Estreamos terminais móbiles
Ola amigos. Os que non lle sacades ollo á nosa tendaR de seguro que xa vos decatastes, pero para os que vos pasades de cando en vez a mirar as novidades que temos en canto a móbiles, dicirvos que hoxe estreamos tres terminais de Nokia e un de Samsung.
En concreto comezamos a comercializar os Nokia 2720, 2700 e N97, xunto co Samsung STAR (que non se diga que non só temos Nokia, así que para comezar a romper o monopolio dos escandinavos, miramos cara a Corea). Empezamos falándovos do Samsung, xa postos, un terminal táctil de última gama, cunha cámara de 3,2 megapixeis que permite gravación de vídeo. Ten unha pantalla ultrarresistente de 3 polgadas e inclúe unha serie de widgets ou aplicacións que se poden conectar á rede. É bastante manexable e ten unha batería potente, potente. E sobre todo é bastante económico para ser un móbil táctil.
Outro móbil barato e interesante é o Nokia 2700. Interesante en canto que ten unha cámara de 2 megapixeis, compatible con tarxetas de memoria microSD e cuadribanda, para que teñades a seguridade de que o ides podes usar dende calquera outro país ao que viaxedes. Polo demais, ten o típico: bluetooth, reprodutor de música, radio... E sobre todo trátase dun terminal sinxelo, para lles simplificar a vida aos usuarios que prefiren a usabilidade ao deseño.
Na mesma liña, un pouco máis orientado aos que lle gustan os terminais con teclas grandes e cómodos está o Nokia 2720 (este creo que lle vai gustar á miña nai). É semellante ao anterior, pero en formato cuncha, e con algunha prestación menos. Por exemplo, a cámara ten 1,3 megapixeis e é bibanda. En canto a deseño destaca polo efecto espello que fai. Ademais, ten unha pantalla principal e outra na tapa exterior, para que poidas ver quen te chama sen que o teñas que abrir. Polo que sabemos é moi fácil de manexar e de configurar, polo que se complementa á perfección co seu sinxelo deseño.
E quédanos o Nokia N97, unha auténtica máquina para os que vos gusta o mellor do mellor ou para os que facedes un uso moi intenso da internet a través do móbil. É un terminal cuadribanda, con radio e reprodutor de música, saída de televisión, GPS, cámara de 5 megapixeis, que conta cun teclado qwerty, pero á vez é táctil. Case nada. Ten unha pantalla de 3,5 polgadas que se desliza para deixar ver o seu teclado. Poderedes ver os adxuntos que vos envíen do tipo .doc, .xls, .ppt ou .pdf e desfrutar de todas as aplicacións coas que conta o terminal.
Xa nos contarades que vos parecen estas novidades. E non vos esquezades, nas nosas tarifas temos as chamadas a 0 céntimos/min a todas as liñas do mesmo contrato, a 3 céntimos/min a todos os móbiles de R e dende 9 céntimos/min ao resto de operadores. E para os que preferides unha tarifa máis económica sen terminal subvencionado, hai ben pouco sacamos a tarifa mini: 6 céntimos/minuto e 9 cént/SMS a calquera operador nacional as 24 horas do día todos os día da semana.
Seguimos polo facebook, o twitter e este blog.
Un saúdo.

Pero quitáchedes os HTC e o Nokia que puxéstedes en marzo polo día do pai...
enviado por CartDestr o 16 outubro 2009 ás 12:40 AM CEST #
Efectivamente quitamos o HTC Diamond e tamén varios Nokia. Neste último caso foi porque os descatalogou o fabricante, así que non podiamos seguir comercializándoos.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 16 outubro 2009 ás 09:37 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
pois o samsung ten moi boa pinta..e estou esperando a febreiro para pasar tamen a movil R xa que teño un suposto contrato de permanencia NON firmado por min na actual.
O amago de operadora actual os teño en consumo e estou farto das suas subnormalidades e malfuncionamento, sen contar coa serie de operadores que directamente non falan o meu idioma e meus datos persoais andan circulando por 3º paises sin a miña autorización.
Eu queria preguntar, se he posible usar terminais tipo Iphone ou blackberry con R e que estean sempre conectados a rede; porque xa postos a cambiar, e coa miña predisposición por productos Apple estou pensando seriamente comprar o Iphone libre.
a outra alternativa que teño para ter un Iphone e esa maravillosa operadora de ADSL (nos seus comandos de servizos movil) que escapei dela en canto puiden e non quero saber nada de eles, hasta me cae mal un "bos dias" de a sua parte.
enviado por iván louzan o 16 outubro 2009 ás 01:34 PM CEST
Sitio web:: http://opinguino.es #
Eu creo que tamen me decidirei polo samsung, barato e accesible ademais, de ter bastantes funcións. Como friki de moviles, saberíasme decir, se se perde a Garantía por "flashealo"??
A parte, sei que o samsung star non é tres g, pero se vou o extranxeiro non terei problema?? Digo porque unha das características do 2700 que destacas...
Eso sí... sego namorada do 5800 pero de momento... ainda me funciona o nokia 6110 navigator... (e eso que a miña nai fastidiolle o altofalante..) pero ahi segue... Facendose o sueco cando entran chamadas (so vibra) pero do resto en perfecto funcionamento""
enviado por Rachel o 16 outubro 2009 ás 11:44 PM CEST #
Ola Rachel.
Si, o Samsung é cuadribanda, polo que non terías ningún problema ao viaxar ao estranxeiro. Adoita acontecer que moitos dos que viaxan os Estados Unidos non poden falar precisamente porque o seu terminal é bibanda ou tribanda, pero non cuadribanda (850/900/1.800/1.900 MHz). Con este non hai problema. Iso si, lembrar simplemente que en R o roaming por defecto non vén activado, así que é conveniente chamar ao 1449 antes de viaxar para facelo. A través da web de clientes tamén se pode activar.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 19 outubro 2009 ás 10:01 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
¿Alguien sabe si el Samsung Star lleva auriculares? Lo digo porque uso el móvil para escuchar la radio en determinadas ocasiones y sé que los Nokia los llevan, pero con Samsung no estoy tan familiarizado. Gracias :)
enviado por sibilio o 19 outubro 2009 ás 11:53 AM CEST #
sibilio, acabamos de mirar e si, trae incorporados auriculares.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 19 outubro 2009 ás 01:21 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Bos días, xa teño o samsung star, o telefono esta moi ben, e grazas o correo movil podes facer mogollon de cousas, desde acceder o caralibro(facebok) hasta unha especie de alcolimetro.
Merece a pena e non é caro
enviado por Rachel o 23 outubro 2009 ás 12:31 PM CEST #
Si muy bonitos, pero yo realicé el pasado 16 un cambio de tarminales aprovechando los puntos que tenía y, lo único que tengo son menos puntos. Los terminales todavía no los recibí. Me contestan que no les aparece mi pedido y llevo todo el día esperando a que me llamen. Igual no cogen línea.
¿Qué os parece?
Debe ser dificil de localizar,
enviado por Dilam o 20 novembro 2009 ás 06:17 PM CET #
Hola Dilam.
No te preocupes que si es lo que comentas se arreglará el problema. En las facturas anteriores se tiene que ver que tenías un saldo de puntos anterior y que ahora a desaparecido.
Envía un correo a R-al-habla@mundo-r.net comentando el problema y, la semana que viene, si ves que la cuestión sigue sin arreglarse, me escribes a mí con tus datos a quecheparece@mundo-r.net que lo hablo con el responsable de móbilR, ¿ok?
Un saludo.
enviado por quecheparece o 20 novembro 2009 ás 07:18 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Esta es la segunda vez que escribo respecto a un cambio de terminales por el programa de puntos y quisiera mostrar mi TOTAL DESCONTENTO con la gestión que llevan a cabo, por lo menos en mi caso.
Día 16/11 Solicito el cambio de tres terminales a través de la WEB y ya veo reflejado en mi cuenta de puntos el correspondiente descuento.
Día 20/11 Me pongo en contacto con R telefónicamente para solicitar información de mi gestión. Me contestan que no tienen constancia de ningún pedido, que abren un "SEGUIMIENTO" para saber que pasó y en el momento que sepan algo se pondrán en contacto conmigo.
Día 23/11 Como nadie de R se ha puesto en contacto conmigo, soy yo el que llama y me contestan que me envian dos terminales(los recibí el día 24), pero del tercero no tienen pedido, que tienen el "SEGUIMIENTO" abierto y cuando sepan algo me lo comunicarán.
Día 25/11 Vuelvo a llamar. R EN NIGUN MOMENTO LO HA HECHO. Me cuentan la misma película. Los puntos sí me los descontaron, pero no saben que pasó con el pedido(sin embargo SI saben que tipo de terminales he solicitado), que siga esperando que ellos continuan con el "SEGUIMIENTO" y cuando sepan algo me lo comunicarán.
que che parece?
En fin, cada uno que saque sus conclusiones.
¿Poca voluntad...., además de otras cosas?
enviado por Dilam otra vez o 25 novembro 2009 ás 03:44 PM CET #
Ola! Son cliente voso e estou encantado co servizo. O caso é que comprei un terminal no seu momento que é bastante limitado (e barato, hehehe)... e da algún problema polo que me gustaría coller outro mais avanzado dunha vez. A pregunta e se de cara ao Nadal ides sacar algún novo terminal con Android como un HTC, ou con Maemo como o Nokia N900... porque os que tendes agora con Symbian... ai ai, non me vos convencen moito... Graciñas!
enviado por Un calquera o 26 novembro 2009 ás 11:01 AM CET #
Un calquera, eu estaría atento á primeira quincena de decembro, porque igual algo cae. Non podo adiantar nada, pero algunha novidade haberá e espero darvos cumprida conta nesta blog.
Dilam, te he enviado un correo electrónico a la dirección que has dejado por si me podías pasar tus datos y averiguar qué ha pasado y tratar de subsanar ese problema. Entiendo que no lo has visto. Me podrías escribir a quecheparece@mundo-r.net ??
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 26 novembro 2009 ás 11:11 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Son cliente de R e estou esperando desesperadamente a que R empece a traballar coa plataforma de BlackBerry. Considero que son os mellores móbiles do mercado e creo que R debe estar aí. Por agora teño que ter outro terminal noutra operadora e a verdade é que non me apetece nada, sobre todo porque me obriga a duplicar gastos. A ver cando o facedesss
enviado por Xan o 07 xaneiro 2010 ás 06:05 PM CET #
Xan, efectivamente non es o único que está interesado en poder usar a súa Blackberry con R. Tivemos bastantes peticións neste sentido e nós tamén estamos moi interesados no tema.
De feito, é unha das nosas liñas de traballo para este ano. A ver se temos sorte e dende Blackberry tamén poñen algo da súa parte e podemos darvos unha alegría.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 07 xaneiro 2010 ás 06:26 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #