Renovamos as tarxetas dos descodificadores de televisión
Ola a todos. Como moitos de vós xa sabedes pola información que publicamos na revista R deste mes, imos renovar as tarxetas dos descodificadores de televisión. É un paso previo aos novos servizos que imos implantar na televisión multicanle R, como as novas aplicacións interactivas ou o vídeo baixo demanda.[ Máis ]
Tenda outlet de móbiles na nosa web
Ola. Hoxe queriamos falarvos dun novo espazo na nosa web e que lles pode interesar sobre todo aos que aínda non teñen un móbilR ou precisan dun a prezo libre: lanzamos un espazo outlet de xeito exclusivo na nosa web. [ Máis ]
Plans e servizos no futuro
Ola a todos. Xa sabedes que este é un sitio para debatir ideas e propostas de futuro, así que, como nos pedía un usuario deste blog, Luis, abrimos un post para que nos digades que produtos ou servizos esperades que R ofreza no futuro.[ Máis ]
Tenda R en Lugo
Ola. Hoxe queríamos anunciarvos que abrimos unha nova tenda, desta vez en Lugo, que xa lle tocaba.[ Máis ]
Televisión R en directo a través de internet
Ola amigos. Hoxe queríamos contarvos algo dun servizo que temos en probas e que vos permite desfrutar de varias canles de televisión a través de internet.[ Máis ]
Seguro que non tes sintonizador DVB-C na túa tele?
Ola quecheparece-adictos. A semana pasada falamos de que non vos tiñades que preocupar nada polo tema do apagón analóxico porque, entre outras cousas, na rede de R non había apagón. E para os que xa tedes un aparato algo máis modelno, pois tamén vos enviamos o sinal de televisión en dixital.[ Máis ]
Tenda R en Vilagarcía
Ola a todos. Xa que máis ou menos temos tendas nas grandes cidades galegas, hai que ir indo cara a outras localidades e onte inauguramos unha tenda R en Vilagarcía de Arousa. Para os que vivades presto e precisedes calquera cousa, tédela na rúa Alcalde Rey Daviña, 38.[ Máis ]
A revista R xa ten versión web
Ola xente. Como o dixital se está a impoñer nas nosas vidas, xa podedes desfrutar online da revista R accedendo a http://revista.mundo-r.com [ Máis ]
Axuda a Haití
A petición de Indiana, poño no blog unha pequena información por se alguén está interesado en axudar ante o acontecido en Haití. Copio e pego o mesmo que temos na nosa intranet.[ Máis ]
A televisión de R non se apaga
Ola amigos. Como sabedes, o apagón analóxico está aí. A cousa vai por fases, pero chegar vai chegar... a todos os sitios menos a R.[ Máis ]
As novas velocidades
Ola xente. Como moitos de vós sabedes, para o ano que vén imos comezar de novo o proceso para mellorar as conexións de todos os nosos clientes. Dende o día 22 de decembro xa se poden consultar a través da web de clientes como van ser as novas velocidades.[ Máis ]
Buscamos novo nome comercial
Ola a todos. O caso é que nesta ocasión vos queremos pedir opinión sobre un tema que non é menor. Trátase dun posible cambio do noso nome comercial, de R.[ Máis ]
Enquisa: que servizo interactivo che interesa máis?
Ola xente. Como vai a cousa? Hoxe queremos lanzar no blog un xenuino post-quecheparece, deses nos que vos preguntamos directamente sobre un servizo que estamos pensando en lanzar. Así que vos toca dicirnos que dúas aplicacións interactivas vos interesa que desenvolvamos na televisión dixital de R para o ano que vén.[ Máis ]
Máis radios na emisión en dixital
Ola a todos. Sempre andamos coa idea de mellorar e de ir facendo as cousas aos poucos, sen présa, pero sen pausa. Así que hoxe toca anunciar unha mellora para os clientes da nosa televisión dixital.[ Máis ]
Nova tenda R en Vigo
Ola de novo. Hoxe queriamos dicirvos que abrimos a nosa segunda tenda R en Vigo, na rúa Ecuador, 66. É un lugar moi céntrico, preto do Corte Inglés e, polo que nos dixeron, a carón dunha panadería bastante xeitosiña ;)[ Máis ]
