:26 PM CET #

Apoio a idea de Jaime, facer unha pasarela para ter acceso á rede local sería fantástico e podería converti-lo desco en todo un centro multimedia.

enviado por Diego o 23 decembro 2010 ás 01:48 PM CET #

para cuando el desco hd?habra que cambiar a otro operador?nos quedamos anticuados.

enviado por nacho o 13 xaneiro 2011 ás 09:53 PM CET #

nacho, es una de nuestras prioridades. Este año tenemos previsto lanzar el vídeo baja demanda y después nos pondríamos con el lanzamiento del desco en HD.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 14 xaneiro 2011 ás 09:06 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado