A altísima velocidade en internet xa está “niquelada”
Ola a todos. Reproducimos aquí un artigo sobre o docsis 3.0 (os 30 e 100 megas) que publicamos na revista R porque cremos que é interesante.
"Como as vosas opinións non só nos chegan a través do noso blog quecheparece. com, pensamos que sería bo contarvos na revista cousas das que se comentan sobre R noutras redes sociais e en diferentes foros de internet. Vamos, abrir o campo para ter unha visión máis ampla de R nas redes.
Para comezar, gustaríanos botar unha ollada aos últimos anos, porque isto das telecomunicacións, como sabedes, é algo moi cambiante e sempre vai a máis: máis velocidade, máis servizos, máis canles, máis posibilidades multimedia... E só hai que botar a vista atrás, ás primeiras conexións internet telefónicas de 56kbps. Ou ben lembrar cando en R andabamos dobrando as velocidades para que tivésedes 300/100 Kbps. No 2004 aquilo era moitísimo, pero está claro que se trata dunha velocidade que se queda ridícula en comparación cos 30 ou 100 megas que están xa dispoñibles no 90% da nova rede de fibra óptica de R, incluso fóra das grandes cidades galegas.
Loxicamente ofrecer 30 ou 100 megas (docsis 3.0) na nosa rede levou o seu tempo, moito traballo de axustes na rede grazas ao labor dos nosos técnicos que, como outros bos profesionais que traballan neste proxecto de todos que é R, andan polas rúas faga o tempo que faga (igual desexarían que fósemos R Canarias, pero de seguro que tamén están coma nós moi contentos e orgullosos de poder vivir nunha terra coma Galicia). Así que houbo que realizar probas, probas e máis probas para ir deixando o servizo, como se adoita dicir, “niquelado”. E abofé que agora, salvo xa raras excepcións, o está. E precisamente de todo isto falamos dabondo este mes convosco nas redes sociais.
Neste intres, podemos dicir que xa están superados os típicos problemas que ao inicio adoitan dar as tecnoloxías máis vangardistas (e que provocaron que os equipos preparados para docsis 3.0 sufriran algunha incidencia máis do debido e do desexado, que sería ningunha). Pero xa está todo baixo control e agora tedes á vosa disposición unha conexión imbatible en canto a velocidade, capacidade e calidade.
Coma sempre, con todos os vosos comentarios e suxestións feitos a través de internet e do teléfono, puidemos detectar moito antes os pequenos problemas agochados nunha rede de fibra óptica que percorre máis de 250.000 km por toda a xeografía galega. En definitiva, agora nin microcortes nin saturacións (xa podedes conectar tres portátiles, unha tableta, o televisor, dous portátiles e poñervos enriba dos equipos docsis 3.0 á pata coxa que agora son duros coma un corno).
Varios usuarios tamén comparan os actuais equipos de alta velocidade 3.0 cos cablemódems que poñiamos ao principio para os 30 e 100 megas. Normalmente os equipos sen wi-fi teñen mellor fama porque non dan os típicos problemas dos sistemas radio (como posibles interferencias ou menor velocidade por obstáculos coma paredes). Para que vexades ás claras os datos que temos, veredes que nos últimos meses incluso os cablemódems 3.0 foron máis robustos que os que teñen a mellor das referencias. Mentres que o 0,58% dos cablemódems 3.0 tivo algún fallo á hora de conectarse á internet, a media para 30 e 100 megas é actualmente do 0,46% (e segue a baixar). Os dous son equipos moi bos, e os routers 3.0 tiveron un comezo dubitativo, pero o sprint final é boísimo.
Estas melloras notáronse ata o punto de que hai clientes con R en varias vivendas e alí onde non teñen os novos equipos xa nolos están a pedir. Vamos, que o cablemódem wifimedia con docsis 3.0 ten moita potencialidade, como nos comentaba un internauta no noso facebook: “Estoy muy contento con él y con el wi-fi N que va a›toda leche. Uso mucho vídeo por streaming en red local y la verdad se nota”.
Aproveitamos tamén, como non pode ser doutro xeito, para pedir desculpas a eses usuarios iniciais que foron os primeiros en desfrutar dos 30 e dos 100 megas e que viron como nalgunhas ocasións o equipo fallaba. Pero á vez, tamén queremos darlle as grazas por todos os datos que nos deron para que hoxe, entre todos, conseguísemos un servizo de referencia.
Do mesmo xeito, en breve iremos activando na televisión dixital multicanle de R o sistema de vídeo baixo demanda e o servizo rebobina R (para poder ver os programas da tele á hora que se desexe e manexalos coma se fose un vídeo). Tamén sufrirá, como todos os novos servizos avanzados, un certo período de adaptación. Pero de novo, coa vosa axuda, quedará tamén “niquelado” e será un servizo verdadeiramente útil e fácil de manexar.
Pero volvendo ao tema dos novos equipos de alta velocidade de acceso a internet, queremos lembrar (sobre todo para os que aínda non se decidiron a dar o salto a velocidades superiores) que o cablemódem Hitron (dispoñible para velocidades de docsis 3.0 e tamén para opcións de internet máis baixas), dispón dun servizo que chamamos “wifimedia”.
Este servizo permite enchufarlle un disco duro para poder acceder e compartir arquivos en calquera dispositivo da vosa casa (portátil, móbil…). Ademais, se estades fóra da vosa vivenda tamén podedes acceder aos ficheiros da vosa casa dende a web. Permite tamén reproducir os contidos do disco duro nun televisor ou ben ver vídeos ou fotos nunha tableta ou alí onde teñamos un dispositivo coa tecnoloxía adecuada (DLNA).
Tamén ofrece un mapa de todos os dispositivos que tes conectados (e así poder ver quen se está conectando ao noso wi-fi, e se hai algún dispositivo que non sexa noso, tomar medidas). Outra das opcións do wifimedia é conectar directamente (sen fíos) cunha impresora compatible e máis adiante tamén permitirá acceder dende fóra da vivenda a calquera cousa que teñamos no disco duro enchufado ao cablemódem. E para os amantes da televisión, poderase conectar co futuro desco en alta definición de R para ver contidos.
Vamos, que non é un cablemódem sen máis. De feito, a cousa non remata aí, xa que ten 4 portos LAN gigabit (10/100/1000baseT) para conectar por cable varios dispositivos a gigabit (isto de seguro que aos usuarios máis técnicos lle gusta). Tamén permite configurarse en modo “bridge” para que detrás lle poidades poñer directamente un PC, un portátil ou outro cablemódem. Dispón ademais dun cortafogos (un sistema que impide o acceso non autorizado aos vosos equipos), con posibilidade de configuración de regras temporais (por exemplo, podedes cortar o acceso a internet de luns a venres de 17:00 a 19:00 para que os vosos fillos estuden e non anden a velas vir no tuenti).
Non vos queremos aburrir pero no futuro o wifimedia poderase personalizar ata o punto de instalar o teu propio software. Isto abre un feixe de posibilidades ao servizo, non credes?"

"e poñervos enriba dos equipos docsis 3.0 á pata coxa que agora son duros coma un corno"
Matoume ! xD
enviado por MarcosBL o 10 xaneiro 2012 ás 08:26 PM CET
Sitio web:: http://marcosbl.com #
Estaría xenial se houbese unha opción de limitar o ancho de banda por usuario ou ip no router, para evitar que na casa algun faga mal uso do ancho de banda, ou para "castigalo" jejejej.
enviado por Luis Villaverde o 11 xaneiro 2012 ás 08:16 AM CET
Sitio web:: http://www.recargas24h.es #
Luis, vou pasar a túa idea para ver se podemos facer algo ao respecto.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 xaneiro 2012 ás 09:46 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Pareceme moi boa a idea aportada por Luis Villaverde. Añadiría unha mais, e sería controlar o tráfico ou contido para determinadas ip dentro da rede local; e decir dentro das horas que se poidan navegar, controlar ademais por donde navegamos, impedindo o acceso a determinadas páxinas ou tipo de contido (avi, mp3, etc)
enviado por Alejandro o 11 xaneiro 2012 ás 10:48 AM CET #
A parte da boa idea aportada por Luis Villaverde, outra posible utilidade sería utilizar o propio router de "proxy", para poder limitar o tráfico ou contido o que accede unha ip, dentro da propia rede local. Está implementado como di quecheparece "...Dispón ademais dun cortafogos (un sistema que impide o acceso non autorizado aos vosos equipos), con posibilidade de configuración de regras temporais (por exemplo, podedes cortar o acceso a internet de luns a venres de 17:00 a 19:00 para que os vosos fillos estuden e non anden a velas vir no tuenti)."
enviado por Alejandro o 11 xaneiro 2012 ás 10:50 AM CET #
Lo que estáis pidiendo ya existe:
http://www.xataka.com/hogar-digital/netgenie-solucion-de-hardware-para-el-control-de-internet
Es un router que controla el trafico de Internet por usuario, por horas, por contenidos, etc.
enviado por Rubén o 11 xaneiro 2012 ás 07:32 PM CET
Sitio web:: http://www.eyelivex.com #
soy cliente nuevo tengo combo2+10 router thomson twg850-4 queria saber si la wifimedia ya la tengo automatica al conectar otro disco duro externo o necesita activar en algun menu de R..gracias
enviado por eduardo o 18 xaneiro 2012 ás 06:03 PM CET #
Hola Eduardo. El wifimedia sólo está en los equipos compatibles con el servicio, como el Hitron, que tienen un puerto USB detrás:
http://particulares.mundo-r.com/R/wifimedia/1/1303124262162/es
El Hitron se pone para clientes con 30 y 100 megas y a ellos ya se les pone por defecto el servicio. En velocidades inferiores se ponen otros equipos, aunque se puede solicitar el Hitron pero con un coste a mayores, 2,36 €/mes.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 18 xaneiro 2012 ás 06:50 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Con toda esta merda do peche de megaupload, servidores que borran todos arquivos ou que xa non permiten subilos...
creo que moita xente vai darse de baixa de internet xa que, para que queren 30 ou 100 megas se non van poder nin baixar nin subir nada que é para o que utilizan a maioria da xente internet?
Ata teñen pensado eliminar os sistemas p2p. Eu, visto o visto, nin de broma contrato esas velocidas porque ca que teño, sobra para ver correo e pouco máis.
Incluso teño pensado baixarme dos 6 a 1 mega ou darme de baixa de internet como moitos farán e todo por culpa desta censura de internet que nos están a impoñer.
Ou cambia a cousa ou as operadoras van sufrir as consecuencias, que serán bastante graves e incluso poderán quebrar.
Creo que estaría ben que se comentase sobre iso e como podería afectar a R todo isto que está pasando actualmente coa censura en internet.
enviado por anion o 24 xaneiro 2012 ás 03:01 AM CET #
Tienes toda la razón, de poco sirven los 30 o 100 megas sin los enlaces de descarga directa.
Pero menos mal que "anonymous" esta luchando por ello.
enviado por Ruben o 24 xaneiro 2012 ás 09:22 AM CET
Sitio web:: http://www.eyelivex.com #
Na miña sincera opinión, "anonymous" o único que fai é tumbar páxinas temporalmente, cousa que a eles nin lles vai xa que non fan un uso da web tal que lles afecte que este suspendida durante un tempo, para eles é só un escaparate.
Creense que por censurar internet a xente vai mercar máis e iso non é asi. A diferencia está en que os que non poden mercar o producto pois podían desfrutar del baixandoo de internet e agora non.
As ventas van ser as mesmas ou incluso menos xa que algúns estan a tomar a medida de por un tempo non mercar productos desas compañías como películas, series... así ocasionamoslles perdas.
enviado por anion o 24 xaneiro 2012 ás 02:31 PM CET #
Anion: Creo que tienes un concepto equivocado de lo que va esta "guerra".
"Anonymous" no esta luchando por la pirateria, sino por un internet sin censura.
El FBI ha cometido un delito, ya que los servicios que ofrecia Megaupload son totalmente legitimos, ha robado a los usuarios y a violado lo derechos de privacidad.
Creo que, en mi mas humilde opinion, deberias informarte un poco mas ;)
enviado por Ruben o 24 xaneiro 2012 ás 04:44 PM CET
Sitio web:: http://www.eyelivex.com #
Sexa polo que sexa que estean loitando "Anonymous" non sirve de nada o que están facendo e xa dixen o motivo.
Moi equivocado non debo estar xa que todo vai relaccionado. O de censurar e a piratería van unidos xa que a medida da censura foi consecuencia da piratería en internet.
O FBI se cometera delito sería xulgado pero non é así, os que serán xulgados son os donos de megaupload.
enviado por anion o 24 xaneiro 2012 ás 05:45 PM CET #
Por lo que veo no tienes mucha idea ;) , como te he dicho antes, Megaupload, no es ilegal.
El FBI ha robado informacion privada de los usuarios que religiosamente pagaron el servicio LEGAL ofrecido por Megaupload. ONU ya le ha reclamado a EEUU.
Si lees las noticias, podras comprobar el revuelo y desde cuando se juzga a la policia? Hagan lo que hagan siempre tienen la razon porque ellos son la "ley".
Desde que "anonymous" empezo el contraataque la ley SOPA y PIPA se paralizo, 30 senadores retiraron su apoyo al igual que la organización Enterntainment Software Association (ESA) (videojuegos).
Si te informaras de que van las leyes entenderias que no es por la pirateria.
Te ruego que te informes mejor antes de criticar ;)
enviado por Ruben o 24 xaneiro 2012 ás 06:18 PM CET
Sitio web:: http://www.eyelivex.com #
Si, las leyes se paralizaron y que ganamos con eso si siguen cerrando webs y cayendo servidores o estos están eliminando todo material que nosotros subamos.
Y en marzo, la lei sinde se pondrá en marcha y nos comenzarán a tener más controlados sobre lo que bajamos y subimos y los sistemas p2p también están en el punto de mira.
A partir de marzo es ilegal bajarse cosas con copyright en internet y quien lo haga puede estar en problemas según se dice en algunas webs.
Yo estoy informado, talvez sea que me explico mal.
Eso de que megaupload es legal, discrepo totalmente. Para empezar cobran por una cuenta premium con la que muchos bajan cosas con copyright y eso es ilegal ya que hay animo de lucro. Cualquier servidor que pida dinero se está lucrando.
Y eso de que no es delito si uno no se lucra, no se de donde lo habeis quitado.
Siempre fue delito, compartir una película, cd de música o videojuego.
O es que no habeis visto nunca en los dvds o vhs las letras que salen al principio donde pone que el producto es solo para uso doméstico. Cualquier otra cosa como compartir o exhibir a otra gente, o alquilar... es delito haya o no ánimo de lucro, aunque es bien cierto que siempre se hizo pero no era legal
enviado por anion o 24 xaneiro 2012 ás 07:04 PM CET #
1- Puede que no te entienda bien ;)
2- Por eso las protestas, o tu prefieres no hacer nada y que hagan las leyes que les apetezca? De la misma forma que aprobo la ley SINDE se puede hechar abajo, desde luego que sino hacemos nada no va a pasar nada, de ai "anonymous".
3- Sobre Megaupload si que estas mal informado: Megaupload no ofrece descargas ni contenidos, son los usuarios quien suben y comparten. Megaupload cobra por un alojamiento, lo que tu hagas con el, es unica y exclusivamente culpa tuya.
4- No confundas cosas, es delito el compartir una pelicula, musica, etc. pero las empresas de alojamiento en la nube como Megaupload, Youtube, Fileserve, Uploader, Dropbox, etc. no son responsables de lo que tu subas y asi esta tipificado en las leyes actuales, por eso, el FBI ha cometido un delito al actuar de esa forma.
5- Su imagen de villanos ha dado la vuelta al mundo tanto como los coches horteras de la mansión de su jefe en Nueva Zelanda. Pero aún queda por demostrar ante los tribunales que un servidor sea responsable del contenido que otros llevan hasta él. Y, por supuesto, si dejar sin sus archivos personales a millones de personas es legal. En otros términos sería como intentar castigar a un banco que ofrece ese servicio tan cinematográfico de las cajas de seguridad. Supongamos que en una de ellas (¿o en varias?) hay armas, cocaína, snuff movies, dinero negro y otros secretos inconfesables y/o delictivos. ¿Qué hace la policía si no sabe en cuáles está el cuerpo del delito? Normalmente el respeto a los que hacen un uso adecuado y legal de esas cajas y la presunción de inocencia hacen que sea un santuario inviolable. Megaupload había sido así hasta ahora: usuarios que hacían un uso normal de un servidor rápido y barato al lado de otros que hacían un uso algo menos normal. Pero EE UU ha entrado en el banco, ha destrozado todas las cajas de seguridad, se ha quedado con lo que había dentro y ha detenido a sus ejecutivos, no a los propietarios de las cajas y presuntos responsables de su contenido. Si comparamos esas maneras de cowboy sin fronteras con la tibieza con la que el Gobierno y la Justicia de EE UU trataron a los ejecutivos de las entidades financieras que han hundido el mundo en la peor crisis económica de los últimos 75 años entenderemos por qué, de momento, han ganado un mártir digital y han convertido las represalias de Anonymous en los delitos más ovacionados del planeta.
enviado por Ruben o 24 xaneiro 2012 ás 07:37 PM CET
Sitio web:: http://www.eyelivex.com #
Bueno, se non nos imos a poñer de acordo será mellor deixalo aquí entón.
Nunha cousa estamos de acordo e é que senón se pode baixar nada nen subir non necesitamos unhas conexións de 30 e 100 megas.
Segundo me enterei megaupload planeaba pagarlle aos artistas e abrir unha tenda musical.
http://www.publico.es/culturas/418519/megaupload-planeaba-pagar-a-los-artistas-y-abrir-una-tienda-musical
http://www.omicrono.com/2012/01/la-verdad-tras-el-cierre-de-megaupload-megabox-iba-a-revolucionar-el-mercado-discografico/
enviado por anion o 25 xaneiro 2012 ás 02:57 PM CET #
-Tienes razon jejejeje
-En cuanto a las velocidaces estoy contigo, la unica forma de aprobechar al maximo tu conexion es a traves de los enlaces de descarga directa, jamas se conseguira el maximo de tu conexion con p2p o torrents.
-Pues ai tienes el verdadero motivo de porque las grandes discograficas han presionado el gobierno de estados unidos para llevar a cabo lo que hizo el FBI.
enviado por Ruben o 25 xaneiro 2012 ás 05:23 PM CET
Sitio web:: http://www.eyelivex.com #
Pois con torrents si que conseguin baixar ao máximo da miña conexión algunhas veces, como se descargara por dd pero é raro que isto suceda. A maioría das veces non baixa nin a 10º parte da conexión.
Eu creo que en parte é culpa dos usuarios que non comparten ou limitan ao máximo a subida.
Eu sempre comparto ao máximo da miña subida que son 72Kb/s. Se toda a xente fixera o mesmo poderiase alcanzar a velocidade de descarga directa, cousa que non é así por culpa duns egoístas que so pensan en si mesmos.
Ti me dirás, descargar moitas veces de 0 coma algo Kb/s a 5 Kb/s habendo varios seeders é raro, máis tendo en conta que cada vez as conexións en internet son máis rápidas pero seguimos a baixar a mesma. Seguro que para baixar o teñen a tope pero para subir ao mínimo.
En fin, eche o que hai.
enviado por anion o 25 xaneiro 2012 ás 06:01 PM CET #
No estoy del todo de acuerdo, date que cuenta que la velocidad de sumida es un 10% y no en todos los casos.
Si yo descargo a 100mb para que fuera ecuánime tendría que subir a 100mb y no es así ya que solo podría subir a 5mb y eso si solo estoy compartiendo un torrent.
Lo mismo ocurre con el p2p.
No es que los usuarios sean egoístas, es que las coexiones de internet no son simetricas y de ai la descompensacion.
enviado por Ruben o 26 xaneiro 2012 ás 09:23 AM CET
Sitio web:: http://www.eyelivex.com #
Se credes que o da censura non pode ir a peor, leede isto:
http://www.infonews.com/2012/01/26/mundo-8257-peor-que-la-sopa-llega-la-ley-acta-contra-la-pirateria.php
Pois segundo isto, as teleoperadoras poderán espiarnos e ata podemos acabar no cárcere polo simple feito de compartir música, libros, películas, series... ou ata incluso por un video dunha festa nosa na que soe música con copyright, manda carallo.
O dito, que non poderemos nin sequera compartir. Xa o estou vendo, a darse todo o mundo de baixa de internet de 100 e 30 megas, xa que non se necesitan para ver o correo e pouco máis.
As teleoperadoras non sei que farán ao respecto xa que van perder a milleiros de clientes, por decir algo.
O raro e que en todo este asunto, quecheparece e demáis xente de R non din nada ao respecto e iso que lles afecta bastante todo isto.
enviado por anion o 31 xaneiro 2012 ás 02:20 AM CET #
Atopei esta medida que están dispostos a levar a cabo algúns, protestando pola censura de internet...
https://fbcdn-sphotos-a.akamaihd.net/hphotos-ak-ash4/402294_213286175432111_213264985434230_454385_1844094869_n.jpg
Que vos parece? A min un mes pareceme pouco, eu podería facelo durante meses e meses, ahí si que terían unha gran perda.
enviado por anion o 31 xaneiro 2012 ás 02:43 AM CET #