O barrio compostelán de Conxo vístese de gala para celebrar a Festa do Banquete de Conxo 2024, do 24 ao 26 de maio. Unha parte importante da festa son os traxes de época. Poderemos admiralos na praza Aurelio Aguirre e na Carballeira do Banquete de Conxo, onde se realiza a representación teatral o domingo, día grande da festa; que continúa con comida popular foliada e romaría cos brindes da veciñanza.

Uns brindes que lembran aos que o poeta Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane pronunciaron o 2 de marzo de 1856 durante a celebración do Banquete de Conxo.

Programa da Festa do Banquete de Conxo 2024

Fiesta del Banquete de Conxo 2024
Imaxe: Concello de Santiago de Compostela

No programa da Festa do Banquete de Conxo 2024, do 24 ao 26 de maio, non faltan os brindes, tampouco o desfile teatral, a comida e romaría popular na Carballeira de Conxo, o “Serán da Fraternidade”, concertos e baile tradicional.

Tamén hai espazo para a poesía, o mercado do libro ou unha carreira de orientación, que se celebra por primeira vez na Festa do Banquete de Conxo 2024.

Estas son as actividades do programa da festa que publicou o Concello de Santiago de Compostela.

Venres, 24 de maio

  • 17:30 h. Perecorrido literario "As voces do bosque" pola carballeira de Conxo, con Quique Alvarellos. Inscrición previa.
  • 18:30 h. Praza Aurelio Aguirre de Conxo. Obradoiro de baile tradicional aberto ao público impartido pola Asociación Cultural Pena Maior de Marrozos.
  • 19:00 e 20:45 h. Scape Room Banquete de Conxo. Saída dende o Carballo do Banquete de Conxo. Inscrición previa.
  • 19:30 h. CSC Aurelio Aguirre de Conxo: Obradoiro de cantos de taberna, con Muiñeiros de Sarela.
  • 21.00 h. Cantos de taberna en varios bares do barrio.

Sábado, 25 de maio

  • 9:30 e 11:30 h. Obradoiro de observación de aves. Saída dende Lagoa de Cornes. Inscrición previa.
  • 10:00 e 11:00 h. Obradoiro de baños de bosque. Saída dende Carballo do Banquete de Conxo. Inscrición previa.
  • 11:00 h. Ruta dos muíños. Saída dende a entrada da senda do Sar. Inscrición previa.
  • 11:00 h. I Carreira de Orientación da Festa do Banquete. A saída será dende a Praza Aurelio Aguirre e percorrerá o bosque do Banquete. Necesítase inscrición previa en xestanatureza.com.
  • 13:00 h. Praza de Aurelio Aguirre: concerto de Boa Sunet.
  • 18:00 h. Claustro do Hospital Psiquiátrico de Conxo: Mesa redonda "Libros, mente e saúde".
  • 18:30 h. Praza central de Conxo: Circanelo da compañía N+1.
  • 19:00 h. Escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo: Canto Fraterno.
  • 21:00 h. Festa da Poesía na Praza Aurelio Aguirre. Conduce o acto a actriz, poeta e dramaturga Lorena Conde. Actuacións poéticas de Sara Porto Puente ou Branca Trigo, e concertos de Filloas, C. Mirazo e Ash Diz.

Domingo, 26 de maio

  • 11:00 h. Desfile teatral "Alá van estudantes e artesáns" dirixida por Os Quinquilláns. Saída dende a Praza do Toural asa a Praza de Conxo.
  • 12:00 h. Praza de Aurelio Aguirre: concerto de Let's folk! del grupo Suzukiños.
  • 12:45 h. Praza de Conxo: Lectura do pregón a cargo de María Luísa López Otero.
  • 13:00 h. Baixada á Carballeira de Conxo, continúa o desfile teatral ata a Carballeira.
  • 14:00 - 19:00 h. Fotocol Mosaico de Conxo.
  • 14:15 h. Carballeira de Conxo: recreación teatral do Banquete de Conxo.
  • 15:00 h. Carballeira de Conxo: comida e romaría popular, con brindes da veciñanza.
  • 16:30 - 19:00 h. Carballeira de Conxo: pasarrúas e espectáculo de Paporrubio "Transhumancia sonora".
  • 17:00 h. Carballeira de Conxo: "O serán da Fraternidade", con foliada de música e baile tradicional.
  • 19:30 h. Carballeira de Conxo: despedida, discursos e pregón de peche a cargo da cineasta Jaione Camborda.
  • 20:00 h. Praza de Aurelio Aguirre: chocolatada e concerto de O Sonoro Maxín.

Mercado do Libro do Banquete de Conxo 2024

Durante toda a fin de semana, o sábado 25 e o domingo 26 celébrase na Praza Aurelio Aguirre o popular Mercado do Libro do Banquete de Conxo 2024.

Ademais de coñecer as propostas editoriais, presentacións e recitais, realízanse exhibicións de oficios tradicionais.

Horario do mercado do libro:

  • Sábado 25: 11:00 - 14:00 h. e 17:00 - 21:30 h.
  • Domingo 26: 11:00 - 14:00 h. e 17:00 - 20:30 h.

Tren do Banquete de Conxo 2024

Cómo llegar al Banquete de Conxo Tren
Imaxe: Turismo de Santiago de Compostela

Como chegar ao Banquete de Conxo? Durante toda a fin de semana poderás desprazarte dende a Alameda de Santiago ao barrio de Conxo no tren turístico gratuíto do Banquete, que dura uns 15 minutos.

Algúns dos traxectos están amenizados con actuacións de música tradicional da agrupación Pena Maior de Marrozos (nos horarios están marcados con asterisco).

Horarios do tren do Banquete de Conxo:

Parada Aurelio Aguirre (Parque da Alameda)

  • Sábado, 25 de maio: saídas ás 11:00, 12:00, 13:00, 17:00*, 18:00*, 19:00*, 20:00*
  • Domingo, 26 de maio: saídas ás 11:00*, 12:00*, 13:00*, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00

Parada Luis Rodríguez Seoane (Rúa do Campo de Conxo): só para desembarque.

Parada Rosalía de Castro (Praza de Martín Herrera)

  • Sábado, 25 de maio: saídas ás 11:30, 12:30, 13:30, 17:30*, 18:30*, 19:30*, 20:30
  • Domingo, 26 de maio: saídas ás 11:30*, 12:30*, 13:30*, 17:30, 18:30, 19:30, 20:30

Parada Eduardo Pondal (Rúa da Carreira do Conde): só para desembarque.

Anímate a vestir de época e goza da Festa do Banquete de Conxo 2024, do 24 ao 26 de maio.

Que foi o Banquete de Conxo?

Nun contexto de crise e convulsión social, o 2 de marzo de 1856 tivo lugar en Conxo un acto de confraternización entre obreiros, artesáns e universitarios para reivindicar a igualdade. Nese Banquete de Conxo, foron os estudantes, a clase máis elevada, os que serviron a obreiros e artesáns provocando un grande estupor.

Tras ese Banquete que levaba como lema "Orde e Fraternidade", os intelectuais Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane recitaron uns brindes en verso que hoxe se lembran, como che diciamos, na Festa do Banquete de Conxo. Un acto que se considera a orixe do galeguismo.

E agora que xa sabes que se celebra no Banquete de Conxo, entenderás mellor as actividades que se podes gozar durante tres días en Santiago.

Se nunca estiveches, no vídeo podes ver un resumo da festa do ano pasado:

Fonte imaxe de cabeceira: Turismo de Santiago de Compostela