A historia do cable
Jelouses a todos. Hoxe queríamos falarvos, como podedes ler no título do post, sobre a historia do cable. Se esperades ler algo sobre os nacementos de R ou sobre a liberalización no mercado das telecomunicacións en España, xa vos desenganamos: imos viaxar no tempo aos Estados Unidos, ata finais da década dos 40 do século XX.
Vamos, que hoxe toca unha das historias do avó Cebolleta e coñecer como naceu unha tecnoloxía precursora do que hoxe é R. Aínda que no noso caso, somos unha empresa atípica porque o cable, historicamente, está moi relacionado coa televisión (aí tedes tamén o caso de Telecable en Asturias), e en R os nosos comezos viñeron máis marcados pola telefonía fixa e internet. Pero non adiantemos acontecementos.
Así que volvendo ao tema, os inicios do cable hainos que buscar nos Estados Unidos. As primeiras emisións públicas da televisión neste país tiñan lugar en 1930 da man da CBS e da NBC. Pero aínda haberá que esperar case unha década, ata 1939, para que as canles emitan con programación regular. É dicir, que estamos nunha época na que a televisión está comezando e, sobre todo, se vai masificando o seu uso (hai que lembrar que daquela eran aparellos moi caros, como acontecía cos primeiros ordenadores).
Deste xeito, o que máis e o que menos quere (ou vai aforrando para) un televisor e en todas as vilas van abrindo tendas nas que se vende este asombroso aparello con persoas pequenas dentro que falan, cantan e actúan. Pero, mira ti, que hai un problema. Os Estados Unidos évos un país ben grande, así que levar o sinal de televisión a todo o mundo é unha tarefa imposible. Vamos, que os que vivían nas grandes cidades podían desfrutar da nova tecnoloxía sen problemas, pero vilas máis pequenas ou afastadas se tiñan que quedar coas ganas.
Así que visto o panorama, que fixo a xente, quedouse de brazos cruzados esperando? Pois non, dun problema houbo quen soubo ver unha oportunidade e tentou buscar unha solución. Así, moitos vendedores de aparellos de televisión o que fixeron foi unirse e traballar xuntos para poder coller o sinal de televisión e despois redistribuílo a través do cable.
A empresa Service Electric Company, de Mahanoy City, foi unha das primeiras en ter a idea. En 1947 comezaron a vender televisores na súa tenda, pero as cousas non ían ben. Como se pode ler na súa web, “era moi complicado e a maior parte das veces imposible recibir as tres estacións da rede de Filadelfia en Mahanoy City, porque a cidade estaba rodeada por montañas”. Así que o seu dono, Mr. Walt, vendo que a caixa rexistradora criaba telarañas e que renegando duns e doutros non gañaba nada, levantouse dun chimpo e decidiu poñer un poste cunha antena enriba dunha das montañas que cercaban o lugar. Deste xeito, podería recibir ben o sinal de televisión e, a través dun cable, levalo ata a súa tenda. Así é como conseguiu que no seu escaparate os aparellos puideran recibir o “Sálvame” de turno e a xente vira de primeira man que era iso da televisión.
Pero a cousa non quedou aí, senón que tamén levou o sinal de televisión dende a antena ata varias casas do lugar (seguramente as que lle mercaron o televisor), para que máis persoas desfrutasen do sinal. Nacía así o primeiro sistema nacional de televisión comunitaria por antena (Community Antenna Tv), que foi imitado noutras moitos lugares con problemas de cobertua.
E aínda que a cousa comezou nacendo como unha especie de cooperativa, co paso do tempo quen se encargaba de xestionar o sinal de televisión foron empresas privadas que cobraban unha cota mensual a cambio de ofrecer o servizo. Claro está, os usuarios tamén tiñan acceso cada vez a un maior número de canles de televisión e servizos.
A partir deste punto, xa vos soará algo máis como continúa a historia e a importancia que tivo o cable para sectores como o audiovisual. De feito, a empresa do amigo Walt aí segue (Service Electric Televisión), dando servizo a uns 300.000 clientes en Pensilvania e New Jersey e ofrecendo tamén teléfono fixo e internet (con velocidades dende 1 ata 15 megas).
O cable expandiuse dun xeito espectacular polos EEUU. Así, se en 1952 existían unhas 70 compañías de televisión por cable, tres anos despois xa había 150 e en 1960 uns 640, que pasaron a 6.000 na historia recente. Porque, visto o visto, o cable tiña para os usuarios un gran valor engadido: se ao principio permitía recibir a televisión alí onde non chegaba o sinal, máis tarde posibilitaba dispoñer dunha oferta máis completa de canles e programas, así como películas de estrea ou acceso a espectáculos deportivos e, máis adiante, ofrecía interactividade e servizos como o internet de banda ancha.
Como diciamos antes, o é un dos motores da televisión nos EEUU. Aí tedes por exemplo a canle HBO, propiedade da Warner e unha das máis coñecidas daquel país. E se non vos soa, de seguro que se o fan series como Os Soprano, Sexo en Nova York, A dous metros baixo terra. As grandes producións pasan polas súas mans: Mad Men, Roma, The Pacific, Star Wars.... Vamos, que hai datos que sinalan que un de cada tres fogares norteamericanos está subscrito á canle, case nada.
E que dicir das empresas de cable! Só a empresa Comcast ten uns 24 millóns de clientes, dos que máis de 15 millóns son internet. E por detrás andan Time Warner Cable, con 14,6 millóns de clientes e Cox Commucations, que con 6,2 millóns tampouco debe ter moita queixa :D
En Europa, a cousa tampouco anda mal: 71 millóns de clientes, máis que os habitantes que ten Francia. En canto a nomes, pois non son tan coñecidas, pero aí están un feixe de empresas como Telenet, UPC, Yousee, Ziggo, Virgin Media, Numericable, ZON, Kabel Deutschland, Tele2Vision, ...
Vamos, que isto do cable move cifras interesantes en todo o mundo. E visto que hai moitos intereses en común, dentro do sector partiron iniciativas tan interesantes como CableLabs, unha especie de consorcio formado por operadores de cable que traballa para determinar as esixencias e necesidades tanto dos servizos que se ofrecen como dos estándares da tecnoloxía que se vai empregar. Así foi como se determinaron as especificacións para os cablemódems ou de onde saiu o estándar DOCSIS. Pero bueno, iso xa é outra historia...
Espero que vos gustase o post de hoxe e que non se vos fixese moi longo :p
Un saúdo.

Moi interesante o post, una lección de historia nunca ven mal. Levo pasándome por aquí dende hai mais dun ano para estar ao tanto das novidades xerais entorno a R lendo comentarios e de mais, a verdade e que nunca antes había expresado a miña opinión (nos comentarios sempre había alguén que dicía ou suxería o mesmo que eu pensaba, polo tanto non me paraba demasiado) pero sempre hai unha primeira vez para todo e a partir de agora espero participar de maneira mais regular, en realidade pouco novo vou a aportar aparte de ser un mais dos que te meta algo de "caña" coa HD coa subida de velocidade... algún acordo con HTC por iso do Android (Ou calquera outra marca que o incorpore, que se vota en falta no voso catalogo de móbiles)... vamos o de sempre, non fai falla que o repita demasiado, así en resumidas contas a miña opinión xeral sobre R e boa, Internet BEN, votase en falta esa subida de velocidade pero non hai queixa en canto a calidade da liña (supoño que de ahí os prezos, onde si nos poderiamos queixar un pouquiño)
En canto a Televisión non e o produto que eu mais utilizo pero si creo que vos tedes que por as pilas.
A nivel xeral notase que a competencia esta apertando, polo tanto tedes que seguir mellorando, non durmirvos tecnoloxicamente (creo que en algúns campos xa estamos por detrás), é non durmirvos en canto a atención o cliente que creo que sempre foi a maior diferenza en comparación coas demais operadoras, OLLO facédelo ben, pero tampouco e que sexades brillantes o que pasa e que o das outras operadoras non ten nome!
Sen mais despídome, mandando un saúdo a todos e ata o próximo comentario!
enviado por Pipe o 13 maio 2010 ás 08:15 PM CEST #
Graciñas polo teu comentario, Pipe. Encantados de que opines e de que o sigas facendo.
E a ver se vos podemos ir dando algunha que outra alegría nos próximos meses ;)
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 14 maio 2010 ás 09:10 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Unha entrada ben interesante, parabéns
enviado por Iago Varela o 14 maio 2010 ás 11:38 PM CEST
Sitio web:: http://www.iagovarela.eu #
Señor quecheparece, cando vai incluír R TVE HD no seu sinal DVB-T??? Non estaredes tardando demasiado?? Mira que como non poida ver Eurovision en HD non volo perdono!!! xDDD
enviado por david911119 o 15 maio 2010 ás 03:57 AM CEST #
Por certo, perdoa que cho poña noutra mensaxe pero e que se me olvidaba. Qué pasa co sinal de Telelugo na DVB-T? Dende fai días tanto se ve como non se ve... E cando non se ve, analizando o mux co TSReader detéctase que hai sinal no mux, pero todo é sinal baleira, é dicir, unha portadora. Espero que o arranxedes pronto!
enviado por david911119 o 15 maio 2010 ás 04:23 PM CEST #
Quecheparece con la pedazo de inclusion que habeis tenido en vuestra empresa , deberiais incitar a sacar nuevas y mejores ofertas .Yo llevo esperando los 100 megas a un mejor precio desde que se anuncio esta oferta .
Estais bajo la lupa de mucha gente que mira vuestro trabajo como ejemplo y sino en internet esta la prueba de que la misma telefonica sabe que haceis bien las cosas .
Animo y a ver si podeis sacar mejores servicios en HD y en fidelizacion para el cliente
enviado por Afrodita o 17 maio 2010 ás 04:05 PM CEST #
david911119, vou preguntar polo de Telelugo
Afrodita, los 100 megas son y seguramente seguirán siendo caros porque es una tecnología cara. La inversión ha sido muy alta (millones de euros), por lo que es necesario ir recuperando la inversión.
En el tema del HD ya estamos trabajando, pero llevará su tiempo. Creo que lo que sí tendremos antes va a ser un plan de fidelización para nuestros clientes que a mí me parece muy interesante.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 18 maio 2010 ás 09:35 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
david911119, estamos facendo probas, por iso pode ir e vir o sinal. Esperamos ter todo arranxado en breve.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 18 maio 2010 ás 10:48 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Vos tamén seguro pasaredes a historia pola lentitude a hora de engadir canles, Vtelevisión xa emite regularmente, e nós todavía non a podemos ver, non será porque non a pedimos veces.
A que esperades?. Teremos que esperar meses ou esperar a un día 1 dalgún mes, xa que parace que só se poden facer cambios a primeiros de mes.
E Localia Coruña tamén xa.
enviado por Anxo o 18 maio 2010 ás 11:48 AM CEST
Sitio web:: http://latri.ca/Anxo_gz #
Anxo, como xa comentamos, VTelevisión poderase ver por R, ao igual que Localia Coruña. Pero como emitimos o sinal por diferentes formatos (analóxico, DVB-T e DVB-C), hai un traballo previo, instalación de equipos para cada canle, etc, etc.
Doutra banda, hai tempo que non dou ningún toque polo tema dos comentarios "off topic". Pregaría a todo o mundo que os comentarios sobre televisión se poñan nun post minimamente relacionado, os de internet igual, para que teñan relación con cada post.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 18 maio 2010 ás 12:02 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
E ese "traballo previo" non se puido facer mentres emitian o "bucle", non. Había que agardar a que comezaran a emitir regularmente para facer as cousas...
En fin...
enviado por Julio o 18 maio 2010 ás 07:57 PM CEST #
Julio, é que VTelevisión segue emitindo en bucle. De momento non comezou as súas emisións regulares.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 19 maio 2010 ás 08:59 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
muy interesante la info. había cosas que desconocía.
sau2
enviado por iván Louzán. Opinguino o 19 maio 2010 ás 01:01 PM CEST
Sitio web:: http://opinguino.es #
A modo de comentario, hace casi dos años estuve de viaje en Dakota de Sur, en una pequeña ciudad aproximadamente la mitad de grande que Coruña. La televisión por cable que tenían allí ya incluía 15-20 canales HD, un receptor con PVR (me pude ver la grabación de la carrera de F1 que echaron en HD). Cuando volví me paré a pensar en nuestro "desco dixital" que aún se nos vendía como una gran novedad y solo dispone de euroconector, pensaba que en breven tendríamos aquí lo mismo, pero por lo que veo aún tardará algo mas.
Comparto la opinión con los compañeros : Teneis que espabilar en la TV. No hablo de incluír algún canal de HD y pagar un pastón por verlo como pasa con los 100Mb sino que debería ser algo generalizado´, incluyendo el PVR que es muy práctico y solo así podríamos afirmar que la oferta de R está al nivel de Digital + por ejemplo. confío en que vais a ser capaces de ello, solo espero que no sea para el 2020 ;-)
enviado por Fer o 21 maio 2010 ás 02:08 PM CEST #