benvidos
Ola.
Isto é Quecheparece.com, un blog de R onde vos irei informando das novidades nas que estamos a traballar para que nos poidades dicir se os tiros van ben por aí ou mellor que tiremos con todo e volvamos comezar de cero. Á fin e ao cabo todo isto é para vós, así que que menos que informarvos canto antes.
Tratarei de sacar tempo de onde sexa para irvos contando nestas páxinas todo o que estamos a facer para que poidades valorar os novos produtos ou aplicacións que estamos a desenvolver e, por suposto, para que nos orientedes ou propoñades cousas prácticas e útiles para vós e para o resto de clientes de R.
Así que agardo que de cando en vez vos deixedes caer por aquí, descubrades de primeira man o que se "coce" en R e nos deades a vos impresión. Todas as suxestións serán benvidas e para nós será un pracer lelas.

Pregúntome se no blog non se pode meter un arquivo de power point. En caso de que se poida, como tería que facer?
enviado por lalo o 10 xullo 2008 ás 10:40 PM CEST #
Ola lalo.
Teño que comentarche que os blogs R só permiten subir imaxes e non outro tipo de arquivos. Pero non te preocupes porque isto ten arranxo. Se o que queres é compartir unha presentación en Power Point, podes subila a webs como Slideshare (http://www.slideshare.net). Unha vez que a subes, indicando se queres que sexa privada ou non, darache un código que non tes máis que pegar nunha entrada do teu blog R, do mesmo xeito que farías por exemplo cun vídeo de Youtube. E voilà, xa che aparecería a presentación no teu post!
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 14 xullo 2008 ás 08:35 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Non sei se este é o sitio correcto, pero como non vexo ningún comentario aberto sobre o tema... A miña pregunta é sobre a velocidade de acceso á internet. Van haber novas subidas, pero ao parecer só aumenta a velocidade de baixada. Non é posible aumentar un pouquiño máis a velocidade de subida? Penso que se a velocidade para un combo R vai pasar dos 6M/600 a 10M, poderiades subir ata os 900 de baixada para non ir tan descompesados. Felicidades por esta iniciativa e moitas grazas pola atención.
enviado por Bas o 15 xullo 2008 ás 07:23 AM CEST #