logo

Buscamos novo nome comercial

luns 28 decembro 2009 | 51 Comentarios

Ola a todos. O caso é que nesta ocasión vos queremos pedir opinión sobre un tema que non é menor. Trátase dun posible cambio do noso nome comercial, de R.

O que vimos é que nestes últimos anos non acaba de callar a idea de que a nosa empresa só teña por nome unha letra: R. E o que debía ser algo sinxelo e fácil de lembrar, para moitos soa estraño e mesmo lles dá que pensar que non somos unha empresa seria.

E o peor de todo é que dende os organismos de referencia estatais tampouco escriben ben o noso nome. Así, nos estudos que publica a CMT aparecemos como R Cable. E para os que publica a SETSI somos Grupo R.

Moitos dos nosos clientes cren, ademais, que somos Mundo-R. Evidentemente, ese é o nome da nosa páxina web: www.mundo-r.com. Como non era posible crear a web www.r.com pois creamos unha dirección un pouco máis longa, pero de aí a sacar que ese é o noso nome, vai un chisco.

Doutra banda, hai moitos medios de comunicación que cando falan de nós empregan as comiñas. Para eles somos “R”. Vamos, que somos algo raro ou sospeitoso, porque senón non se entende o uso das aspas. Ou acaso alguén ve por aí na prensa á hora de nomear a algunha empresa casos como “Repsol”, “BBVA” ou “Seat”??

Para rematala, temos varios estudos internos que din que para moitos galegos iso de R soa máis a chinés que a empresa de telecomunicacións.

Pois o dito, que nos estamos pensando seriamente iso de cambiar de nome, pero non dun xeito radical, senón progresivo. Estamos en contacto xa cunha axencia de imaxe para pensar nisto, pero queremos pedirvos ideas para que nos axudades. Como vos gustaría que se chamase R? Que nome se vos ocorre? Credes que o ideal sería seguir como ata o de agora, chamándonos R, ou realmente si que é raro?

Esperamos as vosas ideas.

Un saúdo.

PD: para que non o teña claro, este post foi escrito o 28 de decembro, o Día dos Santos Inocentes ;)




Comentarios

suena a inocentada... ;)
saludos.

enviado por Isra o 28 decembro 2009 ás 01:04 PM CET #

Noooooooooooooooooonn!!!! A min encántame o nome de R, creo que é peculiar, diferente, alexada dos típicos nomes de empresa. A min doeríame moito que mudaseis o nome, pero se o ides facer, me gustaría que fora por otro nombre igual de peculiar ou por algo identificativo con Galicia.

enviado por Vermu o 28 decembro 2009 ás 01:09 PM CET #

Totalmente dacordo, mellor con máis dumha iniciais, que sexa máis mariñeiro, o que é moi galego..

¿Que tal ARR ?

enviado por Pirata o 28 decembro 2009 ás 01:09 PM CET
Sitio web:: http://andion.heroku.com #

Isra, para que veas:

Página 15 del informe de la CMT: http://www.cmt.es/es/publicaciones/anexos/II_Trimestral_09_OK.pdf

Página 7: http://www.mityc.es/telecomunicaciones/es-ES/Servicios/CalidadServicio/Documents/Estudio_QoS_percibida.pdf

Más ejemplos:

http://www.wadoska.com/?p=7

http://bit.ly/5CLjsw

Un saludo.

enviado por quecheparece o 28 decembro 2009 ás 01:13 PM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #

Moi boa, a inocentada, sería bo que vos chamases só R pero a verdade e que o nome e maís longo que R xa que sodes R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., ou R Cable y Telecomunicaciones Coruña, S.A., como podedes ver non son pequeniños os nomes que elexistedes, eso si o reducichedes comercialmente a R.

enviado por Anxo o 28 decembro 2009 ás 01:35 PM CET #

Home, hai máis referencias a TESAU como "Timofónica" que coma "TESAU" no internet e non creo que vaian cambiar o seu nome...

