Abrimos tenda R en Ferrol
Ola a todos. Como as tendas R están a funcionar ben e era unha demanda dos nosos clientes, seguimos abrindo novos locais por toda Galicia. Desta vez tocoulle o turno aos de Ferrol.[ Máis ]
R ofrecerá o mellor fútbol con Gol Televisión
Si, si, si, Gol TV xa está aquí. Despois de meses preguntando por esta canle, despois de centos de correos electrónicos que invadiron as oficinas de R, despois de manifestacións colectivas nas principais cidades galegas e dunha campaña no blogomillo sen precedentes, imos incorporar á nosa grella de televisión Gol TV (así que agora que non me entere que ninguén a contrata).[ Máis ]
Gol Televisión substitúe a Hogar10 en R
Ola amigos. Como moitos de vós xa sabemos, onte o Consello de Ministros aprobou a TDT de pago nunha reunión extraordinaria. Pois ben, de momento a única canle que vai ser de pago vai ser Gol Televisión, que en R poderán ver en aberto todos os nosos clientes ata o 31 de agosto.[ Máis ]
Cine en PPV
Ola amigos. Hoxe quería falarvos de mirador cine. Os clientes de televisión de pagamento xa o coñecen de sobra, pero para os que non sabedes o que é, trátase das nosas canles de películas en pay per view (PPV). O caso é que este ano estamos a traballar bastante por mellorar o noso servizo de televisión. Non só se incorporaron novas canles de televisión e se está a mellorar continuamente a guía electrónica de programación (EPG), senón que tamén queremos darvos a mellor oferta de eventos en PPV.
[ Máis ]Precisades soporte informático?
Ola fieis lectores. Hoxe tendes ante vós, como o definimos por aquí, un-xenuino-post-quecheparece. Vamos, unha entrada na que eu vos solto un rollo para que me digades a vosa opinión e nos axudedes cun potencial servizo para ofrecer a todos os nosos clientes. O servizo será algo así como “home support” (en inglés, que semella que queda máis profesional e técnico). Traducido ao galego normativo da RAG trataríase de darvos soporte informático na vosa casa para aquelas cousas que necesitasedes.
[ Máis ]Ping: dinos os servidores de xogos aos que te conectas
Pois si, hoxe toca facer un post adicado a unha boa parte dos nosos clientes de internet: aqueles que pasan horas xogando en liña. Para moitos de vós, ademais dunha boa conexión a internet, é importante ter un ping baixo porque senón pode ser un vía crucis conectarse a un servidor de xogos.[ Máis ]
Concertos de verán na rúa con R
Ola xente. Como estamos no verán e por esta época sempre nos apetece estar máis na rúa porque fai mellor tempo (ou debería, porque a estas alturas andamos algo amolados con tanta nube), en R estamos organizando unha serie de concertos que poderás desfrutar en xullo e agosto na vía pública.[ Máis ]
Servizo indirecto para particulares
Ola a todos. Como sabedes, nestes case dez anos de vida, R despregou unha rede completamente nova por Galicia adiante. Este ano estaremos en 88 poboacións e máis de 760.000 vivendas e empresas terán a posibilidade de conectarse a R. O despregamento dunha nova rede é unha tarefa lenta, e neste sentido, estamos a pensar se podería ser unha boa idea dar servizo máis alá de onde de momento chega a nosa rede, pola demanda que ás veces nos chega de poder "ter R".[ Máis ]
Novas canles en aberto na provincia de Lugo
Como o prometido é débeda, aquí estou de novo para informarvos de que xa hai máis concellos que teñen dispoñibles novas canles en aberto. Hai unhas semanas comuniqueivos que aínda que realmente en Galicia non se producía apagón analóxico, en R iamos emitir novas canles nalgunhas zonas, e agora tócalle a outras.[ Máis ]
Financiar o cine?
Como di o refrán eramos poucos e pariu a avoa. Non sei vós, pero en R estamos asistindo un tanto atónitos a certas noticias que saen relacionadas co sector no que nos movemos e que ás veces semella que nos collen como de pasada, como se fósemos actores secundarios e que non teñen nada que dicir ao respecto. E sempre para poñernos as cousas máis difíciles e máis custosas, por se non fose suficiente con competir contra toda unha Telefónica e despregar unha nova rede por cada rúa.[ Máis ]
A tenda R itinerante
Como andades? Supoño que queimados polo sol non, porque moito non se deixou ver estes días por Galicia. Á espera de que veña o bo tempo, convidámosvos a visitar a nosa tenda R itinerante no caso de que se pase pola vosa localidade.[ Máis ]
Nova tarifa internet móbil R
Ola xente. Como sabemos que cada vez temos máis clientes que precisan estar conectados á Rede dende calquera lugar e que para eles non só é importante unha boa conexión á rede fixa senón tamén unha conexión móbil, pois dende o día 1 de xullo melloramos as nosas tarifas de datos. E ademais sacamos unha promoción polo que a podedes gozar gratis durante todo o verán.[ Máis ]
Buzz, Animax e Son R
Ola xente. Espero que xa esteades recuperados da noita máis curta do ano e que non houbese ningúna accidente á hora de saltar as cacharelas ou que a enchente de sardiñas non vos impida comer hoxe. Para aliviarvos a dixestión quería informarvos dunha serie de novidades na nosa grella de televisión dixital multicanle.[ Máis ]
quecheparece cumpre un aniño
Sei que me vai quedar un post moi típico e ñoño, pero bueno, o caso é que facemos un aniño en quecheparece.com.[ Máis ]
tenda R en Santiago de Compostela
Se hai un mes vos contaba que abriamos unha tenda R en Pontevedra, pois hoxe cóntovos que inauguramos outra nova en Santiago de Compostela.[ Máis ]
