A portada da revista R, coas promesas do deseño galego
Ola a todos. Como sabedes e xa vos dixemos en máis dunha ocasión, R non o facemos nós, senón tamén todos vós: os nosos clientes, os provedores, os que creron neste proxecto dende o principio…
Buscamos, dentro das nosas posibilidades, facervos partícipes, que nos deades a vosa opinión do noso traballo e estar aí sempre que o precisedes. R naceu coa idea de que dende aquí, dende Galicia, se poden facer moi ben as cousas porque hai imaxinación, talento e, sobre todo, ganas de traballar e de superarse. Para mostra, esta portada da revistaR, obra de David Sánchez Sánchez, Vanesa Sexto Rey, Reyes Rodríguez Maquieira e Andrea Vila Estévez.

Os seus nomes igual non vos soan moito pero son futuras promesas galegas do deseño que, en colaboración co Máster en Dirección de Arte e Publicidade da Universidade de Vigo, decidiron crear esta imaxe en liña co estilo R. Está chula, a que si? Pois o dito, que queriamos dicirvos quen estaba detrás desta portada e recoñercerlles publicamente o seu traballo e a súa creatividade. Por certo, non será o único número no que gocedes da arte e da imaxinación destes rapaces: estade atentos aos créditos da sinatura de vindeiras portadas, a ver se son eles os creadores.
E se vós tedes algunha idea para a capa da nosa revistaR, como tamén sodes parte deste proxecto, estaremos encantandos de recibir as vosas propostas. Sentirémonos orgullosos de ver como os nosos clientes lle dan voltas á cachola para axudarnos a que a revistaR siga a ser a publicación mensual máis lida en Galicia. E, cando nos chegue á casa lerémola aínda con máis cariño.
Un saúdo.

lo que espero es que me llegue a casa llevo tres meses sin recibirla y lo peor la culpa cuando llamo para quejarme es del cartero y el no tiene la culpa,porque siempre que llega alguna revista me avisa o que sino me llega que llame y siempre con la misma disculpa
enviado por pablo o 28 xuño 2011 ás 10:53 PM CEST #
pablo, ¿no habrás pedido que no te enviemos ningún tipo de información comercial, verdad?
Un saludo.
enviado por quecheparece o 29 xuño 2011 ás 09:55 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
no he pedido nada, segun consta en vuestro sistema si me lo estais enviando, segun la persona de R que me llamo, entro con mis claves en la pagina y pone que no quiero recibir la revista, lo intento cambiar y no ay forma, ya se lo dije a la persona que me llamo y lo unico que insistio al no aceptar que mis vecios me robaban la revista y lo se porque el cartero me dijo que no me envian vuestra revista, no entiendo como en vuestro sistema consta que si se envia y entrando con mis datos y mirando dice que no la quiero y ayer esto no lo entendia la persona que me llamo e insistio en lo otro
enviado por pablo o 29 xuño 2011 ás 11:02 AM CEST #
pablo, envíame un correo a quecheparece@mundo-r.net con los datos y la petición y lo miramos.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 29 xuño 2011 ás 11:18 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #