logo

sinal TDT a través do cable de R

xoves 30 abril 2009 | 55 Comentarios

ola a todos. Como xa sabedes, o panorama televisivo anda moi revolucionado ultimamente. Achégase o apagón analóxico (en xuño xa afectará a moitos concellos galegos) e aínda que xa explicamos varias veces as nosas medidas, hoxe estou aquí para falarvos dunha posible innovación que podemos engadir ao noso “arsenal” relativo á televisión dixital.[ Máis ]

tochomail

mércores 29 abril 2009 | 11 Comentarios

ola xente. Hoxe téndesme por aquí para falarvos dun servizo moi útil que moitos clientes nosos xa están aproveitando pero que outros descoñecen por completo: o tochomail.[ Máis ]

o futuro do teléfono fixo

venres 24 abril 2009 | 12 Comentarios

como andades? Hoxe quero falarvos do futuro da telefonía fixa e dun produto moi interesante que xa estamos ofrecendo para os clientes de empresas e que cremos que será o exemplo a seguir para o futuro.[ Máis ]

consulta a revista R con visor flash

mércores 15 abril 2009 | 2 Comentarios

ola xente. Como sabemos que botades moita man da nosa web e nós sempre tratamos de ir mellorando, acabamos de incorporar un visor flash para que poidades consultar a nosa revista con maior comodidade.[ Máis ]

abrimos as canles en DVB-C

martes 31 marzo 2009 | 70 Comentarios

hoxe estou aquí para falarvos do voso tema favorito (ou polo menos do que máis opinades): a televisión de R. Xa puxera na resposta a un comentario que vos ía dar unha nova importante no blog. Pois ben, como vedes, as vosas suxestións non caen nun saco roto: imos emitir as canles xeralistas e algunhas máis en aberto en formato DVB-C para todos os clientes de R.[ Máis ]

dominios

luns 30 marzo 2009 | 7 Comentarios

como andamos? Pois eu por aquí, para contarvos que dende este mes de abril imos poñer en marcha un servizo de dominios para particulares.[ Máis ]

ollo co Conficker

mércores 25 marzo 2009 | 1 comentario

non é habitual que vos fale no blog desta clase de cousas, pero quecheparece.com tamén está para informarvos e darvos consellos prácticos. E como ademais é importante evitar males maiores e ir poñéndovos ao corrente do que imos detectando en R, pois avísovos de que teñades coidado co coñecido virus Conficker.[ Máis ]

tendas R

xoves 05 marzo 2009 | 5 Comentarios

ola xente. Aquí estamos outra vez, e nesta ocasión para falarvos de diferentes tendas que estamos inaugurando coa imaxe de R.[ Máis ]

máis concellos con R

venres 20 febreiro 2009 | 10 Comentarios

hoxe queríavos falar da nosa cobertura. Como sabedes, R só dá servizo en Galicia aos clientes particulares alí onde ten rede propia. Apostamos por unha rede nova de fibra óptica porque queremos ofrecer o mellor e diferenciarnos da competencia. E por iso mesmo ás veces non estamos en tantos sitios como nos gustaría.[ Máis ]

novas incorporacións na televisión dixital de R

mércores 18 febreiro 2009 | 55 Comentarios

como puidéchedes ver os que tendes a televisión dixital multicanle de R, ultimamente estamos facendo cambios que afectan á nosa grella. Basicamente, aumentamos o número de canles.[ Máis ]

o apagón analóxico non lle afecta aos nosos clientes

martes 17 febreiro 2009 | 31 Comentarios

jelouses. Hoxe voulle tirar das orellas a máis dun porque me acabo de enterar que algún que outro cliente de R ando mercando descodificadores de TDT porque pensa que na tele que teñen con nós tamén se produce o apagón analóxico. Que non, que en R ides seguir vendo a tele como ata o de agora sen necesidade de mercar ningún aparello![ Máis ]

vén probar os 100 megas en Lugo

luns 02 febreiro 2009 | 14 Comentarios

como non é o mesmo escoitar que ver, ou que che expliquen algo a facelo ti mesmo, convidámosvos a vir probar os 100 megas en Lugo.[ Máis ]

controla o que gastas no teu móbil R

xoves 29 xaneiro 2009 | 8 Comentarios

ola quecheparece-adictos. Hoxe quérovos falar dun servizo que de seguro que vos interesa a todos os que tendes móbil R e que hai tempo que nos viñades demandando: o servizo de control de gasto.[ Máis ]

o proxy http de R

mércores 14 xaneiro 2009 | 12 Comentarios

ola a todos de novo. Ultimamente ando facendo post á carta, o cal me resulta interesante, porque así vedes que tamén podemos desenvolver no blog as cuestións que vos interesan. Desta vez vou falar doutro tema que me pediron que desenvolvese, por que R deixou de ter activo o seu proxy http?[ Máis ]

como ves a nova EPG?

martes 13 xaneiro 2009 | 50 Comentarios

a nova EPG de R botou a andar o día 16 de decembro, como xa sabedes. Como xa pasou un tempo prudencial para que fedelláredes e lle collérades o truquiño, hoxe quería preguntarvos como vai a cousa.[ Máis ]