As novas velocidades
Ola xente. Como moitos de vós sabedes, para o ano que vén imos comezar de novo o proceso para mellorar as conexións de todos os nosos clientes. Dende o día 22 de decembro xa se poden consultar a través da web de clientes como van ser as novas velocidades.[ Máis ]
Buscamos novo nome comercial
Ola a todos. O caso é que nesta ocasión vos queremos pedir opinión sobre un tema que non é menor. Trátase dun posible cambio do noso nome comercial, de R.[ Máis ]
Enquisa: que servizo interactivo che interesa máis?
Ola xente. Como vai a cousa? Hoxe queremos lanzar no blog un xenuino post-quecheparece, deses nos que vos preguntamos directamente sobre un servizo que estamos pensando en lanzar. Así que vos toca dicirnos que dúas aplicacións interactivas vos interesa que desenvolvamos na televisión dixital de R para o ano que vén.[ Máis ]
Máis radios na emisión en dixital
Ola a todos. Sempre andamos coa idea de mellorar e de ir facendo as cousas aos poucos, sen présa, pero sen pausa. Así que hoxe toca anunciar unha mellora para os clientes da nosa televisión dixital.[ Máis ]
Nova tenda R en Vigo
Ola de novo. Hoxe queriamos dicirvos que abrimos a nosa segunda tenda R en Vigo, na rúa Ecuador, 66. É un lugar moi céntrico, preto do Corte Inglés e, polo que nos dixeron, a carón dunha panadería bastante xeitosiña ;)[ Máis ]
O Samsung Star por 0€
Ola, queridos fieis lectores. Nas rúas xa se comezan a ver as lucen propias do Nadal, xa comezan a invadirnos os anuncios de xoguetes e de colonias e nós non podiamos ser menos. Por iso promocionamos o Samsung Star.[ Máis ]
Envía SMS dende o teu PC
Ola a todos. Hai cousa dun mes, noutro post, xa vos adiantamos que estabamos traballando para integrar servizos. Pois agora podemos dicir que un deses servizos que anunciamos xa está operativo: poder enviar SMS dende o voso número de móbil R a través dunha sinxela aplicación web.[ Máis ]
Escoita en exclusiva con R o novo de Berrogüetto
Ola, xente. Temos unha nova máis que interesante para os amantes da boa música. De seguro que alguén xa o veu na nosa web ou na nosa televisión R, pero para os que andades despistados, informámosvos de que podedes escoitar en mundo-r.com o single do último disco de Berrogüetto.[ Máis ]
Que se pode atopar en mundo-r.com?
Ola. Para que non andades con mono de información sobre R, hoxe gustaríanos informarvos do que hai en mundo-r.com. Como di a canción, "que qué es lo que tengo, que tengo de tó". O que pasa é que ás veces intentamos ser tan sinxelos que sabemos que o podemos facer complicado.[ Máis ]
Nova versión da EPG con máis funcionalidades
Ola a todos. Volvemos traer noticias para os clientes da nosa televisión dixital, porque imos lanzar unha nova versión da nosa Guía Electrónica de Programación (EPG).[ Máis ]
Incorporamos Antena.Neox e Antena.Nova
Ola amigos. Hoxe estamos aquí para darvos outra boa noticia. Se a semana pasada lla dabamos aos clientes que tiñan contratados os 30 e os 100 megas, hoxe vai para aqueles que se sentan diante da súa televisión R para relaxarse.[ Máis ]
O módulo itinerante de R, en Xinzo de Limia
Estamos que non paramos. Ben, realmente o que non para é o noso módulo itinerante que está a percorrer a xeografía galega de arriba á abaixo: que se Ponteareas, que se A Estrada, que Lalín... Pois agora, para que non se aburra, enviámola ata Xinzo de Limia.[ Máis ]
Queremos abrir os portos dos teu desco de TV
Benvidos de novo a este espazo virtual no que vos mantén informados de primeira man da actualidade de R. Hoxe toca un post para os nosos clientes de televisión dixital, eses que teñen nos seus fogares un descodificador de televisión.[ Máis ]
Melloramos o upstream nas conexións de 30 e de 100 megas
Ola a todos. A entrada de hoxe no blog é para explicarvos que van aumentar as velocidades de subida dos produtos de 30 e de 100 megas, algo no que levamos traballando dende hai tempo para mellorar o servizo. [ Máis ]
Imos sacar nova plataforma de servizos web
Ola amigos. De seguro que o título do post de hoxe vos deixa con bastantes dúbidas sobre de que vou falar. Que é iso dunha plataforma de servizos web? Realmente non é sinxelo definilo en dúas liñas, pero dicirvos que vai incluír: webmail, disco duro virtual, tochomail, calendario, axenda de contactos...[ Máis ]