R é R. Ainda que en BA a chamen "R Galicia", na cmt "R cable" e na tvg "erre". E isto, espero, unha inocentada. Se R deixa de ser R, deixa de ser un chisco diferente.

enviado por CartDestr o 28 decembro 2009 ás 01:43 PM CET #

é unha boa iniciativa. Penso que debera terse dado o troco antes
O novo nome podería ser moito máis fácil de seguir. Algo así como

ERRE ou escrito en minúsculas: erre

Canto din que cobran os publicistas por aportar ideas distas?

enviado por Nemigo o 28 decembro 2009 ás 02:00 PM CET #

espero que sea una inocentada, porque, como sea real.. es para "daros de paos hasta na R"...

y ¿qué es lo que opina el departamento de comunicación visual? porque por un lado estarán frotandose las manos diciendo nueva imagen corporativa = mucho dinero; y por el otro subiendose por las paredes sí tirais por la borda vuestro nombre corporativo

enviado por iván louzan o 28 decembro 2009 ás 03:27 PM CET
Sitio web:: http://opinguino.es #

Anxo, é que unha cousa é o nome da empresa e outra moi distinta o nome comercial ou o nome co que se comercializan os produtos.

Procter&Gamble de seguro que non che di nada. Pero HS si ou Fairy.

Por certo, que R Coruña xa hai moitos meses que non existe.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 28 decembro 2009 ás 04:16 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Penso que debo ser a única persoa fora da empresa (e mesmo dentro xD) que sabe a razón da escolla do nome R, que é a magnitude física que mide a relación sinal/ruido. Tanto se estou errado como se certo, estaría ben unha pequena aclaración sobre a orixe do nome. De certo, é un nome boísimo para dificultar con total brutalidade calquer busca por internet xDD

As inocentadas neste país, por tradición, deberían ser o 1 de abril (o 28 foi importado no século XIX, e nen se sabe cando comezou o do 28 de decembro). Pero, se queredes un nome alternativo, Cabiza (Cabo de Galiza), xa que existe cabaza, cabeza, caboza e cabuza, así está a serie completa xD.

enviado por Sabicho o 28 decembro 2009 ás 04:27 PM CET #

MMMMMMMMMMMM!!!!!!!!!!!! NO ME SALE......
UUUUFFFFFFFFFFFFFFFFFF!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! QUE LO TENGO..... CASI, CASI.....YA ESTA, ¿CÓMO NO SE ME HABÍA OCURRIDO?
EUREKA, ERRE que ERRE:
R
FELIZ DIA DE LOS INOCENTES. Y COMO NO, BO NADAL.

enviado por Indiana o 28 decembro 2009 ás 04:29 PM CET
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/buscamos_novo_nome_comercial #

Gústame a sutileza ca que NON desmintes que sexa unha inocentada, e que nembargantes pareza que si o fas.

enviado por CartDestr o 28 decembro 2009 ás 04:31 PM CET #

Erre que erre, arre, soo, pero penso que vos seguirían mirando mal "" :P

<<< Home, hai máis referencias a TESAU como "Timofónica" que coma "TESAU" no internet e non creo que vaian cambiar o seu nome... >>>
Pois si que van xD MoviStar.

Feliz 2012! :)

enviado por fervigo o 28 decembro 2009 ás 04:33 PM CET #

Sabicho, non somos tan rebuscados. A orixe do nome non está aí. Se soubes as outras alternativas que había no seu día, ías flipar.

Pero bueno, hoxe paso de contar nada, como estamos no Día dos Santos Inocentes, de seguro que ninguén me crería :(

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 28 decembro 2009 ás 04:49 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Por cierto, mira la página 58 de la Voz de Galicia y verás como Arturo Dopico anuncia otra subida de velocidad para el mes de marzo.
Feliz Año Nuevo y Bo Nadal:P

enviado por Indiana o 28 decembro 2009 ás 05:05 PM CET
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/buscamos_novo_nome_comercial #

Indiana, menudo eres. Pero si en La Voz de hoy sólo hay 56 páginas...

En fin, lo dicho, que hoy mejor no digo nada más.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 28 decembro 2009 ás 05:07 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

¡Pero, mirar miraches! Porque de memoria non as sabes. Jejeje

enviado por Indiana o 28 decembro 2009 ás 05:11 PM CET
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/buscamos_novo_nome_comercial #

Molaba máis polo 1 de abril, pero hei de recoñecer que é boa!

Para os que din ERRE, nestes tempos soa a ERE asique mellor non :S

E se hai que tratar en serio o tema, pois é o nome máis valente e máis interesante que vin en tempo, asique non o mudedes que está perfecto!

enviado por Sak o 28 decembro 2009 ás 05:23 PM CET
Sitio web:: http://osak.blogaliza.org #

Piquei :( Caesme gordo

enviado por Vermu o 28 decembro 2009 ás 06:12 PM CET #

Por cierto, ¿habéis definido bien lo indefinido e indefinido lo definido? Vaya trabalenguas.
enviado por Indiana o 22 decembro 2009 ás 11:03 PM CET
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/melloramos_o_upstream_nas_conexi%C3%B3ns#comments #

enviado por Indiana o 28 decembro 2009 ás 06:19 PM CET
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/buscamos_novo_nome_comercial #

Este ano os do combo 1 opcion 1 mb subistenos o prezo un 40 %. Supostamente ides mellorar a velocidade de baixada de todas as opcions menos 1 mb? Como se come iso

Creo que si en verdade non a millorades, creo que pode que perdades clientes, e o resto vamonos sentir discriminados. Porque o prezo chegalle de sobra.

Espero que sea unha inocentada tamen.

enviado por Paco o 28 decembro 2009 ás 07:19 PM CET #

Pois claro, vannos por 3,1 dB :D ¿Non te chegou a carta?

enviado por fervigo o 28 decembro 2009 ás 08:03 PM CET #

Home! E os de 30 Mbps vannos por 2 Ybps. :P

enviado por CartDestr o 28 decembro 2009 ás 08:26 PM CET #

Evidentemente era unha broma, aínda que todos os datos e o que expliquei no post é certo. Certamente estamos orgullosos do noso nome, de sermos os únicos que levamos por nome unha letra.

Case non picou ningún e foi unha mágoa porque tiñamos ganas de oír nomes orixinais :D

Unha aperta e graciñas por rirvos con nós ;)

enviado por quecheparece o 28 decembro 2009 ás 10:18 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

A reir, que son dos días.(Me suena de algo).
Y ten cuidado mañana cuando leas La Voz de Galicia.
Un saludo

enviado por Indiana o 28 decembro 2009 ás 10:28 PM CET
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/buscamos_novo_nome_comercial #

:) O de "R" fixome gracias xD e o dos outros casos, a verdade é que si. Bueno, o de soar a chinés, Laúl xD

A min tamén me gusta o nome de R :)

enviado por fervigo o 29 decembro 2009 ás 12:37 AM CET #

Agora é cando nos das a opinión de R sobre o feito de ter 30 nomes.

E xa que estamos ¿cales eran as outras alternativas?

enviado por Rarok o 29 decembro 2009 ás 01:38 AM CET #

Obviamente era una inocentada,pero que ojalá fuera cierta porque anda que no es espantoso el nombre,lo de ser la única empresa que tiene como nombre una letra me recuerda a cuando Prince tenía como nombre un símbolo y también estaba orgulloso...,eso sí,aún hay nombre peores como Pepe móvil o Yoigo,a todo hay quien gane oiga. Los otros nombre que se barajaron al principio serían feos,pero el que salió elegido no es mucho mejor.

En cuanto a las inocentadas yo pensaba que viera otra en la revista que llegó ayer y es que en la parrilla de canales viene People and Arts!! canal que desaparece en enero,confirmado por ONO,Imagenio y vosotros ¿no decís nada? y ya lo de sustituirlo por otro ya sería demasiado imagino,así que mira,ganais vosotros que os ahorrais los eurillos que os costaría el canal a pesar de que los clientes pagamos lo mismo,bueno algo más desde el día 20

enviado por mar o 29 decembro 2009 ás 11:06 AM CET #

mar, no vayas a comparar. Además, lo de Prince no era muy creíble porque lo suyo era cambiarse de nombre cada dos por tres.

Yo no entiendo mucho de diseño, pero te digo que una marca cuanto más sencilla, mejor que mejor. Si te pongo un logotipo con una M seguro que me dices que es Movistar. Si te pongo una estrella dibujada por Miró, seguro que me dices laCaixa.

La idea es ser sencillo y muy visual. Y, en ese sentido, el nombre de R intentaba romper y no sonar a lo típico. Galicable, Cablegal o Galitel suenan lo mismo de siempre. Y R era un nombre muy rompedor en su día, y lo sigue siendo. Además, la letra R está en buena parte de las palabras gallegas: terra, morriña, agarimo...

Rarok, vou ser un pouco malo. Dígovos un dos nomes que eu me sei. Cal queredes saber? O que vexo raro ou o que vexo máis raro aínda? ;)

Un saúdo

enviado por quecheparece o 29 decembro 2009 ás 04:28 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

yo quiero el más raro todavía.

yo sí se algo de imagen corporativa, vivo de eso entre otras cosas y la imagen corporativa y el nombre de R es de los mejores de las "grandes" empresas españolas, aunque creo recordar que tenía 30 o 32 colores corporativos, cosa que me parece una burrada, ya que con 5-6 se apaña para todo de sobra, de echo ya les gustaría a muchas empresas tener 3 o 4 colores corporativos así no hay que jugar a ver donde y como queda menos feo el logo en muchos diseños :D

Además, la R da mucho juego para la publicidad y movimientos en video, no como la mayoría de los logos que solo pueden ser estáticos ya que sí no, quedarían fatal

M= Mac Donalds, nada de movistar

enviado por iván louzan o 29 decembro 2009 ás 05:04 PM CET
Sitio web:: http://opinguino.es #

Pois eu creo recordar que R tiña 6 ou como moito 7 cores corporativas... Que diga quecheparece o veredicto :p

enviado por CartDestr o 29 decembro 2009 ás 05:34 PM CET #

Nin para un, nin para outro, temos 12 cores corporativas :D

Comentárao no seu día aquí:
http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/c%C3%A1mbiache_o_conto_a_nova#comment4

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 29 decembro 2009 ás 05:43 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Recoradaba que o dixeras na campaña de cambiache o conto, pero non recordaba o número :P (E miralo dábame moita pereza :( )

enviado por CartDestr o 29 decembro 2009 ás 05:45 PM CET #

Pereza non sei, pero traballiño aínda che ía dar. Porque atopar algo neste blog ten tela mariñeira. Eu menos mal que teño o xestor de contidos e podo ir buscando os posts e tamén teño copia no correo dos comentarios, o que me axiliza o tema :D

enviado por quecheparece o 29 decembro 2009 ás 06:09 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Eu (sen pensalo moito) propoño GRTG (Grupo R de Telecomunicación Galega)

enviado por José Manuel Sánchez o 29 decembro 2009 ás 06:30 PM CET
Sitio web:: http://cholan11.spaces.live.com/default.aspx?wa=wsignin1.0&sa=432645104 #

mar, me olvidé ayer de decirte algo sobre People and Arts. Efectivamente está en la revista, pero desaparece de la parrilla creo que el 8 de enero. Por eso se ha puesto, porque va a estar parte del mes.

No es una decisión nuestra, como sabes, sino que afecta a más plataformas. De momento no se va a sustituir por ninguno, pero a lo largo del año que viene alguno nuevo caerá ;)

Un saludo.

enviado por quecheparece o 29 decembro 2009 ás 06:50 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Si, pero nadie dice "TERRA" y no es por que es de timofonica, que era el nombre original de R

enviado por Juan o 29 decembro 2009 ás 06:54 PM CET #

Ala! 'A lo largo del año que viene'

Eso sy(fy) que es un plazo generoso xDDDD

enviado por CartDestr o 29 decembro 2009 ás 07:02 PM CET #

Efectivamente creo que es el día 8 cuando desaparece P&A,yo lo sé porque me interesa este mundillo y sigo las noticias,seguramente mucha gente de la que se pasa por aquí también lo supiera,pero la mayoría de la gente pasa del tema y va a llegar ese día,van a poner el canal para ver lo que suelen ver y se van a encontrar con que ya no existe el canal. Debierais haberlo puesto claramente en la revista o en el canal R,es lo que muchas veces os criticamos,la falta de una comunicación acertada con los clientes.
Y sí,a lo largo del año habrá alguna novedad en cuanto a canales,sólo faltaría!!!!!!sinó apaga y vámonos.

enviado por mar o 30 decembro 2009 ás 01:37 PM CET #

Pois R é um nome original, doado e moderno.
Ainda que se queredes outro nome relacionado poderia ser REDE.

enviado por José o 31 decembro 2009 ás 12:34 AM CET #

Ei, xa non estamos en santos inocentes, agora podes decir os nomes que tiñan pensado poñer ó principio dos tempos.

enviado por Vermu o 31 decembro 2009 ás 10:34 AM CET #

Vermu, no comentario 29 quixen ser un pouco malo e díxenvos que vos diría un nome dos dous que me sei. O que me parece raro ou o menos raro. Vós decidides ;)

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 04 xaneiro 2010 ás 09:43 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

O raro! o raro!
pero tes que decir tamén quén tivo a idea, ata que punto estivo a piques de quedarse ese nome, e porqué o final non foi escollido. :)

enviado por Vermu o 04 xaneiro 2010 ás 03:37 PM CET #

Vermu, xa pides de máis.

Eu vou ser fiel ao meu compromiso: o nome, dos que coñezo, que a min me parece máis raro é PIXAMAS

:D :D

Non sei como foi o proceso, pero entendo que habería unha terna de nomes e se escollería o que máis gustou ou que máis lle gustase á xente.
Un saúdo.

enviado por quecheparece o 04 xaneiro 2010 ás 04:24 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

sabicho, ¿buscache "R" en google? sae de primero! :) (alo menos no google en castelán)

enviado por noni o 05 xaneiro 2010 ás 05:09 PM CET #

Proposta de nome:
Azimut

enviado por ramon o 28 xaneiro 2010 ás 05:31 PM CET #

Nin tan sequera pensedes en cambiar de nome. R é xa un icono da vosa empresa. Si queredes que sexa máis longo ¿porqé non eRre? Cando menos non cambia a pronunciación. Un saudo.

enviado por Carlos o 31 xaneiro 2010 ás 06:13 PM CET #

Si me permitis la libertad... Desde Mallorca yo os sugiero:

- RCV (R-Cable-Vision)
- RCD Galega (R-Cable-Dixital Galega)
- R-Digital
- RTV (R-Tele-Vision, a lo MTV, pero con R)
- R Networks
- Rede R...

¿Es imprescindible mantener la "R"? Por que sino...

- GdC (Galega de Cable)
- CGTV (Cable-Galicia TV)
- Galaico TV
- Gregal TV
- KTV (Kaekias TV)
- Kaelikas (a secas, Dios Griego del viento del Noroeste)...

o cualqier nombre de algun ser mitologico Gallego, Celta o similar...

Si telefonica le puso Imagenio (Imaginar, Imagenes, Genio, deseos...), pues se puede jugar un poco a esto tambien... pero en Gallego o Celta.

enviado por McFly_24 o 06 febreiro 2010 ás 01:03 AM CET #

McFly_24, gracias por la sugerencia. Pensé que estaba aclarado, pero veo que no. El post fue escrito el 28 de diciembre, el día de los santos inocentes, por lo que se trata de una broma.

No gusta R y no tenemos pensado cambiar el nombre :D

Un saludo.

enviado por quecheparece o 08 febreiro 2010 ás 09:14 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Lo siento, no vi la fecha del post ni lei todos los comentarios, pero tampoco es tan descabellada la idea, ya que muchas marcas, por fusiones, por cambio de imagen, por X motivos, cambian de nombre, de logo, etc. Algo bastante habitual en nuestros dias (Vease el Caso de Mr Propper por Don Limpio, o el caso de algunos lavavajillas manuales de o maquina).

P.D.: SEGERENCIA, podriais avisar de que el Captcha (lo del Codiguito para validar el formulario) distingue entre mayusculas y minusculas, asi se evitan algunas molestias. ;)

P.D.: Para ser un post de broma, a colado muy hasta el fondo! :P

enviado por McFly_24 o 09 febreiro 2010 ás 03:08 AM CET #

Ya sé que era una inocentada, pero el nombre de REDE que propone uno de los comentarios es realmente BUENÍSIMO.

enviado por Barcelona o 12 marzo 2010 ás 09:55 PM CET
Sitio web:: http://www.barcelonadenoche.com/ #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado