logo

Servizo indirecto para particulares

mércores 15 xullo 2009 | 59 Comentarios

Ola a todos. Como sabedes, nestes case dez anos de vida, R despregou unha rede completamente nova por Galicia adiante. Este ano estaremos en 88 poboacións e máis de 760.000 vivendas e empresas terán a posibilidade de conectarse a R. O despregamento dunha nova rede é unha tarefa lenta, e neste sentido, estamos a pensar se podería ser unha boa idea dar servizo máis alá de onde de momento chega a nosa rede, pola demanda que ás veces nos chega de poder "ter R".[ Máis ]

Novas canles en aberto na provincia de Lugo

mércores 15 xullo 2009 | 12 Comentarios

Como o prometido é débeda, aquí estou de novo para informarvos de que xa hai máis concellos que teñen dispoñibles novas canles en aberto. Hai unhas semanas comuniqueivos que aínda que realmente en Galicia non se producía apagón analóxico, en R iamos emitir novas canles nalgunhas zonas, e agora tócalle a outras.[ Máis ]