100 invitacións para probar o wifimedia (esgotadas)
Ola a todos. Hoxe lanzamos a través do blog 100 invitacións en exclusiva para probar o servizo wifimedia (xa están esgotadas, así que non damos máis). Así que se tedes 30 ou 100 megas cun router wifi N Hitron, podedes solicitarnos unha.
Para iso, coma sempre, tedes que enviarnos un correo a quecheparece@mundo-r.net indicando o voso DNI e o nome do titular da liña. Tamén nos gustaría que nos enviedes o voso identificador de cliente, para axilizar o traballo á hora de activar o servizo. O voso identificador tédelo na web de clientes http://clientes.mundo-r.com > os meus servizos > comboX > internet. Ao lado de internet pinchades en "máis info", abrirase unha fiestra e ai teredes o voso "identificador R".
Ollo! Como dicimos arriba, tedes que ser clientes de 30 ou de 100 megas e ter o router wifi N Hitron, porque este servizo non está dispoñible noutros equipos.
De seguro que máis dun se pregunta: "Vale, moi ben, tedes unha invitación para iso do wifimedia, pero non teño nin idea de para que serve iso". Toda a razón, así que aquí vos adiantamos algunhas das funcionalidades deste servizo.
En primeiro lugar, permitiravos ter información de todos os equipos que teñades conectados no voso fogar.

Pero o que é máis importante, grazas a este servizo, se enchufades un disco duro ao porto USB do router poderedes acceder e gardar calquera arquivo dende calquera dispositivo do voso fogar. Por exemplo, arquivar aí as fotos dunha festa que descargastes no PC e, a través do voso móbil con wifi acceder a ese disco duro e coller a foto que máis vos interese.
Do mesmo xeito, podedes empregar o disco duro conectado ao router wifi N como back up de todos os vosos equipos. É dicir, aí podedes gardar todos os arquivos que vos parezan importantes e que non queirades perder. De seguro que non é a primeira vez que se vos estropea o portátil e non tiñades gardadas fotos ou documentos que vos interesaban. Pois con este sistema iso non será un problema.
Por outra banda, este servizo permitiravos crear un centro multimedia no voso fogar.
Se tedes equipos compatibles con esta tecnoloxía, poderedes reproducir os arquivos de vídeo e audio que teñades no disco duro. Por exemplo, se tedes un televisor con DLNA, un estándar que permite interconectar distintos equipos, poderedes ver nel os vídeos que teñades no disco duro. E se tedes un iPad igual. É dicir, non tedes que andar movendo os arquivos dun equipo a outro, porque o wifimedia vos permite agrupar aí todo.
Por outra banda, no futuro o wifimedia tamén terá máis usos. Para adiantarvos algo: se estades fóra da vosa casa e tedes o wifimedia acendido, poderedes coller, alí onde vos atopedes, os arquivos que teñades no disco duro. Ademais, se tedes un ordenador acendido con carpetas compartidas co wifimedia, tamén poderedes coller o que vos interese, esteades en Miami ou na Cochinchina.
Agora só queda que probedes o servizo e nos digades que vos parece.
Seguimos por aquí, na nosa páxina do facebook e na conta do twitter.
Un saúdo.

Tes unha email ;)
É un servicio moi útil e interesante. É máis, cando me instalchedes o router preguntéi por ela.
Falades de conectar o router por ethernet, pero este router tamén soporta conecxións por USB, e nas súas especificacións di que o soporta (máis o voso firmware non).
enviado por Gonzlao o 16 marzo 2011 ás 05:28 PM CET #
Sigo prefiriendo tener mi pequeño servidor con ftp, dlna, etc administrado totalmente por mi y no delegar estas cosas en el router.
enviado por Martin o 16 marzo 2011 ás 05:30 PM CET #
Muy bien! Por fin, la verdad, llevaba esperando por esto desde que tengo el Hitron. Me alegro.
Tienes un mail ;)
enviado por sammy o 16 marzo 2011 ás 06:14 PM CET #
Totalmente de acordo con Martín.
Eu xa o teño dende fai cousa de dous meses e teño que dicir que é unha m..... de router. De feito sigo a usar o router neutro que tiña antes porque: a) vai moito mellor e non se desconfigura cada pouco tempo e b) non ten opcións capadas como o que poñedes vós (USB, VoIP,...).
Un saúdo. ;) ;)
enviado por Julio o 17 marzo 2011 ás 09:08 AM CET #
Julio, o hitron non ten opcións capadas.
En primeiro lugar o porto USB non funciona porque estamos a traballar no servizo wifimedia. E por iso precisamente lanzamos estas invitacións, porque estamos rematando o traballo e queremos que probedes ese servizo, que iría a través do porto USB.
Por outra banda, o hitron non ten o hardware para a VoIP, nin é algo que vaiamos dar no futuro. Agora, cun terminal adecuado conectado aí iso funciona. Pero a VoIP non está capada porque a través da nosa rede vai perfectamente.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 17 marzo 2011 ás 11:32 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
@QCP: "En primeiro lugar o porto USB non funciona porque estamos a traballar no servizo wifimedia."
Ergo... esa función está capada, como xa dixen antes.
@QCP: "Pero a VoIP non está capada porque a través da nosa rede vai perfectamente."
Home... só faltaba que co que cobrades non tiveramos acceso a un servicio de uso tan común hoxe en día...
@QCP: "o hitron non ten o hardware para a VoIP"
Iso non é o que di a web do producto (http://bit.ly/eQmJES)... outra cousa é que vos non o teñades activado no voso firmware. Senón, para que son os dous conectores RJ-11??
Saúdos.
enviado por Julio o 17 marzo 2011 ás 12:58 PM CET #
Julio, cando non hai un servizo funcionando detrás non pode haber algo capado. Capado sería se nós non estamos permitindo usar un servizo que outros clientes si teñen.
Doutra banda, tes razón niso de que si ten hardware. O que quixen dicir é que non tiña a capacidade para dar VoIP porque precisa de software e servizos de R que non prestamos a día de hoxe. Perdoa pola confusión.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 17 marzo 2011 ás 01:14 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Yo tengo el modem Hitron y falla más que una escopeta de feria.
Estaría bien habilitar un servicio para compartir impresoras USB en red.
enviado por Pablo o 17 marzo 2011 ás 05:47 PM CET #
Pois a min vaime ben o Hintron. Non se me desconfigurou nunca e non lle noto nada raro.
Se agora vou poder conectar un disco USB ó router, aforro un NAS. O do FTP é unha boa solución, pero eu quero non ter que encender o PC para dispor dos datos. Teño consolas, smartphones, portátiles... nos que podo navegar e ver vídeo e o PC case nin o encendo.
enviado por Gonzalo o 18 marzo 2011 ás 09:58 AM CET #
Hola, estaría interesado en probar ese servicio.Saludos
enviado por David o 20 marzo 2011 ás 09:30 PM CET #
Yo tambien tengo el Hitron, y de momento va como un tiro. Conecto muchas veces el portatil por wifi-n y me da mas velocidad que el que tengo conectado por cable (no tiene tarjeta gigabit el pc). Ademas parece ser que hoy sacaron una version nueva de firmware, porque ahora salen las opciones en nuestro idioma, y alguna opcion mas.
enviado por delfinccm o 21 marzo 2011 ás 03:23 PM CET #
delfinccm, si, estamos cambiando la versión para activar el servicio a los que lo habéis solicitado.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 21 marzo 2011 ás 04:04 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Yo ya estoy probando el nuevo servicio y de momento va bien, he accedido a el desde el pc y desde la PS3, y perfecto, la verdad es que tiene muchas opciones para configurarlo a nuestro gusto, habrá que investigar... Salu2
enviado por javier o 22 marzo 2011 ás 01:31 PM CET #
wifimedia solo va a estar disponible para 30 y 100 megas? El resto de velocidades no son compatibles?
enviado por cibuletta o 25 marzo 2011 ás 04:46 PM CET #
cibuletta, de momento no, porque el router Hitron no está homologado para docsis 3.0 (edito: no está homologado para docsis 2.0), pero nuestra idea es hacerlo y poderle ofrecer el servicio a todos los clientes.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 25 marzo 2011 ás 05:48 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
@QCP: "...porque el router Hitron no está homologado para docsis 3.0"
Como diría ese gran filósofo chamado Chiquito de la Calzada: "ComoRRRRRR??????"
Que o router Hitron non está homologado para DOCSIS 3.0?? Aquí algo non me cadra, porque segundo a ficha técnica da páxina do fabricante (como xa puxera unhas mensaxes atrás, http://bit.ly/eQmJES), o router Hitron BVW-3656 é compatible con: DOCSIS 1.1, 2.0 e 3.0 e coas mesmas versións de EuroDOCSIS.
Saúdos. ;)
enviado por Julio o 28 marzo 2011 ás 08:21 PM CEST #
Julio, si, si, toda a razón. Equivoqueime de docsis e agora mesmo o corrixo :P
Agora mesmo está para conexións de 30 e de 100 megas, é dicir, xa está para docis 3.0
cibuletta preguntábame se non estaría para o resto de velocidades (1 e 10 megas), que nalgúns casos se corresponden con zona onde só hai docsis 2.0 Para docsis 2.0 non está homologado, pero niso estamos.
Sabemos que é compatible, pero antes temos que facer probas internas para ver que tal funciona e se dá algún erro. De feito, antes de sacalo para docsis 3.0 tamén nos deu problemas, aínda deu problemas cando o comezamos a comercializar e pouco a pouco fóronse solucionando. Vamos, que sexa compatible non é un motivo para sacalo sen máis, porque non é tan doado.
Un saúdo e graciñas pola puntualización.
enviado por quecheparece o 29 marzo 2011 ás 09:42 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
hola, solo una sugerencia: ¿para cuando los q ya somos clientes del combo R nos daran los 30/3 mb y el router wifi N Hitron? ya q en la web veo q la oferta de promocion para nuevos clientes ya se les da el wifi N y las nuevas velocidades, el doble de las q tengo yo. llamo al 1449 para decirles q si se podria hacer dándome de bajar para despues darme de alta y asi tener el combo "actualizado", pero me dicen q no es posible, q tiene q pasar un año desde q me doy de baja para q me den esta promocion. ¿es justo esto?
me hubiese gustado tener la opcion de elegir si solicitar la invitacion o no, pero de momento me es imposible.
un saludo!
enviado por marcos piñeiro o 29 marzo 2011 ás 09:24 PM CEST #
Hola,tengo una duda sobre el servicio que estoy probando:mi disco duro externo esta conectado al cablerouter Wifimedia,desde mi pc,que esta conectado por ethernet,muevo ,copio archivos de alrededor 1.5G,y tarda como unos 25 a 30min!!!!esto es normal?pasa lo mismo con las descargas,las guardo como destino al Hd que esta a Wifimedia y los tiempos de descarga son eternos ,teniendo 30Mb.Y toda mi red esta por ethernet,solo utilizo el Wfi para hacer el streaming al Televisor.la verdad es que es un poco engorroso ya que necesito casi 1 hora para ver un vídeo de 1.5Gb entre que lo descargo y lo muevo/copio al Hd que esta conectado al Wifimedia ya que descargalo directamente al Wifimedia se hace eterno,no se si me explico bien.Saludos
enviado por cuchara o 05 abril 2011 ás 09:53 PM CEST #
cuchara, es algo temporal, propio de esta versión mientras esté el servicio en pruebas.
Te cuento por correo, ya que me has escrito también un mail.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 06 abril 2011 ás 09:54 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Gracias,por el aviso,e leído tu correo,y me a quedado claro.Saludos
enviado por cuchara o 06 abril 2011 ás 11:46 PM CEST #
Actualizouseme estos dias o meu router, probei esta opción pero non consigo velo por ningunha parte. Non me aparece o USB que pincho. Non sei se ainda están en probas ou hai que solicitalo ou hai que esperar como lein en bandaancha ata o 18 de maio.Non me aparecen todalas opcións que aparecen no manual publicado en R.
enviado por Alejandro o 07 maio 2011 ás 10:50 PM CEST #
Alejandro, si, efectivamente de momento non terías esa opción. Activarase a mediados de maio, como se indica en BA. De momento estamos actualizando a versión a todos os que teñen 30 e 100 megas (uns 8.000 routers) e cando estean actualizados todos xa activamos a función do wifimedia.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 09 maio 2011 ás 09:36 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
e a marcos piñeiro non lle contestades a súa mensaxe?
enviado por raúl o 15 maio 2011 ás 01:46 PM CEST #
Raúl, tes toda a razón, quedounos pendente a resposta a Marcos Piñeiro. Agora mesmo pregunto para ver como poderiamos abordar este caso.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 16 maio 2011 ás 09:31 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #