logo

Cine en PPV

venres 07 agosto 2009 | 14 Comentarios

Ola amigos.

Hoxe quería falarvos de mirador cine. Os clientes de televisión de pagamento xa o coñecen de sobra, pero para os que non sabedes o que é, trátase das nosas canles de películas en pay per view (PPV).

O caso é que este ano estamos a traballar bastante por mellorar o noso servizo de televisión. Non só se incorporaron novas canles de televisión e se está a mellorar continuamente a guía electrónica de programación (EPG), senón que tamén queremos darvos a mellor oferta de eventos en PPV.

Este verán xa demos unha boa mostra do noso compromiso cos mellores contidos. Ofrecémosvos grandes títulos que hai ben pouco se estrearon nas salas de cinema: 007: Quantum of Solace, Madagascar 2, Crepúsculo, Déjame entrar, Max Payne, El caballero oscuro, Tropic Thunder, Outlander... Pero non só iso, senón que durante o verán tiramos a casa pola ventá e puxemos en marcha o mes do espectador. Bueno, iso do mes é un dicir, porque non só foi xuño e xullo, senón que tamén en agosto puxemos todos os pases e estreas de cine a 1,5€ + IVE (1) . Si, si, por menos do que custa unha bolsa de flocos de millo tendes acceso ao cine máis actual.

Pero a nosa intención é seguir mellorando. Dálo todo y más. E, como non, para iso preciso da vosa axuda. Vós sodes os que día a día estades diante do televisor e que tendes contratado o servizo de televisión con R. Vós sodes os que vedes as nosas canles e sabedes o que nos falta.

Así que nos gustaría que nos comentasedes que é o que precisamos para ter un mellor servizo de cine en PPV. Agora mesmo temos máis de 10 canles emitindo filmes as 24 horas ao día. Pero igual vos resultan poucas e vos gustaría que tivesemos á vosa disposición máis: pois non vos cortedes á hora de comentalo.

Igual tampouco vos convencen demasiado os filmes que vos ofrecemos. Non sei se preferides ter variedade e que ademais do cine máis recente tamén ofertemos nunha serie de canles outras pelis máis clásicas. Ou igual vos parece pouco tempo que teñamos algúns títulos só un mes en mirador cine, porque xusto cando tedes un oco, zas, xa non está dispoñible para a súa compra.

Outra cousa que se me ocorre: máis pases de cada película. Non sei se vos gustaría que se emitise unha estrea en varias canles, de xeito que nunha o pase comezase á 20.00 horas, noutra ás 21.00 horas e noutra ás 22.00 horas.

Todo o que nos digades será de moita axuda para nós. O que queremos son ideas e poder avalialas todas para poder ofertar un servizo que responda ás vosas demandas.

Un saúdo.




Comentarios

Lo mejor sin duda el precio de 1.5€,gracias a eso compramos una pelicula por pirmera vez en casa.la variedad de títulos es bastante escasa,sin duda debido a las no muchas distribuidoras con las que se trabajan (en un videoclub se estrenan 4-5 películas a la semana,mientras que en mirador son 4-5 al mes).En cuanto a más canales,sinceramente con los títulos que ofreceis los actuales son más que suficientes (alguna película a veces está en 4 canales).Lo ideal serái que se llegara a la TV bajo demanda,es decir que se pudiera ver a la hora que se quisiera sin depender de los horarios que poneis.

enviado por Lucía o 07 agosto 2009 ás 03:02 PM CEST #

Na miña forma de pensar, o único xeito de mellorar o servizo de cine en PPV é incorporar dunha vez o servizo de Vídeo Baixo Demanda.
O PPV para cine, tal e como R o ten definido, é un modelo obsoleto e xa superado, polo que en lugar de tirar cartos aí, deberían ir pensando en investir en auténticas novidades.
De feito eu non merco películas neste sistema porque teño que velas cando R quere, non cando eu quero.

enviado por sibilio o 07 agosto 2009 ás 08:16 PM CEST #

Home. Non quero que se emita nunha canle as 20.00 e noutra as 21.00. O que tedes que implementar (e eu tiña entendido que o íades implementar hai xa un tempo) é VOD. Se eu chego a casa e quero ver "Cuanto Sol Hace" non quero ter que esperar ata as 20.00 ou ata as 21.00. Quero ir o canal de cine, pulsar o botón, e que comece a película.

Saludos.

enviado por CartDestr o 07 agosto 2009 ás 09:09 PM CEST #

Pois eu fago unha proposta:

Os miradores de cine tematizalos, explicome:

Seria interesante que ofrecerades nunha canle ACCION, NOUTRA COMEDIA, NOUTRA CINE ROMANTICO, NOUTRA CINE INFANTIL, NOUTRA CINE ESPAÑOL, ou asi...

para que a xente que compra as pelis soubese sempre en que canle esta o xenero que lle apetece.

Eu ampliaria ademais o Mirador con mais canles porque penso que votase en falta todavia mais contidos de mirador para os pekes , e mais cine español ou independente do que as veces nin os cines chega.

Logo tamén ampliaria a oferta de contidos nos miradores X porque eso seguro que vos da negocio , jjejeje.

Por ultimo seria moi interesante un MIRADOR SERIES que pasase os capis das series que estan de moda e se estan a emitir nese momento, porque moita xente os perde,ou dalle pereza velos con tanto aunucio, xa o fixestes fai tempo cos serrano, e estaba ben , poderiadelo facer con el internado, e outras series , tanto nacionais como estranxeiras , e asi poderiamolos ver cando quixesemos e sen anuncios . Un saudiño.

enviado por Emi o 07 agosto 2009 ás 10:47 PM CEST #

Eu o único que quero e que voltedes a enviar a revista R aos clientes de Combo 3 tódolos meses en lugar de cada 3 meses e con menos contidos. Non creo que sexa moito pedir despois de pagar unha factura de case 70 € que enviedes unha revista que non creo que vos custe mais de 2€.
Espero que rectifiquedes esa decision.

Un saúdo!!

enviado por Cristian o 08 agosto 2009 ás 01:29 AM CEST #

no estaria mal tener mas peliculas y canales de PPV apartados, me explico: 100 al 123 solo cine y del 123 al 130 solo futbol (por ejemplo).
Me parece que lo que urgertemente se necesita son tener mas peliculas de estreno y en algun caso series de PPV como hacen en Imagenio.

enviado por jcp o 08 agosto 2009 ás 02:46 PM CEST #

Hola quecheparece.
En mi opinión, creo que vuestro punto flojo en cuanto a la televisión se refiere es la EPG: que además de ser más complicada de manejar que la anterior, es muy lenta, llegando a bloquear el decodificador constantemente. Y pienso que es un gran problema que tenéis que subsanar cuanto antes.
En cuanto a la PPV, en mi opinión, la solución no estaría en poner más canales para aumentar los pases; sino poner un servicio interactivo en el cual nosotros podamos escoger la película que queramos a la hora que queramos.
Espero que sea escuchada mi sugerencia, y espero que en breve tratéis el tema de la telefonía móvil en este blog, porque hace mucho que no hablais de ello y creo que sería necesario.
Un saludo.

enviado por Isaacoruña o 08 agosto 2009 ás 08:59 PM CEST #

Eu penso que o que precisades e un sistema que permita recibir as películas por IP e polo tanto se podan ver non só co receptor tradicional senon en calquera dispositivo conectado a Internet con R. Poñovos un exemplo... cliente de Combo3, polo tanto non ten decodificador, aparte ten unha televisión de 15 pulgadas non podería ser nunca o voso cliente... e vaites hoxe apetecelle ve-lo futbol/quere entreter os nenos/está coa sua parella...

Ingredientes:
- Ordenador con pantalla de 20 pulgadas no que adoita ver peliculas
- Un par de clicks para que poida pagar na proxima factura ou con tarxeta de credito (por se o usuario non é o titular da linea)
- Un estandar aberto para a recepción do video

Preparación:
O unico problema e que entrariades en competencia co BitTorrent pero se lle deixades elexir o usuario e sabedes elexir os contidos (partidos, cousas que non se atopen nin no torrent, subtitulos en galego) poderiades ter mercado.

enviado por Ramón Antonio Parada o 08 agosto 2009 ás 11:09 PM CEST
Sitio web:: http://ramonantonio.net/weblog/ #

Eu súmome ás peticións de VoD xa!

enviado por pepitogrillo o 10 agosto 2009 ás 09:55 AM CEST #

Por ampliar o meu comentario anterior no que abogaba por facer o PPV con xeneros , tamen me sumo a peticion de VOD eso seria o perfecto.

enviado por Emi o 10 agosto 2009 ás 12:07 PM CEST #

Pois si home, máis cine europeo (que non español, por Deus) ou indie, e HD dunha vez por todas. Así si que merecería realmente a pena.

enviado por pozi o 12 agosto 2009 ás 02:52 PM CEST #

con esto del PPV y la TDT de pago, se sabe algo ya de GOL TV en R????? hay mucha gente q pregunta x ello(ver los foros de http://bandaancha.eu/foro/cable/r-galicia

enviado por MARCOS PIÑEIRO o 12 agosto 2009 ás 09:12 PM CEST #

Bos días Marcos.

Xa sei que está todo o mundo impaciente. De momento non hai novidades, pero en canto haxa algo xa volo comunico.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 13 agosto 2009 ás 08:16 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Teriades que pór esas tarifas ao mirador privado.

enviado por fran o 28 agosto 2009 ás 12:34 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado