CNN+, 40 Latino e TVG2 xa se ven na provincia de Pontevedra en aberto
Primeiro foron os concellos da provincia da Coruña, seguíronlle os de Lugo e agora tócalle o turno aos de Pontevedra.
Pois o dito, que agora os nosos clientes de combo3 e combo1 da provincia de Pontevedra teñen tres canles máis en aberto: CNN+, 40 Latino e TVG2.
Para velas, o único que hai que facer é resintonizar o televisor seguindo as instrucións do manual do aparello: as novas canles aparecerán de forma automática. Esta modificación implica un cambio de frecuencia de Intereconomía, que vai estar na frecuencia 224,25 Mhz.
Lembrarvos por enésima vez que se tendes un televisor con sintonizador DVB-C integrado, podedes recibir en calidade dixital todas as canles que emitimos en aberto, xunto coas autonómicas e tamén case todas as internacionais. Serían (se non me esquezo de ningunha) TVE1, la2, Antena3, cuatro, Telecinco, laSexta, VEO TV, TVG, TVG-2, Correo TV, 40latino, Teledeporte, Telecinco 2, Disney Channel, Clan TV, Paramount Comedy, SET en VEO, FDF Telecinco, hogar10, Canal 24h, CNN+, Intereconomía, Record TV, Cubavisión, Telesur, Pro TV Int, Deustche-Welle, Arte, Telemadrid SAT, Aragón SAT, laCanaria, Andalucía TV, TPA, ETB Sat, TVCi, TVVi, RTPi e TV5 Monde .
un saúdo.

¿En qué quedo la intención de emitir también la TDT en formato DVB-T por el cable de R? ¿Hay algo concreto?
enviado por Borch o 08 outubro 2009 ás 06:52 PM CEST #
Borch, te cuento.
Ya estamos implantando la tecnología necesaria para dar este servicio, aunque las fechas es mejor tomarlas con cautela.
En principio, en principio, la fecha prevista de comienzo de las pruebas de emisión es el 1 de diciembre.
A partir de ahí, si las pruebas son correctas, el servicio estaría listo en unas 3 semanas a partir del inicio de las pruebas, es decir, en la última semana del año.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 08 outubro 2009 ás 06:57 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Fantástico. Muchas gracias por la respuesta.
Aprovecho para seguir siendo "pedichón" :)
Popular TV por fin ha empezado la pruebas para su emisión autonómica en TDT (están en el mismo mux que la TVG y G2). ¿Hay posibilidades de incluir este canal en DVB-C abierto o tenéis mala relación comercial con ellos? Lo digo porque la versión nacional de Popular TV que emite en abierto por satélite, en R DVB-C lo tenéis en codificado.
enviado por Borch o 11 outubro 2009 ás 06:51 PM CEST #
En O Barco xa temos G2, 40latino e CNN+ nas TV de sintonizador analoxico nos seguintes canles:
P01: La 1 :C21
P02: La 2 :C23
P03: Antena 3 :C25
P04: Cuatro: C29
P05: Telecinco :C27
P06: La Sexta :C08
P07: TVG1 :C24
P08: TVG2 :C09
P09: CNN+ :S09
P10: 24Horas :C22
P11: La Siete :C34
P12: VeoTV :C30
P13: Intereconomía :C41
P14: FDF :C33
P15: SET/SONY en VEO :C28
P16: Teledeporte :C35
P17: 40 Latino :S10
P18: TVE Clan :C26
P19: Disney Channel :C31
P20: Canle Promociónal :C07
P21: R :C3
Saudos
enviado por 10.0.137.40 o 12 outubro 2009 ás 09:55 AM CEST #
Agora chegan Popular TV Galicia, esRadio e Vaughan Radio… para cando estas emisoras na grela de R en analóxico, DVB-C e tódolos Combos … De Neox e Nova e algunhas das radios que emiten na TDT… non falaremos hoxe pois xa aburrides coas desculpas.
Un saúdo
enviado por 10.0.137.41 o 24 outubro 2009 ás 10:46 PM CEST #
queremos hd!!
enviado por pedro b o 25 outubro 2009 ás 03:14 PM CET #
Popular TV Galicia xa está na nosa grella para os clientes de combo2 e comboR dende hai tempo.
De momento non hai prevista ningunha nova incorporación nin para os combos con televisión nin para o combo3 e o combo1. En canto teñamos novidades farémovolas saber.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 27 outubro 2009 ás 04:29 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
¿Queda algunha zona por incluir estas canles? Creo que de Ourense non dixechedes nada, e non sei se está toda A Coruña, xa que daquela foise enumerando zonas.
P.D: A min o da vista previa da menxase (no blog) tampouco me vai, e nunca me foi. O que fai é volver a cargar a páxina. [Actualmente Fedora 11 - Firefox 3.5.5, pero o mesmo con versións anteriores]
enviado por fervigo o 16 novembro 2009 ás 03:08 PM CET #
Antes o digo e antes vai o da vista previa :P
enviado por fervigo o 16 novembro 2009 ás 03:09 PM CET #
fervigo, si, en Ourense xa se poden ver estas canles dende o mes pasado. Polo que sei non quedaría ningunha zona pendente por recibir isto. A verdade é que foi un fallo non informar da provincia que faltaba. Autocoscorrón para quecheparece!
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 16 novembro 2009 ás 06:45 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #