Melloramos o upstream nas conexións de 30 e de 100 megas
Ola a todos. A entrada de hoxe no blog é para explicarvos que van aumentar as velocidades de subida dos produtos de 30 e de 100 megas, algo no que levamos traballando dende hai tempo para mellorar o servizo. [ Máis ]
Imos sacar nova plataforma de servizos web
Ola amigos. De seguro que o título do post de hoxe vos deixa con bastantes dúbidas sobre de que vou falar. Que é iso dunha plataforma de servizos web? Realmente non é sinxelo definilo en dúas liñas, pero dicirvos que vai incluír: webmail, disco duro virtual, tochomail, calendario, axenda de contactos...[ Máis ]
Estreamos terminais móbiles
Ola amigos. Os que non lle sacades ollo á nosa tendaR de seguro que xa vos decatastes, pero para os que vos pasades de cando en vez a mirar as novidades que temos en canto a móbiles, dicirvos que hoxe estreamos tres terminais de Nokia e un de Samsung.[ Máis ]
Os clientes de webmail sufriron un ataque de phishing
Ola de novo a todos. O outro día xusto comentabamos as precaucións que era conveniente tomar contra as fraudes pola internet, e esta pasada noite descubrimos que algúns dos clientes de R sufriron un intento de ataque de phising.[ Máis ]
R, por sexta vez o provedor de internet mellor valorado a nivel estatal polos seus clientes
Ola rapaces. Se hai uns meses vos comentabamos que eramos a mellor Compañía de España en Satisfacción de Consumidores 2009 na categoría de acceso a internet segundo o estudo Índice Stiga, hoxe queriamos facernos eco doutro estudo entre os internautas españois, segundo o cal somos o mellor provedor a nivel estatal.[ Máis ]
Coidado cos 905, 803, 806, 807 e cos servizos de subscrición
Ola a todos. O outro día falamos das estafas pola internet e hoxe queríamos advertirvos respecto dalgúns números de tarificación adicional e dos servizos de subscrición vía móbil.[ Máis ]
A tenda itinerante de R anda por Lalín
Jelous. Hoxe quería informarvos de que a nosa tenda R itinerante estará ata o próximo 31 de outubro en Lalín, en concreto na praza da Torre.[ Máis ]
Internet móbil con R dende 6€ e sen permanencia
Ola quecheparezadictos. Como sabedes, a principios de verán sacamos unha serie de novas tarifas de internet móbil, promocionadas gratis durante todo o verán. Pois ben, como rematou a promoción e igual aínda hai alguén despistado co tema das nosas tarifas de internet móbil, vouvos refrescar a memoria.[ Máis ]
CNN+, 40 Latino e TVG2 xa se ven na provincia de Pontevedra en aberto
Primeiro foron os concellos da provincia da Coruña, seguíronlle os de Lugo e agora tócalle o turno aos de Pontevedra.[ Máis ]
Coidado coas fraudes pola internet
Ola a todos. Hoxe quería falarvos dalgunhas malas prácticas que hai no mundo das telecomunicacións e que non teñen que ver cos operadores. Estou a falarvos das estafas que se fan pola internet.[ Máis ]
Chama a 6 céntimos/min a calquera operador con móbil R
Ola a todos outra vez. Pedíadesnos unha tarifa de móbil boa, bonita e barata e aquí vola traemos. É das máis baratas do mercado, por non dicir a que máis: 6 céntimos o minuto a calquera operador e 9 céntimos a mensaxe de texto durante as 24 horas do día.[ Máis ]
A tenda itinerante de R, na Estrada
Ola xente. Xa vos comentara noutra entrada anterior que tiñamos unha tenda itinerante que iría visitando diferentes localidades galegas para ir informando dos nosos servizos. Pois ben, agora anda pola Estrada.[ Máis ]
Incorporamos catro novas canles internacionais á nosa TV
Ola de novo. Hoxe quería escribirvos sobre as catro novas canles que se van incorporar á nosa grella de televisión nuns días. Primeira pista: son internacionais. Bueno, xa sei que non ten moito mérito, porque iso o comento no titular. Segunda pista: son todas latinas.[ Máis ]
Jetix convértese en Disney XD
O titular semella aquela famosa frase de Bertín Osborne no programa “Lluvia de estrellas”, antes de que os concursantes se maqueasen no cantante ao que ían interpretar. Pero desta vez o cambio non vai ser temporal, senón definitivo.[ Máis ]
Abrimos tenda R en Ferrol
Ola a todos. Como as tendas R están a funcionar ben e era unha demanda dos nosos clientes, seguimos abrindo novos locais por toda Galicia. Desta vez tocoulle o turno aos de Ferrol.[ Máis ]
