Abrimos tenda R en Ferrol
Ola a todos. Como as tendas R están a funcionar ben e era unha demanda dos nosos clientes, seguimos abrindo novos locais por toda Galicia. Desta vez tocoulle o turno aos de Ferrol.
Así que despois das inauguracións das tendas R en Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Ourense, agora temos outra máis polo norte, para todos os de Ferrolterra. Inaugurámola o venres pasado, 28 de agosto, así que para o que precisedes podedes pasarvos por alí, na rúa Cantón de Molins, nº 3. Ademais, évos unha tenda ben grandiña con case 72 metros cadrados onde temos exposición cos nosos móbiles, espazo para probar as nosas conexións de internet e tamén outro con televisión dixital.
E lembrade que tamén estamos á vosa disposición en máis de 70 distribuidores espallados por toda Galicia. Que non se diga ;)
Despídome deixándovos unhas fotiños da tenda de Ferrol. Un saúdo. 



Gostaríame ter este un novo servizo nas tendas R que estades a abrir:
Xa que teño un problema, está moi ben o dos puntos para trocar de teléfono, eu os puntos os acumulo tanto do fixo como do móbil. Pois ben o móbil non o necesito trocar pero o fixo escarallouseme, e cal foi a miña sorpresa que canto intento saber se teño algún terminal fixo para trocar polos puntos dínme que non hai nada, os puntos só valen para terminais móbiles.
Creo que deberíades poñer tamén terminais fixos, que non só temos que trocar os móbiles.
Un saúdo, e apurade a facelo antes de que se me escaralle completamente e teña que mercar outro, hehehee.
enviado por Anxo o 01 setembro 2009 ás 11:52 AM CEST #
Que deco tedes posto para a tv? Porque creo que non se parece ao que teño eu no salon, que é gris, e bastante feo por certo :P
enviado por Carlos o 01 setembro 2009 ás 10:37 PM CEST #
Carlos, efectivamente, o desco é gris. Só distribuimos ese, así que non hai fallo, xa que todos os clientes teñen o mesmo.
Agora, feo, feo, deixémolo en do montón ;)
Pero o mando si que coincidirás que é bonito. Para compensar :D
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 02 setembro 2009 ás 08:31 AM CEST
Sitio web:: http://www.quechepare.com #
¿qué mando, el azul barrigón o el rosa un pelin hortera? jajaja,ya en serio,eso de que haya dos mandos para el mismo desco queda bastante feo,deberíais haber distribuído el nuevo mando rosa con todos los descodificadores digitales y no haber dado al principio el azul de toda la vida (bueno no de toda la vida, ya que al principio de la era analógica había otro mando del que seguramente pocos abonados se acordarán ya),que parece que en casa reconvertimos el mando analógico jeje. Otra cosa,el desco anda que no es grande,con la de descos modernos y pequeñitos que hay en el mercado y pedazo de bicho que poneis jeje..ayyy,hoy me levanté con el pie izquierdo y parece que lo critico todo....
enviado por lucía o 03 setembro 2009 ás 10:57 AM CEST #
Lucía, a mí me mola el rosa pelín hortera y te lo digo todo orgulloso :D
Un toque de color siempre viene bien, que ya estamos rodeados de cosas grises por todos lados.
En cuanto al mando azul, entiendo que se distribuyeron hasta que se agotaron. No los íbamos a tirar!
Un saludo y arriba el rosa!
enviado por quecheparece o 03 setembro 2009 ás 11:26 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Eu quería tamén apoiar a proposta de Anxo. Que os puntos se poidan trocar por terminais fixos. Paréceme unha boa idea, sobre todo para quen non queremos / necesitamos mudar de móbil con moita frecuencia.
enviado por Frede o 03 setembro 2009 ás 09:44 PM CEST #
felicidades pola nova apertura
enviado por ivan louzan o 07 setembro 2009 ás 01:46 PM CEST
Sitio web:: http://www.opinguino.es #