Nova versión da EPG con máis funcionalidades
Ola a todos. Volvemos traer noticias para os clientes da nosa televisión dixital, porque imos lanzar unha nova versión da nosa Guía Electrónica de Programación (EPG).
Con case toda seguridade estará dispoñible a semana que vén, pero xa sabedes que as datas é mellor tomalas como unha referencia e non como algo inamovible. Con todo, nuns días a cousa xa estará en marcha, polo que non ides tardar en poder valorar as melloras.
E que melloras vai ter esta nova EPG? Pois en primeiro lugar están os destacados. No menú ides ter esta opción, na que teredes acceso a todos os eventos de cine e de deportes que se emiten tanto no día da consulta coma nos dous seguintes. Tedes a posibilidade de consultar os eventos de PPV (os de adultos teñen a posibilidade de estaren bloqueados a través do control parental) e os das canles que tendes contratadas co voso combo.

Vamos, que ides ter acceso a un feixe de información. Todos estes eventos recíbense a través da canle de retorno do voso descodificador de televisión (é dicir, do cablemódem que hai dentro do cacharriño), e ides poder establecer neles avisos e compras. A información por iso vos chega un pouco máis lenta, porque ten que acceder a un servidor onde está a información e por iso igual tarda un pouco máis, aínda que a cambio ides ter moita máis información.
Para poñervos un exemplo, se vos gustan as películas de vaqueiros ides a destacados>en combo>cine/western e xa tendes aí unha listaxe cos filmes (e os diferentes pases) que se emitirían tanto hoxe, coma mañá e pasado mañá. Organizados alfabeticamente, iso si. Que consultades isto á mediodía, mentres comedes, e vedes que se emite “El bueno, el feo y el malo” ás 17.00 horas e tamén ás 21.00 horas, e que estades interesados en vela pola noite pero igual non vos lembrades, pois poñedes un aviso e listo.

E así como temos a categoría de “western” dentro de cine, tamén temos a de “acción”, “animación”, “aventuras”, “todos”, etc., etc. Vamos, que xa vedes que tampouco é que se trata propiamente de destacados, senón de todas as pelis e eventos deportivos que se emiten. No futuro si que temos idea de poñer propiamente eventos destacados, que irán acompañados dunha estreliña para diferencialos.

Outra mellora: a sinopse vai estar máis detallada. De boas a primeiras comezaremos ofrecendo isto nas canles de PPV, nas de cinema e tamén noutras coma AXN, Fox ou a Paramount Comedy. A información estará nunha pantalla na que ides poder baixar coas teclas do mando, como se estivésedes diante dunha web, non coma antes, cando tiñades que darlle a páxina +. A ficha das pelis agora vai ser digna de Filmaffinity: vai ter o título e o idioma orixinais, o ano de estrea, a duración, o título e a tempada do episodio, o director, o produtor, os catro actores máis destacados, se é en cor ou non, a nacionalidade e os seguintes pases (hora e canle).

Cambiamos tamén a organización do menú da EPG, aínda que iso é unha cuestión menor ;) E seguimos traballando noutras melloras das que vos falamos no seu día, coma a posibilidade de ofrecervos información do tempo, noticias, resultados deportivos, loterías... Vamos, que non descansamos.
Lembrade, iso si, que para actualizar a versión da EPG é preciso apagar o descodificador de televisión co mando e deixalo así uns 10 minutos. As luceciñas do frontal do desco comezarán entón a escintilar nunha sorte de éxtase dixital, como se estivesen posuídas. Vamos, que se está a descargar a nova versión, que nun par de minutos xa a teredes lista.
Un supertruqui que nos contan por aquí para saber se realmente tedes a nova versión é indo ao menú. Se hai unha sección chamada destacados, voilà, habemus nova versión da EPG. E para os que se pregunten o motivo, pois é algo tan sinxelo como que antes esta opción non estaba no menú, polo que ao aparecer está claro que temos a nova versión.
Pero ademais, en R agora temos escondido outro as na manga. Como sabemos que sempre hai algún despistado que pode ignorar que hai unha versión nova da EPG, pois desta vez ocurréseunos que estaría ben avisarvos directamente a través da televisión. Deste xeito, se tedes unha versión antiga e pulsades a tecla do menú do mando de R, apareceravos a seguinte mensaxe: “Hai unha nova versión da guía de programación. Para actualizar o desco R, apágao co mando, espera 10 minutos e despois acéndeo”. E se non lle facedes caso, pois sairavos este aviso cada semana, sempre e cando premades na tecla de menú, of course. Vamos, que agora non haberá xeito de dicir que non comunicamos ben as cousas ;)
Por certo, a primeira das reunións informais que temos previsto facer con vós vai ser este xoves na Coruña ás 20.00 horas. Se alguén está interesado, mandade un correo a quecheparece@mundo-r.net
Un saúdo.

O da información de multidifusión está ben. A mágoa é que só sexan 3 días e non unha semana, pero supoño que xa chegaremos.
enviado por makeijan o 10 novembro 2009 ás 06:38 PM CET
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org/ #
Está ben a idea, pero será igual de fiable que a que hai agora??? Porque de pouco servirá que teña un feixe de opcions novas, se a información facilitada non é a correcta.
Un saúdo. ;)
P.D: O botón de "vista previa" deste blog non funciona ou é cousa miña??
enviado por Julio o 11 novembro 2009 ás 12:46 AM CET #
Julio, entiendo que la vista previa es relativa a los comentarios, ¿no? Pues a mí sí me funciona.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 11 novembro 2009 ás 09:28 AM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #
A min tampouco me funciona, pero xa o dín por imposible.
enviado por makeijan o 11 novembro 2009 ás 09:38 AM CET
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #
Parece un buen avance,pero vamos a esperar a verla en pantalla.Lo mejor el orden que le dais a las sinopsis.La única pega es que parece que la información de la programación seguirá estando disponible unicamente para las próximas 24 horas ¿no?,solo se informará con 72 horas de anticipación de las películas y eventos deportivos.Una pena.lo del aviso de que hay una nueva versión de la epg está muy bien,es algo que se echaba de menos
enviado por mar o 11 novembro 2009 ás 12:00 PM CET #
Julio, Makeijan, poderiades indicarme o navegador que empregades e tamén a versión, para botarlle un ollo a este tema?
Un saúdo e graciñas.
enviado por quecheparece o 12 novembro 2009 ás 11:23 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Eu emprego Firefox 3.5, pero tamén probei co IE8 e Opera 10 e nada.
enviado por Julio o 12 novembro 2009 ás 03:31 PM CET #
A ver como queda.. esperemos que no sea extremadamente lenta.
me gusta la idea de ampliar la info de las películas y series, porque, como buen cinefilo; muchas veces me parece escasa la información que se da.
muy buena la idea de clasificar el cine también por géneros
La vista previa a mi me funciona
enviado por iván louzan o 13 novembro 2009 ás 01:21 PM CET
Sitio web:: http://opinguino.es #
Sen dúbida sera unha boa millora na TV pero sinto decir que a guia completa tamén deberia estar na revista de papel que en realidade, a que usa a maioria da xente (polo menos todos o meu arredor)para programarse e buscar o que lle interesa a dias vista. Tomen nota delo, por favor.
enviado por Xosé Antón o 14 novembro 2009 ás 02:18 PM CET #
Todo isto está ben, pero o gran paso que espero que non tarde é poder ver os programas ou pelis que quero baixo demanda, é dicir, no momento que eu queira, e non ter que esperar a ver se me cadra ben o horario de pase.
enviado por xaime o 14 novembro 2009 ás 02:20 PM CET #
Todo moi ben, pero xa estamos fartos das mesmas películas día si día non
enviado por jaime o 15 novembro 2009 ás 04:19 PM CET #
Eu estou con Xosé Antón, a revista ten que ter a programación completa e máis destacados.
enviado por pedro b o 16 novembro 2009 ás 01:36 PM CET #
Me parece estupendo que mejoréis algo la epg porque la verdad que a veces no anda demasiado fina.
Una cosa que no sé si tiene algo que ver pero que desde siempre me ha fastidiado mucho, ¿habrá posibilidad de elegir subtítulos para ver los canales de cine?
Me parece algo básico para los que nos gusta el cine en VO.
Los únicos canales en los que puedo seleccionar subtítulos son los de tve y no sé por qué en los demás no puedo hacerlo, ya que al menos en tcm dicen antes de la retransmisión de las pelis que las emiten subtituladas.
En fin, que a ver si podéis hacer algo al respecto ya que es un tema que me cabrea bastante.
Un saludo.
enviado por mitrofán o 16 novembro 2009 ás 08:32 PM CET #
Amigo mitrofán creo que es una guerra que tenemos perdida desde hace tiempo, tras mucho pelearme por el blog y el facebook. Lamentable. Sabías que los abonados a Digital Plus pueden subtitular todas las películas y series, incluídas las de TCM. Y por el mismo precio. Ja, ja, ja... Penoso y lamentable.
Y la vista previa no funciona y en el perfil tengo marcado que no se me avise de los novos comentarios por correo electrónico y me avisa igual. A ver si vamos arreglando algo que lo que decimos no lo decimos para molestar.
enviado por Pepito Piscinas o 17 novembro 2009 ás 10:33 AM CET #
mitrofán, puedes ver los subtítulos a través del teletexto de los canales (algunos en el 888 y otros en el 801), aunque no es lo mismo. Lo peor de todo es que en la revista (ya de hace unos meses) y en este blog se tiene puesto que se pueden ver los subtítulos de los canales disponibles para ello, y es mentira, puesto que en tcm, tnt, algunos programas de fox, tcm clásico y otros muchos de la tdt emiten con subtítulos en otras plataformas y no en R.
enviado por pedro b o 17 novembro 2009 ás 10:52 AM CET #
Gracias pedro, le he echado un vistazo al teletexto pero no veo nada para los dos canales de tcm y canal hollywood.
No entiendo por qué las películas de tve puedo verlas subtituladas y las demás no. Al menos las de los canales de tcm que sí que emiten con subtítulos.
Por favor, quecheparece, explícanos esto y a ver si puedes hacer algo por aquellos que queremos ver el cine sin doblar. No creo que sea tan complicada la cosa y ya va siendo hora después de los años que llevamos así.
PD. Cierto, la vista previa de los posts no funciona.
enviado por mitrofán o 17 novembro 2009 ás 04:58 PM CET #
Hola a todos.
Como le había comentado a Pepito en el facebook, no es una solución fácil, ya que sólo tenemos los subtítulos que recibimos en DVB y las cadenas los envían en otro formato.
De esta forma, los subtítulos en formato teletexto no estarán disponibles hasta que tengamos el nuevo desco.
Sentimos no poder hacer más por el momento.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 17 novembro 2009 ás 05:42 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ya estoy probando la nueva EPG. Siguiendo los pasos que se indicaron aquí, actualizado sin problemas. Hasta ahora lo que he podido probar me ha gustado. Sólo salen cine (muchas categorías para el cine) y 2 para deportes (fútbol y otros, no hay más). Cuando podáis meter ahí las series, los documentales y otros espacios, será la leche. Ánimos y a seguir mejorando.
enviado por sibilio o 18 novembro 2009 ás 01:09 AM CET #
Despues de probar un poco los retoques en la epg las valoraciones.
Creo que en lugar de llamar "destacados" a la sección nueva deberíais llamarla "listados",porque es eso,un listado de las películas que se ofrecen en los canales y no una selección.además visualmente esa parte no me termina de convencer,se ve muy tosca y rudimentaria.
Lo que está mejor sin duda es la información ampliada de las series y películas,combinando el amarillo y el blanco y dándole más orden.Un pero en lo de próximo pase estaría bien que no pusierais unicamente el próximo,si nó que estaría bien que pusierais todos los que están previstos,así nos evitamos tener que ir de pase en pase para saber el siguiente.Algo así ocurre en la sección de destacados,en donde sí que poneis todos los pases previstos incluso ya los de diciembre (por dierto debería indicar el mes además del día de la semana y dia del mes).
Y sí,me parecen excesivas las categorías de películas,así hay muchas secciones que están vacías o con a penas una o dos pelis.En la sección de deportes pasa lo contrario,me parece muy pocas categorías,además en la sección de otros deportes ayer estaban casi todos los eventos de futbol (los que emite espn classic).
Pues ,nada una impresión rápida de los cambios,ah por cierto,una curiosidad,no se ha perdido rapidez a la hora de navegar por la epg cosa importante,pero sí que cuando apagas el desco.
P.D. Sigo echando en falta laprogramación de más días,no sólo la de las 24 horas sigueintes.Si bien a lo mejor en la miniguía está bien así con 24 horas,en la Guia TV propiamente dicha si que sería de lo más útil la programación de los próximos días.Vamos como cualquier desco de tdt.
enviado por mar o 18 novembro 2009 ás 11:17 AM CET #
Sibilio, Mar, muchas gracias por vuestras impresiones.
Mar, es cierto lo que dices de que realmente no son propiamente destacados sino un listado con todo. En el blog habíamos indicado este punto: "Vamos, que xa vedes que tampouco é que se trata propiamente de destacados, senón de todas as pelis e eventos deportivos que se emiten".
En el futuro sí que serán propiamente destacados de series y de televisión, una selección con las recomendaciones de las cadenas.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 18 novembro 2009 ás 11:27 AM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #
Destaco a información detallada das sinopsis. Sen dúbida é a maior e mais útil novidade da nova EPG.
Con respecto a "Destacados". Non me gusta nada.
Non vexo neceasario unha clasificación por xéneros. Penso qeu bastaría con que fose por tipo, é dicir: Cine, Deportes, Documentais... (non hai tantas películas distintas diariamente).
No caso de empregar unha clasificación por xéneros, deberia estar agrupada por tipo, é dicir. Unha primeira clasificación por tipo, é dicir, primeiro cine, deportes, documentais.., e dentro de cine o a lista de xéneros, estando por defecto marcado "todolos xéneros". Tal e como está actualmente non e usable, xa que para elixir deporte, por exemplo, hai que estar premendo o botón do mando media hora.
Tal e como comentaron anteriormente, o formato actual da revista non é o máis apropiado. A función principal da mesma deberia ven a ser a programación, e tal e como está hoxe en día non serve.
Un saúdo e seguide así, mellorando o servizo.
enviado por twiky o 18 novembro 2009 ás 12:35 PM CET
Sitio web:: http://www.emetreinta.es #
É unha mellora.
A información é bastante máis completa.
Coincido con outros usuarios en que deberían estar as series e que o menú inicial é moi longo (mellor un primeiro máis xeral -cinema, deportes, series- e logo dentro de cada un algunha subdivisión).
De velocidade vai ben.
Moi útil a indicación do próximo pase.
Eu tamén me sumo á petición de v.o.s. nas canles que o permiten (outra cousa que me parece mái útil que a H.D., aínda que só sexa porque hai moitas máis canles que emitan subtitulado que en alta definición).
enviado por Xis o 18 novembro 2009 ás 01:36 PM CET #
De novo moitísimas grazas a todos porque as vosas opinións son fundamentais para mellorar a EPG. Así que tomamos boa nota das suxestións para mellorar o servizo.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 18 novembro 2009 ás 01:50 PM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #
A min no me funciona, fago todo e nada, unha caca.-
enviado por lvazquez o 18 novembro 2009 ás 06:35 PM CET #
lvazquez, esta noite apaga o desco co mando a distancia (non directamente no propio aparello) e a ver se mañá está. Se non está, avísame. Eu vou preguntar que puido pasar.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 18 novembro 2009 ás 06:44 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Las mejoras en la epg está bien,pero cuidar el resto de servicion también.Me explico,la madrugada del sábado al domingo se celebraban las dos ultimas carreras de la temporada del campeonato del mundo de turismos,en Macao,Eurosport las emitía en directo a las 5 y a las 6 de la madrugada,iluso yo me digo,bah,en vez de levantarme,als grabo y las veo con calma el domingo por la mañana,así que programo el DVD desde las 4.50 a las 7.30 y cuando me dispongo a verlas.....resulta que grabé tres horas de una bonita pantalla en negro,eso sí los últimos 10 minutos ya aparece la señal de Eurosport.Es decir en R no pudimos ver las emocionantes carreras de Macao y la lucha por el mundial,es indignate si la culpa es vuestra que perdisteis la señal de Eurosport toda la noche dan ganas de mandaros es descodificador y que os quedeis con él,si es culpa de Eurosport sois vosotros los que debierais estar indignados con el canal,de todos modos,no leí por ningún lado que otros operadores tuvieran problemas.
Lo peor es que no es la primera vez que pasa,ya me tiene pasado el intentar grabar alguna cosa de madrugada y encontrarme con pantalla negra algún rato,pero lo de esta vez,durante tres horas es lo máximo.
enviado por 10.0.137.41 o 22 novembro 2009 ás 01:23 PM CET #
Moita EPG e moita leria... pero cando D+ esta a lanzar varios canles en HD como Fox HD MTVN HD e alguns mais... aqui en galicia estamos a usar decos dos picapedra... pero en fin.. modernidade ante todo... (Eso si, a subidiña do 20% anual nas facturas non as quita nin pedrito....)
enviado por Pablo o 22 novembro 2009 ás 02:26 PM CET #
A mí no me funciona, el descodificador ha vuelto a la antigua EPG de hace más de un año.
Con el desco apagado se queda encendida la luz verde de conexión a la red pero en ningún momento parpadea indicando la recepción de datos.
Y lo de la vista previa de los comentarios en este blog tampoco funciona.
enviado por Fernando o 04 decembro 2009 ás 01:32 PM CET #
Fernando, es la primera vez que escucho algo por el estilo. Entiendo que el descodificador lo has apagado con el mando, no directamente, ¿verdad? Lo mejor será que llames al servicio técnico: 1449, opción 2.
Avísame con lo que sea, ¿vale?
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 04 decembro 2009 ás 02:07 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ya ha quedado instalado en mi descodificador el nuevo EPG. Ha tenido que estar bastante más de 10 minutos apagado para lograrlo, supongo que había algún problema por el que no se actualizaba porque probé varias veces realizando bien el proceso anteriormente.
Me ha hecho bastante gracia probar la opción de destacados. Solo he hecho una prueba por curiosidad. He buscado destacados, cine/suspense y la recomendación que ha puesto la guía es "Loca juerga tropical". :) LOL
enviado por Fernando o 04 decembro 2009 ás 02:20 PM CET #
Como dije ya funcionó bien. Lo que no entiendo muy bien es porqué volvió a una versión tan antigua. ¿Dónde guarda el desco la guía? ¿Se trata de una memoria temporal tipo RAM que se pierde si el desco se desenchufa (o hay un corte de corriente)?
enviado por Fernando o 04 decembro 2009 ás 02:25 PM CET #
Fernando, no me digas que con ese título no promete suspense :D
El suspense está en ver si es una comedia juvenil, una comedia romántica, una comedia disparatada, si los gags son buenos...
Yo me estoy mordiendo las uñas ya ;)
Un saludo.
enviado por quecheparece o 04 decembro 2009 ás 02:29 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ya te digo que es rarísimo. En teoría la nueva versión debería de estar guardada en el descodificador; cada vez que hay una nueva versión se actualiza el software.
enviado por quecheparece o 04 decembro 2009 ás 02:31 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
más vale tarde que nunca, verdad? pues yo acabo de enterarme de la existencia de este blog con la revista de este mes (febrero 2010), y vaya por delante que me parece un acierto. todo lo que sea informar a la tropa de culos inquietos que tenéis entre vuestros clientes es siempre de agradecer.
en cuanto al tema de la EPG, y sin irnos por las ramas de si el desco es obsoleto, o de si la señal puede fallar puntualmente, lo cierto es que la nueva EPG es bastante mejor que la anterior. y lo que es más importante, es ligeramente más rápida y se cuelga menos! los que la ojeamos todos los días para afinar qué ver en los pocos ratos libres que tenemos lo agradecemos especialmente.
lo dicho: hablando sólo de la EPG (de los otros temas ya tendremos más tiempo), que para eso está esta entrada aquí, mi agradecimiento a R para que no se duerma en los laureles y siga evolucionando y poniéndose las pilas en el punto de su terna de servicios que en mi opinión más cojea (en comparación con D+, claro).
PD: el mero hecho de poder poner la guía en azul en lugar de el violeta doloroso al que estuvimos obligados durante tanto tiempo ya mereció la pena. y si esa opción ya existía, pero la nueva EPG me ha motivado lo suficiente como para encontrarla, pues igualmente bienvenida.
PPD: a mí tampoco me va la vista previa con firefox 3.6
enviado por lechu o 28 xaneiro 2010 ás 05:57 PM CET #