Backup na nube con R
Ola a todos. Hoxe queremos preguntarvos por un servizo e ver se vos parece interesante ou non. Trátase dun servizo de backup online.
En que consistiría a cousa? Ben, moitos de nós acabamos almacenando no noso ordenador ducias de fotos, vídeos, documentos de traballo, facturas… Temos moitas cousas e sempre existe o temor de que nos pase algo no equipo, se perda o que temos alí e despois nos dea un patatús porque non fixemos iso que moitas veces dicimos: a ver se un día destes fago unha copia de seguridade de todo nun disco duro.
O que vos propoñemos dende R é algo máis cómodo: un servizo de backup online que copie na nube, e de xeito automático, as carpetas de fotos e documentos do voso ordenador. Iso da nube loxicamente non é que estean no ceo, gardados dentro dun avión J senón que están (por dicilo dalgún xeito) dispoñibles de xeito virtual en internet cando vós o desexedes. Desta forma, se algunha vez se estraga o disco duro e non podedes recuperar o que alí tedes, se dispoñedes dunha copia na nube sabedes que non perdestes todos os vosos documentos, que aínda que o voso portátil estea inservible a información que contén segue estando na “nube”.
Do mesmo xeito, tamén podedes acceder a todos eses arquivos alí onde vos atopedes e teñades unha conexión á internet. É dicir, así como antes era preciso ir co portátil ou disco duro para ter acceso aos vosos documentos, agora non é preciso porque ao estaren na nube sempre serán accesibles, independentemente do lugar no que vos atopedes. Ademais, con este sistema podedes compartir tamén o que queirades cos amigos ou familiares. Vamos, que as fotos que sacades nunha voda ou nunha festa poden estar aí para quen queirades e non ter que andar pasando a típica chave USB duns a outros.
Agora precisamos da vosa axuda, para saber o que opinades. O caso é que estamos pensando en ofrecer un servizo básico deste backup online de 20GB para os clientes que están a desfrutar agora de seguridade R e que xa dispoñen tamén de axuda R (o servizo de axuda e consulta para calquera cousa relacionada con ordenadores e periféricos). É dicir, que se tedes seguridade R xa teriades eses 20GB para facer copia dos vosos arquivos, fotos e demais na rede.
A maiores, aos que teñan moitas cousas que gardar e iso de 20, 100 ou 500GB se lles quede curto, pensamos en ofrecer... Non ten moito sentido poñer un límite tendo en conta que cada vez os equipos teñen máis capacidade, así que ofreceriamos un servizo ilimitado para PC de backup online. É dicir, non habería límite de datos, ningún. Canto custaría isto? Pois arredor de 3 ou 3,5€+IVE ao mes (estamos a velo aínda).
Xa vos dicimos que lle estamos a dar voltas á cousa e queremos, máis que nada, ter as vosas impresións, saber se vos gustaría ou non, se o vedes caro ou barato, se usariades o servizo ou xa estades a empregar outros do estilo, se vos convence máis isto ou outros como dropbox, que vos gustaría que tivese o noso para que vos acabase de convencer… Vamos, que estamos abertos a escoitar calquera cousa que se vos ocorra.
Seguimos por aquí, pola nosa páxina do facebook e pola conta do twitter.
Un saúdo.

Non estaría nada mal un servicio destas características, ainda que o ideal e que estivera dispoñíble para diferentes plataformas, cada vez somos máis os que usamos Linux ou Mac....
enviado por Manu Iglesias o 13 decembro 2011 ás 01:39 PM CET
Sitio web:: http://www.limitenet.com #
Moi boas,
A min pareceme moi ben un servicio de este tipo, e ainda mais interesante se poidese ser utilizado mediante conexion webdav, porque permitiría compartir ficheiros cos dispositivos moviles, tipo iPad, iPhone, e moviles android.
Se podería ter libros, fotos,.... e poder acceder a eles a través de aplicacions que permiten o uso do protocolo webdav.
Moitas gracias
Saudos
enviado por Salvador Iglesias o 13 decembro 2011 ás 01:56 PM CET #
A mín non me acaba de quedar moi claro que é o que propoñedes, porque falades de backup online e cloud computing como se fosen o mesmo.
Entendo que o servicio é similar ó que ofrece, por exemplo, Megaupload, ¿non? Ti subes os ficheiros que queres, telos dispoñibles para volver a baixalos cando queras e para compartilos con a quen lle pases o enlace, ¿correcto?
enviado por Yago o 13 decembro 2011 ás 02:22 PM CET #
O dos 20gb non acabo de velo, habendo servizos gratuitos coma Box que ofrecen 50gb e aplicacións para todas as plataformas
Pero o de espazo ilimitado por menos de 10€ o mes sería unha pasada. ¿aplicaría tamén a empresas?
enviado por David Pombar o 13 decembro 2011 ás 02:28 PM CET
Sitio web:: http://twitter.com/davidpombar #
A mi el servicio me parece bien y muy interesante, pero la cuenta básica me parece algo discriminatoria. El paquete de ayuda a mi no me sirve para absolutamente nada, ya que soy informático y si tengo problemas me busco las castañas en Google. El paquete de seguridad está pensado para sistemas Windows, de los que no tengo ni uno en casa. De esta manera tendré que pagar por el servicio de cualquier manera, y para eso, ya me voy al ilimitado. Creo que el paquete básico debería ofrecerse con la conexión a internet, como hacéis con el correo y el espacio web.
Por otro lado, lo que comenta más gente, que somos muchos con distintos sistemas operativos, tanto de escritorio como móvil, por tanto tiene que ser de acceso sencillo y universal.
enviado por Dani o 13 decembro 2011 ás 04:33 PM CET
Sitio web:: http://elaqueldeaquellar.es #
Outra cuota por outro producto? Chegades tarde, a xente que lle interesa añgún producto polo estilo xa o ten. Eu dispoño de conta vitalicia en Megaupload. Se fose fai uns anos pode...
enviado por luis o 13 decembro 2011 ás 04:55 PM CET #
Moi boa idea o do almacenamento online! Interesa!
O que non comparto é o do plantexamento exclusivo de backup, e mais por onde van os tiros polo mundo adiante. Explícome:
1 2, 4, 8 GB (ou o que sexa) de almacenamento dependendo do combo que teñas, tipo dropbox, e de gratis(porqueyolovalgo), mesmo tirando do espazo das contas de correo...
2 O pack de seguridade co tema do backup tal como plantexades.
3 E para mais cantidade un sistema de cuotas, véxoo ven.
O que si que tedes que ter en conta os que sexa multiplataforma, con un mínimo de seguranza e please, sen limitar a un dispositivo porque hoxe en día quen mais e quen menos usamos máis dun cacharro ( nº de equipos dependendo do pack)
Abur e grazas por deixarnos opinar.
enviado por Eu o 13 decembro 2011 ás 05:06 PM CET #
Me parece una excelente idea, que supera al ICLOUD de Apple y Box SimpleShare, ahora bien al precio que R, esta comercializando sus COMBOS, muy por encima de la competencia, creo que deberia de ofrecerse incluido en el precio del mismo, y no pretender cobrar por otro servicio, por lo menos en su capacidad basica (20 Gb), las personas que quieran mas capacidad es logico que paguen un sobreprecio. Supongo que de todas formas, el cliente poco importa, y lo mas importante es mejorar los beneficios, aunque algunos estamos empezando a cansarnos. Saludos
enviado por Luis o 14 decembro 2011 ás 07:04 PM CET #
David, si, aplicaría para empresas, pero sería para un só equipo.
Luis, entiendo lo que dices pero de verdad que nuestros precios están ajustados para poder seguir invirtiendo en Galicia y generando puestos de trabajo aquí. Ahora, podríamos bajarlos mucho a cambio de dejar de invertir en red y que no haya más localidades con fibra óptica y que se deslocalizasen servicios y puestos de trabajo. Nosotros no somos de esa opinión, somos un operador de aquí y nuestro compromiso es con Galicia. Hasta el año pasado no generamos beneficio neto acumulado, por lo que esa sensación de que nos hacemos ricos a costa del cliente no es cierta.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 14 decembro 2011 ás 07:14 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Evidentemente que los usuarios potenciales deseariamos que el sistema sea multiplataforma (MAC, Windows, etc) y multidispositivo (smarthphones, tablets, ordenadores, etc) y que la sincronizacion sea como Dropbox, y no como alguna imitaciones malas que circulan por la red.
En la relacion con la galleguidad de R, no dudo que muchos de las personas que trabajais en R, sois gallegos y apostais por esta comunidad, pero la realidad es que el capital de R, esta en manos de un Fondo de Capital Riesgo extranjero, que cuado visualice, una venta que le proporcione plusvalias, vende la empresa al mejor postor (chino, arabe o marciano), y me temo que Galica, los trabajadores de R y los abonados de R, poco le importamos.
enviado por Luis o 14 decembro 2011 ás 09:11 PM CET #
Luis, eso mismo que comentas se puede aplicar a cualquier empresa, independientemente de su capital y sus accionistas. La clave es ver qué papel genera cada empresa en su territorio. Las plusvalías al final se las llevan siempre los accionistas, pero hay que ver qué hay detrás de todo eso, si se invierte o no, si se genera riqueza en el territorio, si se crea infraestructura para el futuro (eso no se puede mover), si se crean puestos de trabajo, si los impuestos quedan aquí o van para otro lado... Eso es lo importante.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 14 decembro 2011 ás 09:24 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Dúas cousas.
1. Respecto ás características para facelo atractivo. Encriptación de datos (na canle e no almacenamento), copia incremental (delta) e xestión do histórico de versións (borrado automático de versións).
2. Que ides facer con Backup-R? Este produto é moi, moi frouxo...
enviado por makeijan o 15 decembro 2011 ás 05:31 PM CET
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #
makeijan, se lanzamos este produto o backup-R morrería. Pero se non o lanzamos seguría.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 decembro 2011 ás 06:29 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Yago, non sería exactamente así. No noso caso se desaparece do teu PC o contido, pasados 45 días desaparece da nube. Polo resto é correcto o que comentas.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 decembro 2011 ás 06:33 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
A min quedanme dubidas:
1-Cantas maquinas poderian face-lo back up?
2-Seria multiplataforma?
3-Tempo de vida no disco virtual?
4-Posibilidade de configuracion de contas de acceso?
5-Opcions de configuracion por parte do usuario?
Tampouco me parece correcto a forma da alta,inclui-lo so con seguridade r ou con axuda informatica ,existe usuarios que non precisamos esas opciones pero que si precisariamos o disco virtual.
enviado por kublai o 16 decembro 2011 ás 09:48 AM CET #
Yo ya lo he probado. Un backup de 3 Gb y algo. Cuando lo quise restaurar me pasé horas intentando hacer la descarga. A veces se colgaba al 10%, otras al 50%, otras al 80%... y cada vez que se colgaba, vuelta a empezar. Fue una locura.
enviado por Hugo o 16 decembro 2011 ás 10:05 AM CET #
Eu ainda sego coas dubidas...
enviado por kublai o 20 decembro 2011 ás 09:22 AM CET #
Mi aportación. Se empiece por la cantidad que se empiece, cada año que seas cliente, incrementar un poco la capacidad. También poder comprar capacidad con los puntos, por nuevos productos etc... incentivar al cliente.
enviado por LAZAR o 20 decembro 2011 ás 09:55 PM CET #
LAZAR, muchas gracias por tus aportaciones. Tomamos nota
Un saludo
enviado por quecheparece o 21 decembro 2011 ás 09:23 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Eu ainda sego coas dubidas...
enviado por kublai o 21 decembro 2011 ás 10:35 AM CET #
Kubai, perdoa por non resportache dicímosche algo canto antes
Un saúdo,
enviado por quecheparece o 21 decembro 2011 ás 10:55 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Kubai, coméntoche sobre o teu comentario
1-Cantas maquinas poderian face-lo back up?, 1 mñaquina
2-Seria multiplataforma?, PC e MAC
3-Tempo de vida no disco virtual?, un máximo de 45 días
4-Posibilidade de configuracion de contas de acceso? , si , pódense compartir os contidos
5-Opcions de configuracion por parte do usuario? cando exista o servicio xa se comunica
Tampouco me parece correcto a forma da alta,inclui-lo so con seguridade r ou con axuda informatica ,existe usuarios que non precisamos esas opciones pero que si precisariamos o disco virtual. . Trátase dun paquete, se fose un servizo solto tería un prezo mensual igual ou superior ao conxunto de servizos, este é o motivo de vendelo paquetizado
Un saúdo e desculpa o retraso,
enviado por quecheparece o 21 decembro 2011 ás 11:36 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Eu xa me perdo con tantos códigos. Podo falar como usuario normaliño. O tema da nube, paréceme moi interesante. Boto de menos ter unha cantidade mínima para poder configurar un disco duro virtual e gardar aló todo o que necesitas sen andar con portátiles e pendrivers. Son usuario de dropbox, vexo que co espazo que ocupa hoxe o persoal 20 GB para comezar non está mal, o que si que non faría sería condicionalo a ter outro produto, incluso ofertaríao de balde para clientes cunha boa carga de servizos contratados e rebaixas ao resto en función de servizos contratados (perdoade a miña redundancia).
Un saúdo.
enviado por Xan o 21 decembro 2011 ás 10:10 PM CET #
Parece boiiiiisimo, para cando?
enviado por Alberto Álvarez Ferreira o 05 xaneiro 2012 ás 12:38 PM CET #
Alberto, de momento simplemente estamos vendo as cousas e recompilando as vosas ideas para ver como queda todo.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 05 xaneiro 2012 ás 12:52 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #