bloqueo de contidos por parte dos provedores de contidos
ola a todos. Hoxe vou comezar este post incidindo nunha idea que ás veces vexo por aí nos foros e que non é certa: en R non controlamos as conexións a internet dos nosos clientes, nin a ningún servidor, nin a ningún programa de descargas, nin a ningunha web.
como creo que xa quedou claro nalgunha outra ocasión, nós dámosvos un servizo polo que nos pagades cada mes, non vos poñemos condicións e non entramos en ver para que o usades ou o deixades de usar. Faltaría máis! Creo que xa todos o tendes medianamente claro, aínda que xa digo que de cando en vez vexo que alguén pregunta se capamos ou deixamos de capar as conexións. O único que se me ocorre é que se tendes problemas para conectarvos a unha web ou a un servidor (e deixando de lado que exista unha incidencia puntual) a razón pode estar en que nese servidor hai moitos accesos nese momento. Sería unha especie de efecto funil: hai moitas peticións, moitos usuarios accedendo a un tempo e o servidor non pode atender todas, polo que a resposta é lenta.. Vamos, que non sería cousa nosa nin da nosa rede de fibra, senón dos accesos aos provedores de contidos, que tamén deben invertir para atender os usuarios cando chegan todos xuntos.
e xa que falo disto, gustaríame comentarvos unha reportaxe que estivemos vendo o outro día aquí en R e que nos parece moi preocupante. O caso é que semella que para os provedores de contidos hai usuarios de primeira e usuarios de segunda na internet. Polo que puidemos ler en Cable Digital News, hai millóns de usuarios de banda ancha que ven como se lles bloquea o acceso aos contidos da Rede.
xa vos digo, non somos os operadores de internet os que limitamos o acceso aos contidos, senón os propios provedores de contidos. E isto por que? Pois porque non todas as visitas teñen o mesmo valor. Así, para un provedor de vídeos na internet, non é o mesmo un usuario norteamericano ou alemán que un africano ou dun país en vías de desenvolvemento. É dicir, hai que optimizar recursos e custos, así que se hai que gastar cartos en equipos e infraestrutura, pois mellor que os visitantes sexan de países ricos. E se as visitas chegan de países que “non interesan”, pois o máis sinxelo é limitarlles o acceso. Moi heavy, verdade?
e isto non pasa só cos provedores de contidos de vídeos, senón tamén coas redes sociais ou as webs que comparten fotos e que cada vez precisan de máis recursos. Vouvos poñer un caso concreto que estivemos discutindo aquí e que vén recollido polo New York Times: a web de distribución de vídeos Veoh o ano pasou bloqueou o seu servizo aos usuarios de África, Asia, Latinoamérica e Europa Oriental. Eles explícano desta maneira: “Ocupan ancho de banda e é moi difícil obter ingresos deles”.
desde Cisco tamén son partidarios da mesma idea: “Se as empresas web realmente queren gañar cartos, teñen que desconectar todos estes países”. Imaxinades que ocurrise isto en Galicia, unha comunidade que moitos consideran atrasada? Non vos parece bastante escandaloso? Nós é que nos quedamos coa boca aberta.
pero o mellor de todo é que empresas como Google, que tanto falan da neutralidade da rede, tamén semellan andar a pensar nisto. O director de vendas en liña e de operacións de Youtube (que como sabedes pertence a Google), di que agora están máis centrados en gañar diñeiro e que “non exclúe a posibilidade de restrinxir o ancho de banda en determinados países como unha forma de controlar os gastos”. Tom Pickett, que así se chama, engade que o xeito de aforrar custos sería “creando un YouTube máis lento, de calidade inferior”. Baixarían a resolución e a alta definición quedaría para os países máis rendibles. Tamén sinala que “podemos decidir poñer un límite a canto estamos dispostos a pagar no custo da banda ancha”.
como vos digo, este discurso é completamente contraditorio co que defenden da neutralidade da rede. Mirade o que dicía o conselleiro de telecomunicacións e medios de Google, Richard Whitt: “Os provedores de servizos de Internet non poden bloquear, degradar ou facer discriminacións entre os diversos sitios, as aplicacións ou os servizos na web. Este deseño é o que lle permitiu a Internet converterse nun motor poderoso para a innovación, o crecemento económico e a deliberación social”.
enisto hai moitos máis exemplos, ata o punto de que se non vives nos Estados Unidos, en Alemaña ou Reino Unido, en breve vas ter que pagar por ter acceso a aplicacións que ata o de agora eran de balde.
como cambia o conto! Resulta que somos os provedores os malos da película. Sempre somos os que temos moitos beneficios e os que explotamos aos clientes e aínda por riba queremos limitarlle o acceso aos contidos aos nosos clientes. En fin! Nada disto é certo. En R, dende que nacemos, levamos investidos case 700 millóns de euros en rede, chegamos a vilas con menos de 500 vivendas e negocios (algo que non sería rendible) e conseguimos que outros operadores tamén se poñan as pilas ao ver que hai competencia. Levamos tres aniños con beneficio, e sabedes a onde foi parar? Pois en despregar máis fibra óptica e en chegar a máis galegos. Total, que nestes 10 anos de vida de R, os accionistas viron 0 euros de volta.
o custo que ten para nós un cliente conectado á nosa rede é de algo menos de 3.000 euros, independentemente de que teña contratado un comboR ou un combo1. Xa vos digo que despregar rede non é barato e nós tampouco é que poñamos as tarifas porque si. De feito o outro día, aquí estivemos discutindo nunha reunión que factores se terían que producir para que houbese unha baixada das tarifas que vos beneficiase? E todo moi teórico, claro, pero en primeiro lugar falamos de que terían que baixar os custos e gastos aos que estamos sometidos e tamén as taxas que temos que pagar. Non sei se o sabedes, pero somos o quinto sector en España con máis impostos despois do tabaco, do alcol, dos carburantes e do xogo. Será tamén que nós perxudicamos a saúde! E para máis INRI, pois agora tamén as telecos teñen que sufragar que TVE deixe de ter publicidade: máis leña.
a outra opción que comentamos sería precisamente que todas estas grandes empresas que se nutren e se benefician da nosa rede tamén poñan da súa parte. É dicir, nós pagamos, vós paguedes e outros usan as autoestradas da comunicación para distribuír vídeos e contidos, gañando cartos a cambio de publicidade pero sen soltar un can. E despois falan dos provedores de internet, dos contidos en alta definición e da calidade. Si, iso está moi ben se non tes que manter a rede, pero se ti a saturas e te beneficias dela, o lóxico é que botes unha man no seu mantemento, ou non? Porque a rede tamén a usas, pero pagar nada.
resumindo, que hai actores que consomen moitos recursos pero que non invisten en redes e despois andan a pensar a ver que usuarios son rendibles ou non para sacarlles o servizo ou ofrecérllelo con peor calidade.
e sabedes o que é máis sorprendente? Pois que vós, os usuarios sodes os que máis contribuídes a construír a Rede cos vosos blogs, as vosas imaxes, vídeos...
para R nunca haberá clientes de primeira ou de segunda. Xa o demostramos en canto que estamos a despregar a mesma topoloxía de rede (a cara, para que nos entendamos) tanto nas vilas pequenas como nas grandes áreas urbanas de Galicia, aínda cando non temos claro se imos ter a mesma aceptación e apoio da xente. É un risco económico que tomamos con gusto, iso si, porque nos gusta turrar coas cousas que non fixo ninguén antes. E por iso dende logo non limitaremos arbitrariamente o acceso á rede, a unha web ou a determinados contidos. Salvo que nos digades que o fagamos ;-))). Iso sería botar por terra a propia idea de internet e de R: unir, salvar as distancias xeográficas e económicas e contribuír a que todo o mundo teña acceso a contidos e ao coñecemento.
un saúdo a todos.

Moi interesante o post!
enviado por Iago Varela o 25 maio 2009 ás 08:56 PM CEST
Sitio web:: http://www.iagovarela.eu #
Quizais sería boa idea que nas facturas indicaseis iso de que: "en R non controlamos as conexións a internet dos nosos clientes, nin a ningún servidor, nin a ningún programa de descargas, nin a ningunha web."
A título de nota informativa.
enviado por Vermu o 26 maio 2009 ás 06:58 PM CEST #
Noraboa, por esta entrada. Moi interesante.
enviado por makeijan o 29 maio 2009 ás 09:30 AM CEST
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #
Proxy podria ser "LA PALABRA"
Y respecto a lo de que las compañias de telecomunicaciones sufraguen los gastos de TVE, es indignante.
Si quieren que sea rentable que hagan una television de calidad, con contenidos, espectaculos etc... y no una television enlatada.
Saludos
enviado por Oscar o 29 maio 2009 ás 01:03 PM CEST
Sitio web:: http://www.hardgalicia.com #
Debe estar de moda esto del bloqueo porque el comentario que envie anteayer parece que ha sido bloqueado, o quizas censurado.....
enviado por xan o 30 maio 2009 ás 02:40 PM CEST #
Hola Xan.
Creo que lo he dicho en más de una ocasión y lo reitero: en el blog no censuramos ningún comentario. Están aprobados todos los que tengo en el panel de control, absolutamente todos. Y lo que no tendría sentido sería que eliminase un comentario anterior tuyo y publicase éste para "delatarme", porque sería contradictorio.
De todas formas, no eres el primero que me dice que no se publica su comentario. Siempre comento que si veis que no aparece o que hay algún problema con el código para validar los comentarios, que me escribáis directamente para que los publique y así no hay fallo.
Mi correo es quecheparece[a]mundo-r.net
Un saludo
enviado por quecheparece o 31 maio 2009 ás 06:01 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Estase a falar estes días de que hay un posible acordo entre as sociedades de xestión (SGAE) cos proveedores de Internet para reducir tanto a velocidad de descarga como de subida a todos aqueles internautas que descarguen mais de un número de Gigas.
Está R de acordo con esa medida, vaise desmarcar como outros proveedores de internet?
enviado por José Diz Lamas o 04 xuño 2009 ás 08:26 AM CEST #
Ola José.
En absoluto estamos de acordo coa medida. Descoñcemos totalmente o que se está a negociar, en canto que non estamos en contacto nin con esa asociación nin con outros provedores por este tema.
Como xa dixen, en R nunca controlamos as conexións dos nosos clientes nin tería sentido facelo agora. Cada día estamos a traballar para mellorar os accesos a Internet, porque os usuarios tamén constrúen a Rede coas súas fotos, vídeos e blogs.
Nunca puxemos un límite ás descargas e as conexións son para que as usedes, porque para iso as pagades cada mes.
Así que xa che digo, pola nosa parte non hai nada de nada. Outra cousa será que nos obriguen por lei, aínda que fariamos as alegacións oportunas.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 04 xuño 2009 ás 09:09 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Que fuertee, me parece ¡¡ Me parece bastante mal esto que he leido aqui pero en cualquier caso cada dia tengo mas la sensacion de que R se esta durmiendo en los laureles.
Si bien es cierto que no teneis responsabilidad de que en algunas paises se " capen" ciertas cosas , si la teneis del servicio que ofreceis. Despues de comprobar que el servicio de tv R es deficiente, el telefono caro, y el mobil ya de risa , ahora comtemplo con cierto miedo y estupor jejeje, que tampoco en internet os estais matando nada.
Una conexion estandar con 12 megas de Download no deberia estar a 600 KBPS de UPLOAD , es tercer mundistaaaaaaa¡¡
Por no mencionar los cortes y problemas que registra la red desde hace un tiempo que antes no registraba ni por asomo.
Ahora me direis que es que otras compañias ofrecen menos , y literalmente me importa un pito, perdonando.
Con lo que pagamos deberiamos tener mas equilibrado el servicio de descarga con el de subida porque amigos hay gente que utilizamos la red para trabajar y necesitamos poder subir contenidos a la red de un modo sencillo y rapido.
Ademas hoy por hoy , casi todo el mundo comparte cosas con sus amigos o familiares a traves de un site o eso.
En fin espero que R tenga en cuenta mi peticion y se centren en subir un poco el UPLOAD que es que ES REALMENTE lo importante , aunque nos quieran vender la moto de que con mucha velocidad de descarga es la leche, pos no ...lo ideal es un buén equilibrio entre ambas.
Un saludo. y si alguien piensa como yo por dios que se lo diga a R porque estoy convecido que somos muchos clientes los que pensamos lo mismo pero sino no nos hacemos oir es como si cantaramos . dejad mensajes aqui, llamad al 1449, no servira de mucho pero al menos dad un poco la lata.
enviado por Emi o 04 xuño 2009 ás 01:59 PM CEST #
Emi o que comento e verdade, desde hay tempo se está intentando limitar as descargas desde Emule, Ares, Bitorrent, etc, (xa o intentou o noso ministro Molina), que pasa que hasta agora en España as descargar son legales mentras non teñas ánimo de lucro, por eso dende a SGAE estase a presionar os distribuidores a limitar a velocidad ou poñer multa como en Francia ou outros países.
Si queres poder pasar por ADSLZONE.NET e haí como en outros foros de informática verás o que se escribe.
enviado por José Diz Lamas o 04 xuño 2009 ás 02:24 PM CEST #
Que siiii, que xa sei que o que se conta aqui e certo , eso non o discuto pero o que penso e que eso non ten nada que ver con" algunhas asignaturas pendentes" que R ten como operador de cable , xa que en incrusion de servizos somos os ultimos por la cola sempre , joder que pa chegar a acordo con antena nova e neox por exemplo levades cerca de dous anos e non hai maneira,en fin...
enviado por Emi o 04 xuño 2009 ás 11:03 PM CEST #
Ola Vicente.
Como non teño o teu correo electrónico, indícoche aquí que puxen o teu comentario nestoutro post, en canto que se corresponde coa temática que tratas:
http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/sobre_a_opci%C3%B3n_alta_velocidade#comment59
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 xuño 2009 ás 09:10 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
hola quecheparece, non estou moito de acordo co traslado do comentario posto que era segindo o posteado por Emi pero o Blog e voso e vos decidides.
Saudos
enviado por vicente o 11 xuño 2009 ás 02:40 PM CEST #
Ola Vicente.
Entendo o que me dis. O comentario de Emi deixeino porque aínda comentaba algo sobre o bloqueo de contidos. O que non quero é que nos posts nos que falamos sobre un tema se acabe falando sobre TV, upstream, prezos de combos e demais, porque senón o blog e os comentarios serían un pouco caóticos. Por iso me pareceu mellor levar a aqueloutro post, porque nel xa se debate sobre o tema que comentas.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 xuño 2009 ás 04:11 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #