Buzz, Animax e Son R
Ola xente. Espero que xa esteades recuperados da noita máis curta do ano e que non houbese ningúna accidente á hora de saltar as cacharelas ou que a enchente de sardiñas non vos impida comer hoxe. Para aliviarvos a dixestión quería informarvos dunha serie de novidades na nosa grella de televisión dixital multicanle.
O primeiro de todo é que incorporamos unha nova canle de televisión: Animax. Se sodes dos que vos gustan os debuxos animados e o anime, tedes agora unha cita obrigada no dial 40 do voso televisor. Iso sempre e cando sexades clientes de combo2 ou comboR coa opción extra ou total. De seguro que algún de vós xa oíra falar desta canle, sobre todo se sodes novos, porque o perfil do seu público anda entre os 15 e os 30 anos. Eu, que son da Xeración Xabarín, de seguro que me engancho ;)
Entre as grandes series xaponesas que ten está "Naruto" e un gran clásico, “Los caballeros del Zodiaco” (aínda lembro agora os sábados a mañá enganchados a Telecinco para seguir as aventuras de Pegaso, Dragón, Cisne e Andrómena). Ademais, entre a programación tamén inclúen series con personaxes de carne e óso, como “Reaper”.
Como vedes, ao estar Animax no dial 40, Sportmanía ten que ceder o seu posto. Móvese un pouco e pasará ocupar o dial 43. Por certo, antes de que me preguntedes, a nova canle incorpórase o día 1 de xullo, é dicir, o mércores da semana que vén. E ese mesmo día, notaredes tamén uns cambios en Buzz e en Dark.
O caso é que agora Buzz se transforma. Por un lado os que sodes clientes da opción extra teredes o Buzz normal (dial 18) e pola, os da opción total teredes tamén Buzz rojo (dial 6). Agardo non liarvos con tanto Buzz :D
Para aclararnos, Buzz vén a ser unha canle cos mellores contidos do que antes era Dark e tamén co Buzz de toda la life. Vamos, que ten cine e series terror e tamén programas impactantes como realities fóra do común ou documentais polémicos. Pola súa banda, Buzz rojo (lembra que estará no dial 6) terá a mesma programación que o Buzz normal pero cunha hora de adianto, ao tempo que dende a medianoite inclúe contidos para adultos, vamos o que vén a ser Canal 18.
Máis cousiñas. O 30 de xuño incorporamos para os clientes da opción total de combo2 e comboR seis canles de música ambiente. Lembrade que a día de hoxe xa tedes varias emisoras de radio se premedes o botón “audio” do mando a distancia universal de R, e agora a cousa mellora outro pouco. En concreto teredes unha emisora de música ambiental (new age, chill out), outra de variedades (de todo un pouco), unha cos últimos éxitos (actualidade coas listas internacionais), unha de música clásica (que de seguro agradecen os melómanos ao ter un repertorio coas grandes orquestras e sinfonías) e, por último, unha de música latina.
Isto, como xa digo, é para os clientes de combo2 e comboR coas opcións extra (Animax e Buzz) ou total (son R e Buzz rojo). Para os que de momento non tendes acceso á nosa televisión dixital multicanle, xa sabedes que de cando en vez vos poñemos unha canle en aberto para que vexades os contidos da TV de pago. Estes últimos meses podedes ver Paramount Comedy, pero nuns días desaparecerá para deixar un oco a Viajar. Así que se alguén estaba enganchado á Paramount, xa sabedes que no 1449 vos poden informar do cambio a combo2 ou comboR (aí, aí, aproveitando para meter a mensaxe comercial).
Unha aperta a todos.

a min gustariame cambiar do combo 3 ao combo R, pero cando saquedes unha boa oferta, porque pagar 25€ máis ao mes pareceme moito.
A ver se sacades unha boa oferta e poñedes canles en HD
enviado por Cristian o 24 xuño 2009 ás 07:47 PM CEST #
Hablando de nuevos canales... existe alguna posibilidad de que en un futuro (a poder ser cercano) se incluya en vuestra oferta televisiva ¿ GolTV o Sci-Fi ? .
Gracias.
enviado por Miguel S. o 24 xuño 2009 ás 10:42 PM CEST #
Sempre é unha boa nova a incorporación de novas canles.
Agora fáltavos SciFi :P
enviado por franR o 25 xuño 2009 ás 12:12 AM CEST #
[Mode ironic on]Moitas gracias!!!! Estes son os canais que todos levamos demandando insistentemente dende o nacemente deste blog.
Unha vez mais demostrando que R nos escoita e ten en conta a nosas opinions... [mode ironic off]
O igual que co tema da mellora do upstream unha vez mais se demostra que o que os clientes demanden a R importalle ven pouco.
Estase unha vez mais a demostrar que creades e incorporades servicios en base os vosos intereses sin importarvos para nada o que os clientes pedimos ou necesitamos.
Sen entrar a valorar a calidade de estas novas incorporacions, no entendo como en vez destas non incluistes polo menos unha das que demandamos todos con mais insistencia, SCiFi, Gol, etc.
Un saudo.
enviado por lymm o 25 xuño 2009 ás 02:08 AM CEST #
Pois eu vexo moi ben a incorporación de Animax.
Coa desaparición do Buzz clásico os otakus quedábanse sen canles que emitisen anime.
enviado por franR o 25 xuño 2009 ás 11:19 AM CEST #
Miguel, me temía esa pregunta, jeje. De momento estamos en negociaciones con el proveedor de GolTV, así que si las condiciones son buenas para todas las partes...
Un saludo.
enviado por quecheparece o 25 xuño 2009 ás 11:42 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Se lady channel emite xa en español¨( cousa da que informa a sua web) porque vos non a emitides en español e so a poñedes en italiano? jajajaa, e que nin as canles que tedes a pesar do malas que son podemos ver .
INSUFICIENTE, NA MIÑA OPINION
enviado por EMI o 25 xuño 2009 ás 02:36 PM CEST #
A min esas canles interesanme, outra cousa é que estea disposto a pagar por elas...
enviado por Gonzalo o 25 xuño 2009 ás 03:14 PM CEST
Sitio web:: http://es.beruby.com/promocode/un7jqG #
Bom agardo que despois das novas de hoxe sobre GOLTV o incorporedes á vosa grella á voz de XA! diso dependen un bo numero de aboados a vosa TV, entre eles eu!
O dos canales en HD eu o vexo imposible, acabanos de trocar o desco por un que me recorda moito ó do canal satelite digital de fai 10 anos que tinha na minha casa...patetico
enviado por galizavigo o 26 xuño 2009 ás 03:16 PM CEST #
Os meus parabéns pola próxima incorporación da canle de anime xaponés Animax. Esta era unha das canles nas que estaba interesado que ofrecérades. Agora xa teño unha razón de peso para plantexarme o non darme de baixa do servicio de televisión multicanle que teño contratado.
É certo que todo esforzo sempre é pouco, aínda que espero que sigades traballando para incluir máis contidos de gran interese como é o caso da canle de ciencia ficción SciFi, ou a canle GOL TV demandado polos clientes futboleiros.
Cos cambios que se van a realizar coas canles Dark/Canal18 e Buzz por parte da distribuidora Teuve, gustaríame recordar que a canle Telecinco2 (gratuita por TDT) que estades a emitir a través do dial 80 deu un cambio de nome pasando a ser "la siete". Espero que ese cambio tamén se vexa reflexado nos títulos dos diais.
Para finalizar, coas últimas incorporacións das canles internacionales non entendo cal é o motivo para clasificar a France24, BBC World ou CNBC Europe como canles internacionais e non como canles de Noticias ou Informativas. Tendo en conta que CNNi, Euronews ou Bloomberg TV tamén son canles internacionais e están postas a partir do dial 50 do desco. ¿Pensachedes en cambiar France24, BBC World ou CNBC Europe ó grupo de canles informativas (a partir do dial 50)?
A seguir ampliando canles.
Un saúdo
enviado por Tomás Castro o 26 xuño 2009 ás 03:46 PM CEST #
que partidos emite GOLTV que tanta xente pide?
enviado por franR o 26 xuño 2009 ás 08:50 PM CEST #
Ola franR. Pois GolTV vai emitir dous partidos por xornada la Liga de 1ª División, un dos cales será do R. Madrid ou do FC Barcelona. Os outros seguirán coma sempre en aberto, no Plus ou en PPV. Despois ten partidos da Bundesliga, da Premier e doutra serie e ligas estranxeiras.
Un saúdo
enviado por quecheparece o 28 xuño 2009 ás 03:17 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
pois vai emitir ademais dos 2 de liga española e segunda division e ligas estranxeiras, van emitir a champions, que esa xa non a dan por dixital +.
Por certo, noutras plataformas como orange, telecable e euskalte xa o teñen:
http://www.goltelevision.com/dondevernos
Telecable: toda a tv dixital + goltv - 21€; orange - 14€; euskaltel - 20 €
http://tv.orange.es/tv/canalestv/pack_ampliado/index.html
http://www.euskaltel.com/CanalOnline/homes/home_particulares_television.jsp
http://web.telecable.es/portal.do?IDM=8&NM=3
Vemos que os prezos dos demais operadores de cable de españa teñen uns precios similares e incluso inferiores, pero emiten goltv. Non entendo porque R estase quedando atras. Esperamos que o solucionedes rapido
enviado por Cristian o 28 xuño 2009 ás 05:08 PM CEST #
Lo siento, pero no te entendí bien.
Buzz ya existía, y ahora aparece Buzz rojo que es igual que Buzz pero emitiendo una hora antes y sustituye a Dark. Entonces, ¿dónde está la ventaja? Porque antes tenías todo Buzz y todo Dark Y ahora tienes una selección de Buzz y Dark fusionadas en el nuevo Buzz... que dais en dos canales a la vez
Creo que me perdí :S porque, repito, no veo la ventaja por ningún lado
enviado por muzak o 28 xuño 2009 ás 07:39 PM CEST
Sitio web:: http://www.emeraldlies.com #
Hola muzak.
Básicamente el cambio es lo que comentas: Buzz coge contenidos de Dark, que desaparece, y Buzz rojo emite los mismos contenidos que Buzz, sólo que una hora antes y a las 12 de la noche tiene contenidos para adultos.
No se trata de una decisión nuestra (de hecho en ningún momento he hablado de ventajas), sino que es una decisión de uno de nuestros proveedores. Lo que he tratado en este post es de explicaros el cambio, que se produce el 1 de julio, para que a ningún cliente le coja desprevenido.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 29 xuño 2009 ás 10:20 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
La incorporación de Animax si que es buena,uno de esos canales imprescindibles.Eso sí,lo de ponerlo en el dial 40 ya es más raro,porque a pesar de que efectivamente emite dibujos animados la mayor parte del día,estos no son infantiles,son para un público joven-adulto.No todos los dibujos animados son para niños.Imagino que más que nada lo pondreis ahí,por la saturación del dial en los puestos bajos ( del 1 al cuarentaipico ya no hay huecos libres ),así que si alguna vez incorporais canales como MGM,SciFi o algun otro de entretenimiento a ver en que diais lo meteis,así que es bastante urgente una reorganización del díal,mandando las taquillas al 150 o al 200 y separando un poco los grupos de canales para que haya espacio para nuevas incorporaciones.
Por lo demás de acuerdo con lo que decía Tomás Castro de BBC World,CNBC o france24,que andan perdidos ahí separados incluso de los canale sinternacionales como RTPI,arte o demás.incluso no tienen ni epg ni tan siquiera figuran en vuestra web ni en el revista como canales disponibles
enviado por Lucía o 29 xuño 2009 ás 11:28 AM CEST #
@quecheparece, Cristian:
Se é así, normal que o pidan tanto. xDD
enviado por franR o 29 xuño 2009 ás 06:41 PM CEST #
Despois de todos os cambios realizados, desde o meu punto de vista sería conveninte reorganizar os diais. Esta é a miña proposta que me gustaría que se reportara ó/á responsable dos contidos de tv de R:
1.- Hollywood
2.- TCM
3.- CineStar
4.- Extreme teuve
5.- Cinematk
6.-
7.- Somos
8.- TCM Clásico
9.- TNT
O dial 6 estaría dispoñible para futuros contidos de cinema.
10.- FOX
11.- AXN
12.- Paramount Comedy
13.- Calle13
14.- Cosmo TV
15.- People+arts
16.- SETenVEO
17.- FDF Telecinco
18.- Buzz Rojo/Canal18
19.- Animax
Eliminar a canle Buzz xa que non aporta contidos novos onde a emisión é unha hora máis tarde que en Buzz Rojo. Animax pasalo ó dial 19 porque hogar10 vai ser suprimido pola canle de pago GOL TV cando chegue en breve a TDT de pago.
50.- Canal 24h
51.- CNN+
52.- Euronews
53.- intereconomia
54.- Bloomberg TV
55.- CNNi
56.- CNBC Europe
57.- BBC World News
58.- France 24h
59.- Deustche-Welle
Agrupar todas as canles de informativos, noticias e econmía nacionais e internacionais no mesmo grupo de diais.
Saúdos
enviado por Tomás Castro o 01 xullo 2009 ás 11:45 PM CEST #