aprendendo do resto de bloggueiros
como sabedes, son un pouco novato no mundo este dos blogs. Ando co "L" aínda colgado nas costas e creo que aínda tardarei un tempo en sacalo. Pero non me preocupa, porque isto de aprender está moi ben. Así que ademais de andar escribindo aquí, tamén busco por aí adiante información e miro como traballan outros bloggers consumados. Hai que ter referentes, como os grandes literatos, jeje. Ademais, teño que aprender dos mellores, senón en R igual contratan a Reverte para levar quecheparece.com. O caso é que decidimos apoiar una iniciativa que me vai resultar moi positiva, como é a dos Premios Bitácoras.[ Máis ]
a subida nas conexións de 100 megas
como vexo que vos gusta moito o tema das subidas e que quedáchedes "encantados" coas subidas que vos adiantei neste blog dos produtos de 30 e de 100 megas, pois escribo outro post para explicarvos varios puntos. Non vou ser breve precisamente, así que espero que andades con tempo ;)[ Máis ]
noticias na Guía Electrónica de Programación
volve setembro, rematan as vacacións, pero nós seguimos igual ca sempre, traballando duramente en novos servizos que de seguro vos interesan. Desta vez, vouvos dar detalles dalgo no que estamos a traballar: a incorporación de noticias na EPG da televisión dixital de R.[ Máis ]
como chamar dende o estranxeiro con móbil R
sabemos que algúns de vós estades de vacacións este mes de agosto (afortunados que sodes :( porque algúns temos que andar por aquí). O caso é que de seguro que máis dun vai ao estranxeiro ou pasa un par de días en Portugal, que tamén está no estranxeiro pero moito a máis a man, e ten dúbidas sobre se pode chamar ou non co seu móbil R.[ Máis ]
sobre os 100 megas e o upstream
Ola de novo a todos e desculpade pola tardanza á hora de respostarvos. Como nos fixéchedes bastantes preguntas sobre os 100 megas e outras relacionadas coa subida das conexións, desta vez aproveitamos para facer un novo post.[ Máis ]
os DNS de R non son vulnerables
moitos de vós de seguro que a semana pasada víchedes na prensa que se detectara a nivel mundial un fallo de seguridade que afectaba á Rede.[ Máis ]
O DOCSIS 3.0 e os 100 megas: xa eeestán aquííííí!!!!!
Non se trata de citar a famosa frase de Poltergeist porque vois vaia contrar unha trola ou unha pantasmada. Todo o contrario. Moitos de nós soñábamos co día no que puidéramos ver conexións de 100 megas. Pois xa podemos ir deitarnos pracidamente porque ese día está moito máis próximo do pensamos. Con dicirvos que en R que xa os estamos probando...
[ Máis ]R ante o apagón analóxico
Queda un aniño para o apagón analóxico. Que é iso? Pois é o nome que recibe a finalización das emisións dos operadores de radio e de televisión a través da tecnoloxía analóxica. E aínda que na Fonsagrada xa saben de que vai iso, no resto de Galicia a data escollida para este momento é o 30 de xuño do 2009. Un aniño xusto (ou se o preferides, 12 meses) para que comece o apagón en comarcas como Santiago, Arzúa, Ordes, Melide, O Sar ou Lalín. A partir de aí o proceso continuará no resto de Galicia ata que se complete o 3 de abril do 2010.[ Máis ]
a nova guía eletrónica de programación da nosa TV
na "cociña" de R andamos a darlle voltas á mellor maneira de sacarlle o máximo proveito á Guía Electrónica de Programación (EPG) da nosa televisión dixital. Eu preséntovos os ingredientes e as ideas que temos para elaborar o menú, e vós axudádesnos para que o resultado sexa de cinco tenedores. Parécevos?
[ Máis ]xa temos canle de vídeos (en probas, iso si)
de momento é algo que está en probas, así que volo adiantamos como primicia a ver que vos parece a cousa e nos orientedes. O caso é que en R montamos o noso Youtube particular. Iso si, de momento nós somos os únicos que subimos os vídeos. Aínda que a cousa pode cambiar se queredes....
[ Máis ]publica dende onde queiras no teu blog R
de seguro que en máis dunha ocasión, paseando pola rúa, de viaxe ou estando cos amigos nun bar che pasou algo tan simpático que pensaches que era digno de ser salientado no teu blog R. Pero que pasa nestes casos, que como non temos o ordenador á man ao cabo das horas acabamos por esquecernos do tema.
[ Máis ]benvidos
Ola.
Isto é Quecheparece.com, un blog de R onde vos irei informando das novidades nas que estamos a traballar para que nos poidades dicir se os tiros van ben por aí ou mellor que tiremos con todo e volvamos comezar de cero. Á fin e ao cabo todo isto é para vos, así que que menos que informarvos canto antes.
