renova gratis o teu móbil R
ola rapaces e rapazas. Estes últimos meses estivemos traballando arreo nun programa de puntos que vos permitise renovar o voso teléfono móbil R, e xa vos podo dicir que está a puntiño, a piques de saír do forno.[ Máis ]
bloqueo de contidos por parte dos provedores de contidos
ola a todos. Hoxe vou comezar este post incidindo nunha idea que ás veces vexo por aí nos foros e que non é certa: en R non controlamos as conexións a internet dos nosos clientes, nin a ningún servidor, nin a ningún programa de descargas, nin a ningunha web.[ Máis ]
temos grupo no facebook
como andades? Pois eu agora polo blog e tamén polo Facebook. Como toda a xuventú e os que xa peinan canas andan por aí metidos, pois decidimos abrir unha nova canle de comunicación cos meus amigos-clientes a través desta rede social.[ Máis ]
novas funcionalidades de blogs R
como andades? Pois eu de novo a informarvos sobre as melloras realizadas nalgunhas das funcionalidades que vos ofrecemos. Se na última entrada falaba sobre seguridade R, nesta ocasión vouvos explicar novas utilidades nos nosos blogs.[ Máis ]
novo seguridade R
ola xente. Hoxe quero falarvos da nova versión de seguridade R, xa sabedes, ese produto para protexer o voso PC con antivirus, antispyware, devasa, antispam e control paterno.[ Máis ]
tenda R en Pontevedra
hai un par de meses escribinvos neste mesmo blog sobre os xeitos que temos de estar un pouco máis preto de vós. Conteivos sobre os nosos distribuidores (máis de 70 en toda Galicia), sobre os espazos R e sobre as tendas coa nosa imaxe. Pois ben, o caso é que dende hoxe contamos cunha nova tenda R en Pontevedra.[ Máis ]
sinal TDT a través do cable de R
ola a todos. Como xa sabedes, o panorama televisivo anda moi revolucionado ultimamente. Achégase o apagón analóxico (en xuño xa afectará a moitos concellos galegos) e aínda que xa explicamos varias veces as nosas medidas, hoxe estou aquí para falarvos dunha posible innovación que podemos engadir ao noso “arsenal” relativo á televisión dixital.[ Máis ]
tochomail
ola xente. Hoxe téndesme por aquí para falarvos dun servizo moi útil que moitos clientes nosos xa están aproveitando pero que outros descoñecen por completo: o tochomail.[ Máis ]
o futuro do teléfono fixo
como andades? Hoxe quero falarvos do futuro da telefonía fixa e dun produto moi interesante que xa estamos ofrecendo para os clientes de empresas e que cremos que será o exemplo a seguir para o futuro.[ Máis ]
consulta a revista R con visor flash
ola xente. Como sabemos que botades moita man da nosa web e nós sempre tratamos de ir mellorando, acabamos de incorporar un visor flash para que poidades consultar a nosa revista con maior comodidade.[ Máis ]
abrimos as canles en DVB-C
hoxe estou aquí para falarvos do voso tema favorito (ou polo menos do que máis opinades): a televisión de R. Xa puxera na resposta a un comentario que vos ía dar unha nova importante no blog. Pois ben, como vedes, as vosas suxestións non caen nun saco roto: imos emitir as canles xeralistas e algunhas máis en aberto en formato DVB-C para todos os clientes de R.[ Máis ]
dominios
como andamos? Pois eu por aquí, para contarvos que dende este mes de abril imos poñer en marcha un servizo de dominios para particulares.[ Máis ]
ollo co Conficker
non é habitual que vos fale no blog desta clase de cousas, pero quecheparece.com tamén está para informarvos e darvos consellos prácticos. E como ademais é importante evitar males maiores e ir poñéndovos ao corrente do que imos detectando en R, pois avísovos de que teñades coidado co coñecido virus Conficker.[ Máis ]
tendas R
ola xente. Aquí estamos outra vez, e nesta ocasión para falarvos de diferentes tendas que estamos inaugurando coa imaxe de R.[ Máis ]
máis concellos con R
hoxe queríavos falar da nosa cobertura. Como sabedes, R só dá servizo en Galicia aos clientes particulares alí onde ten rede propia. Apostamos por unha rede nova de fibra óptica porque queremos ofrecer o mellor e diferenciarnos da competencia. E por iso mesmo ás veces non estamos en tantos sitios como nos gustaría.[ Máis ]
