“cámbiache o conto”, a nova campaña publicitaria de TV de R
de seguro que hai moito que non vedes ningún anuncio de R na televisión. E tanto que si. Como que hai catro anos que non lanzamos neste medio unha campaña. De seguro que a lembrades, a última foi a dos ratos, na que se falaba de que o home e o rato comparten o 99% dos seus xens.
o caso é que dende este luns día 17 xa temos outra nova: “Cámbiache o conto”. Se non vos falei antes dela é porque non me deixaban dar a exclusiva, pero ganas de contárvolo non me faltaban. Explicarvos ademais que os anuncios en televisión se completan con outros en internet, na radio e na prensa. Vamos, que é unha campaña multimedia en toda regra.
non sei se a víchedes xa ou non e que vos parece. Para os que non saibades nada, pois aquí vola presento en primicia ;) E para os que xa coñezades de que vai, pois explicarvos un par de cousiñas.
en primeiro lugar, veredes que son spots de animación, porque nos pareceu algo diferente e sinxelo á hora de intentar explicar o que somos e os nosos produtos. Doutra banda, o que fixemos foi xogar coa nosa benquerida R. Non sei se o sabedes, pero aquí mesmo temos un tipo de letra especial, a R Gerstner, que empregamos a nivel interno pero tamén á hora de comunicar cousas aos nosos clientes. Pois o dito, que quixemos xogar co noso tipo de letra, como facemos por exemplo nas nosas oficinas ou noutro tipo de animacións que temos por aí.

velaquí como foi o proceso do lobo:


aquí tendes o de Carapuchiña:


e por último o do porquiño:


e xa, sen máis dilación, cólgovos aquí os anuncios. Como veredes, o título de “Cámbiache o conto” vén moi ao caso do tema. Este para min é o máis divertido, unha adaptación do conto dos tres porquiños:
aínda que este tampouco queda atrás. A min lémbrame a eses episodios nos que o Coiote quere atrapar ao Correcaminos e sempre queda atrás. Carapuchiña espabilou que mete medo:
pois xa me contaredes que vos parecen. Xa vos digo que quixemos sorprender e saírnos un pouco do que se ve hoxe en día na televisión e facelo xogando co noso logotipo e coa nosa tipografía particular. Os vídeos, `por se vos interesan, témolos colgados en Vídeos R e no Youtube.
por certo, intentade opinar en cada post do tema concreto, porfa, plis!
un saúdo e ata a próxima.

R cada día se supera más en imagen. Pocas empresas le andan a la zaga en cuanto a diseño e imagen corporativa se refiere. Saludos de un Rmaniaco
enviado por Wybot o 19 novembro 2008 ás 01:13 AM CET
Sitio web:: http://hardgalicia.com #
As miñas felicitacións polos anuncios das adaptacións dos contos mailos seus creadores. De todas formas penso que a R a mellor publicidade como calquera compañía é o boca a boca, que no voso caso a xente está encantada co servizo de internet e teléfono, que supoño será o máis demandado.
enviado por Tomás Castro o 19 novembro 2008 ás 12:45 PM CET #
Hola. A mí sinceramente no me gusta mucho, básicamente por el caos (no sé si intencionado) que tiene R en su imagen corporativa. Me explico: en la revista colores grises y negros, algo minimalista, una tipografía fina que es muy agradable a la vista. En la web colores más chillones con esos anaranjados y azules. En los anuncios de televisión mil colores sacados de Playhouse Disney (aunque las historietas me encantan, son muy originales) y en las campañas de diarios el morado... Creo que R tiene que unificar todo ese batiburrillo de colores en una única imagen corporativa definida. En parte lo tenéis conseguido, ya que vuestra tipografía se asocia automáticamente a vuestra marca y eso que R debe tener un departamento de diseño espectacular ya que comparadas con otras... (no hablemos de Ono, Telefónica, Jazztel o Yacom entre otras muchas) En fin, aún así, felicidades por todo el trabajo, tanto en diseño como en calidad de vuestro servicio.
enviado por Miguel o 20 novembro 2008 ás 03:12 PM CET
Sitio web:: http://revistabienvenu.blogspot.com #
Ola Miguel.
Graciñas polo teu comentario tan construtivo. Comentarche que o do caos é e en certa parte intencianada, porque non só temos unha cor corporativa, senón 12.
En canto ao da revista, intentamos darlle unha volta para facela máis lexible. Na nova maquetación prescindimos da tipografía R Gerstner, que agora só aparece nos titulares. Para os textos non facilitaba moito a lectura. Pero para os grandes destacados e para a comunicación cos nosos clientes, que é máis breve, si que a continuamos empregando.
En canto aos anuncios de televisión, nesta última campaña a cor era algo imprescindible porque se trata de spot de animación.
enviado por quecheparece o 20 novembro 2008 ás 04:57 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Hola de nuevo, lo primero, gracias por haber contestado tan rápido :-)
No sabía que R tuviese tantos colores corporativos, aunque algo se deja ver en la parte de descargas de la web.
Sobre la revista, lo dicho, tiene un diseño y maquetación que es espectacular. Debido a la función de diseño que desempeño mi revista he visto muchas, muchas revistas que están especializadas en fotografía, diseño, tendencias etc. y que por 'tópico' se asocia un diseño original pero llegan a tener maquetaciones que son un auténtico cristo y la vuestra es de las mejores que he visto. Orden, claridad, colores y las portadas, también geniales.
Sobre la otra parte del comentario. Cierto, pero me gustaría (opinión totalmente personal) algo similar a los anuncios anteriores que comentas en el post, algo con tanto colorido y de esa forma recuerda a la filosofía 'comercial' de Yoigo con sus colores y su 'buen rollito tron'.
De todas formas, un 10.
¡Ah! Y de felicidades de nuevo por los datos de clientela que consigue móbilR ;-)
enviado por Miguel o 20 novembro 2008 ás 09:07 PM CET
Sitio web:: http://revistabienvenu.blogspot.com #
coma profesional do diseño é de dicir que felicidades R.. dende logo os creativos cos que traballades son do mellor que hai agora por aqui...
unha publicidade que sorprende
enviado por ivan louzan o 05 decembro 2008 ás 12:25 PM CET
Sitio web:: http://opinguino.es #