logo

abrimos as canles en DVB-C

martes 31 marzo 2009 | 70 Comentarios

hoxe estou aquí para falarvos do voso tema favorito (ou polo menos do que máis opinades): a televisión de R. Xa puxera na resposta a un comentario que vos ía dar unha nova importante no blog. Pois ben, como vedes, as vosas suxestións non caen nun saco roto: imos emitir as canles xeralistas e algunhas máis en aberto en formato DVB-C para todos os clientes de R.[ Máis ]

dominios

luns 30 marzo 2009 | 7 Comentarios

como andamos? Pois eu por aquí, para contarvos que dende este mes de abril imos poñer en marcha un servizo de dominios para particulares.[ Máis ]

ollo co Conficker

mércores 25 marzo 2009 | 1 comentario

non é habitual que vos fale no blog desta clase de cousas, pero quecheparece.com tamén está para informarvos e darvos consellos prácticos. E como ademais é importante evitar males maiores e ir poñéndovos ao corrente do que imos detectando en R, pois avísovos de que teñades coidado co coñecido virus Conficker.[ Máis ]

tendas R

xoves 05 marzo 2009 | 7 Comentarios

ola xente. Aquí estamos outra vez, e nesta ocasión para falarvos de diferentes tendas que estamos inaugurando coa imaxe de R.[ Máis ]

máis concellos con R

venres 20 febreiro 2009 | 10 Comentarios

hoxe queríavos falar da nosa cobertura. Como sabedes, R só dá servizo en Galicia aos clientes particulares alí onde ten rede propia. Apostamos por unha rede nova de fibra óptica porque queremos ofrecer o mellor e diferenciarnos da competencia. E por iso mesmo ás veces non estamos en tantos sitios como nos gustaría.[ Máis ]

novas incorporacións na televisión dixital de R

mércores 18 febreiro 2009 | 55 Comentarios

como puidéchedes ver os que tendes a televisión dixital multicanle de R, ultimamente estamos facendo cambios que afectan á nosa grella. Basicamente, aumentamos o número de canles.[ Máis ]

o apagón analóxico non lle afecta aos nosos clientes

martes 17 febreiro 2009 | 31 Comentarios

jelouses. Hoxe voulle tirar das orellas a máis dun porque me acabo de enterar que algún que outro cliente de R ando mercando descodificadores de TDT porque pensa que na tele que teñen con nós tamén se produce o apagón analóxico. Que non, que en R ides seguir vendo a tele como ata o de agora sen necesidade de mercar ningún aparello![ Máis ]

vén probar os 100 megas en Lugo

luns 02 febreiro 2009 | 14 Comentarios

como non é o mesmo escoitar que ver, ou que che expliquen algo a facelo ti mesmo, convidámosvos a vir probar os 100 megas en Lugo.[ Máis ]

controla o que gastas no teu móbil R

xoves 29 xaneiro 2009 | 8 Comentarios

ola quecheparece-adictos. Hoxe quérovos falar dun servizo que de seguro que vos interesa a todos os que tendes móbil R e que hai tempo que nos viñades demandando: o servizo de control de gasto.[ Máis ]

o proxy http de R

mércores 14 xaneiro 2009 | 12 Comentarios

ola a todos de novo. Ultimamente ando facendo post á carta, o cal me resulta interesante, porque así vedes que tamén podemos desenvolver no blog as cuestións que vos interesan. Desta vez vou falar doutro tema que me pediron que desenvolvese, por que R deixou de ter activo o seu proxy http?[ Máis ]

como ves a nova EPG?

martes 13 xaneiro 2009 | 50 Comentarios

a nova EPG de R botou a andar o día 16 de decembro, como xa sabedes. Como xa pasou un tempo prudencial para que fedelláredes e lle collérades o truquiño, hoxe quería preguntarvos como vai a cousa.[ Máis ]

os móbiles de R

venres 19 decembro 2008 | 59 Comentarios

Antes de nada boas festas a todo o mundo e a ver se a semana que vén hai sorte e nos toca a lotería a todos. Pola miña parte, se me toca prometo convidarvos a unha mariscada, aínda que o vexo complicado porque xa caeu ao lado da miña casa no 2003 e daquela quedáronseme os dentes longos. En todo caso, hoxe quería falarvos dos móbiles de R, dando resposta así a unha lectora deste blog, Eli.[ Máis ]

presentación aos medios dos 100 megas

xoves 11 decembro 2008 | 41 Comentarios

ola a todos. Esta mañá presentamos ante os medios de comunicación os novos produtos de 100 e de 30 megas. E non só lles indicamos as funcionalidades, senón que os xornalistas tamén puideron "fedellar" con eles todo o que quixeron e intentar sacarlle partido. Moito non se animaron, pero o certo é que quedaron impresionados sobre todo coa rapidez da conexión e a calidade dos vídeos.[ Máis ]

novo spot de televisión de R dirixido a empresas

xoves 04 decembro 2008 | Sen comentarios

ola xente. Hoxe preséntovos en primicia mundial o novo spot de televisión de R dirixido a empresas dentro da serie "Cámbiache o conto"[ Máis ]

que opinas do vídeo baixo demanda?

luns 24 novembro 2008 | 27 Comentarios

unha das ideas deste blog era preguntarvos directamente sobre o que facemos e sobre o que queredes. Nesta entrada formúlovos unha pregunta moi sinxela: credes que o vídeo baixo demanda (VOD) é un servizo interesante e atractivo para vós como clientes? Contrataríadelo? Considerades que son máis importantes outras cousas para a televisión dixital de R? Bueno, realmente son tres e algo enrevesadas, pero a cuestión era facérvolas.[ Máis ]