Buscamos voluntarios para a apertura de portos do desco de TV
Ola a todos. Como sabedes, neste mesmo blog anunciamos hai meses que estabamos pensando en abrir os portos do desco de TV. Pois ben, xa levamos traballando un tempo neste proxecto e hoxe solicitamos voluntarios para que sexan os primeiros en probalo e que nos conten a súa experiencia.
Loxicamente, non se pode apuntar todo mundo, porque non todo o mundo ten un descodificador de TV con R nin todo o mundo ten conexión á internet. Así que nesta ocasión decidimos limitar as probas aos clientes de comboR. Se tedes este produto contratado e queredes ver como funciona a cousa, dispoñedes ata o domingo 18 de xullo ás 23.59 horas para apuntarvos escribindo a quecheparece@mundo-R.net para darnos os vosos datos de cliente. Despois xa nos poriamos en contacto con vós para activar o servizo e que o probásedes ata mediados de setembro (máis ou menos).
E para refrescarlles a memoria aos que non teñades moi claro de que vai o tema, lembrámosvos que no descodificador de TV de pago que lles poñemos aos nosos clientes hai unha conexión ethernet que a día de hoxe está limitada. É dicir, o desco só serve para enviar e recibir información en dúas direccións: do cliente a R e de R ao cliente, o que permite comprar películas e partidos en PPV ou recibir información sobre o que se está a emitir a través da nosa guía electrónica de programación. A nosa idea era abrir os portos do descodificador de televisión entre os clientes con acceso a internet de R, para así aumentar as posibilidades e as opcións que ofrece este servizo. Velaquí o que poderiades facer:
- conectar unha videoconsola: e xogar partidas online se tedes unha Xbox, unha PS3 ou unha Wii (aínda que neste caso precisades dun adaptador). Podedes ver no televisor da vosa casa as partidas en liña, conectarvos ao servidor de xogos que queirades e a experiencia sería moito mellor ca se estivésedes conectados a través do wifi.
- conectar un media center: podedes conectar o voso disco duro multimedia, ver os contidos que teñades alí e tamén conectarvos á rede e desfrutar de vídeos en streaming, por exemplo
- conectar un portátil: podedes acceder, por exemplo, a Youtube ou a outra plataforma e ver vídeos en alta definición no teu televisor, navegar, ou calquera uso que lle queirades dar
- desfrutar dos televisores con acceso a internet: non hai moito que saíron ao mercado, pero xa se poden mercar televisores con conexión á Rede. Deste xeito, cos portos abertos teriades a posibilidade de ver información de páxinas web e ver os contidos de sites como Flickr ou Youtube.
O dito, que esperamos os vosos correos para que vos apuntedes a este lanzamento en probas que facemos de xeito exclusivo entre os clientes de comboR a través deste blog. Seredes os primeiros en desfrutar deste servizo ;)
Un saúdo.

epa, yo me apunto :D os mando un correo
enviado por iván Louzán. Opinguino o 12 xullo 2010 ás 12:22 PM CEST
Sitio web:: http://opinguino.es #
Eu apuntareime a ver que ta está a cousa, ainda que polo de agora creo que só conectarei a xbox.
Duas dúbidas:
- ¿Sería posible conectar un hub para ter conectados varios dispositivos á vez? Se non, se teño que cambiar o cable para a xbox e logo ó portatil ou o que sexa é molesto.
- ¿A conexión é compartida mentres a use? E dicir, se non a estou usando no desco, ¿no PC seguiréi tendo o 100% da conexión?
enviado por Gonzalo o 12 xullo 2010 ás 01:06 PM CEST #
Muy buena idea, yo me apunto....
enviado por andrea aguilar pérez o 12 xullo 2010 ás 01:43 PM CEST #
Quecheparece ..Aqui tienes como vuestras ofertas de internet son bastante caras ( solo una opion )
El paquete de 100 Mb / 10 Mb estará promocionado también durante 6 meses a 43,87 euros y el precio definitivo es 64,8 euros (cuota de línea incluida). Con esta oferta Movistar prepara los hogares para los servicios de comunicaciones y entretenimiento del futuro y posibilita que los usuarios puedan disponer hoy d euna oferta de última generación con las máximas prestaciones.
Además, la operadora amplicará durante el último trimestre de 2010 su oferta de valor a Imagenio incorporando nuevos contenidos en HD. Los nuevos canales serán Eurosport HD, Unitel Clásica HD y MGM HD.
100/10 y ademas es PURA FIBRAL REAL y HD por menos de 50 euros al mes !!!
enviado por Mateo o 12 xullo 2010 ás 02:12 PM CEST #
Gonzalo, aínda estamos consultando o do hub.
Con respecto á segunda pregunta, no PC terías a conexión que che queda de restarlle á do desco de TV. É dicir, que a conexión non vai dun sitio a outro, senón que se mantén estable coa configuraicón que lle deas na web de clientes.
Mateo, cuando ofrezcan esas velocidades y esos precios hablamos. De momento en Galicia los únicos que ofrecemos 100 megas somos nosotros. Eso es una realidad y lo demás es teoría mientras no se aplique.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 13 xullo 2010 ás 09:46 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
¿O de pra ter Internet no desco quitarlle ó cablemódem vai ser así cando se lance o producto? Falaras dunha conexión independente da contratada de 1 Mbps / 300 Kbps para o desco, non de restarlle velocidade á outra.
E considerades que 1 Mbps / 150 Kbps é adecuado para ver vídeo en streaming. ¡Ja!, si home si ... igual sobra 3/4 dela non che digo.
enviado por 10.0.137.41 o 13 xullo 2010 ás 12:56 PM CEST #
De momento aínda estamos en probas, así que o produto non está definido. Pero a idea é traballar nesta dirección.
Non dicimos que 1 mega sexa adecuado para streaming, senón que é adecuado para xogar online. No post indicamos que para ver streaming aconsellamos unha velocidade de 5 megas.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 13 xullo 2010 ás 01:04 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Quedouseme o nick atrás.
enviado por fervigo o 13 xullo 2010 ás 01:05 PM CEST #
Efectivamente falaramos dunha conexión independente, pero agora barallamos que o mellor era poder escoller varias velocidades, segundo o uso ou a necesidade de cada momento, así que nese caso o mellor é botar man da velocidade que xa ten o cliente.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 13 xullo 2010 ás 01:12 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
<<<
Non dicimos que 1 mega sexa adecuado para streaming, senón que é adecuado para xogar online. No post indicamos que para ver streaming aconsellamos unha velocidade de 5 megas.
>>>
Certo, lin mal. Dito iso, logo o 1 Mbps non é adecuado para streaming. Pois explicame o que nos fixechedes ós do 1 Mbps ... esa conexión que virades que si era suficiente cando vos diciamos que non ...
enviado por fervigo o 13 xullo 2010 ás 01:20 PM CEST #
Como sabes, ofertamos distintos tipos de conexións, segundo diferentes necesidades. Vistas as demandas que tivemos ao longo do tempo fomos diversificando a nosa oferta e poñendo velocidades moi diferentes, para que o cliente poida ter unha que se adapte ao que busca. Loxicamente alguén que contrate os 100 megas non terás as mesmas necesidades que alguén que teña 10. Hai xente que descarga moito, outros que consumen HD en streaming, outros que só miran o correo e algún xornal unha vez por semana...
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 13 xullo 2010 ás 01:25 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Pois para o límitada que a queredes ter, ven que lle subichedes o prezo cando a outros cunha subida considerable, llo recortachedes. Non hai por onde coller as vosas explicacións.
enviado por fervigo o 13 xullo 2010 ás 01:33 PM CEST #
Quecheparece graciñas por seguir rindovos dos clientes dun mega.
A principal necesidade é o bolsillo. cada un fai o que lle parece, pero unha conexión de 100 megas para un residencial como que non, pero para gustos hai colores, polo que as comparacións como dis en outros temas como que non.
A estas alturas estas frasesiñas ainda tocan máis a "fibra".
Recoñecedes que é unha conexión limitada, noraboa.
Parece que vos é pouco pagar cerca de 40 € polo mega.
Si avosa pretensión é que un cliente do mega se suba a 6 pagando 40+ive vedes que non o estades a conseguir.
Si teño un mega, é porque para o uso que lle dou e suficiente, pero non se pode tapar cun dedo que vos pasastes con ela tanto en precio como en mellora que lle tocaba.
¿Si aconexión non é suficiente, tendes pensado facer algo con ela a curto plazo?
enviado por Pepe o 13 xullo 2010 ás 03:00 PM CEST #
Yo me apunto como voluntario!!
correo enviado!
enviado por Carlos o 13 xullo 2010 ás 08:29 PM CEST #
Una pregunta: ¿el aparato conectado al deco y los aparatos conectados al router o cable modem estarían en red?
Gracias
enviado por Carlos o 13 xullo 2010 ás 08:33 PM CEST #
Carlos, ¿a qué te refieres con lo de que estarían en red? ¿Si tendrías forma de acceder a ellos o controlarlos?
fervigo, de todos os xeitos 1 mega é suficiente para ver streaming tipo Youtube, xa que habitualmente se codifica a menos de medio mega.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 xullo 2010 ás 11:05 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
quecheparece, vasme dicir a min se cun mega chega pra ver youtube ... Pois non, hai que esperar a que cargue e logo darlle a play. Será por non padecer dito amago de conexión a prezo douro ;)
E o streaming nin comeza nin remata en youtube. Se non xa me dirás pra que falades de 5 Mbps xD
E dalle o pause cando queres ver unha emisión en directo.
Non sei como andará a vosa TV online (por iso do acordo raro que tedes que impide que os da TV xeneralista o poidamos ver), pero cando comezachedes con él, consumía máis do 1 Mbps.
enviado por fervigo o 15 xullo 2010 ás 11:18 AM CEST #
Cando digo tipo Youtube falo, evidentemente, de vídeos que non duren moito e teñan unha resolución media-baixa. Efectivamente en streaming hai moitas diferenzas, e se te vas a Vimeo xa é outra cousa e tamén hai streaming en HD, de aí o que falamos dos 5 megas. Pero como che digo tamén hai streaming que se codifica a medio mega, aínda que o futuro estará marcado por cada vez vídeo a máis calidade.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 xullo 2010 ás 11:25 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Se o plan é restarlle ancho de banda o cablemodem para meterllo o desco no estoy nada interesado.
A non ser, claro, que na area de clientes poidas deshabilitar totalmente o ancho de banda do desco e non so escoller entre 5/300 e 1/150.
¿poderase deshabilitar de todo? Moitos anos tiven que esperar para ter un upload decente para ir agora repartindoo de esta maneira.
enviado por Jaime o 16 xullo 2010 ás 04:58 PM CEST #
Jaime, si, dende a web de clientes tamén poderías deshabilitar o reparto de velocidade para que no desco de TV non houbese conexión.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 19 xullo 2010 ás 09:27 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Con lo de estar red, me refiero a si formarían una red local! Por ejemplo mi router es el 192.168.0.1, si conecto un PC a través del DECO tendría una IP dentro de este rango de esa red local que forma el router, o tenia una IP como si fuera otra red y otra IP Externa?
enviado por Carlos o 19 xullo 2010 ás 03:29 PM CEST #
quecheparece , para cuando vais a tratar el tema del HD en un post .Todo estos post los veo muy bien pero a mi como cliente me interesa saber que habeis hecho de los PVR HD que ibais a dar entrada. El cliente vive de ilusion y la mia esta por los suelos ahora mismo .
Te deseo un feliz verano .Ciao
enviado por Elena Torres o 20 xullo 2010 ás 12:01 AM CEST #
Carlos, serían redes totalmente independientes.
Elena, estamos de lleno en el tema del HD. De momento no podemos adelantar nada porque estamos definiendo el equipamiento y el producto.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 20 xullo 2010 ás 09:17 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
hola, leo esto del HD . entiendo q esteis analizando los equipos etc.... a mi lo q realmente me interesaria saner es mas o menos para cuando la ofrecereis. y otra cosilla: ¿emitireis goltv en hd? ¿seria en hd, fullhd???
un saludo!
enviado por marcos o 23 xullo 2010 ás 11:36 PM CEST #
marcos, la idea es emitir canales buenos en HD y demandados. De verdad que me gustaría daros más detalles, pero aún es un poco pronto. Aunque dados los plazos que estamos manejando, creo que para este 2010 no lo vamos a tener.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 26 xullo 2010 ás 08:11 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Está moi ben, o malo e que non sei se poderei participar por que non puiden rexistrarme, espero que poidan facer unha pequena excepción para poder axudar a R.
enviado por Rosendo o 01 agosto 2010 ás 03:22 AM CEST
Sitio web:: http://www.movilinvasion.es/ #
Quería facer unha consulta co tema da subida de velocidade de internet. Pois mirando na web de clientes, resulta que pon:
Servicio de Internet actual - 2 Megas
Nova velocidade en 2010 - 6 Megas descarga con 600 kbps subida
Data Estimada - O teu acceso a internet xa ten a nova velocidade.
Pois resulta que non teño a nova velocidade. Por qué ainda non se me subiu? Cando o ides facer?
enviado por anion o 04 agosto 2010 ás 11:57 PM CEST #
anion, pois se che pon que o deberías ter é que houbo algún erro, porque toda a xente que tiña que ser migrada no segundo trimestre do ano xa ten a nova velocidade, vamos, que se cumpriron os prazos ben.
Proba a reiniciar o cablemódem e se ves que continúas coa velocidade antiga, chama ao servizo técnico porque tivo que haber algo (teléfono 1449 opción 2).
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 05 agosto 2010 ás 08:24 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Pois reiniciei e sego coa mesma. Por outra banda estou pagando 18 euros ao mes + IVA polos 2 megas que teño agora.
Na web vexo que teño opción a 6 megas e o raro é que pon que son 15 euros + IVA ao mes pero na revista ese prezo corresponde a 3 megas. Os 6 megas na revista poñen que son 25 euros + IVA e na web ese prezo é para a opción 10 megas da que tamén teño opción de contratar.
Onde está ben posta a información, na web ou na revista?
Outra cousa rara é que se é certo que 6 megas costa 15 euros + IVA a min me estades estafando xa que pago máis e so teño 2 megas e nunca se me informou de que esa opción xa estaba descatalogada fai tempo e se queriamos actualizala.
Claro, a vos non vos interesaba informar diso porque senón logo cobravades menos. E eu a iso chámolle estafa, non sei como lle chamaras ti. E ainda por riba xa haberá máis de 2 anos que me estades cobrando máis por menos, vaia cara.
Deixando de lado esto, entón é mellor dar de baixa a miña opción de 2 megas e contratar os 6 megas, non?
O caso é que non entendo que pon alta e instalación 36 euros + IVA. No caso de cambiar a opción 6 megas teño que pagar tamén eses 36 euros + IVA ou so os 15 + IVA que é a cota mensual?
enviado por anion o 05 agosto 2010 ás 03:09 PM CEST #
Fai 5 días que puxen a mensaxe, A ver cando me ides responder.
enviado por anion o 10 agosto 2010 ás 04:13 PM CEST #
Sobre onde está ben dita información, na web. Son os prezos para os productos actuáis. Os que comentas da revista correspondense cos productos vellos, os que de aquí a marzo de 2011 están pasando ás velocidades da web.
Por facer o cambio de conexión que comentas, non cobran.
enviado por fervigo o 10 agosto 2010 ás 07:33 PM CEST #
E iso, que se entras na web de clientes, deberiache por pra cando eles che actualizan automáticamente os teus 2 Mbps/200Kbps ós actuáis 6 Mbps/600Kbps.
enviado por fervigo o 10 agosto 2010 ás 07:37 PM CEST #
Dende o dia 5 non che deron resposta.?
Correspondeche pasar a 6 mb pagando +15€
Abre incidencia que moi problable que o teu modem teña o firm sen actualizar e non dea pillado os 6 mb.
Supoño que na factura de Xullo que che chegou estos dias, xa figuraran os 6, cobrandoche 15, non?
Creo que si tiverades un foro non pasaban estas cousas.
enviado por Pepe o 10 agosto 2010 ás 10:07 PM CEST #
anion, téñoche que pedir desculpas porque me despistei completamente e me esquecín da túa pregunta. Menos mal que hai usuarios máis atentos ca min.
O que comenta fervigo é correcto.
Cando che correspondería a nova velocidade? No segundo trimestre de 2010 ou máis para adiante? Dígoo por se houbo algún problema co teu aumento ou aínda estaría pendente.
Por outra banda, é certo que os 2 megas eran un pouco máis caros no seu día que os 3 megas, pero iso era porque tiñan tamén un pouco máis de upstream. É dicir, tiñan menos baixada pero máis subida.
A idea pouco a pouco foi ir configurando velocidades diferenciadas para distintos tipos de usuarios, así que nun momento dado se descatalogou dando paso á de 3 megas. Non obstante, sempre tivemos dispoñible a información publicamente das novas velocidades, e o que non podemos é cambiar directamente a velocidade a un cliente cando igual o que quere é un chisco máis de subido.
De todas todas, xa ves que nesta ocasión o que imos facer, posto que se queda moi desfasada e é un produto máis caro, é pasar a 6Mbps/600Kpbs que custarían 15€+IVE.
Por cambiar de velocidade, efectivamente non se cobra. Se non me falla a memoria o prezo de alta é para xente que non ten ningunha conexión de internet contratada e a solicita por primeira vez.
Desculpas de novo.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 agosto 2010 ás 08:44 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Na factura segue vindo os 2 megas por 18 euros + iva e na web de clientes como xa dixen pon:
Servicio de Internet actual - 2 Megas
Nova velocidade en 2010 - 6 Megas descarga con 600 kbps subida
Data Estimada - O teu acceso a internet xa ten a nova velocidade.
Polo que xa a debería ter, non? Non sei se a nova velocidade me corresponde no segundo trimestre ou máis pa diante, o unico que pon é:
Se te deches de alta despois do 1 de marzo a túa velocidade é xa a nova de 2010.
enviado por anion o 11 agosto 2010 ás 01:56 PM CEST #
anion, na web de clientes van aparecer as novas velocidades durante un tempo máis, xa que ata que se cambien os descritores para todo o mundo (teñan ou non a nova velocidade), virán así na web de clientes e na factura.
Podes pasarme os teus datos ao correo quecheparece@mundo-r.net e miro se houbo algún problema coa túa actualización?
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 agosto 2010 ás 02:13 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #