logo

Incorporamos Antena.Neox e Antena.Nova

luns 02 novembro 2009 | 44 Comentarios

Ola amigos. Hoxe estamos aquí para darvos outra boa noticia. Se a semana pasada lla dabamos aos clientes que tiñan contratados os 30 e os 100 megas, hoxe vai para aqueles que se sentan diante da súa televisión R para relaxarse.

Tampouco lle imos poñer moita tensión ao asunto, porque no título xa vos desvelamos todo o misterio ;) O caso é que se incorporan á nosa grella de televisión dixital tanto Antena.Nova como Antena.Neox, unha petición que moitos de vós nos levades facendo dende hai tempo.

Os clientes de comboR, combo2 e os que ven a nosa televisión cun sintonizador DVB-C van poder desfrutar destas novas canles dende mañá, 3 de novembro. Así que xa vedes que é algo inminente. Antena.Neox vai estar no dial 19, mentres que Antena.Nova a ides atopar non dial 81, no lugar de Andalucía TV (que pasará ocupar o dial 90).

De seguro que máis dun cliente de combo3 e combo1 se está a tirar dos pelos porque pensa que non lle imos ofrecer estas canles. Pois non, estas canles tamén as van poder recibir, pero un pouco máis adiante. Ao igual que cando fomos incorporando en aberto e dun xeito gradual canles como TVG2, 40 Latino e CNN+ para todos os nosos clientes, nesta ocasión o proceso tamén será progresivo. Pero non teñades medo que as ides ter ;)

Non creo que faga moita falta que vos falemos destas novas canles, pero se hai algún despistado, imos explicar que tipo de programación ofrece cada unha. Antena.Neox está bastante orientada ao público infantil e xuvenil, xa que emite series para adolescentes (Física o Química, El internado, El príncipe de Bel-Air), cine sen cortes, deportes (partidos en diferido da Champions) e programación infantil dentro do espazo Megatrix ou Guasanga.

Pola súa banda Antena.Nova está máis orientada a un público feminino e familiar. Emite espazos de produción propia, telenovelas, redifusión de Antena 3 e tamén series que algúns desfrutabamos hai anos como Canguros ou Los Ladrones van a la oficina :D. Aínda que tamén emiten outras máis actuais, como as redifusións de Doctor Mateo os xoves á noite. E para os que vos gusta o cinema, os luns, martes, mércores, venres e domingos ás 22.00 horas sempre hai unha peli.

Esperamos que vos guste esta novidade. E lembrade que temos pendente unha reunión informal cos clientes interesados en axudarnos a mellorar os nosos servizos. Se estades interesados podedes enviar un correo a quecheparece@mundo-r.net indicando a vosa dispoñibilidade para tratar de fixar un día e unha data.

E coma sempre, seguimos pola web 2.0 no facebook, no twitter e neste blog.

Un saúdo.




Comentarios

Por fin! xa era hora. Como é que agora decidides incluilas se non queriades pagar por canles que na TDT se ofrecían gratís?

Decidistes pagar ou é que agora vos deixan emitilas gratis?

enviado por anion o 02 novembro 2009 ás 06:35 PM CET #

Buena y esperada noticia,eso sí,lo que no tiene ningún sentido es la asignación de diales,neox bien en el 19,pero nova,¿que pinta en el 81? por no hablar que mandais Andalucía TV al 90 cuando el 86 lleva meses libres.Nova tenía que estar con los canales de entretenimiento pero claro no teneis sitio ahí,por lo mal ordenado que teneis el dial,apelotonando todos los canales al principio.Ojalá algún día a alguien se le encienda la bombillita y metais los canales de mirador en el 200 por ejemplo y aprovecheis mejor el dial

enviado por mar o 02 novembro 2009 ás 06:56 PM CET #

Os clientes de Combo 3 con sintonizador DVB-C, ¿veremos as canles a partir de mañá? Ou teremos que agardar.
¿Hai xa data para a recepción da TDT (DVB-T) a través do cable de R?

enviado por Marcus o 02 novembro 2009 ás 07:05 PM CET
Sitio web:: http://marcus.es/ #

MOI BEN.A ver se ahora poñedes sci-fi ou outras que se demanden e canles en HD

enviado por charles o 02 novembro 2009 ás 07:15 PM CET #

anion, chegamos a un acordo con Antena 3, a quen lle queremos agradecer que nos deixe emitir estas canles a través da nosa rede.

Marcus, os que teñades DVB-C, polo que me dixeron, xa ides poder sintonizar dende mañá as canles.

En canto á recepción do sinal DVB-T a través da nosa rede, a data que manexamos (aínda que non é fixa, así que tómaa con pinzas) sería a da última quincena do mes de decembro.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 02 novembro 2009 ás 07:16 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Din que vale mais tarde ca nunca . Graciñas.

Pareceme moi interesante que incluades tamen o dvb -t na ultima quincena de decembro, xa que moitos televisores e o sintonizador dixital que traen de base .


Non so estamos aqui para decir o malo. Asi que noraboa e espero que sigades dando pasos adiante.

enviado por Emi o 02 novembro 2009 ás 07:33 PM CET #

Xa era hora!! Parabéns por unha das decisións máis agardadas polos abonados…, si que vos fixestes de rogar!!, xa so vos queda a incorporación na grella de DVB-C e analóxicas de Popular TV Galicia, e no resto dos combos, as Radios que vos faltan, e que actualmente emiten na TDT (eu tamén incorporaría as internacionais: Euronews, CNNi, e a xeralista Destino Galicia, en aberto, pero é unha decisión vosa)

enviado por 10.0.137.41 o 02 novembro 2009 ás 08:07 PM CET #

¡Menudo día levades!

Certo é que a mín o da tenda en Xinzo non é que me cheme moito, pero polo resto... ¡Noraboa!

Ainda que vaia a estar cunha velocidade extrañísima (Agora estou con 10/1) ata o venres que me veñen poner o modem para ter entón 30/3. Ainda así... ¡Noraboa!

:P

PD: Se agora engadides SciFi e regalades 48 meses a todos os que acudan a reunión, xa facedes de min o tipo máis feliz do mundo xDDDD

enviado por CartDestr o 02 novembro 2009 ás 08:43 PM CET #

Por fin, noraboa po lo conseguido e seguide así, tamén quería facer un comentario sobre o Combo2, xa que existe a posibilidade de poñer un reducido, pero non deixades escoller os canles que se queren quitar, os tedes fora por vosa conta, e claro, no meu caso me interesan os infantis, os cales son uns dos que sacades.

Como vos digo a ver cando se poden escoller os canles que se queren deixar no Combo2.

Seguide así, pianiño e sen pausa agrandando os canles.

enviado por PEPEDIZ o 02 novembro 2009 ás 08:47 PM CET #

¿tendremos que estar preparados los que tenemos combo 1 con un decodificador tdt para diciembre cuando la señal cambie a digital?

enviado por lanzador o 02 novembro 2009 ás 09:11 PM CET #

Moi boas novas e agardadas por moita xente (a min nin me vai nin me ven, pero canta máis variedade mellor... xD)

Para que vexas que non só nos queixamos, QCP. Cando vos hai que dar unha palmadiña na espalda, tamén vola damos, pero non por isto vos vaiades durmir non vaia ser que vos teñamos que dar máis forte para que espabiledes... jejeje

Un saúdo. ;)

enviado por Julio o 02 novembro 2009 ás 09:28 PM CET #

Paréceme boan noticia.
O que non entendo moi ben é por qué os clientes de combo R dixital non temos incluído o servizo "son R TV". Paréceme un pouco "cutre" se me permitides o término, non telo incluído.
Un saúdo

enviado por gonzalo o 02 novembro 2009 ás 09:43 PM CET #

Bueno, non sei se os de Antena 3 cairon da burra ou non, pero a postura seguida por eles ata agora, ahí está.

É offtopicazo ó canto xD Sobre a TV dixital co voso desco (supoño que isto sería algo pra EPG).

Igual é interesante ter algo que, mentras estás vendo unha canle calquera, che avise en tempo real (non según a programación das cadeas, na que o respeto dos horarios, e as veces a propia programación, é un mito) que comeza a botar algo noutra canle ou canles (sobre as que elixas ser avisado, como se marcas ser avisado de todas as que tes dispoñibles). Tanto se comeza unha película como se se volve da publicidade.

Por outro lado, poderíase fixar os mesmos avisos pero só pra un programa concreto dunha canle. E de novo, basandose no que realmente estase a botar nese momento. Así, mentres non comece o que queres ver, do que seguramente a cadea se encargará de que comece a unha hora aletoria pra que estés tragandote todo o que queiran meter diante, pois en vez de ter que tragarte iso, poderías estar vendo outra cadea tranquilo de que vas ser avisado de cando comece o outro. O mesmo pra non tragarse a publicidade.

O de avisar de todalas canles dispoñibles pode servir pra poder saber en cada momento, do que hai, se estás a ver o máis che interesa sen ter que andar a rebuscar polas parrillas de todalas cadeas. En todo caso só te tocaría ver a programación que se está a emitir no momento de acendelo desco. Logo do resto xa che iría avisando.

Se non pode ser o dos avisos en tempo real, a lo menos os basados na programación.

enviado por fervigo o 03 novembro 2009 ás 02:21 AM CET #

fer, xa podes por avisos para que o deco te avise cando comece un programa (E dende tempos do deco analóxico!) Simplemente buscas na EPG un programa que non se estea a emitir, premes OK, e xa está, o deco avísate cando dito programa comece.

Saúdos.

enviado por CartDestr o 03 novembro 2009 ás 03:57 PM CET #

Grazas CartDestr ;) ¿Pero iso avisache a hora que na EPG apareza que vai comezar dito programa inda que logo o programa comece antes/despoís ou avisache cando realmente comeza o programa?

Non son cliente da TV de pago polo que descoñezo iso pero cría ditos avisos che avisaban na hora que estaba fixado que algo ía comezar, non cando realmente comezaba.

Saúdos :)

enviado por fervigo o 03 novembro 2009 ás 04:10 PM CET #

fervigo, o aviso aparece á hora na que na EPG está sinalado que comeza un programa. Se na programación que nos mandan as canles hai unha peli que comeza ás 22.00 horas, o aviso queda fixado para esa hora.

Pero se resulta que antes hai un partido de baloncesto e se retrasa 20 minutos, pois aí non temos nada que facerlle. O aviso vai saltar á hora na que estaba previsto que comezase o programa.

Iso si, avísache aínda que esteas noutra canle.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 03 novembro 2009 ás 04:25 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Veño de comprobar a recepción das canles de Antena 3 a través de DVB-C, e coma sorpresa, Popular TV Galicia tamén aparece en aberto (como na TDT).
Agora só falta Localia.

enviado por Marcus o 03 novembro 2009 ás 04:43 PM CET
Sitio web:: http://marcus.es/ #

Antes dixen "dente tempos do deco analóxico" moi a lixeira, no deco analóxico non había EPG XDDDD

O que si lembro que se podía facer era dicirlle "As 19.00, ponme o 71" e as 19.00 cambiabase só o 71...

enviado por CartDestr o 03 novembro 2009 ás 05:23 PM CET #

gonzalo, pois porque precisamente "son R" ten un custo que non poderiamos encaixar dentro do servizo básico dixital de televisión. É unha sorte de fío musical que ten para nós un custo a maiores, por iso se inclúe nun paquete maior.

PEPEDIZ, temos unha serie de paquetes de televisión e de momento non avaliamos a posibilidade de dar a escoller aos clientes as canles, como tampouco o facemos co tema das velocidades. Ao final aí cada cliente tería as súas opcións e sería algo bastante complicado de xestionar pola nosa parte.

lanzador, no te preocupes que en R vamos a seguir emitiendo en analógico como hasta ahora, así que aquellos clientes que non quieran comprar un aparato, por el momento no tendrán que hacerlo.

Un saludo.



enviado por quecheparece o 03 novembro 2009 ás 06:42 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Cara el publico y promocion de la empresa queda muy bien la idea de que podras seguir viendo la tv cuando se produzca el apagon, cara a los que buscan calidad no.
Para que quiero ver canales en sonido mono, con calidad de imagen inferior a la digital, sin guia tv. Esta claro cuando se produzca el apagon yo no pienso seguir viendo la tv en abierto de R, a no ser que ofrezcais un sintonizador digital para ver canales en abierto, pues hoy por hoy para mi pagar por ver la television no me interesa.
Sinceramente teneis que darle un impulso a vuestra oferta de television y apoyar la alta definicion cuanto antes mejor, ya se que implica cambiar descodificadores, ajustar cabeceras, etc, etc. Pero sin duda haria mas atractiva la oferta televisiva. Abandonar la idea de ofrecer television analogica que os ocupa espacio en el espectro del cable y utilizarlo para mejorar lo servicios digitales.

Salu2

enviado por Jaco o 03 novembro 2009 ás 08:46 PM CET
Sitio web:: http://eljaco.blogspot.com/ #

no, si no quiero seguir viendo la tv en analógico, pregunto lo de diciembre para estar preparado decodificador en mano.
supongo que avisaréis a los clientes por la tele o la revista cuando empiece la emisión digital en abierto, que ya hay ganas.

enviado por lanzador o 04 novembro 2009 ás 11:35 AM CET #

Fervigo, afirmativo, Popular TV Galicia sigue en aberto (non parece sexa temporal, que nolo confirme “quecheparece”) non podo contestarche por “Bandaancha”, téñenme vetado por escribir en galego… xa temos tódalas TV que emiten na actualidade en TDT… so nos faltarían algunhas radios, creo SER, 40 Principales, Cadena Dial, Radio Marca, R. Intereconomia, Vaugan Radio e es Radio… de tódolos xeitos, parabéns a R por este gran paso que tanto temos pedido os clientes… a seguir avanzando!!

enviado por Xosé o 04 novembro 2009 ás 01:03 PM CET #

Grazas Xosé.

enviado por fervigo o 04 novembro 2009 ás 01:40 PM CET #

Jaco es un tio coherente suscribo totalmente su opinion. Apuesta clara por la digitalizacion de los servicios y mejora de la calidad de la emision de los canales en abierto.( EN MUCHOS CASOS DEJA MUCHO QUE DESEAR)


enviado por Emi o 04 novembro 2009 ás 04:08 PM CET #

A ver si alguien me puede responder a esta pregunta. ¿Si conecto un aparato de tdt al cable de R veré la tele en digital (los canales en abierto, claro)?. Porque lo he intentado en un combo1 y no cogía ningún canal.
Gracias por adelantado.

enviado por Luigi.XXI o 04 novembro 2009 ás 04:33 PM CET #

Dende eiquí quero dicir que a min tamén me teñen vetado en bandaancha por escribir en galego.
Pensara que os tempos da inquisición castelán xa remataran, pero vexo que non.
Venceremos nos.

enviado por Bopeixe o 04 novembro 2009 ás 05:25 PM CET #

Será iso Ocasional/Bopeixe, será ... Por suposto non terá nada que ver que dende fai uns meses se te botara da páxina por insultar a xente, entre ela a min en varias ocasións, e que veñas agora, escusandote falsamente no galego (lingua que non usaches case nunca antes (¿duas veces?) ata iso), coa rabieta de neno pequeno a atacar á web. Pero por suposto o motivo é o que ti dis ¡oh!, como nunca a ninguen se lle permitiu en todos estes anos escribiu en galego en bandaancha ... Anda, mira, un tal Bopeixe o leva facendo dende que se saltou o baneo que tiña o usuario Ocasional. E non pense que non sabía dende o inicio que eras ti.

Bastante se te ten aturado.

P.D: Xosé non está baneado (o estivo pero non foi conscientemente), ti si, e espero que dure dita situación.

enviado por fervigo o 05 novembro 2009 ás 09:40 AM CET #

Una cosa sobre los nombres de los canales.Vosotros poneis en la epg A3Neox y A3Nova y creo que os equivocais. O bien poenis antena.neox y antena.nova(con punto incluido) o bien neox8 y nova9,que es la denominacion que ultimamente les dan,pero vamos A3Noex/Nova nunca se ha empleado.
Hoy al mediodía estaban en antena.nova emitiendo una serie (creo que manos a la obra o una de estas) y la emision era en 4:3 pero estaba señalizado como 16:9,así que el desco generaba las banadas negras en las teles 4:3 (para verlo bien había que cambiar en el desco la configuración de la tele a 16:9 a pesar de que fuera 4:3), ¿este fallo fue vuestro o e sun problema de la señal de origen de Antena3?,es algo parecido a lo que pasa a veces con la TVG.

enviado por mar o 05 novembro 2009 ás 07:50 PM CET #

Son cliente de R na vila de Sárria e a canle da Televisión de Galicia nas descinexións locais non aparece a da nosa provincia á que pertencemos senón a de Ourense. Lin nalgún comentario deste foro que era por motivos das cableiras, pero ¿ Pensaron na posibilidade de que vexamos a desconexión da provincia de Lugo da canle TVG ? Espero que solucionen este inconvinte o máis axiña posible.

enviado por Sarriano o 06 novembro 2009 ás 05:42 PM CET #

A mi me gustaría para que fecha aproximada se podrán ver los canales de TDT Antena.Neox, Antena.Nova y Popular TV Galicia en abierto por analógico para clientes de Combo1 y Combo3. Además también estaría interesada en saber para que fechas se tiene previsto la emisión de TDT (DVB-T) por el cableado de R.

enviado por Amaparo o 08 novembro 2009 ás 03:18 PM CET #

Xosé, estamos a traballar para a incorporación de novas radios, iso si, que emitan en Galicia. En canto a Popular TV, que agora está empezando a entrar en TDT, podedes vela como sabedes en Combo2 e ComboR.
Luigi, de momento non se pode facer a conexión que comentas para ver as canles. Pero imos dar ese servizo en breve. Irémosvos informando da súa activación en canto ésta se produza.
Mar, con respecto ós nomes das novas canles, tratamos de denominalas de maneira que sexan recoñecibles para todas as persoas que as asocian como as TDT de Antena 3.
Un saúdo,

enviado por quecheparece o 09 novembro 2009 ás 08:18 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

fervigo, pregúntalle a Josh por que estou baneado. É por escribir en galego.
Non por insultar a un mod.
Xa ves que para os que sodes casteláns-asimilados é máis grave escribir en galego ca insultar.
[frase eliminada polo moderador]
E seguide así, que nunha destas igual aínda conseguides a grande e libre.

enviado por Bopeixe o 09 novembro 2009 ás 09:04 PM CET #

Bos días.

Pido a todos os que aquí comenten que, por favor, se centren nos temas dos posts e que intenten opinar con respecto e con educación. Creo que as formas son moi importantes e necesarios para manter un bo ambiente no blog. Os problemas e cuestións alleas a esta bitácora creo que non teñen cabida aquí porque non teñen relación con R.

Así que pediría, por favor, un pouco de sentido común á hora de opinar. Non me importa que se nos critique a nós como empresa, pero paréceme un pouco feo que haxa este tipo de enfrontamentos entre usuarios. Neste sentido, Bopeixe, censurei unha frase túa (a segunda que censuro neste blog) porque me parece de mal gusto de cara a outros usuarios deste blog.

Intento ter man dereita sempre e pasar por alto moitas cousas, pero estas actitudes entendo que non son permisibles.

Lembrade as normas: intentar axustarse ao tema do post e opinar con educación e respecto. Creo que non é tan complicado e xa vedes que na primeira adoita transixir o 99% das veces.

Un saúdo e graciñas por axudarnos a crear un bo ambiente.

enviado por quecheparece o 10 novembro 2009 ás 09:12 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ok quecheparece.
Ouvido cociña.
Saúdos.

enviado por Bopeixe o 10 novembro 2009 ás 10:13 AM CET #


Como xa dixen nunha anterior mensaxe gustaríame saber se as desconexións da canle autonómica TVG vanse poder ver correspondetes á provincia onde estabamos situados. Como platexei anteriormente vivo na vila de Sarria, son cliente de R e a canle TVG nas desconexións locais aparece a de Ourense cando nós pertencemos á provincia de Lugo. Tanto na súa emisión por unha antena Terrestre ou porla TDT, vemos a desconexión á provincia de Lugo, mentres que en R temos a desconexión da provincia de Ourense. Imaxino que esto ocorre polas cableiras e o sinal de onde veña. ¿ Pero habería algún tipo de solución para ver a desconexión de Lugo pola TVG na miña vila ?
Saúdos. Espero a túa resposta

enviado por Sarriano o 21 novembro 2009 ás 03:35 PM CET #

Ola Sarriano.

Si, como ben dis o tema depende das cabeceiras de televisión que temos e a solución non é sinxela. Polo que sei non hai unha solución inmediata a este problema porque é algo bastante complexo.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 23 novembro 2009 ás 09:45 AM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #

Eu penso que sería bo platexar unha solución a curto prazo porque moitos dos clientes que tedes na vila de Sarria estanse queixando deste incoveniente. Porque véndese o servicio como televisión en aberto sen antena e despois a TVG non se ve como debería de ser. Incluso moita xente, ó ser unha vila pequena coñecémonos case todos,está pensando en darse de baixa por este tema.

Un saúdo

enviado por Sarriano o 23 novembro 2009 ás 03:30 PM CET #

Cando van poñer Neox e Nova para todos???
No 2012???
En Xaneiro en Coruña e Comarca confirmase que producirase o apagón analóxico mentras que con R aínda non ofrecen a TDT enteira, non entendo a dificultad de pór unhas canles que xa están en outros Combos, ampliala ó resto... Sempre en galicia a cola en todo, mentres que os restantes operadores de cable xa ofrecen tódalas canles de TDT. Vergoñaaa

enviado por goonie o 26 novembro 2009 ás 05:26 PM CET
Sitio web:: http://del75al1.blogspot.com #

Goonie, como sabes, non os puidemos incorporar ata hai ben pouco porque non tiña a autorización destas canles para emitilas. Xa dixemos que o ofreceriamos tamén para os clientes de combo1 e combo3, pero a cousa non é darlle a un botón, porque require do seu tempo. Graciñas por ser comprensivos.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 26 novembro 2009 ás 05:32 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

aínda que sexa complicado como dis... hai algunha data aproximada? É dicir, as canles Neox e Nova para combo 1 e combo 3, para cando? Pido data aproximada... é diferente xaneiro que outubro de 2010... primeiro trimestre, segundo, último, o 2014... a iso me refiro :)

enviado por ferroliño o 07 decembro 2009 ás 08:20 PM CET #

Ola!

Todo moi ben, mais, cando poderemos ver os programas en formato panoramico? Exemplo: Buenafuente na sexta, emitese en 16:9 e sen embargo a través do desco temos que miralo "cortado" i en formato 4:3. Hai mais exemplos.
Unha magoa. O mesmo pasa cos subtitulos, que tes que "eliminalos" cada vez que sintonizas unha canle que os ten, cando deberia ser o reves, isto é, botar man de eles si che fan falta. Por ultimo, moitas series din emitir en versión orixinal (correcto, sin problema) e con subtitulos...onde están? Eu non os atopo.
Un saudo.

enviado por BRISTRO o 11 decembro 2009 ás 11:46 PM CET #

Antes de nada quería pedirlle desculpas a ferroliño porque deixei a súa pregunta sen responder. O certo é que esta semana non estivo o responsable de televisión e por iso non o puiden preguntar, pero sei que agora mesmo en televisión teñen como prioridade poder ver o sinal da TDT directamente pola nosa rede, polo que entendo que ese será un segundo paso. Pero xa che digo que son especulacións, porque non o sei seguro.

Bristro, tes ben configurado a través do mando de R o formato de emisión? Eu no meu televisor si que o vexo en 16:9, polo que me parece raro.

Nunca me pasou tampouco iso que sinaladas dos subtítulos. Proba a ver se é a configuración do descodificador. No menú da guía electrónica de programación vaite a parámetros e mira como está a cousa.

Por último, si é certo que faltan subtítulos en moitas canles porque non os recibimos no formato adecuado para a emisión por cable, pero é algo que estamos a tratar de resolver.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 12 decembro 2009 ás 04:02 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

¿cuando podremos ver neox y nova en combo 1 y combo 3???¿cuanto tiempo habra q esperar mas??ya podian ponerlo ya porque no sera pot tiempo!

enviado por BLOCH o 18 xaneiro 2010 ás 10:34 PM CET #

BLOCH, como hemos indicado en otro comentario, cuando haya novedades en este sentido os informaremos.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 19 xaneiro 2010 ás 09:42 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado