logo

Ping: dinos os servidores de xogos aos que te conectas

xoves 23 xullo 2009 | 32 Comentarios

Pois si, hoxe toca facer un post adicado a unha boa parte dos nosos clientes de internet: aqueles que pasan horas xogando en liña. Para moitos de vós, ademais dunha boa conexión a internet, é importante ter un ping baixo porque senón pode ser un vía crucis conectarse a un servidor de xogos.[ Máis ]

Concertos de verán na rúa con R

xoves 16 xullo 2009 | 4 Comentarios

Ola xente. Como estamos no verán e por esta época sempre nos apetece estar máis na rúa porque fai mellor tempo (ou debería, porque a estas alturas andamos algo amolados con tanta nube), en R estamos organizando unha serie de concertos que poderás desfrutar en xullo e agosto na vía pública.[ Máis ]

Servizo indirecto para particulares

mércores 15 xullo 2009 | 57 Comentarios

Ola a todos. Como sabedes, nestes case dez anos de vida, R despregou unha rede completamente nova por Galicia adiante. Este ano estaremos en 88 poboacións e máis de 760.000 vivendas e empresas terán a posibilidade de conectarse a R. O despregamento dunha nova rede é unha tarefa lenta, e neste sentido, estamos a pensar se podería ser unha boa idea dar servizo máis alá de onde de momento chega a nosa rede, pola demanda que ás veces nos chega de poder "ter R".[ Máis ]

Novas canles en aberto na provincia de Lugo

mércores 15 xullo 2009 | 12 Comentarios

Como o prometido é débeda, aquí estou de novo para informarvos de que xa hai máis concellos que teñen dispoñibles novas canles en aberto. Hai unhas semanas comuniqueivos que aínda que realmente en Galicia non se producía apagón analóxico, en R iamos emitir novas canles nalgunhas zonas, e agora tócalle a outras.[ Máis ]

Financiar o cine?

luns 13 xullo 2009 | 15 Comentarios

Como di o refrán eramos poucos e pariu a avoa. Non sei vós, pero en R estamos asistindo un tanto atónitos a certas noticias que saen relacionadas co sector no que nos movemos e que ás veces semella que nos collen como de pasada, como se fósemos actores secundarios e que non teñen nada que dicir ao respecto. E sempre para poñernos as cousas máis difíciles e máis custosas, por se non fose suficiente con competir contra toda unha Telefónica e despregar unha nova rede por cada rúa.[ Máis ]

A tenda R itinerante

martes 07 xullo 2009 | Sen comentarios

Como andades? Supoño que queimados polo sol non, porque moito non se deixou ver estes días por Galicia. Á espera de que veña o bo tempo, convidámosvos a visitar a nosa tenda R itinerante no caso de que se pase pola vosa localidade.[ Máis ]

Nova tarifa internet móbil R

luns 29 xuño 2009 | 44 Comentarios

Ola xente. Como sabemos que cada vez temos máis clientes que precisan estar conectados á Rede dende calquera lugar e que para eles non só é importante unha boa conexión á rede fixa senón tamén unha conexión móbil, pois dende o día 1 de xullo melloramos as nosas tarifas de datos. E ademais sacamos unha promoción polo que a podedes gozar gratis durante todo o verán.[ Máis ]

Buzz, Animax e Son R

mércores 24 xuño 2009 | 18 Comentarios

Ola xente. Espero que xa esteades recuperados da noita máis curta do ano e que non houbese ningúna accidente á hora de saltar as cacharelas ou que a enchente de sardiñas non vos impida comer hoxe. Para aliviarvos a dixestión quería informarvos dunha serie de novidades na nosa grella de televisión dixital multicanle.[ Máis ]

quecheparece cumpre un aniño

venres 19 xuño 2009 | 10 Comentarios

Sei que me vai quedar un post moi típico e ñoño, pero bueno, o caso é que facemos un aniño en quecheparece.com.[ Máis ]

tenda R en Santiago de Compostela

venres 19 xuño 2009 | Sen comentarios

Se hai un mes vos contaba que abriamos unha tenda R en Pontevedra, pois hoxe cóntovos que inauguramos outra nova en Santiago de Compostela.[ Máis ]

R, líder en excelencia en Internet

mércores 17 xuño 2009 | 15 Comentarios

ola a todos. Hoxe gustaríame compartir con vós un premio que nos deron onte en Madrid e co que tendes moito que ver.[ Máis ]

non hai apagón, pero si novas canles en aberto

luns 15 xuño 2009 | 23 Comentarios

ola a todos. Como vos comentei hai cousa de dous meses e medio, en R estábamos preparando o apagón analóxico. Así que naquelas localidades onde se ía producir, íades recibir novas canles en aberto nalgunhas zonas.[ Máis ]

dámosche o upstream que nos queda libre

xoves 11 xuño 2009 | 241 Comentarios

ola fieis lectores. Hoxe queriámosvos facer unha proposta que nos parece moi interesante e sobre a que de seguro tendes algo que dicir. Como sempre incidides no upstream, cremos que o ideal é repartir o que quede libre entre todos os clientes.[ Máis ]

factura electrónica con R

martes 02 xuño 2009 | 7 Comentarios

jelou a todo o mundo. Habitualmente intento variar sempre os temas dos que vos falo e hoxe quixen centrarme nunha cuestión pola cal nos preguntan moito os nosos clientes: "Cando ides ter factura electrónica?"[ Máis ]

renova gratis o teu móbil R

mércores 27 maio 2009 | 28 Comentarios

ola rapaces e rapazas. Estes últimos meses estivemos traballando arreo nun programa de puntos que vos permitise renovar o voso teléfono móbil R, e xa vos podo dicir que está a puntiño, a piques de saír do forno.[ Máis ]