logo

aprendendo do resto de bloggueiros

venres 12 setembro 2008 | 7 Comentarios

como sabedes, son un pouco novato no mundo este dos blogs. Ando co "L" aínda colgado nas costas e creo que aínda tardarei un tempo en sacalo. Pero non me preocupa, porque isto de aprender está moi ben. Así que ademais de andar escribindo aquí, tamén busco por aí adiante información e miro como traballan outros bloggers consumados. Hai que ter referentes, como os grandes literatos, jeje. Ademais, teño que aprender dos mellores, senón en R igual contratan a Reverte para levar quecheparece.com. O caso é que decidimos apoiar una iniciativa que me vai resultar moi positiva, como é a dos Premios Bitácoras.

xa levan celebrándose dende o 2003 e na última edición participaron preto de 20.000 blogs. Así que este ano de seguro que son aínda máis. Eu non me presento desta vez, porque tampouco quero acaparar premios ;), chégame co voso apoio incondicional, jeje (aínda que tamén acepto donacións).

Bueno, o caso é que R está con estes premios e máis en concreto cos "microbloggers". Por que vos preguntaredes? Todos sabemos que o menda que aquí escribe é menos prolífico que J. D. Salinger, os seus posts son máis longos que os Episodios Nacionales de Galdós e máis densos que o Ulises de Joyce. Pois por iso mesmo, porque dixemos que había que apostar por algo totalmente diferente, máis fresco e dinámico, pois escollemos posicionarnos co premio ao mellor microblogging. Como diría Chiquito, jar! Por certo, os que se presenten e queiran mandar xamóns, pódeno facer a quecheparece@gmail.com 

E como xa é venres, aproveito para desexarvos a todos boa fin de semana. Aburiño!




Comentarios

Óla!
Eu estiven na presentación en Madrid dos premios e sentinme orgulloso de ter unha empresa galega nos premios, parabéns!

p.d. nós participamos en mellor podcast con www.tortilladepatata.net !

enviado por Andrés Milleiro o 12 setembro 2008 ás 02:16 PM CEST
Sitio web:: http://milleiro.blogaliza.org #

Pois eu vou aproveitar que R ponse a facer promocións nos medios dixitáis pra suxerilles que se acorden dos blogs da súa cidade, onde estaremos encantados de recibir tamén o seu apoio e darlles ó noso a eles.

enviado por Xotengo o 13 setembro 2008 ás 06:34 PM CEST
Sitio web:: http://www.barriodelosrosales.es #

Ola Xotengo. Como sempre, a nosa intención é a de apoiar e axudar sempre aos blogueiros e, se son da cidade, por suposto que mostraremos unha actitude receptiva. Non dubides de que estaremos encantados de estudar as propostas que nos brindedes e a levar a cabo as ideas máis interesantes. Un saúdo.

enviado por quecheparece o 17 setembro 2008 ás 12:17 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ola, quería darvos unha idea, abre unha sección neste blog e pon unha imaxe ca cobertura de R dunha cor, e doutra cor pos os sitios por onde se está a ampliar a cobertura de R. Tamén podes poñer a partir do 1 de novembro por que zonas se fixo a ampliación da velocidade de internet. Espero que esta suxerencia che chegue e a poñas en práctica.

enviado por ROSENDO o 18 setembro 2008 ás 01:18 AM CEST
Sitio web:: http://WWW.LOMASBARATODELMUNDO.ES.TL #

Muchas gracias por tu ilusionante respuesta, "quecheparece". ¿Cómo podemos contactar con vosotros para transmitiros esas propuestas?

enviado por Xotengo o 20 setembro 2008 ás 10:56 AM CEST
Sitio web:: http://www.barriodelosrosales.es #

Ola Xotengo.

Envieiche un correo ao email que puxeches de contacto cando escribiches o comentario. Xa tes o meu contacto ;)

enviado por quecheparece o 01 outubro 2008 ás 05:28 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Saudos, unha das maximas dun blog decente é actualizarse de forma habitual, algo que non ocorre neste apreciado blog.

enviado por Lorenzo o 05 outubro 2008 ás 10:02 AM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado