logo

20% de desconto na túa cota de móbilR se segues co teu terminal

xoves 23 febreiro 2012 | 41 Comentarios

Ola a todos. Hoxe queremos contarche que todos os clientes de móbilR que queiran manter o seu terminal poderán desfrutar do 20% de desconto na cota de móbil que teñan contratada.

Sabemos que moitos de vós tedes un terminal libre procedente doutro operador, ou ben o mercastes libre, ou simplemente tedes un móbil de R que aínda funciona estupendamente e non precisades doutro tan pronto. Así que nos pareceu boa idea ofrecervos esta vantaxe porque, como sabedes, as nosas tarifas inclúen a subvención que vos facemos do terminal, así que unha parte do que pagades vai para ir recuperando o custo, cada vez maior, do móbil. Se non queredes terminal, o lóxico era ofrecervos un desconto maior, porque xa tedes o voso teléfono.

Para poder desfrutar deste desconto é preciso, ademais de ter o terminal libre ou finalizada a permanencia correspondente, chamarnos ao 1449 para que vos activemos o desconto, porque coma case sempre, necesitamos a vosa autorización aínda que sexa para aforrarvos cartos. Cousas das leis…

Este desconto estará dispoñible a partir do 1 de marzo e manterase mentres o terminal continúe nas mesmas condicións que vos comentamos. É dicir, que no momento no que collades un terminal con subvención, cobrarase de novo a cota normal.

Tamén é importante sinalar que por aplicarche este desconto na túa cota de móbilR non che aplicamos ningunha permanencia se xa a remataches con nós. Esta está ligada a ter un terminal subvencionado, así que se non tes móbil subvencionado, tampouco tes ningún compromiso de permanencia con nós. No caso de que pidas unha nova alta con só a SIM, si que che pedimos unha permanencia de 6 meses. 

Para que o teñades claro, as tarifas sen subvención de terminal quedarán do seguinte xeito, tanto para clientes particulares como para clientes de móbilR en empresas:

  • tarifa mini+internet: por 7,2€+IVE/mes poderás desfrutar de 500 MB de conexión a internet (dende o 1 de marzo), chamadas a 4 cent+IVE/min e SMS a 9 cent+IVE

  • tarifa plana 24h 150: por 15,2 €+IVE/mes poderás desfrutar de 500 MB de conexión a internet (dende o 1 de marzo), 150 minutos en chamadas as 24 horas e 100 SMS gratis
  • tarifa plana mini:  por 15,2 €+IVE/mes poderás desfrutar de 500 MB de conexión a internet (dende o 1 de marzo), de 350 minutos en chamadas  de 17.00 a 8.00 horas e fins de semana e de 100 SMS gratis
  • tarifa plana 24h 350: por 23,2€+ IVE/mes poderás desfrutar de 500 MB de conexión a internet (dende o 1 de marzo), 350 minutos en chamadas as 24 horas e 100 SMS gratis
  • tarifa plana 24h 750: por 39,2€+IVE euros ao mes poderás desfrutar de 500 MB de conexión a internet (dende o 1 de marzo), 750 minutos en chamadas as 24 horas e 200 SMS gratis
  • tarifa plana 1500: 63,2€+IVE/mes poderás desfrutar de 2GB de conexión a internet (dende o 1 de marzo), 1500 minutos en chamadas as 24 horas e 500 SMS gratis

Lembrade que se tedes tamén fixo e unha tarifa de móbilR con cota, teredes 6 euros de desconto para sempre na vosa factura do fixo. Independentemente de que teñades terminal subvencionado ou non. Só vos tedes que apuntar en fixomobil.mundo-r.com. E como xa comentamos, a partir do 1 de marzo cos novos combos, máis vantaxes en aforros aínda cantos máis produtos teñades con R.

E non esquezades tampouco que vimos de anunciar que o vindeiro 1 de marzo os megas de internet móbil de todos os nosos clientes se dobrarán en todas as tarifas de móbilR, dun xeito automático. Tamén multiplicarán por dous os SMS das tarifas planas. E que os minutos extras, cando vos pasedes da vosa tarifa plana, en lugar de de cobrarse de 19céntimos/minutos custarán só 8 cent+IVE/minuto. Como vedes é unha rebaixa bastante xeitosa.

Agardamos que vos gusten todas estas melloras, porque xa vedes que vos estamos a facer caso naquelas cousas que nos pedides e nas que temos posibilidade de acción.

Un saúdo e lembrade que tamén andamos polo facebook e polo twitter.




Comentarios

Buenas, y si queremos darnos de alta en telefónia móvil también tendremos ese 20% de descuento? Aportando nosotros el movil, claro.

Otra pregunta: en la tarifa mini+internet después de agotar los 500 MB hay que pagar si queremos seguir utilizando internet o sólo baja la velocidad?

Gracias

enviado por olga o 23 febreiro 2012 ás 03:14 PM CET #

Moi ben. No móbil estadelo bordando. Pedirei este 20 % de rebaixa na factura porque xa acabei a permanencia e o 5800 que collín en r vaime perfecto. Agora, tanto mellorar o apartado móbil e non dicir nin mu dos combos de toda a vida, aquí algo falla. Veña, un saúdo.

enviado por francescolí o 23 febreiro 2012 ás 04:08 PM CET #

Olga, sí, efectivamente, tanto las nuevas altas como los clientes antiguos tendrían derecho a ese 20% de descuento en la cuota.

Por otro lado, superados los 500MB no se cobra el exceso, si no que se reduce la velocidad a 64 kbps.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 23 febreiro 2012 ás 04:13 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

francescolí, xa che dixen que todo ao seu debido tempo. Para marzo tampouco falta tanto, e cando poidamos xa comunicaremos os cambios que temos para os servizos fixos. Un pouco de paciencia.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 23 febreiro 2012 ás 04:25 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Sigue siendo más caro que Pepephone, Simyo, Tuenti móvil, etc, etc, etc...

enviado por Ahriman o 23 febreiro 2012 ás 04:58 PM CET
Sitio web:: http://www.blogssl.com #

Ahriman, si un cliente tiene también el fijo con R, tendría un descuento en su factura para siempre de 6€. Es decir, que realmente estaría pagando 1,2€+IVA en la tarifa mini+internet por tener 500 megas de datos (si que se le cobre el exceso) y poder llamar a 4cent+IVA el minuto, así que realmente es mucho más barato y económico que otras opciones.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 23 febreiro 2012 ás 05:04 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Si pero aqui se habla de moviles para particulares y no con la tarifa de casa.

Pepephone: 6,9€+iva, 651MB, 2,7cent.+iva minuto, establecimeinto lo mismo que las demás y 8 o 9 cent. los SMS.

enviado por Ahriman o 23 febreiro 2012 ás 05:13 PM CET
Sitio web:: http://www.blogssl.com #

Ahriman, no, hablamos de todo. De hecho en el post dejamos claro que es compatible con los 6 euros de descuento por tener el fijo también con R. Somos una empresa con diferentes servicios de telecomunicaciones, así que es lógico también pensar que muchos tienen varios servicios con nosotros, y si han apostador por agrupar sus servicios, también es lógico que tengan una serie de ventajas.

Si tienes fijo y móbilR con R claramente el ahorro y nuestra oferta es mayor. Si lo tienes el fijo con nosotros y el móvil con otro operador, lo que pagas en general es mayor. Y lo que buscamos es que ahorren.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 23 febreiro 2012 ás 05:23 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

¿E os que temos contratada a tarifa plana mini non temos desconto?

enviado por Marcos o 23 febreiro 2012 ás 07:12 PM CET #

A ver, la oferta está bien para los clientes de R, para todos los demás es cara, punto y final.

Yo me cambié de domicilio y y ano tengo R en casa porque no llega aquí. Entonces para mi y muchos usuarios más, si no subvencionais móviles con este 20% de descuento, se entiende que sois una OMV más no?

Pues en ese aspecto hay ofertas mejores y es lo que estoy diciendo. Además R no es precisamente barato, puedo decir que el servicio es bueno pero no barato y la gente puede preferir operadoras de ADSL y ya no contarían los 6€ de descuento.

Vuelvo a repetir la oferta de Pepephone que seguramente mejorarán por la nueva de Tuenti móvil.

Pepephone: 6,9€ (R 7,2€) - 651MB (R 500MB)- llamadas 2,7cent. (R 4cent.). SMS y establecimiento iguales.

Tuenti móvil: 6€ 1GB y llamadas a 3cent.

Simyo: 6,9€ 500MB y llamadas creo que a 4cent. PERO, incluye llamadas hasta esos 6,9€ que si los gastas, los datos serían un regalo.

Así que, sé de sobra como están las tarifas y las vuestras son caras (respecto a los demás OMVs).

Deberíais igual las ofertas y luego superarlas si también tenemos R en casa. Sino yo no le veo sentido a tener sólo el móvil con vosotros ni con ese 20% d descuento.

Saludos.

enviado por Ahriman o 23 febreiro 2012 ás 09:13 PM CET
Sitio web:: http://www.blogssl.com #

Marcos, si, perdón, non o puxen no post, pero os da tarifa plana mini sen subvención de terminal tamén pagarían 15,2€+IVE. Agora o poño. Perdoa.

Ahriman, ésta es nuestra oferta y el cliente es el que debe decidir si le compensa o no. Nosotros estamos apostando sobre todo por nuestros clientes antiguos que están agrupando sus diferentes servicios con R. Y estamos dándoles alternativas también.

Cada uno tiene su mercado y nosotros no creemos que seamos un OMV más, porque tenemos servicios que otros no tienen y ofrecemos un paquete completo de telecomunicaciones. Ahora, como siempre, el cliente es el que decide si le convence nuestra oferta o no.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 23 febreiro 2012 ás 10:18 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pues eso, la oferta es buena para los clientes de R en casa. Como oferta para móviles libres, las hay mejores.

De todas formas os digo una cosa, mejorasteis mucho pero espero que lo sigais haciendo.

Yo lo contrataría de seguir con vosotros pero no me es posible por la cobertura, así que como competencia para móviles libres tenéis que mejorar un poco más.

Saludos.

enviado por Ahriman o 23 febreiro 2012 ás 10:49 PM CET
Sitio web:: http://www.blogssl.com #

Parabéns polas últimas melloras que estades a facer, por fin alguén escoita aos clientes. Espero que sigades mellorando.

Ahriman, está claro que para moita xente hai tarifas e compañías mellores, pero non existe a tarifa perfecta. A moita xente compensaralle máis pepephone, simyo ou calquera outra. Pero non creo que R sexa unha OMV máis, o 20% non beneficia so aos que non collen móbil subvencionado, tamén beneficia aos que teñen móbil subvencionado e remantan a permanencia aos 18 meses e seguen co mesmo telefono 6 meses ou un ano.

Ti estás a comparar a tarifa mini+internet, pero nin pepephone, nin simyo teñen tarifas planas. Ademais as dúas cobran internet cando superas os 500MB (R non). E aínda por riba R ten servizos de valor engadido, como descontos na factura se tes fixo, chamadas de balde entre liñas dun mesmo cliente, módulos de aforro (números favoritos ou R con R), ou mesmo a rede wifi que están a implantar en Galicia.

O dito, haberá quen gastaría menos con outras compañías, pero non creo que R sexa un OMV máis.

enviado por Un o 23 febreiro 2012 ás 11:44 PM CET #

Por certo, aínda que pareza que R pagoume pola miña mensaxe anterior, quero aclarar que non traballo para R, xD. De feito aínda que son cliente de R na casa, non son cliente de móbilR (son dos que me compensan outras opcións), pero cando alguen fai as cousas ben hai que felicitalo.

Aproveito para facer unha suxerencia. Penso que a tarifa única (8cts/min) tamén podería ter desconto dun 20% do prezo por minuto se tes móbil sen permanencia e pasar a custar 6cts/min. Tamén penso que nesta tarifa os SMS deberían ter un prezo fixo e máis barato que 15cts. Coido que estas vantaxes serían económicamente viables e moi interesantes.

enviado por Un o 23 febreiro 2012 ás 11:55 PM CET #

¿Esta promo e compatible coa promo de benvida? E dicir se son cliente de combo e teño aplicada a promo de benvida e porto unha liña de móbil pero non collo terminal ¿aplicádesme a desconto natarifa do móbil? ¿aplicádesme o desconto dos 6€?.
Graciñas !!!

enviado por Arantxa o 24 febreiro 2012 ás 12:15 PM CET #

Ahriman, recuerda que también ofrecemos servicio indirecto. No sé la velocidad que te llegaría, pero en indirecto también se aplica la oferta convergente de fijo y móvil.

Arantxa, non, o desconto de 6€ no fixo só é para clientes antigos sen ningún tipo de promoción. No post temos unha ligazón a ese desconto e aí xa o explicamos. Terías o desconto ao rematar a promoción que tes agora.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 24 febreiro 2012 ás 12:35 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Os 6€ non, dacordo ¿e o 20% na tarifa do mobil q portase?moitas gracias

enviado por arantxa o 24 febreiro 2012 ás 12:59 PM CET #

Hola,
Ayer te comentado por xataka mobil una cosita, pero bueno por aquí me imagino que lo leeras antes.
El próximo mes mi novia y yo acabamos permanencia en orange y nos gustaria canviarnos y me gustaría saber:
1- ?La tarifa sin subvención de móvil plana mini(350min.+500mb.) sale por 15,2 €+IVA ?
2-Los 350 minutos ¿tiene límite de llamadas? Lo digo porque hago unas 90 aprox. al mes
3-Residimos en Barcelona, ¿la cobertura es vodafone en todo el territori español?

Gracias

enviado por Selui o 24 febreiro 2012 ás 05:05 PM CET #

Y los que tenemos la antigua tarifa única (descatalogada), la de 6 cents minuto y cuota mensual de 6€ ¿También podremos beneficiarnos de este descuento?. Saludos

enviado por Un_que_pasa o 24 febreiro 2012 ás 05:27 PM CET #

arantxa, si, o 20% de desconto si que o terías nas tarifas con cota. O que pedimos é un mínimo de 6 meses de permanencia. Pero iso telo.
____

Selui, efectivamente, sale por por 15,2 €+IVA/mes esa tarifa. Ayer me olvidé de ponerla en el blog, pero hoy ya lo he actualizado. También me había olvidado de poner que se pide una permanencia de 6 meses en R.

No hay límite de llamadas en esa tarifa mientras no te pases de los 350 minutos en ese horario. Vamos, que se incluye el establecimiento. Fuera de ese horario o el exceso, a partir del 1 de marzo, será de 8cent/min+IVA y el establecimiento a mayores.

La cobertura, efectivamente, es ésa. Ahora, como sabes, tenemos nuestras tiendas y distribuidores aquí, para el tema de la postventa. Tenemos clientes fuera de Galicia y el servicio les funciona perfectamente, pero es cierto que hay veces que por unas razones u otras a algunos clientes les podemos decir que no. Entiendo que en tu caso no debería de ser así y, en todo caso, escríbeme a quecheparece@mundo-r.net

El problema, básicamente, es que hay mucha gente que realmente no está interesada en R y nos "usa" un poco como paso intermedio hacia otro operador.

____

Un_que_pasa, la tarifa que comentas es la tarifa mini, que tiene consumo mínimo de 6€+IVA (no cuota). Ese descuento no le correspondería porque ya se trataba de una tarifa en la que no iba incluida la subvención del terminal. En el resto sí iba, y lo que hemos hecho es crear una tarifa paralela para quienes no deseen terminal ahí. Pero en ésa que comentas ya se pensaba en la no subvención.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 24 febreiro 2012 ás 06:27 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Desde hai uns meses veño observando que a atención ao cliente é peor e o persoal bastante máis maleducado que de costume, cando o mellor que tiña R, aparte do servizo, era unha excelente atención ao cliente. ¿Hai algunha explicación racional por cambio de empresa, de persoal ou son ordes dos superiores? Porque agora resólvese todo peor, máis tarde e case sempre con moi malos modos na atención telefónica. Debo dicir que hai moi honrosas excepcións. Graciñas de antemán pola resposta.

enviado por Anxo o 24 febreiro 2012 ás 06:34 PM CET #

Anxo, pois a verdade é que me deixas un pouco así, porque a atención ao cliente séguese ofrecendo dende aquí, as plataformas son as de sempre, a formación é máis ou menos a mesma e os criterios de calidade en R seguen intactos.

De feito, pedimos estudos independentes que avalían a nosa atención ao cliente e os resultados sempre son positivos e ata nos deron un premio hai pouco por este tema. Por iso que é me deixas descolocado, porque un dos eixos de R é a atención ao cliente de calidade e personalizada. Se no teu caso o fixemos mal, pídoche desculpas :(

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 24 febreiro 2012 ás 06:50 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

A miña pregunta estaba feita con toda a inocencia porque é certo que de hai dous ou tres meses a esta parte nótase moito, e non era habitual. Debe ser que as veces que chamei me tocou a peor parte. Estarei atento por se o problema é meu, que ao mellor estou máis "sensible" ou máis esixente. Graciñas pola resposta. Non me extrañan os premios e por iso estou en R, por iso me chama moito a atención ese descenso tan acusado da calidade en atención ao cliente.

enviado por Anxo o 24 febreiro 2012 ás 07:27 PM CET #

Parabéns a R pola oferta que acaba de pór en marcha, é unha forma de evitar a acumulación innecesaria de terminais nas nosas casas.
Falando disto, quero propoñer unha idea para que a teñades en conta. Cando cambiamos de terminal, de operador, etc... vánsenos acumulando nos trasteiros das casas estes trebellos que ao final non sabes que facer con eles. Son consciente de que existen empresas que se dedican a recollelos e che pagan unha miseria.

A miña idea é a seguinte: por que non recolledes estes terminais nas tendas R?

Sería interesante premiar esta práctica con puntos, descontos, etc... daría un valor engadido á empresa e, sobre todo, unha publicidade como compañía que se preocupa por coidar o medio ambiente.

Espero que valoredes esta suxerencia.


Un saúdo.

enviado por Xan o 24 febreiro 2012 ás 07:47 PM CET #

Señores de R podería ser educado e responder en castelá a preguntas que as persoas involucradas nesta lingua

enviado por Cabaloo Tolo o 24 febreiro 2012 ás 07:49 PM CET #

Xan, nalgo así andamos a pensar. Estamos totalmente de acordo no que dis e cremos que algo nese sentido imos facer. A ver se o concretamos e vos informamos.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 24 febreiro 2012 ás 10:11 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Bah, Pepephone, Tuenti movil... Iso son trapalladas en comparación a R. Penso que é mellor pagar 1€ de máis a 1 céntimo máis por minuto e ter unha boa atención ó cliente, e a millor é a de R.


enviado por Rodrigo o 28 febreiro 2012 ás 09:29 AM CET #

Rodrigo, perdona pero no sabes lo que dices. Son trapalladas porque lo dices tu? Por el noombre o por que razón?

Yo siempre tuve problemas con todas las compañías salvo con R aunque las que me atendieron eran un poco bordes y con Pepephone.

Pepephone funciona perfectamente y la atención al cliente es de lo mejor pero es que encima son más baratos que R.

ASí que bien por R por mejorar sus ofertas pero esperemos que no se duerman ya que hay mucha competenia y repito, mejores servicios. Cuando sea mejor R que Pepephone, cambiaré sin dudarlo que para eso compré un móvil libre (para no estar atado).

enviado por Ahriman o 28 febreiro 2012 ás 08:23 PM CET
Sitio web:: http://www.blogssl.com #

Me acaban de decir por teléfono que el descuento no se aplica a la tarifa mini+internet, que solamente se aplica a aquellas tarifas que tengan un coste igual o superior a 19 euros, es decir, las tarifas planas.

enviado por María o 29 febreiro 2012 ás 04:19 PM CET #

Unha preguntiña. Acabo de chamar ao 1449 para activalo e me dixeron que ata mañán non se podía e que se facía desde a páxina de clientes.

Como no post dis que se fai chamando ao 1449, cómo se vai facer? Chamando, na páxina de clientes? Hai que agardar ata mañán?

Graciñas de antemán!

enviado por Antonio o 29 febreiro 2012 ás 04:48 PM CET #

María, seguro que se confundieron con el tema el 20% de descuento en la cuota del fijo. Por eso de que el porcentaje cambia. No te preocupes, qeu si todo va bien, mañana en la web ya aparecerá.

_____________

Antonio, si, case mellor na web de clientes, no apartado da tenda R. Comeza aínda mañá, así que hai que agardar. Cando teña a URL directa á web de clientes xa a poño.

Un saúdo

enviado por quecheparece o 29 febreiro 2012 ás 06:07 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Para beneficiarme do desconto vale a tarifa descatalogada que teño (Plan Internet 50) ou teño que pasarme á Mini+Internet?

enviado por Xis o 01 marzo 2012 ás 10:57 AM CET #

Como son cliente de Yoigo non podo pasarme coa tarifa plana de 150 minutos.... teño q irme coa mini de 9€... a pregunta e... unha vez sexa cliente podo perdir co cambio sen mais a tarifa plana ou teño que esperar un tempo?

enviado por lussac o 01 marzo 2012 ás 12:39 PM CET #

Unha dúbida, as tarifas planas teñen uns consumos mínimos iguais as cotas. Se por exemplo contratas a tarifa plana 24h 150 cun consumo mínimo de 19€ sen subvención de móbil, a cota sería 15,2€, neste caso o consumo mínimo tamén se reduciría un 20% ou seguiría sendo 19€?

enviado por Un o 02 marzo 2012 ás 12:10 AM CET #

Unha dúbida, as tarifas planas teñen uns consumos mínimos iguais as cotas. Se por exemplo contratas a tarifa plana 24h 150 cun consumo mínimo de 19€ sen subvención de móbil, a cota sería 15,2€, neste caso o consumo mínimo tamén se reduciría un 20% ou seguiría sendo 19€?

Supoño que non, porque de ser así sería un pouco enganoso, pero mellor aclaralo.

enviado por Un o 02 marzo 2012 ás 12:14 AM CET #

soy cliente de combo2+10 y tengo dos moviles con tarifa unica pero son libres,pregunta: puedo pasarme a la tarifa mini internet los dos moviles y adquirir un (1) nuevo movil Huawei a 0€ ??

enviado por EDUARDO o 06 marzo 2012 ás 12:11 AM CET #

Eduardo, si no tienes permanencia en las dos líneas no habría problema en que en una de ellas solicitaras el Huawei a 0€ y en la otra línea, pasándote a la mini+internet, se te aplicara el descuento del 20% por no tener subvención del terminal.

Un saludo.

enviado por quecheparece@gmail.com o 06 marzo 2012 ás 09:21 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

gustariame saber se é posible este mes levar o samguns galaxy ace coa tarifa plana de 19€ totalmente gratuito ainda que na tenda o tenñan que pedir.
por outro lado tamen gustariame saber se R seguirá coa politica de subvencionar moviles ou seguirá os pasos de telefonica.
gracias!

enviado por noe o 06 marzo 2012 ás 03:04 PM CET #

Pregunta simple:

¿Mantéñense os 60 minutos a móbiles de calquera compañía por ter a factura electrónica? ¿Tanto para novos clientes como para os antigos que se pasen aos novos combos?

enviado por QUEST o 08 marzo 2012 ás 06:38 PM CET #

QUEST, si, mantéñense os 60 minutos a móbiles de calquera operador por ter a factura electrónica. É certo que vimos que na web de clientes a algúns clientes que se cambiaron aos novos combos non lles aparece, pero cando fagamos a facturación de marzo xa imos revisar todos os casos que estean nesta situación e verán o desconto coma sempre.

Un saúdo.

enviado por quecheparece@gmail.com o 09 marzo 2012 ás 09:07 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Grazas pola resposta. Así da gusto. Un saúdo.

enviado por QUEST o 09 marzo 2012 ás 02:42 PM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado