Gratis, con móbil R, o dobre de megas no teu plan de datos e o dobre de SMS nas tarifas planas
Ola a todos. En R estamos comezando unha pequena revolución na nosa oferta comercial na que buscamos beneficiar sobre todo a aqueles que levades confiando en nós máis tempo e agrupando diferentes servizos. E hoxe queremos anunciarvos as melloras que ides ter en móbilR a partir do 1 de marzo.[ Máis ]
Lanzamos novos combos despreocupín en empresas
Ola a todos. En R sentímonos sempre en débeda cos fogares, profesionais e empresas que levan tempo ao carón de nós, axudándonos a seguir por aquí con este proxecto de todos que busca dar opcións de calidade e bo prezo nas telecomunicacións en Galicia. E medrando e ampliando a rede de fibra óptica, alá onde os montes e ríos galegos nolo permitan.[ Máis ]
Por ser cliente de R, unha rede wi-fi en Galicia
Ola a todos. Hoxe queremos contarche un proxecto que acaba de comezar a súa andaina. A idea nace na posibilidade de usar toda a rede R que despregamos dende hai 12 anos por toda Galicia, como punto de acceso wi-fi para que a poidades usar só os clientes de R, que para eso nos destes e nos dades a oportunidade de existir coma empresa. Así, só por seres clientes de R, dende agora xa podes conectarte completamente gratis a unha rede wi-fi que estamos activando por toda Galicia.[ Máis ]
Calendario de activación do vídeo baixo demanda
Ola a todos. Hoxe queremos informarvos do calendario definitivo de activación do vídeo baixo demanda e dos seus dous servizos: rebobina R e catálogo R, que ides ter dispoñibles todos os clientes co descodificador de televisión de R.[ Máis ]
Accede ao que teñas enchufado no USB do router Hitron
Ola a todos. Hoxe queremos falarvos dunha nova funcionalidade que tedes dispoñibles os clientes co router wifi-N Hitron: a de acceder aos arquivos da vosa casa a través da web de clientes de R.[ Máis ]
Internet para todos
Ola. Ao mellor algún de vós xa está enterado das axudas que poden solicitar as familias con menos recursos que queiran acceder a internet por primeira vez, non si?[ Máis ]
Ser de R ten premio
Ola a todos. En R temos claro que seguimos por aquí dando guerra grazas a os que confiastes e confiades en nós. E iso inclúe, como outras veces xa comentamos, as boas valoracións que nos dades nos diferentes estudos oficiais que se fan. Que faledes razoablemente ben do traballo dun vale moito máis que uns números ou uns euros. Garantizámolo.[ Máis ]
A altísima velocidade en internet xa está “niquelada”
Ola a todos. Reproducimos aquí un artigo sobre o docsis 3.0 (os 30 e 100 megas) que publicamos na revista R porque cremos que é interesante.[ Máis ]
Energy e Discovery Max entran en xaneiro
Ola a todos. Queremos comunicarvos que durante este mes de xaneiro incorporaremos dúas novas canles á grella de televisión de R: Energy e Discovery Max.[ Máis ]
Galicia ten R
A verdade é que sempre sentimos de preto o agarimo que, en xeral, a xente e as empresas que vivides en Galicia nos destes dende que R naceu hai xa 12 anos. E moi poucas veces vos falamos do que ese apoio pode significar tamén para Galicia.[ Máis ]
Queres probar o servizo de rebobina R (VOD)? (convites esgotados)
Ola a todos. Xa falta pouco para que implantemos o servizo de vídeo baixo demanda e o rebobina R a todos os clientes de R que teñan un descodificador de televisión noso. Algúns de vós xa tedes o servizo en probas e hoxe queremos dar máis invitacións. Actualización: convites esgotados![ Máis ]
Novas tarifas en móbilR e mellora dalgunhas xa existentes
Boas. Hoxe queremos falarvos dalgunhas novidades en móbilR, xa que incorporamos un par de tarifas novas e melloramos outras dúas.[ Máis ]
Bo Nadal!
De parte de todos os que traballamos en R, boas festas.
[ Máis ]
Estreamos tenda R na rúa da Torre da Coruña (fotos)
Ola. Acabamos de abrir unha nova tenda R na Coruña, na rúa da Torre, nº 36, así que vos deixamos algunhas fotiños.[ Máis ]
Backup na nube con R
Ola a todos. Hoxe queremos preguntarvos por un servizo e ver se vos parece interesante ou non. Trátase dun servizo de backup online.[ Máis ]
