Accede ao que teñas enchufado no USB do router Hitron
Ola a todos. Hoxe queremos falarvos dunha nova funcionalidade que tedes dispoñibles os clientes co router wifi-N Hitron: a de acceder aos arquivos da vosa casa a través da web de clientes de R.
Como sabedes, o servizo wifimedia que ofrece o Hitron permite que lle enchufedes un disco duro ou ben outro dispositivo de almacenamento ao porto USB do router. A partir de aí podedes compartir e gardar arquivos dende calquera dispositivo do teu fogar con wifi (PC, portátil, móbil, tablet...).
Deste xeito, se tedes un televisor con DLNA tamén vas poder ver nel os arquivos e vídeos que tes no disco duro ou ben na chave USB. Aquí podes ver o vídeo que fixo un cliente sobre o servizo, para que vexas o doado que é:
Pois ben, agora o wifimedia engade unha funcionalidade máis: permite aos nosos usuarios acceder, a través da web de R, aos vosos arquivos do fogar cando estades fóra. Loxicamente para acceder a eses contidos teñen que estar enchufados ao Hitron. Por suposto, o acceso non é público e unicamente vós teredes acceso a eses contidos pois require a vosa identificación entrando na web de clientes. Así estades seguros de que só vos ides ver o que teñades enchufado ao Hitron.
Ides á sección de servizos contratados, alí despregades os servizos do voso combo, e na parte de internet entrades en “wifimedia R: ver rede local / acceder a arquivos”.

Aí pedirásevos permiso para activar o servizo (estade tranquilos porque aos vosos arquivos só ides ter acceso vós), e poder acceder así vía web de clientes aos teus arquivos:

Poderedes ver así, de xeito remoto, os equipos que tedes conectados ao voso router co servizo wifimedia :

Pero o mellor de todo é que podedes acceder ás carpetas e arquivos do disco USB conectado ao wifimedia dende calquera parte do mundo. Así, teredes sempre á man os vosos arquivos e sería como se estivésedes diante do voso ordenador persoal. E todo dun xeito totalmente seguro:

Agardamos que vos guste esta nova opción e, sobre todo, que lle saquedes partido e vos resulte útil, que é o que buscamos ;). E se vedes opción para mellora-lo, pois como sempre, para iso estamos en R.
Un saúdo.

hagamos efectivo ese lema internet para todos. la wifimedia deberia ser tan practico y basico que debe estar presente en cualquier combo que tenga internet, no se entiende esa discriminacion para los router thonsom o combo 2+10 hoy en dia deberia ser tan comun como tener wifi. no hagamos de lo basico una discriminacion. progresar no siempre es cobrar por todo, gracias por pensarlo.
enviado por EDUARDO o 19 xaneiro 2012 ás 07:09 PM CET #
Eduardo, el tema del wifimedia es un proyecto muy caro para R, ya que llevamos invertidos varios cientos de miles de euros en el mismo. Lógicamente para un cliente de comboR y combo3, que realizan un mayor gasto de internet en su combo sí no es rentable ofrecerle este servicio incluido, pero no lo es en otros perfiles de clientes. Imagina un cliente con 1 mega, por el que paga 4€+IVA y ya tiene el wifi: no sale a cuenta.
Del mismo modo, debería ser algo básico tener GPS, 6 airbags o ABS de serie en los coches, y no todos lo tienen. El motivo es que detrás hay mucho dinero invertido y en ciertos utilitarios no se puede y si se quiere se tiene que pagar. Ten en cuenta que si lo cobramos es porque a nosotros nos ha costa dinero y somos una empresa que tiene que sacar rentabilidad a su inversión.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 20 xaneiro 2012 ás 01:43 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Pregunta: tamén se poden modificar arquivos, crear novos arquivos remotamente, etc.? Por exemplo, abrir un arquivo de texto dende o traballo, modificalo e gardalo.
enviado por Xosé Couñago o 20 xaneiro 2012 ás 02:09 PM CET
Sitio web:: http://xosecounhago.com #
Xosé, a día de hoxe o que comentas non se pode facer, pero xa estamos a traballar para que máis adiante sexa posible. Vamos, sería o seguinte paso. Iso si, non sería tan doado como estar no teu propio ordenador.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 23 xaneiro 2012 ás 05:08 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #