logo

abrimos as canles en DVB-C

martes 31 marzo 2009 | 70 Comentarios

hoxe estou aquí para falarvos do voso tema favorito (ou polo menos do que máis opinades): a televisión de R. Xa puxera na resposta a un comentario que vos ía dar unha nova importante no blog. Pois ben, como vedes, as vosas suxestións non caen nun saco roto: imos emitir as canles xeralistas e algunhas máis en aberto en formato DVB-C para todos os clientes de R.

total, que se van beneficiar disto os clientes de combo3 e combo1, pero tamén os de comboR e combo2 para as súas segundas tomas. En definitiva, que se poderá recibir en calquera toma de televisión de R de calquera dos nosos clientes.

aínda que hai días que se tomou esta decisión en R, pois non é ata hoxe que vola comento porque xa temos unha data aproximada para abrir en DVB-C varias canles con calidade dixital: será dentro dunhas oito semaniñas (aprox). Aínda que xa vos digo que non é unha data pechada, senón aproximada (para que despois non me digades nada, jeje).

que saibades que a decisión se toma precisamente por vós, porque nos déchedes a idea e que a tomamos moi en conta. Como vos dixera noutras ocasións, polo de agora non se trataba de algo prioritario ou no que estivesemos a pensar, porque os fabricantes nos din que os televisores que teñen sintonizador DVB-C non chegan ao 3% dos vendidos. Pero como en R e neste blog estamos para escoitar as ideas e as demandas dos nosos clientes, pois decidimos facelo. Cremos que se trata dunha medida que permite mellorar o noso servizo e sobre todo, responder ao que esperades de nós.

que vai implicar isto? Pois que imos emitir en dixital e sen encriptar varias canles. Cales? Pois ides poder recibir en dixital as canles xeralistas, algundas das coñecidas como da TDT, as autonómicas e as internacionais. Espero que non haxa queixa ;)

a nosa idea é crear unha oferta de contidos superior á que poidades ter a través da TDT e que non digades que non nos esforzamos, jeje. É dicir, os clientes que xa teñen DVB-C no seu televisor van poder gozar deste servizo nun par de meses.

outra cousa importante. Ademais das canles en aberto, os que teñan DVB-C nos seus equipos van recibir tamén a nosa guía electrónica de programación, non a das canles de televisión. Ides ter a información que elaboramos en R sobre os eventos de cada canle, iso si, adaptada ao formato que teña o voso equipo. É dicir, que o funcionamento da EPG dependerá do sintonizador que teñades, aínda que nós emitimos este contido respetando o estándard DVB.

recompilando: imos abrir as canles en dixital a través de DVB-C; imos ofertar as canles xeralistas, algunhas da TDT, as autonómicas e as internacionais e imos emitir xunto co vídeo e audio o contido da nosa EPG

non vos recomendamos polo de agora mercar un equipo DVB-C porque estamos a madurar unha decisión aínda mais radical que vos comunidaremos en próximos posts.

bueno, e que pasa para todos aqueles clientes de combo3 e combo1 que isto non lles interesa e que queiran ver como ata o de agora a televisión en aberto e en analóxico, sen mercar aparellos nin historias. Pois o que vos dixen no seu día, que en R non hai apagón analóxico e ides continuar recibindo as canles que ofrecemos en aberto como ata o de agora (en analóxico).

novidade importante: naquelas localidades nas que se produza o apagón analóxico (o do aire) iremos incorporando tamén en aberto e en analóxico as canles chamadas da TDT que non podedes ver ata o de agora e coas que temos un acordo. É dicir, estas canles incorporaranse de forma gradual por concellos, segundo se produza o apagón. Deste xeito, cando comece o apagón o 30 de xuño, os clientes de combo3 e combo1 de Ames, Arzúa, Boiro, Brión, Melide, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Santiago de Compostela, Rianxo, Ribeira, Teo, Lalín ou Silleda, comezaredes a recibir tamén CNN+, Hogar 10, TVG2 e Hogar 10 e 40Latino.

xa me comentaredes que tal vos parecen as novidades ;)




Comentarios

¿Esa decisión aínda máis radical podería ser comezar emitir algún canal en alta definición? Na miña casa aínda temos televisor CRT pero sería un bo incentivo para adquirir un equipo máis moderno e nos ofreceriades algo que de momento en España creo que non ofrece ninguén.

enviado por Rarok o 31 marzo 2009 ás 08:32 PM CEST #

Pois si que ves cargadiño de novas :)

Aledame que finalmente decidisedes emitilas canles abertas en DVB-C. E máis ainda que metades máis canles e que adaptasedes a vosa guía :D

O da inclusión gradual das canles CNN+, Hogar 10 e TVG2 no analóxico segundo se produza o apagón, ós que o temos dentro dun ano, como que nos queda moi lonxe :S Sendo unha empresa galega creo que deberíades meter máis pronto que tarde a TVG2.

E a ver que é iso ó que lle estades dando votlas :)

Saudos!

enviado por fervigo o 31 marzo 2009 ás 09:14 PM CEST #

Agradécese a apertura de DVB-C, pois así poderemos gravar en calidade dixital dende o ordenador, entre outras moitas cousas.
Imos avanzando para non depender tanto da infraestrutura da TDT nos nosos fogares.

enviado por Marcus o 31 marzo 2009 ás 09:51 PM CEST
Sitio web:: http://marcus.es/ #

Enhoraboa pola decisión da emisións das canles dixitais DVB-C en aberto, espero que cando ocurra esto poidamos ver todas as canles xeneralista, todas as de TDT que difundides, e todas as xeneralistas e todas as internacionales, mailas locais que emitides polo de agora. ¿Este feito vai supoñer para os clientes algún tipo de coste adicional?
No eido das canles analóxicas en aberto se ides a incluir as canles da TDT que agora só se emiten en dixital, podes confirmar se van ser todas como CNN+`, 40latino, Hogar 10 e G2.
Tamén me gustaría saber que pasará coas canles locais cando chegue o apagón analóxico vanse poder ver en forma analóxico e dixital pero en aberto.

enviado por Tomás Castro o 01 abril 2009 ás 12:20 AM CEST #

Grandisima nova para un 3 por cento da poboacion , xa que a maioria dos fogares galegos ainda non contan con DVB-C ,o resto, cunha tele normal, teran que esperar a que, chova , trona , ou veña o demo por ferrol " "Prometer , prometer hasta poderla meter y una vez metido se olvida lo prometido ."

aiis , en fin GRANDES NOVAS o de grandes que era porque vai en negriña e en maiusculas?

Iredes engadindo as canles da tdt a vosa grella analoxica gradualmente, aiis que bonito, e que ben queda escrito.

¿ E porque non lle cobrades a factura gradualmente tamen os clientes? Cando che ofrezamos dunha vez todas as canles que che prometemos paganos, mentres non.

Eso si estaria ben .

Ainda que aplaudo a mellora , segue a ser mais que insuficiente. ESPABILADE¡¡

En fin...

enviado por Emi o 01 abril 2009 ás 01:14 AM CEST #

Ola Tomás.

Esta decisión non terá custe para os clientes, xa que se trata de canles que ofrecemos en aberto e de xeito indiscriminado, é dicir, que se tes un televisor con DVB-C as podes recibir e senón, seguirás a ver as canles como ata o de agora.

Xa comentei tamén ao final do post que cando só se emitan nalgunhas zonas de Galicia unicamente en dixital, ofreceremos nesas zonas as canles da TDT que agora non se poden ver en aberto no caso dos clientes de combo3 e combo1.

No caso das canles locais, algunhas teñen licenza para emitir en dixital e outras non.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 01 abril 2009 ás 09:25 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pero, ¿qué carallo é iso de DVB-C?

enviado por xotengo o 01 abril 2009 ás 10:26 AM CEST
Sitio web:: http://www.barriodelosrosales.es #

Ola xotengo.

Por dicilo dun xeito sinxelo, o DVB-C é o estándar de televisión que permite ver o sinal de TV dixital a través do cable.

Hai un estándar por cada tecnoloxía: a do satélite sería DVB-S e a da TDT sería DVB-T.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 01 abril 2009 ás 10:35 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Grazas, quecheparece, o meu comentario foi unha pequena provocación, porque botei de menos na túa gran noticia unha lixeira explicación do término. Pensa que a meirande parte da xente perdémonos coas siglas.
Bou correndo a ollar o manual da miña tele, para ver si é compatible ou non.
Unha aperta.

enviado por xotengo o 01 abril 2009 ás 11:08 AM CEST #

Tes toda a razón. Realmente puxen unha ligazón no post á entrada do DVB-C na wikipedia para os que non souberan a que me refiro, pero iso non quita que tamén o deba explicar aquí.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 01 abril 2009 ás 11:16 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Umm, recoñezo agora a miña torpeza. Non fun quen de pinchar na ligazón, nada que obxetar entón. E certo que moita xente non ten o costume de seguí-las ligazóns, pero tamén é certo que si a puxestes, o artigo xá está ben feito.
As miñas disculpas.

enviado por xotengo o 01 abril 2009 ás 11:21 AM CEST
Sitio web:: http://www.barriodelosrosales.es #

De todas formas gustaríame sabes se tedes pensado negociar dalgún xeito as canles da TDT que non tedes, é dicir Antena.Neox e Antena.Nova.
Se estiveran estas canles en R, ó ter as canles dixitais de TDT e xeneralistas en aberto estaría o 100% das emisións do sinal de DVB-T.
E por último quixera preguntar se a canle que R emite en promoción para clientes de Combo1 e Combo3, esta tempada está dispoñible TCM, seguirá estando co servicio de DVB-C en aberto.

enviado por Tomás Castro o 01 abril 2009 ás 11:23 AM CEST #

Por fin os meus nenos poderán ver a G2... por que xa estaba eu pensando en cambiarme.
Agardo que R siga por este camiño.
Un saúdo.

enviado por Xosé o 02 abril 2009 ás 02:01 PM CEST #

Enhorabuena por la decisión, lástima que desde el Gobierno se acuerden sólo de la TDT para digitalizar la tele, cuando por cable o por satélite podemos tener mayor cantidad y calidad de canales.

La mayoría de las teles nuevas con tdt hd integrado incluye el sintonizador dvb-t y c

Viendo http://www.sony.es/selector/tv-projector 34 de los 83 modelos de tv de sony, incluyen sintonizados mpeg4 compatible dvb-t y dvb-c con modelos desde 699 €

Idem con TODOS los NUEVOS modelos de philips http://www.consumer.philips.com/consumer/es/es/consumer/cc/dp/_categoryid_TELEVISIONS_CA_ES_CONSUMER/# con 10 de los 25 modelos del total de la gama

Saludos

enviado por fercu o 02 abril 2009 ás 04:15 PM CEST
Sitio web:: http://particulares.mundo-r.com #

Hola, me parece que volveis a tener mal al EPG, por los partidos que emiten: La Sexta y Hogar 10. Tanto querer ahorrar en la revista R y al final no se sabe que echan en los canales... Ni en la revista ni en la EPG. ESTO ES INCREIBLEEEEEE!!!

enviado por joakincp o 04 abril 2009 ás 01:55 PM CEST #

Antes de que empecedes a abrir o sinal dixital DVB-C. Gustaríame preguntar unas dúbidas que teño:
1º ¿Ides ter algún acordo con Antena3 para emitir as canles de TDT Antena.Nova e Antena.Neox? Desta forma as canles da TDT estarían dispoñibles ó 100%.
2º Ó emitir en aberto as canles autonómicas ¿pensaron na posibilidade de ampliar as canles autonómicas e a posible inclusión de novos servicios como Extremadura TV ou IB SAT?
3º Ó tamén emitir en aberto as canles internacionais ¿ esto afectaría só as canles RTP Internacional, Arte, TV5 Monde e Deustche-Welle? ¿Teñen pensado ampliar as canles internacionais como se falaba hai un tempo atrás a través deste blog?
E como modo de suxerencia gustaríame preguntar:
1º ¿Por que non emitir tamén en aberto as canles informativos como Euronews, CNNi, Bloomberg?
2º A posiblidade de emitir en aberto a canle musical Vh1?
3º A canle Natura emítese en aberto a través da plataforma Euskaltel, ¿por que non facer o mesmo en R?
E para finalizar gustaríame sabes se:
- A canle que R emite en promoción como é o caso de TCM e agora Paramount Comedy ¿vaise poder ver en aberto tamén por DVB-C?
Espero que me poidas responder a todas estas cuestións que son de gran interese.
Gracias pola atención.
Un saúdo

enviado por Tomás Castro o 05 abril 2009 ás 10:37 AM CEST #

Ola Tomás.

Perdoa que non che contestara antes. Algunhas preguntas xa mas fixeras nun comentario anterior e, se non dixen nada polo de agora é porque non teño confirmación ao respecto, así que dáme un pouco de tempo para que me respondan a min :D

Doutra banda, sobre a incorporación de novas canles e o acordo con Antena 3, como xa indiquei noutro sitio neste blog, non vou falar nada mentres non haxa nada concretado. Creo que o mellor é non especular e contarvos que pasa ou deixa de pasar. Intento tervos ao día das novidades e, cando tiven unha data, fóstedes os primeiros en saber que iamos emitir en aberto a través de DBV-C. Deste xeito, se hai algunha nova incorporación ou novidade, indicaréivola no seu día.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 05 abril 2009 ás 03:52 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Que curioso! A esta hora só se pode entrar nas páxinas de R :-(

enviado por makeijan o 09 abril 2009 ás 02:17 AM CEST
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org/ #

No tiene que ver con el tema, pero si con R. Me esta gustando mucho lo bien que estan tratando este corte que lleva ya casi 2 horas... queda de maravilla de cara la galeria pagar 110€ religiosamente cada mes y cuando hay un corte (supongo que general aunque puede ser de mi zona, pero tal y como esta atencion al cliente supongo que es general...) R tenga la jeta de colgar el telefono y no decir ni pio (ya que la red propia de R funciona... como minimo lo logico es poner un comunicado en la pagina de mundo-r ya que pasais de informar por el servicio de atencion al cliente) en fin, tan pronto se me acabe el contrato de la promocion o mucho cambian las cosas o me ire de esta empresa que tener mejor oferta es bastante sencillo (tv de pago por satelite, adsl y sobra dinero todavia..)

enviado por banzai o 09 abril 2009 ás 02:49 AM CEST #

Por fin, poderei ver a TDT por R... porque xa estaba eu pensando en cambiarme.
Como parte do 3 % de TV con DVB-C, enhoraboa pola decisión da emisións de canles dixitais en aberto, en DVB-C, espero que cando isto ocorra poidamos ver tódalas canles: CNN+, 40 latino, Ant. Neox, Ant. Nova, Hogar 10 e G2 (co seu TXT, subtítulos e canles de audio) e tóldalas Radios: Punto Radio, Radio Marca, Radio Intereconomia, Cadena SER, 40 pricipales e cadena Dial etc, etc…, desta maneira estará en aberto o 100% das emisións que emiten na TDT… , desta maneira non temos que migrar nin mercar máis aparellos…
¿Qué será do canle que R emite en promoción, seguirá estando en aberto?
¿Qué é “estamos a madurar unha decisión aínda mais radical”?
A ver qué é iso ó que lle estades dando voltas… poderemos acceder as aplicacións interactivas, contratar partidos ou películas o trabes da rañura para unha tarxeta CAM (Modulo de acceso condicional, para servizos Pay Per View) … estaría ben
Un saúdo.

enviado por Xosé Ml. o 09 abril 2009 ás 11:35 AM CEST #

http://www.codigocero.com/Os-usuarios-de-R-quedan-sen,8148

a ver: como volve ser isto de que R queda sen conexión a internet? Pensabamos que ante o ridículo espantoso da última vez que nos deixaron a dúas velas xa terían tomado medidas pra que non volvera pasar. Entón foi un cabo que rachou preto de madrid (como todos deberiamos saber R ten o talón de aquiles fora da galiza)

Fagan o favor de dar as explicacións oportunas (xa veremos se nos convencen) Transparencia se chama (respeto aos clientes se debería supoñer)

enviado por Nemigo o 09 abril 2009 ás 01:01 PM CEST #

Ola Xosé Ml.

A decisión "máis radical" xa vola comunicaremos no seu día, en caso de que a tomemos. Antes é adiantarnos de máis aos acontecementos.

Doutra banda, matizar que en ningún momento falei de que imos emitir Antena Neox e Nova, porque ningún dos nosos clientes as reciben, como xa sabedes.

Tampouco dixen nada das radios que se emiten vía TDT. Só falei no post das canles da TDT que estamos a emitira agora, das nacionais e das autonómicas.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 09 abril 2009 ás 03:55 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ola a todos.

Sinto moito o tema do corte desta noite, que polo que vexo durou bastante e foi unha cousa grave.

De momento non sei nada sobre o tema, xa que foi esta pasada madrugada, así que me colledes un pouco co pé cambiado, porque non estou na oficina e hoxe é día festivo. De todos os xeitos, o luns prometo darvos explicacións do sucedido.

Sinto tamén os problemas que houbo de comunicación en canto ao noso centro de atención ao cliente. Xa digo que non sei o que puido suceder, pero entendo que non foi algo previsto e, pola madrugada, dado o volume habitual de chamadas, non hai tanta xente atendendo como durante o día.

Na web de mundo-r.com estamos implementando un sistema para avisar aos nosos usuarios cando hai un corte ou unha caída da rede, despois do que pasou no mes de outubro pasado. Sei que non é excusa, pero entendo tamén que debido á hora e ao día non se puido informar dende a web.

Sinto non poder darvos máis detalles sobre o sucedido e reitero as nosas desculpas polas molestias que vos puidemos causar esta pasada noite.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 09 abril 2009 ás 04:02 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Felicidades por tu aplomo y reconocer las cosas como son. La pena es que tus jefes no tengan esa virtud que tú demuestras dando la cara; ya no es la primewra vez.
Por lo tanto un 10 por tu actitud y un cero para ellos.
Un saludo y gracias.

enviado por Indiana o 12 abril 2009 ás 09:12 PM CEST
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/abrimos_as_canles_en_dvb #

Bos días.

O corte que se producíu na madrugada da xoves ao venres foi causado no transcurso dunhas obras nun carrier internacional. Era un traballo destinado a mellorar o servizo que estamos a dar e por iso precisamente se fixo de madrugada, para producir as menores molestias posibles e afectar aos menos clientes.

Para evitar problemas maiores na rede, e que non vos vísedes afectados durante o día, que é cando máis uso facedes da rede, os traballos de mellora duraron dende a 1.30 ata as 3.40 da madrugada, coincidindo precisamente co comezo da ponte da Semana Santa.

Si que é verdade que polas datas na que se producíu este traballo non coordinamos axeitadamente e coa suficiente antelación nin a comunicación de que se ía producir un corte nin o reforzo no centro de atención ao cliente. Sen que serva de excusa, o provedor do carrier internacional tamén nolo comunicou con pouca antelación a nós, polo que centramos os esforzos en coordinar e ver como se desenvolvían os traballos para que rematasen o antes posible e quedase todo solucionado.

O que temos procedimentado, como vos dixen o outro día, é poñer unha mensaxe na web avisándovos de que se producíu unha incidencia ou de que hai un corte na rede por “x” motivo. Desta vez non foi posible poñelo pero, xa postos, gustaríame saber como queredes que actuemos para próxima vez ante un corte ou unha avaría na rede deste tipo.

Deixarvos unha mensaxe no voso contestador de teléfono parécenos un pouco intrusivo, pero igual si que vos parece interesante que na televisión vos avisemos do que está a pasar. Igual vos parece máis sinxelo remitirvos un correo, tipo o anteollo R.

Visto o visto, pídovos suxestións para tratarmos de mellorar pola nosa parte este tipo de cuestións. Xa que o mal está feito, o que temos que facer agora en R é conseguir un procedemento adecuado e que non se volva repetir nin o que sucedeu o pasado mes de outubro nin o pasado día 9 de abril a nivel de comunicación con vós.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 13 abril 2009 ás 11:57 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Oola. Unha proposta: tendes que pensar en crear canles propias de R, tipo R Deportes, R Cine, R Series, etc. e emitir NBA, etc. Despois, a xente quéreo todo feito. Hoxe en día calquera pode ver as canles autonómicas en aberto poñendo unha parabólica, uns 30 euros. Ademais veredes canles extranxeiras, etc. Pero si é ben certo que se R os vai poñer mellor. Hoxe en día se queres ver todo, tes que ter 3 aparatos: un TDT, un de d+ e outro de R e aínda así non o ves todo. Despois o da guerra da TV que non sabes onde o botan... Total, que se a xente está confundida con todo isto da TDT, agora aínda máis, é un rebumbio. Polo menos facede acordos por uniformar todo e xuntalo. GRACIAS

enviado por mike o 13 abril 2009 ás 01:02 PM CEST #

La pasada noche tambien tuvisteis problemas entre las 00:00 y las 01:00 era imposible acceder a ninguna pagina web. Estuve realizando pruebas haciendo ping a diferentes webs y la mayoria respondian correctamente, aunque eran inaccesibles via navegador. Tambien realice un par de tracert a algunas webs que no respondian a ping y se quedaban en la red de euskaltel.

¿R no esta conectada directamente a Espanix? ¿Salis a internet via otros proveedores de internet?

enviado por Xan o 13 abril 2009 ás 01:29 PM CEST #

Quecheparece: Te tengo por una persona bastante comprensible y sobre todo me alegro por tus ESFUERZOS en mejorar la comunicación con los clientes.
Pero lo que no es de recibo, que siempre descarguen en tu persona las explicaciones tardías, cuando creo que debería de ser uno de los de arriba el que diera la cara.
Acuérdate de lo que te dije en otro comentario del muro de las lamentaciones. Y lo que empieza a ser más preocupante es la caída de calidad en atención al cliente y como no, en el servicio. Espero que esto les sirva de REFLEXIÖN y que ante todo, Arturo Dopico de la cara, porque realmente en R algo está fallando. Creo que un BAÑO DE HUMILDAD nos viene bien a todos de vez en cuando.
Un saludo cordial y sigue por este, lo que creo, buen hacer.

enviado por Indiana o 13 abril 2009 ás 01:34 PM CEST
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/abrimos_as_canles_en_dvb #

Quecheparece si puedes revisa el hilo de BA sobre el corte y veras lo descolocados que nos dejo a las clientes no ya el corte sino la inexistente atencion telefonica.

Aun hoy por la mañana hablando con tres teleoperadores del 1449 y del 1446 nadie sabia la razon del corte y mucho menos que estuviese programado.

Por favor mejorad esas cosillas que antes R era diferente.

enviado por CJ-V300 o 13 abril 2009 ás 05:18 PM CEST #

Dende o meu punto de vista os avisos de cortes máis ou menos programados, coma este que nos ocupa, debían ser tratados de dous xeitos:
1. En http://www.mundo-r.com directamente, ou cun atallo dende a páxina de inicio.
2. Comunicacións automáticas a correo electrónico activables polo usuario, por exemplo na web de clientes. Este punto é importante en especial para empresas. No meu traballo pedimos que nos enviaran un aviso cando houbera un corte programado e estaba funcionando ata este xoves, que non avisaron, co que xa tedes unha reclamación máis.

Un saúdo.

enviado por makeijan o 13 abril 2009 ás 05:32 PM CEST
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #

Hola Xan.

No tenemos constancia de ningún tipo de incidencia ni corte en nuestra red esta pasada noche de 00.00 a 1.00 horas. No sé si se trata de algo puntual de tu zona u otra clase de problema.

Si me das algún detalle más te lo puedo mirar con más detenimiento.

Un saludo

enviado por quecheparece o 13 abril 2009 ás 07:26 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pues siendo un corte programado aun es mas triste la situacion la verdad y espero que en vez de devolver 1€ (como el otro corte que fue un accidente) sea mas cantidad por semejante chapuza (soñar es gratis pero deberiais empezar a fidelizar a los clientes, y sobre todo a los del combo R que es donde menos dais y donde os recuerdo: no sois baratos).
Despues me gustaria saber quien te dio los datos de que el corte haya sido de 1:30 a 3:40 porque al menos en mi zona hasta las 5:30 nanay (y aun encima al no poder abrir incidencia tendre que perder tiempo llamando para que desconteis la parte proporcional que como siempre devolvereis 3 o 4 meses despues y esta vez no creo que tenga R dentro de ese tiempo [visto lo visto pocos motivos quedan para seguir con vosotros salvo que se os de por empezar a ofrecer mas que lo que ofrecen los demas con adsl.. porque estais desaprovechando el cable de una manera estupida]).
Tambien es de chiste que despues del otro corte general se este aun probando un sistema de avisos (hacer el codigo de eso no lleva ni 2 horas... y en caso de emergencia editar el index y poner 2 frases no lleva ni 1 minuto).

enviado por banzai o 13 abril 2009 ás 08:55 PM CEST #

quecheparece , a ver si me puedes ayudar en un problema que tengo con R.
¿Hoy hace unos 15 minutos(21:15 del 13/04/2009) veo que estan dos "operarios" de R en mi zona, exactamente uno en el caseto de datos de la calle y otro "jugando" con la caja de mi edificio, me estan dejando a ratos sin internet y sin tv.
¿Esto lo hacen por aburrimiento o para que pida la baja de R y me pase a otra compañia nacional?

enviado por joakin o 13 abril 2009 ás 09:38 PM CEST #

Por cierto, yo ya llevo aguantado muchos fallos en R, en la empresa qe trabaje de mantenimiento, fallo una toma del telefono, segun dijeron por estar "sucia" y problema de quien la instalo... al arreglar el telefono, habian dejado sin internet a la empresa, y despues muchisimos fallos de internet y de tv en mi casa...
Esto empieza a no ser una empresa seria...

enviado por joakin o 13 abril 2009 ás 09:45 PM CEST #

Case unha semana e sen saber os motivos do corte do outro día... Moi ben. Merecedes un aplauso. Vós seguide dando motivos a xente para que se vaia, que xa veredes que ben vos vai ir...

enviado por Julio o 14 abril 2009 ás 01:19 AM CEST #

Yo creo que en tema de avisos cuando hay una caída de este tipo, lo primero de todo es poner una locución en la centralita del SAT, más que nada para que la gente no se quede con la impresión de que R se hace el loco y no atiende las llamadas cuando hay colapso de líneas.
En esa locución podeis advertir también, que para más información, pues bien en la web o si finalmente optais por informar a través del canal de R, etc...



enviado por Bas o 14 abril 2009 ás 10:21 AM CEST #

A mi me va cojonudo con R

enviado por xotengo o 14 abril 2009 ás 10:51 AM CEST
Sitio web:: http://www.barriodelosrosales.es #

Vaya, leyendo los foros de bandaancha parece ser que no vais a devolver ni un duro por el corte al ser inferior a 12 horas... (eso en el caso de R empresas y supongo que las tratareis mejor que a los particulares...). Se agradeceria mas informacion sobre esto

enviado por banzai o 14 abril 2009 ás 08:12 PM CEST #

Hola banzai.

No puedo decirte cada caso en concreto. En R cumplimos con la política de reclamaciones que nos marca la ley. Se realiza una compensación al cliente cuando el fallo en el servicio está causado por nosotros y cuando la compensación es igual o superior a un euro.

No he hecho cálculos al respecto, pero, poniendo como caso, que durante una semana se quedase sin servicio un cliente con la opción 3 megas y otro con la opción de 30 megas, la compensación a éste último sería más elevada que al primero, porque paga más por el servicio.

Ya te digo que no he hecho los cálculos, pero todo dependería de la opción de internet contratada y del tiempo de la avería que, como os he indicado, duró de 1.30 a 3.40. Es decir, influye la duración, pero también el producto contratado, porque eso determina si la compensación llega o no al euro que marca la ley.

Por otro lado, pedirle disculpas a Julio por la tardanza en dar las explicaciones oportunas a lo sucedido. Como ya expliqué el pasado jueves, me encontraba en mi piso, por lo que no tenía más datos al respecto.

Quiero agradecer también a Bas y a makeijan por las sugerencias. Por lo que he averiguado hoy, en el centro de atención al cliente ya existe la posibilidad de poner un mensaje alertando a nuestros clientes de que ha habido una incidencia o hay una saturación de la red por algún motivo. Como os dije, en este caso apenas tuvimos tiempo de reacción porque nos avisaron tarde de esta obra y se trataba de un día festivo. A pesar de ello, reitero que no es excusa que valga.

Con respecto a la pregunta de joakin, la verdad es que no sabría que decirte. Nuestros operarios siempre realizan trabajos para arreglar el servicio a un cliente, conectarlo o mejorar la red. Desde luego, lo que no es lógico es dejar a un cliente sin servicio porque sería jugar con nuestro "pan" y con nuestra imagen. Lo que me comentas es muy raro, pero no podría decirte nada más porque no sé ni la zona ni de lo que se trataba, y a día de hoy estamos en unas 70 localidades y tenemos bastantes operarios trabajando. Pero te reitero que es la primera vez que escucho algo semejante.

Un saludo.

enviado por 10.0.137.40 o 14 abril 2009 ás 08:34 PM CEST #

Perdona que te corrija, pero hablas de la devolución automática, que se realizará cuando el importe es igual o superior a un 1 euro, lo cual no exime a mi entender que se puedan reclamar por parte de los clientes por cantidades inferiores.
1. Cuando, durante un período de facturación, un abonado sufra interrupciones temporales del servicio de acceso a Internet, el operador deberá compensar al abonado con la devolución del importe de la cuota de abono y otras cuotas fijas, prorrateadas por el tiempo que hubiera durado la interrupción. A estos efectos, el operador estará obligado a indemnizar automáticamente al abonado, en la factura correspondiente al período inmediato al considerado, cuando la interrupción del servicio suponga el derecho a una compensación por importe superior a 1 euro.

enviado por Indiana o 14 abril 2009 ás 08:51 PM CEST
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/abrimos_as_canles_en_dvb#comments #

Siento ser un poco pesado con el tema pero te vuelvo decir que la conexion no volvio a las 3:40 (al menos a los particulares) y puedo dar los logs que quieras sobre eso. Y contrastando con algunos usuarios de bandaancha (que son de zonas diferentes) a todos les volvio a partir de las 5 (en mi caso a las 5:30 volvia a tener acceso).
Tambien miraria como compensar para limpiar un poco la imagen (tambien lo dije antes) porque no es lo mismo lo que ocurrio en Octubre (sino me equivoco fuera un incendio ajeno a vosotros) que la chapuza del otro dia de la que R tiene toda la culpa.

enviado por banzai o 14 abril 2009 ás 10:32 PM CEST #

Hola de nuevo.

No discuto en ningún momento que el servicio os volviera a las 5.30, ni mucho menos. La obra se efectuó durante el tiempo que os indiqué arriba, y entiendo que a partir de ahí el servicio vuelve de forma gradual a los usuarios, por lo que de ahí ese margen.

Por otro lado, en cuanto a las compensaciones y a nuestra imagen, creo que nunca nos hemos escondido. Ni echamos balones fuera ni ocultamos nuestra responsabilidad. No lo hicimos en octubre ni lo hacemos ahora. Somos conscientes de todas las molestias y problemas que ha podido causar este corte, pero también tenemos que ser coherentes con las compensaciones siempre.

Como bien señala Indiana, la ley indica que "A estos efectos, el operador estará obligado a indemnizar automáticamente al abonado, en la factura correspondiente al período inmediato al considerado, cuando la interrupción del servicio suponga el derecho a una compensación por importe superior a 1 euro". Y eso es lo que vamos a hacer.

Nosotros estamos para responder con calidad y servicio, para eso nos pagáis cada mes y, si no lo hacemos, no estaremos respondiendo a vuestras expectativas.

Un saludo

enviado por quecheparece o 15 abril 2009 ás 09:17 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Me olvidaba de la pregunta que me hizo Xan.

Además de la presencia en Espanix, tenemos varios proveedores que nos dan salida internacional. En Espanix únicamente tenemos conectividad con las "redes nacionales", o lo que es lo mismo, con aquellas redes que comparten los proveedores que están en el punto neutro.

Por otro lado, en cuanto a la presencia en Espanix, estamos mediante un acuerdo que tenemos con otro operador. Un saludo.

enviado por quecheparece o 15 abril 2009 ás 09:37 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Creo que en algunas cosas vais a peor (para ser precisos, vais siendo menos diferentes y más del montón):
1) Compensar más a quien más reclama y no a quien tiene más motivos es un error (igual que el de hacer descuentos por hacer el amago de darse de baja -luego el que lo hace presume delante de los amigos y los que no lo hacemos quedamos con cara de tontos y con ganas de darnos de baja, pero de verdad).
2) La atención al cliente va a peor y bastante. También os parecéis cada vez más a los operadores con el callcenter en Marruecos (esperas largas, prisas por acabar las llamadas, agentes con voz de estar algo quemados).
3) La ocultación de información sobre las incidencias gordas recuerda mucho al estilo de aquella compañía que tenía el monopolio del teléfono en España (también lo recuerda mucho el pretender cobrar a un cliente cuando un módem se quema por una subida de tensión).
El marketing está bien, pero el que paga espera servicio (si no pago un recibo, a R le da igual si es porque mi jefe no me paga a mí; así que a mí también me da igual si el fallo de internet o la tv es por culpa de R o de los contratos de R).

enviado por Ui o 15 abril 2009 ás 11:49 AM CEST #

En principio isto é para opinar sobre “abrimos as canles en DVB-C” se vos parece abrides outro fío ou mirades de protestar noutro foro… xa que nos inda que tamén afectados, tiñamos este fío para dialogar da TV…
“quecheparece” que aguante tes macho! e todo pola falta de respeto, mala atención o publico da empresa R onde os clientes nesta ultima tempada son so números, isto a larga pasara factura, se non a esta pasando, e a competencia hoxe é moita...
Grazas

enviado por Xosé Ml. o 15 abril 2009 ás 01:03 PM CEST #

Habitualmente xa aviso aos usuarios que en cada post se escriba sobre o tema concreto, pero visto este caso, fixen unha excepción.

Se mo permitides, cortamos aquí os comentarios sobre o problema que houbo na rede a semana pasada e continuámolo neste post: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/sobre_a_opci%C3%B3n_alta_velocidade onde xa tratamos diferentes cuestións.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 15 abril 2009 ás 01:10 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

y seguiremos eternamente mintiendo al personal,Un servicio de television deficiente y que no cumple lo que promete, ahora cortes en la red, ...QUE PELIGROOOOOOOOOO mucho me temo que me marchare de R si esto sigue asi.

enviado por Emi o 19 abril 2009 ás 01:12 AM CEST #

Deixovos este comentario que sobre esta noticia aparece no foro de www.bandaancha.eu xa que o subscribo totalmente , non se podia explicar mellor, que razon teeen :

Todo tan bonito como discriminatorio. Para gozar de más canales o tienes un tv con dvb-c (3% del mercado) o esperar a que llegue el apagón analógico a tu zona y entonces pondrán 4 canales de tdt que son gratuitos en tu viejo televisor. La idea es buena pero la discriminación entre clientes es más que evidente. Soy de los que pienso que si yo pago lo mismo que uno de santiago o que un cliente con más poder adquisitivo que puede tener una tele con dvb-c repito si pagamos lo mismo debemos tener los mismos servicios y no unos con más de 30 canales, otros con 22 y otros con 18 pagando todos lo mismo. A mí que no haya igualdad para todos me parece mal y que se dejen de tonterías que el futuro se encamina hacia la HD y el analógico debe desaparecer. Lo ideal sería un descodificador digital para todos los clientes y una tele esencial como la de ONO y "gratis" de verdad que pagando casi 5000 pelas al mes por lo básico está más que amortizado el desco o se van a comer los descodificadores con jamón. En resumen, veo que se beneficiarán un pequeño tanto por ciento de los clientes y la mayoría a pagar sin ver más servicios que ofrecen a otros por el mismo precio. No sé si me explico pero yo me entiendo.


Na miña opinion explicase perfectamente e ten moitisima razon no que di ,pero non entende aquel que non quere. Tomei a decision de que si en xaneiro 2010 pero o dia 1 nin o dous nin o tres non vexo na miña casa con R toda a oferta TDT , darei a baixa de todos os servizos e ide timar a outro.


enviado por EMI o 19 abril 2009 ás 01:25 AM CEST #

Muy buena decisión. Aúnque por ahora seamos pocos los afourtandos poseedores de TVs con DVB-C, muchas (¿la mayoría?) de las nuevas que se venden ya lo incorporan y en poco tiempo serán todas. Además creo que esto abre una puerta muy clara a la emisión en HD en un futuro cercano. Casi el 100% de las TVs que incorporan DVB-C soportan MPEG4-AVC (H.264) y la mayoría también módulos IC para televisión de pago y demás.

Una pequeña pregunta ¿Las emisiones serán en entrelazado o progresivo?

Gracias por adelantado.

enviado por antonio o 19 abril 2009 ás 04:25 PM CEST #

Hola Antonio.

Entiendo que te refieres al formato de imagen "p" o "i". Si es así, te comento que es algo que nos viene dado por el proveedor de contenidos, por el canal. En R no lo modificamos, así que la emisión depende del canal.

Un saludo

enviado por quecheparece o 21 abril 2009 ás 09:51 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Xa temos os usuarios de TVs con sintonizador DVB-C (o 3% polo de agora) as canles en aberto que prometeu R, varias semanas antes!! (supoño en probas), os prometidos... todos os da TDT (excepto Neox, Nova e as radios), as Autonómicas, algúns Internacionais, Correo TV, R e Paramount Comedy en promoción nestes meses... total uns 40 canles… algúns con máis calidade de imaxe, mellor son, algúns en stereo, podendo nalgúns casos elixir diferentes idiomas, subtítulos, e ademais utilización da guía de programación (EPG)…
Dende logo moito mellor cas analoxicas…

A verdade paréceme un gran salto por parte de R… un aplauso!!

Quedamos a espera de Neox, Nova e tódalas radios da TDT... non nos falledes!

enviado por Xosé Ml. o 22 abril 2009 ás 06:03 PM CEST #

Que é exactamente o DVB-C e como funciona?

enviado por anion o 22 abril 2009 ás 11:37 PM CEST #

Gracias por abrir as canles en DVB-C xeneralistas, TDT, autonómicas, internacionais e a canle en promoción.
O que non ententendo é porque non abrides as canles CNNi ou Euronews, pero si se poden ver en aberto outras canles informativas internacionais como BBC World, France 24 ou CNBC Europe.
Tampouco podo entender por que non abrides a canles xeneralista Popular TV.
E así mesmo por que non abrides a canle Destino Galicia.
Gracias
Á espera da resposta.
Un saúdo

enviado por Tomás Castro o 23 abril 2009 ás 12:09 AM CEST #

Bos días anion.

O DVB-C, por así dicilo, é un estándar de emisión que está pensadao para o cable (de aí o "C" do final das siglas). O da TDT sería o DVB-T (Terrestre). É dicir, que é un estándar que se aplica dependendo da radiodifusión (cable, satélite ou terrestre).

Pola súa banda, o estándar DVB define a modulación das tramas MPEG-2 (audio e vídeo). Na wikipedia podes ver como funciona e cales son as características fundamentais fronte a outros estándares: http://es.wikipedia.org/wiki/DVB-C

Por outra banda, Tomás, sentíndoo moito, xa comentei no blog que non vou falar de por que se inclúen ou non certas canles na nosa oferta, nos nosos paquetes ou en aberto.

Un saúdo

enviado por quecheparece o 23 abril 2009 ás 09:20 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Non quero que me expliques se se poñen unhas canles ou otras nun paquete ou noutros.
O que digo é que dixeches que iades emitir en aberto as canles xeneralistas, TDT, autonomicos e internacionais.
Popular TV ou Destino galicia tédelas catalogadas como canles xeneralistas e non a estades a emitir en aberto por DVB-C, seguen estando pechadas.
¿Pode ser esto un erro pola vosa parte?

enviado por Tomás Castro o 24 abril 2009 ás 01:37 AM CEST #

Bos días Tomás.

Ao principio tamén me preguntabas por que non estaban CNNi ou Euronews, así que che entendín por que non incluíamos máis canles.

Dicirche que non se trata dun erro pola nosa parte, xa que esas non as imos emitir en aberto. Cremos que a oferta que ofrecemos en aberto é suficiente e estudaremos outras incorporacións no futuro.

Si que é certo que dixen que iamos emitir as canles xeralistas e as autonómicas para que todo o mundo puidese entender as canles que iamos ofrecer en DVB-C. Non obstante, estas non van estar.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 24 abril 2009 ás 09:21 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ides emitir por Mirador o Madrid-Barcelona do sabado. Gracias

enviado por charles22 o 27 abril 2009 ás 09:10 AM CEST #

Ola charles22.

Pois polo que sei, se nada se torce, si que imos emitir o Madrid-Bará en PPV en mirador fúbtol este sábado ás 20.00 horas. Aínda non sei o dial, pero supoño que entre mañá e pasado xa o saberei.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 27 abril 2009 ás 05:04 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

UNHA OPINION:
Leo bastante as vosas novas a través do foro de banda ancha porque me parece máis honesto que vós, a verdade.

Acabo de ver que vides de incorporar novas canles internacionais e ningunha destas, en español, paréceme un erro.

Hai grandes canles latinoamericanas que teñen o seu público en españa, TELEMUNDO, GALAVISION ETC, creo que a grella de canles internacionais deberia apuntar tamen nese sentido e non so en propostas noutras linguas, xa que R e unha empresa española.

enviado por Emi o 27 abril 2009 ás 05:12 PM CEST #

Ola Emi.

Con respecto ao que comentas sobre as novas canles internacionais: "Acabo de ver que vides de incorporar novas canles internacionais e ningunha destas, en español, paréceme un erro", dicirche que unha cousa non quita a outra.

Temos tamén moitos clientes aquí en Galicia que son estranxeiros ou que saben inglés e que demandaban esta clase de canles. Isto non quita que tamén no futuro haxa na grella algunha canle lationamericana porque é comprensible para todos os nosos clientes e porque damos resposta ao que nos piden os clientes que son de alí.

Creo que todo suma e aumentar e diversificar a grella de programación é algo positivo.

De todos os xeitos, estamos barallando incluír algunha que outra canle deste tipo, aínda que polo de agora non temos nada pechado nin vos podo dicir máis.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 27 abril 2009 ás 06:17 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ola de novo charles22.

O Real Madrid-Barcelona vaise emitir en PPV no dial 111 ás 20.00 horas en directo e ás 22.00 horas en diferido.

http://particulares.mundo-r.com/servlet/Satellite?cid=1157360134352&pagename=WEBCorporativa%2FWCR_Mostrar&Idioma=gl&c=WCR_Seccion

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 28 abril 2009 ás 12:34 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Buenas, ¿las cadenas dvb-c ya estan en abierto? porque mi receptor de tdt no sintoniza nada.gracias

enviado por AMV o 29 abril 2009 ás 09:09 PM CEST #

Ola AMV.

Si, xa están en aberto como indicou algún usuario deste blog dende hai una semana. Tes que saber que non serve un descodificador da TDT. Como expliquei no post, ten que permitir recibir o sinal en DVB-C.

Un descodificador normal da TDT só recolle o sinal que vén da televisión dixital terrestre, é dicir, en formato DVB-T.

Mira ben nas instrucións a ver se o teu desco permite tamén o DVB-C, pero polo que comentas dáme que non.

Un saúdo

enviado por 10.0.137.40 o 29 abril 2009 ás 09:24 PM CEST #

Despois da alegría dos primeiros días teño que informar que alómenos na miña zona a ratos pixelase a imaxe dalgúns canles que recibo en DVB-C… -quero pensar que estades en probas- Agradecería me confirmarades se tamén vós pasa o resto, sobre todo pola noite destes últimos días…
Saúdos

enviado por Xosé o 05 maio 2009 ás 03:11 PM CEST #

Eu tamén vexo as canles dixitais en aberto por DVB-C e non teño ningún problema, vese sempre sen cortes.
De todas formas estaría interesado en que se valorase a posibilidade de abrir as canles xeberalistas Popular TV e Destino Galicia.

enviado por Tomás Castro o 10 maio 2009 ás 05:48 PM CEST #

Cuatro , Tele5, laSexta, CNN+, Tele5 (2), FDF totalmente pixeladas, porque pode ser...

enviado por Xosé o 12 maio 2009 ás 08:07 PM CEST #

Ola Xosé. Entendo que hai algunha clase de problema coa recepción e envío do sinal. De todos os xeitos, o mellor é que chames ao servizo técnico ao 1449 ou que mandes un correo a fala-con-R@mundo-r.net para que verifiquen que na túa liña todo está correcto.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 12 maio 2009 ás 09:49 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

a mi tambien me pasa estoy ya cansado de llamar, cuando me hicieron la instalacion me dijo el tecnico que asi no se podia hacer, ahora cuando vienen a casa me dicen que si se podia hacer pero si la quiero asi tengo que pagar, y aparte de la tele con internet cortes intermitentes, al final el servicio tecnico ya se empieza aparecer al del monopolio la culpa siempre es tuya

enviado por pablo o 13 maio 2009 ás 02:36 PM CEST #

Unha pregunta, ¿Comezastes a emitir por dvb-c? segundo tiña entendido a emisión comezaría nestas datas ¿non é?

Un saúdo

enviado por Carlos o 31 maio 2009 ás 05:52 PM CEST #

Ola Carlos.

Si, xa están abertas estas canles creo que dende o día 24 de abril, unhas semanas antes do previsto. Cónstame que xa hai clientes que as están a ver.

Un saúdo

enviado por quecheparece o 31 maio 2009 ás 05:53 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado